Castellano Galego
1. Miña avoa bautizaba o café: despóis de xantar, botáballe unhas gotas de brandy. Nunha ocasión, sendo eu moi pequena, ofrecinme para ir buscar o "kiki"...e que ninguén pense mal. Ninguén pensaba que eu sería quén de saber cal era a botella da espirituosa, pero o certo é que non só souben cal era, senón que dinme a maña do demo, desenrosqueina, verquín unhas gotas no tapón, e como o Lazarillo, dinlle un calado bico. Miña nai, ó notar a extraña tardanza dixo: "Esta estao catando"...todos decían: "Qué va, muller, ó mellor non chega ou non sabe cal é"...pero miña nai tíñame calada. Ó cabo dun anaco e despóis de volver a enroscar a botella cheguei, e daquela, miña nai para tantearme dixo como quen non quere a cousa: "¿Queres un pouquiño?"...ó que lle respostei enérxicamente: "Non, mamá...kiki pica"...e así me sorprenderon na miña precoz experiencia botelloneira...e dende aquela ese é prácticamente un lema: "Kiki pica"... e acabouse...quero decir tamén que daquela eran outros tempos: os nenos non nos traumatizábamos por case nada, exceptuando os traumatismos propios dos nosos xogos...
2. Por se non o sabiades:
"El gobierno municipal de Arteixo presentó una querella criminal contra el autor del texto Adictos a mentira. Teoría do interese propio común, publicado el pasado verano en un medio local. Califican el escrito de «ofensivo, injuriante y descalificador» además de «lesionar la dignidad» y menoscabar su fama, según la demanda presentada el 30 de enero en la que apuntan que puede ser un delito de injurias.
El autor del texto, Óscar de Souto, mostró ayer su sorpresa al tratarse «dunha demanda por un conto literario que non fala de ningún sitio nin de ningunha persona». Insistió en que es una historia «que pode pasar en calquera lugar do mundo» y que la única referencia geográfica que aparece en todo el texto de la de Springfield."
E eu pregunto: ¿ val a pena darlle protagonismo e gastar os cartos pleiteando contra alguén que só merece qeu o ignoren?
3. Aínda que eu non che son nada de juisquis (onde haxa un licorciño da casa), espero que che quedara un algo para a noite do domingo porque a noite de sábado, polo que se ve, non se che deu tan mal; da noite do domingo, que vos vou decir ..., eu personalmente quedei planchada, aínda que sí había motivos para "o castigo", non pensei que fora dese xeito. Pero para mín o peor de todo, foron os 24.000 votos que sacou unha señora polo simple feito de poñerse detrás dunha pancarta encontra do galego. Eso estame costando moitísimo dixerilo.
Moitas veces dixen que a estas alturas da miña vida, había temas dos que non pensaba discutir con nadie, se alguén non era capaz de velos, alá eles, eu, con criar aos meus fillos tiña dabondo; pero falar da importancia de valorar unha lingua propia, a igualdade entre homes e mulleres, o aborto, a eutanasia, .... nos tempos que corren deberían estar se non asumidos por todos, polo menos respectados. Sen embargo, as falacias que levo escoitado dos mal chamados "bilingües" conseguironme sacar das miñas casillas. Un día a miña filla mediana preguntoume_
- É certo que se gaña Quintana, van prohibir o castelán? A mín pareceume tan, tan, tan triste.
Por certo os meus fillos estudan galego, castelán, inglés, francés (o pequeno aínda non) e barallete (este non é un idioma, senon unha xerga utilizada polos afiadores de Ourense e outro gremios artesanais daquelas terras de donde é seu pai), e a maior ata foi a algunha clase de alemán no Instituto, e podo certificar que non padecen de ningunha atrofia cerebral nen teñen problemas de competencia lingüística.
4. Soio pretendia comparar xeracións que semellan moi distintas... E nembargantes casi son iguáis. Uns padecen as hemorroides en silencio i as agochadas... os outros, aínda non as adeviñan, mais xa lle chegaran.
