Arteixo Castellano  Galego  

cando o río soa

non todo o monte é ourego

nota para arteixán

07/01/2008

Arteixán:
dame a sensación de que te paras pouco a ler as anotacións, e paréceme correcto. O que non me parece tan correcto é que fagas comentarios sen entender o que poñen as anotacións.

dis no teu comentario que son un "adoutrinado", ¿de onde sacas iso? vouche contar: a verdade é que coñezo persoalmente a isabel, a verdade é que puiden ser -no seu día- un adoutrinado dela dende o día que me chamou ao seu despacho no concello para ofrecerme traballo, axuda que me fixer falta, amizade... e non sei que trapalladas máis.

a verdade é que xa a coñecía de antes de se meter en política, cando aínda era camareira no bar de pastoriza, e a verdade é nunca me gustou.

Asegúroche arteixán que non comulgo para nada nin co pp, e moito menos con isabel ou pose, pero tamén che digo unha cousa, tampouco comulgo con Terra Galega (tamén coñezo persoalmente a Márquez), nin co PSOE (igual coa alcaldesa), nin coa forma de facer as cousas do BNG (o mesmo con silvia).

Sinceramente, creo que hai moito que cambair na política do concello... pero tamén creo que habería moito que cambiar na mentalidade da xente do concello, por exemplo, en ti. Ti, que o único que fas é atacar á xente por ser dun ou doutro partido, queres desmarcarte do pp, pero caes na mesma guerra. Entras no xogo 'das dúas españas', pero ese é outro conto... que igual tiñas que ler un día...

http://arteixo.cidadans.net/weris/2008/01/07/nota-para-arteixan/
81 Comentarios - Enviar comentario

Estimada Yoli...

03/01/2008

Igualmente, Feliz Aninovo Yoli, así coma a todos os blogueiros...

Escríboche esta anotación porque considero necesario aclarar unha cousiña: comentábasme na miña última anotación, e xa vin outras túas semellantes, que non podemos meter a todos os militantes do pp no mesmo saco, xa que "hai moita xente do pp que está a intentar que esta xente deixe de manipular", tal cual o expós no teu comentario.

Pois ben, sinto dicirche que non creo que sexa MOITA XENTE, é dicir: entendo que haberá unha parte que non comulgará coas ideas das personaxes en cuestión, mais é impensable que exista unha disidencia composta por MOITA XENTE, cando o 99% dos militantes do partido, o 99%, repito, apoiou a Isabel coma representante local. Se cadra é que estou moi equivocado, pero ¿Poderíasme dicir canto representa ese 1%? ¿20, 30, 50 persoas? Nin teño pensado meterte no mesmo saco nin quero que o tomes a mal pero, estimada Yoli, date conta que os descontentos non sodes MOITA XENTE.

http://arteixo.cidadans.net/weris/2008/01/03/estimada-yoli/
17 Comentarios - Enviar comentario

non facer leña da árbore caída

31/12/2007

Xa estamos en fin de ano. son as 12 e un minuto, polo menos no meu pc, hai 4 ou 5 días que vin publicado en prensa o de que van a investigar a Pose, a Isabel e máis ao arquitecto ese, e estou moooi extrañado de que ninguén publicase unha notiña para comentalo... ¿non será censura?

Persoalmente, paréceme correcta a postura tanto dos partidos que están gobernando coma do bng, de non facer leña da árbore caída, correcto... PERO ESTO É UN BLOG!!! ¿Ninguén ten nada que dicir? ¿Está todo ben?

Está claro que é noticia vella, que era visto, ou se cadra non, non sei os pepeiros qué terán que dicir de todo isto... acaban de elixir co 99% de votos a Isabel coma presidenta local do partido (pobriña, non dará acabado o libro que ía escribir?) e agora, van e a investigan!! Increible. ¡Qué bó ollo!

En fin, que espero que a xustiza funcione, e se merecen acabar no cárcere, que acaben, pero o triste é que están todos podres de cartos á nosa conta, do meu propio bolsillo pode sair parte da fianza que teñan que pagar, tal e como sairon do meu bolsillo parte dos pisos, casas, coches, etc, que teñen todos os corruptos.

que tristeza, que impotencia. que ganas de meterlle unhas ostias a algún, ou algunha...

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/12/31/non-facer-lena-da-arbore-caida/
6 Comentarios - Enviar comentario

Non é por ser pesado pero....

26/11/2007

A última nota que publiquei tiña que ver ca web do concello. Ben, esta tamén.

www.ayto-aviles.es

Este é un exemplo dun site ben feito. Moi ben feito.

Imaxino que isto debe de custar un güevo de cartos, pero non fai falta que teña este nivel. Pero por favor, Alcaldesa, ALGO CON UN POUCO DE CALIDADE. ALGO CON INFORMACIÓN ÚTIL. ALGO DECENTE. SOMOS MOITOS INTERNAUTAS NO CONCELLO, E SEGURAMENTE, UNHA PARTE MOOOOI IMPORTANTE DE NÓS, VOTAMOS.

