Cousas do Entroido 2009 ou da Cega Crise.
21/02/2009
-Podía ser que non tivera un peso, podía ser que non tivera traballo ou que nadie me quixera, máis non podía deixarme caer dese modo... (Sioux).
Por favor... adiquen vostedes 170.000 euros, ou algo máis... en adecentar con –(chapapóte de calidade e non con gravilla prensada con chúspes)- as rúas de Meicende e iluminar con sentidiño ouh, pero non ciscando os cartos nos mesmos de sempre -corre que te las pelas e chapúzas-, porque en quince días os baches dan en voltar como as margarítas silvestres en canto caen catro gotiñas.
¿Por qué será que xunto a cada arbolito puxeron unha farola escondida?, que aínda nas noites de lúa chea alumean tanto como un chisqueiro non recargable á sombra de un triste ramallo, i que en vez de facer servicio en alumear á rúa ou a beirarúa, semellan xeitosos candís en recunchiños para bailar o tango de ‘A media luz los dos’, e logo si te cansas de bailar... pois, te podes sentar nos banquitos de cemento que lles puxeron despendolados ó lado... sempre baleiros. Pero ver...o que se dí ver... sigues sin ver un carallo, nin a pé, nin en burro, nin en carro.
Das piscínas municipáis que están na Avda. do Butáno de Meicende indo cara Artéixo á dereita, millor nin falar, alí poden afogar os nenos, rediós!.
¿E os pasos de peóns?, que andan camufládos a escasos vinte metros de un semáforo... e que a duras penas se adeviñan si non levas luces de Xenón do trinque ou un Eco-localizador térmico en plan Terminator... milágro que non haxa máis desastres, menos mal, que os peóns agardan a albiscar as intencións de algún conductor boo samaritáno, ou visten de branco.
Un día hei de dar un paseo de noite polas rúas adxacentes a dereita/esquerda i esquerda/ dereita, para non caer no tendencioso... me dá que vai ser un verdadeiro espectáculo -de luz y de color-. Xa me dixeron que ate hai rúas con ilustres nomes para identificalas polo conto do correo en tempo de votar, e con sináis de tráfico a reo, pero, resulta que vas por elas e non teñen saída e sin avisar do conto. O carteiro chega... porque vai en -amoto- ou a pé. Supoño que seran camiños de eses que se suelen chamar... de ida e volta... porque non che queda outra.
E si en vez de atravesar polo medio de Meicende colles pola Avda. de Arteixo, vas a dar a unha curta i escura ou tétrica tunel que te leva dereitiño a unha curva que lle chaman a dos conéxos...¿Por qué lle chamaran así?. Ou ben colles ruta polo concesionario da Renault abaixo, e vas, e das, cos fuciños de fronte con un carteliño dos tempos do Seat 600 en proxecto, que nin Fernandíto Alónso o acorda, e que indica...cara a esquerda -Arteijo-, (con ja). E si alí, reviras cara a dereita... vas a dar ó mesmo sitio de arriba... as escuras tamén, salvando os baches pertinentes ou o laberinto.
Penso que a verdadeira Costa da Morte por terra, escomenza en San José ou na rotonda dos Bombéiros (joddd... un santo por un lado e polo outro os cachimáns moi bien dotados que decía González Garcés, entre risitas a presión de Sifón ou Gaseósa e con caníca na górxa).
Que se deixen de trangalladas os mariñeiros, que últimamente xa flipan entre tantos cargamentos de sustancias raras a flote i a deriva, que ate xa ven submariños atómicos dandose bicos ou trompadas espesas dende os cañóns do Monticaño. A ver quén lles cree nada!!!.
Pero por favor, non fagades cubertas festeiras con reserva de 251.000 euros, porque me da que os cartiños van facer moita falla cando cheguen as réplicas... do batacazo económico-festeiro. Nos deron a beber veleno doce... e tragamos.
Agora toca invertir en buscar un atídoto... sen ter que acabar tirandonos pola fiéstra i a desesperada.
Boo Entroido a todas e todos.