Non pretendín en ningún caso facer unha apoloxía do bebercio.
5. Desde Oseiro... Por qué me metes ise comentario no meu blog?...
6. Sioux, la historia está de lo más divertida, y ya que estos días estamos con las celebraciones del Día Internacional de la Mujer, espero que los hombres del grupo no dejaseis las tareas de limpieza solo para la mujeres. Bueno, espero que los blogueros de Arteixo os tengais aprendida la lección, porque creo que ya os soltamos más de un discursito sobre la igualdad,jajajaja... Y hablando de botellón, me gustaría felicitar al Concello de Arteixo, por la iniciativa llevada a cabo este fin de semana como alternativa al botellón para los jóvenes. Me parece una gran idea que el polideportivo de Arteixo permanezca abierto este fin de semana (viernes y sábado de 11 de la noche a 2 de la madrugada) para que los adolescentes se diviertan con actividades lúdicas. Mis adolescentes en estos momentos están disfrutando de este encuentro juvenil y yo estoy tranquila. Disfrutan del encuentro con sus compañeros de una forma sana y sin alcohol. Creo que la iniciativa tuvo una buena acogida por parte de los jóvenes. Enhorabuena al Concello por buscar alternativas de ocio y espero que iniciativas como esta sigan llevándose a cabo.
7. Curullu!!!. Marcho cara aló que chego tarde... espero que non me cacheen na porta... jajajaja... Un bico Amadora.
8. Eu a verdade e que non son moi bebedora, pero teño ido algún que outro botellón jejeje e a verdade e que non é unha mala opción, salvando claro está o lixo que se acumula nos arredores y que tardan ata o lúns e limpalo.
Eu pensó que realmente iso é o que molesta e alporiza os veciños, o lixo que deixan "os nosos fillos" ós que, alomenos antes, tratabamos de educar para que o tirarán a papeleira e non emporcaran o chan.
O problema do botellón amañábase cun pouco de cultura cívica, que tanto falta na nosa sociedade hoxe en día. De feito só nos damos conta do "porcos" que somos cando imos o extranxeiro, a paises coma alemaña, francia (+-), inglaterra, etc. máis ben os chamados do norte.
Desde Oseiro, fai o teu propio blog, ou senón axústate o encabezado. ¡¡Que non todo é politica e "difamar"!!!
9. Desculpa, Sioux, para nada tentei "difamar", como me acusa Una +.
Borra o comentario sin problema.
10. Una +, encantado de que aparezcas por mi campamento y de poder leer tu comentario. No mal interpretes a Desde Oseiro... No recuerdo ningún comentario suyo de politica o en el cuál difamase a alguien. Él concluyó su comentario con una pregunta y yo le contesté con otra pero, creo que no me entendió... Quizá hubiera quedado todo más claro si mi comentario fuera éste:
-Non lle dés máis voltas ó sarillo, cheeeé !!!.
Desde Oseiro, non tes por qué disculparte por nada e non penso borrar ningún comentario téu, a non ser que ti mo pidas espresamente... ¿Qué tal vas de música, cine, etc, etc...
Os recomiendo una peli a cuento de lo que planteais acerca de los idiomas y la limpieza en otros países de Európa, aunque seguro que ya la visteis: -Un fránco, catórce pesétas-.
Un saudiño e unha aperta do toxo revirado a tod@s.
11. Prego disculpas por atravesar o meu comentario entre castelán e galego pero, como sempre suelo escribir en galego, non vaia a ser se me olvíde o castelán e dispois non poida andar polos mundos de Dios adiante coa cabeza ergueita.
12. Si, eu tiven a ocasión de vela, e é moi realista coa situación que viviron os nosos pais e eu mesma en suiza.
Teño ocasión de falar con retornados que se retirarón e agora volven para españa, e o 90% coincide en que españa é un desastre. Cóstalles adaptarse a unha vida tan "desordeada", non entenden como por exemplo:
-Un carpinteiro queda en facerche un traballo na casa dentro dunha semana, porque ten que rematar outro antes, e pasa un mes e aínda non apareceu, ... ¡¡¡que lle vou a pagar!!! dicíame o home.
A verdade e que na nosa sociedade falta seriedade e modais, cousa que noutras con tódolos defectos que poidan ter, hai.
Un saúdo a todos :)
13. A ver, una +... Ti acordas aquelo de...
-La parte contratante de la primera parte contratante... dice que la parte contratante... etc... etc...
Cousas de un tal Marx?.
14. si, karl marx??? jajajajaja
15. Me pillaches, jajaja, eu o decía polo conto do... carpintéiro eficiente, jejeje.
Pasoche un documental que o podes atopar eu youtube (está dividido en 9 partes de dez minútos aproximados cada unha)... -El tren de la memoria-.
16. Un día coñecín a un carpinteiro deses que falades e a unha señoriña que tiña encargada unha mesa e preguntáballe:
- Pero home, aínda non plantarían o castiñeiro !!!
17. Albanta, tés coche?... vaite mirando de pedir número e presupuesto no taller con antelación, anque non lle pase nada(observa os talléres como andan de choio crecente ou xá casi saturados e xá me contarás).
Tés fillos?... dilles que aprendan mecánica, chapa e pintúra a fúme de caróza. Sector en alza e con poucas escolas-tallér. Si non se venden tantos coches do tinke... algien terá que reparar os que hai, digo.
Algún dirá, ti da ideas mamón!!!, que xa virá quen as aproveite, jajajaja...
Un bico Albanta.
18. Será por falta de talleres de reparación de coches en Artéixo nos que non se poida fomentar o aprendizaxe- emprego coa colaboración do Concéllo?...
19. No medio de toda ista puñetera crise, penso que Artéixo ten un potencial enorme. O caso é saber aproveitarse do conto. O temos todo.
20. Penso o mesmo ca ti, Sioux, no do potencial.
21. L., non me sexas tiquismíqus. Cando digo -saber aproveitarse do conto-, digo aproveitarnos todos en conxunto... e non, úns por enrriba dos outros, que é o que fomentan todolos partidos políticos. Vexase Aldous Huxley ou George Orwell e comparemos o presente continuo e constante (por pasíva, activa e transitíva), e o que nos espera.
22. Asegúrovos que lle dou de comer máis ao taller que ao concesionario. O probelma é que nos somos capaces de termo medio, aquí ou todo ou nada. O persoal cambiaba de coche como eu de zapatos; estivemos un montón de anos vivindo coma nun espellismo hipotecando o futuro e parece que de repente nos despertamos de fuciños coa realidade. Nin hai economía "normal" que o resista, nen tampouco planeta que dé tragado tanta merda. Non todos somos ricos, nen podemos vivir como tales.
Levo 21 anos traballando en Institutos de Formación Profesional e as que nós chamamos profesións de "bata azúl" (mecáncia do automobil, soldadura, máquinas-ferramentas, fontanería, ...) non son as preferidas polos papás para os seus nenos, que se lles manchan. Debemos voltar á realidade e ao outro tipo de valores que nada teñen que ver con aquela cultura do pelotazo, "tanto tienes tanto vales".
23. Non, non, eu digo tamén aproveitarnos todos, ou mellor, beneficiarnos todos, porque o aproveitamento pode ser algo máis irregular: aproveitanse máis aqueles que máis poden...a Ley da Selva...en canto ó tema do taller ou do concesinario, a min morreume neste xaneiro o meu coche, despóis de vinte anos, infinitas vivencias e que todo o mundo se me burlase del...pero confésovos que cando mo viñeron a buscar para a chatarrería non fun quén de reprimir as bágoas por él: cando a prensa comprimise a súa carrocería estaría a facer unha carpeta zip de vivencias miñas para ser só recordos...