A ver se entre todos facemos que chegue esto a oídos dos gobernantes, a ver se conseguimos mellorar un pouco, e deixamos de dar vergonza!!!

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/11/26/non-e-por-ser-pesado-pero/
1 Comentario - Enviar comentario

que pouca actividade!!!

22/11/2007

Síntoo. De verdade, síntoo moito. Cada vez que me paso por "cidadáns" é para criticar; i eso que sempre intento poñer algo con bó rollo, esquecerme das movidas do concello, do pobo, etc...

O caso é que, cada vez que paso por aquí, pásome pola web do concello. ¿Que encontro? Sempre o mesmo. A información que remite o responsable da radio -está ben-, e nada máis. Información atrasada, curta (moi curta), mal estruturada, e non actualizada.

Debe de facer un ano que vin na Voz de Galicia unha nova sobre Arteixo: acababa de celebrarse un concurso de deseño (cousa rara no concello, por certo) para crear o novo logotipo da Oficina de Información Xuvenil. Esto foi en decembro ou xaneiro, non recordo ben. Sei que gañouno un rapaz de Pastoriza (a verdade, non sei se xusta ou inxustamente, nunca vin o logo gañador, nin ningún perdedor). Ben, pois no site do concello, na primeira páxina, aparece un apartado "Logotipos", e alí está o que había... HAI CINCO ANOS!!!

¿Para que facer un concurso?¿Para que pagarlle a nadie? SI TOTAL NON SE ACTUALIZA NADA!!! É TONTERÍA.

Por favor, señora alcaldesa, faga algo para que esta corporación deixe de ignorar as novas tecnoloxías da información; actualicen as novas da web, actualicen o deseño da web, É A IMAXE QUE ESTAMOS DANDO NO MUNDO!!!

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/11/22/que-pouca-actividade/
13 Comentarios - Enviar comentario

A TEORÍA DO NON

20/07/2007

Acabo de enterarme, de que no pleno de onte o bng volveu a rexeitar os postos de confianza que suxeriron os partidos do goberno.

Mal empezamos. Se nin sequera por aí comeza a funcionar este goberno bi-tri-partito, mal vamos. Non quero pensar no momento que haxa que sacar adiante o famoso plan urbanístico, nin á hora de situar nunha ou outra parroquia un parque, unhas canastas, un polideportivo, piscina, etc...

Teño claro que a oposición debe facer iso, oposición, pero tamén teño claro que a función da oposición non é dicir NON a todo. Dende hai case trinta anos TODOS -esquerda, dereita, centro...- os partidos do poder tiveron a oportunidade de meter a certas persoas de confianza ao seu carón, a fin de ter a alguén que lle axude con certos temas, a organizar a axenda, a comerse os marróns... etc.

Aquí non. Aquí imos á nosa bola. Facemos o que nos peta.

O peor é que o bloque -partido do que, por outra banda, son simpatizante-, está saindo mal parado desta situación. Xa estou comezando a escoitar comentarios do tipo: "-claro, xa están os do non... leva toda a vida a iso. Non saben facer outra cousa..." Que despois dos resultados destas eleccións, xa me dirás, pero non é o peor. O peor que escoitei, e que me amolou moitísimo porque hai moitas situacións dentro dun concello que os veciños descoñecemos, foi algo así: "-Estes o que fixeron foi: pactaron o goberno co psoe para que non os botaran do partido, pero xa teñen cobrado un lote de pasta dos do pp para facer unha moción de censura e metelos a eles no goberno!!!"

A verdade é que xa se escoitou cando estaban os grupos co tema do pacto de goberno de que o pp iba a pagarlles a silvia e ós demais certa cantidade de cartos para que pactasen con eles. Eu non quero, o meu ideario non quere, dar crédito a estes debates de tasca, pero se xa comezan dicindo NON de entrada, e con temas tan triviais coma estes.... MAL EMPEZAMOS... E VEREMOS CÓMO ACABAMOS.

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/07/20/a-teoria-do-non/
8 Comentarios - Enviar comentario

QUE VIVAN AS FESTAS DE ARTEIXO!!!

06/07/2007

¡QUE VIVAN AS FESTAS DE ARTEIXO! ¡SÍ ARTEIXÁNS, QUE VIVAN!

Eso sí, eu prefiro que vivan as Meicende, as de Pastoriza, as de Loureda, as de Uxes, Oseiro, Vilarrodís, Rañobre, Morás, Sorrizo, Monteagudo, Larín, Lañas... Que VIVAN ou mellor dito, QUE SOBREVIVAN AS FESTAS DOS QUE AS TRABALLAN... Porque eso é o que pasa cas festas nos pobos de ARTEIXO, que cada ano, uns poucos teñen que poñerse a traballar para reunir uns cartiños cos que poder pagarlle ás orquestras, á SGAE, ao dos fogos, ós da luz, os dos arcos... e aínda por riba teñen que ver como en ARTEIXO, esa gran cidade, gástanse centos de miles de euros en traer unha actuación de pena.

¿Non vos dades conta do que conseguistes en ARTEIXO? Que exista un concellal de FESTAS. Un posto imprescindible en calquer concello, non?

Polo menos, tede a decencia de calar a boquiña e non lle restreguedes na puta cara aos que traballan todos os anos pola xente do seu pobo GRATUITAMENTE, que os cartos dos seus impostos só serven para facer festas en ARTEIXO.

Xa sei que ides dicir que tamén dan subvencións ás comisións dos pobos, pero teño que dicirvos que con eso non chega xa non para pagarlle a PANORAMA, OU Á PARÍS DE NOIA, non... NON CHEGA PARA PAGAR UNHA VERBENA CON CALQUER GRUPO DE 5 COMPOÑENTES!!!

NON CHOREDES POLAS FESTAS DE ARTEIXO. CHORADE POLAS QUE ACABARÁN DESAPARECENDO NOS POBOS DO CONCELLO.

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/07/06/que-vivan-as-festas-de-arteixo/
7 Comentarios - Enviar comentario

TÓDOLOS HOMES (e mulleres) DO EX-ALCALDE

28/06/2007

Xa van uns días dende o nomeamento da alcaldesa. Estiven lendo os comentarios da miña anterior entrada, e vexo que había ganas de falar de política. Imos cambiar un pouco o rumbo do debate, a ver qué me contades:

A miña pregunta é: ¿Que vai pasar con todos estes homes e mulleres dependentes do ex-alcalde?

Refírome a todos os que dependían directa e indirectamente de este señor (?). Sei que todos coñecedes a xente que entrou -non imos dicir a dedo- "recomendada" por pose, por isabel... etc. Pero gustaríame saber cómo se van replantear a vida os que estaban ligados indirectamente ao goberno pepeiro. Por exemplo -é un moi claro, seino- qué vai ser de ese panfleto mensual que cada mes intoxica á cidadanía arteixá ese fantástico "el piniódico de artijo" (uy, sólo de pensalo, xa se me pegan as súas erratas). Non sei se caeu en algún momento nas vosas mans algún número desta merda de publicación. Digo MERDA porque por deseño, contidos, tratamento de imaxes, tratamento da publicidade... etc. É exactamente iso. UNHA MERDA.

Ben, repítome, non sei se caeu nalgún momento nas vosas masn algún número desta MERDA de publicación. Para os que tivéchedes a sorte de non ter que sufrila, dicirvos que aproximadamente un 90% da publicidade -o medio para manter en pé calquer tipo de publicación- era do concello. Impresionante, non?. Non teño datos de se recibiron algunha subvención directamente do concello, pero non me extrañaría.

E digo eu: ¿esta xente que machacaron a todos que non foran pose ou isabel, vai baixar os pantalóns e tirarlle flores ao novo goberno para sobrevivir? ¿ou vai quedar só coma o panfleto de MERDA da oposición?

xa me diredes...

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/06/28/todolos-homes-e-mulleres-do-ex-alcalde/
1 Comentario - Enviar comentario

temos o que merecemos

13/06/2007

Levo unhas horas repasando tódalas entradas en canto á política local. Paréceme lamentable a lectura que se fai en canto aos pactos, aos resultados, a campaña, etc...

TIVEMOS, TEMOS -aínda destas horas-, e TEREMOS O QUE NOS MERECEMOS.

Se realmente credes que Terra Galega fixo unha boa campaña, é lamentable. É lamentable que consideredes "boa campaña" o feito de que os candidatos da lista de Terra foran prometendo favores persoais. Igualmente lamentable é o feito de que a do PSOE estivese baseada en dar cera a Terra e a PP. Tamén é lamentable que a campaña planificada no BNG, en principio, partido favorable para a adhesión de xente nova, non só non conseguise adherir á xuventude, senón que os fixo escapar. Da campaña do PP non vou comentar nada. Non paga a pena.

Pero o peor de todo é que PP e Terra conseguiron máis votos por separado que xuntos. Despois de doce corruptos anos de promotores "cortando o bacalao", de un alcalde barrendo para a súa propia casa, etc, etc, etc... -xa está todo dito en moitos comentarios-... Seguiremos gobernados por unha panda de incompetentes -véxanse os futuros concellais, por exemplo de Terra, nos que destacan un verbeneiro e unha absoluta desinteresada pola política (sei do que falo)- ou os do psoe..., digo, seguiremos gobernados por unha panda de cambiachaquetas, de corruptos urbanísticos... de xente que non vai a aportar nada á política local.

Temos o que merecemos. Ningún dos que escribimos aquí nos atrevimos a dar un puñetazo na mesa e intentar un cambio honrado (bueno, non sei se algún). Temos o que merecemos, por permitir ter que escoller entre uns cambiachaquetas ou uns ineptos. Temos o que merecemos, e punto.

http://arteixo.cidadans.net/weris/2007/06/13/temos-o-que-merecemos/
41 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados