Arteixo Castellano  Galego  

SIOUX

o noso entorno

NADA TEN EXPLICACIÓN. (Ata que a ten).

08/05/2009

     Excelentisima Sra. Alcaldesa de Artéixo:
Con todos os meus respectos e máis si cabe, e si vostede así os acepta. Quebranto a miña defunción cibernetica nestes blogs de Cidadáns de Artéixo e resucito por dar unha humilde queixa ou un berro anónimo. (creame, que de verdade estaba eu descansando en paz cibernetica... mañán, xa non sei, igual algún me quere dar a paz absoluta ou perenne).
Ben sei que a lei é común a todos, e non se pode remendar a gusto de cada quen, nin se debe de torcer  según a quen conveña en cada momento porque ó final todo acaba por caer polo seu propio peso na  misma balánza dos feitos e os non feitos, diga o que diga a xustíza que predomine ou dispoña. E así que discorre o tempo, todo queda marcado e lembrado.

 

Mais, pregolle que non deixe que Artéixo, en todo o seu conxunto i estensión, se revire en barrio de destrozo e lamento..., por donde poidan campar as cuádrigas da péste e a codícia que transportan a indignidade humana sen xeito.
Poña freno, si pode, e medios na rúa tamén, si os hai, para que o desbaraxúste non medre e acabemos todos desbordados.

 

Xa sei que outros diran que..., Claro, vaia desgoberno do carallo!!!. Mais penso que non o fixeron millor os de antes, e os que pretenden vir despois, aínda estan por ver. O caso é que aquí estamos todos. Os votos da cidadanía deron lugar. Por tanto, merecen inmenso respecto, guste máis a uns ou guste menos a outros. E si resulta que nada agradaba no seu momento, non sei por qué fomos a votar.

 

Si hai quen ten cartos e poder bastante, como para rebentar por igual casas que palácios e dar en vivir á conta da miseria de outros, o que non debemos permitir é que xermolen por doquier... en delíto fácil e a vista de todos por calquer recuncho ata en diúrno os descalabros. Aquí, ou somos todos Cidadáns que pretenden vivir en paz e saír adiante, anque sexa as trancas e as barrancas ou como se poida sen facer dano a nadie, ou acabamos sendo todos fillos de siglas políticas propias ou alléas, en contubernios valéiros de esprito i que en moitos dos casos son verdadeiras trapalladas insondables, revestidas sempre de caleados continuos e moi baratos.
Nun eterno rosario do salvese quen poida ou quen teña con qué.
Pregolle disculpas Sra. Alcaldesa, si por unha desas casualidades que ten o conto iste de internét algún día lee ísto, e con ista arreutuada miña, en algo dei en ofendela.
Mais a noticia do día... rempuxoume a escribirlle todo ísto.      8/5/09.

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2009/05/08/nada-ten-explicacion-ata-que-a-ten-/
3 Comentarios - Enviar comentario

FINISTERRAE DO SIOUX

01/04/2009

Imagen

 

-Medran follas novas nos blogs, máis xa non teñen a cor das d’antes. Agora esténdense como negras sombras, asasinando aos sanos disparates, sen decatarse de que eles mesmos van morrendo ou se van domesticando do mesmo xeito no que cravan o coitelo…
"Cousas de Silveiras bravas e Toxos revirados".

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2009/04/01/finisterrae-do-sioux/
2 Comentarios - Enviar comentario

VERGONZA

07/03/2009

Imagen    
  
    
  
     De tres botalixos moi faltos de credibilidade ou tres corre que te las pelas, claro estaba que, algún tiña que gañar as eleccións. O que me parece vergoñento é que un, non sexa capaz de deixar o tallo ó carón da acomodada lareira asamblearia i o outro, se largue a tomalo solete (federa-lístamente), e marche a botarse cremítas no lombo en huso horario de Portugál pero en Tenerífe. Supoño que iso foi o que fixeron durante case catro anos... Un andivo a pillar pista de baile por donde puido e a ver si colaba, i o outro, andivo a programar as irrenunciabeis vacacións con moita previsión.
Mentres outros, se adicaron a entrar en pleitos confusos e berrar que -¡Galicia non se vende!-, sen advertir ou darse conta, de que nembargantes, ¡Sí se podía comprar!. A precio de saldo... ante tanta ineptitude.
Ás probas me remito.
Por aquí pasaron as millores vedettes e os millores dinosáurios socialístas do panorama nacional hispano e resulta que pouca pegada deixaron polo visto, por non decir que ningunha.
Tamén pasaron as estrelas dereitonas con todo-los seus destapes Garzoneros e líos varios, e Fraga, penso que si andivera un pouco máis mozo, aída sacaba a escopéta e largaba uns tiros de xeito entre tantos furtívos de todolos bandos ou Caiman-nitas de todolas calíbres e tamaños, semellando foguétes en fin de festa triunfal. Agora aparece Beiras a dar zapatazos tentando recuperar esprítos perdidos en tan grande deserto.
Qué agudiño foi Aznar ou o séu equipo de asesores... nin veu... nin apareceu... Nin –pío, pío- deu o paxaríño. Supoño que andivo a contar mazáns ou bonos e accións dos seus amigos estafadores neo-cons ou banda de... –manítos texános... y ándele yo caliente-.
Aquí, gañou a crise do miserable e rastreiro sistema global de parquét de ficción que agora anda sen cartos (o certo é que núnca os tivo), ahí nos envolveron, doce e pracidamente (antes non había cartos para tapala fame nin con migas de pan e léite. Nin había medicaméntos e  condóns para frear o sida en ningures, e agora se salvan bancos e corporacións financieiras se limite e sin rechistar tirando dos impostos recaudados ou da imprenta nacional de billétes i o que faga falla).
Gañou o paro galopante en herdanza repentina de páis a fillos e netos, sen ter que apoquinar imposto previo de sucesións no Inem (todo chegará).
Gañou o crédito sin conciencia, nin propia nin allea, ó través de un cacho de cartón con banda magnética e con demasiada manga ancha (os bancos din que agora sería unha irresponsabilidade dar crédito sen garantía de devolución... ¿E antes cómo os daban?... Con un contrato de tres meses xa valía todo.
Mais sobre todo... Gañou o MEDO e a INCERTIDUME.
     -Confío en que agora o Presidente Feijoo, non se limite soio a  -desfacer entuertos- e navegar pracidamente na procura de desarmar o pouco que se fixo e dar en confundir muiños con rodas de muiño ou soio se aplique en contratar apisonadoras. Espero que seipa entender isa maioría que lle outorgaron as galegas e os galegos i empregue o seu tempo en avanzar e non en destruir, porque sinon... as vacas leitéiras e mansas... (Gallegos de llúvia y de calma),  podense converter en carnéiras e carnéiros na rua, anque sexa falando en Galenglish ou por señas si fai falla.

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2009/03/07/vergonza/
12 Comentarios - Enviar comentario

VAMOS DE BOTELLÓN, OU NON ???...

04/03/2009

O sabado pasado nos xuntamos uns cuantos para tomar algo e latricar ou enredar un pouco polo conto das eleccións á Xunta de Galicia de ista fin de Febreiro ou entroidada pequena do 2009.
Xa facía unha tempada que alguns andabamos atacados pola crise e non podíamos tirar moito da carteira como soíamos facer uns meses atrás. Dende aquela, e paseniñamente nos fomos distanciando, por tanto, e para non perder o contacto ou como se diga, decidimos organizar o contubernio de outra maneira sen ter que gastar o que non se podía ou o que xa debíamos moitos de nós con interéses e atrasos morosos... e cada vez... menos amorosos.
María e a sua parella puxeron ó noso dispór o salón da sua casa, que por certo, locen dende fai algún tempo con hipotéca incluída a trintecinco anos de condena (e un día), e que xa viña con téle de plasma xigante de balde i os sillóns de oferta, grapados éstos, con ferruxe i ás agochadas por debaixo según comentou algún ou algunha asexante mete-fucíños, entre zócalos i entresuelos alleos.
A condición previa que puxeron eles e como única cláusala para a trangallada, era que recolleramos o desastre posterior porque non estaban dispostos a fregar nin a recoller ningunha cisqueira ao final da romería.
Asi que... tocaba rexuntar os desperdicios e pasala aspiradóra entre todo dios e bater cos desperfectos no contenedor do lixo de máis perto na fin da festa.
Iso chamase botar un:  (E-PUDEN), -Ecoloxía Pura e Dura En Negro-. Que ven a ser algo así como un (SOGAMA) de andar por casa... Con nocturnidade i alevosía e sin que nadie te vexa... tiras con todo nun saco ben pechado e avere quen te pilla!!!.
Outros diran que é sacar o marrón de enrriba e quedar descansado.
(Si algunha vez lle escoitades a alguién... tanto si é xoven como si é vello, decir que vai votar un (E-PUDEN), non sexades perversos ou mal pensados... xa sabedes do que fala. Fala de botar un rebumbio de polvo ou de lixo sin deixar pegadas nin posibles rastros a identificar nin polas autoridades pertinentes... e menos... polos veciños impertinentes). Outra cousa xa é dar... un MONTI-CAÑAZO  entre rodas e moraeas ó carón do esqueléto de un  Tiranosaurus Rex e con cañóns enferruxados i de escolta en lontananza.
O verán pasado, logo íamos de Restaurantes ou de Pubs ate as tantas e nos enliortabamos por pagar, uns por aló i as outras por acó, sin duelo ningún, mais agora, andamos todos medio engruñados ou con cara de parrulo extraviado nun estanque pequeneiro. Xa non hai aqueles alardes de suficiencia de Director Xerál encargado de administrar puntas e tablóns na obra... ou de Opositor Titulado en subministrar grapadoras e tacos de post-it de córes según a demanda no -office space-.
Penso que xa nos sentimos todos como un saco de: (E-PUDEN), con destino (SOGAMA). Ou  como un lote de sepultados baixo rodas e plasticos no Monticaño. Tanto dá.
Rosa e Carolína se encargaron dos comestíbles envasados ó vacío e da cubertería de plastico e tamén dos limpa-napos de córes con floripondios . Jávi e Raúl foron os encargados de escoller os bebercíbles de a lítro ou de a lítro e medio e dos vasos de plexi-jlás. Antón que é o de máis peso culturál i moi precavido, trouxo un par de películas que tiñan que servir de run-run de fondo, e tamén trouxo o famoso xogo dos quesítos,  por se había voluntarios a derrotalo (baste decir que o tipo se mete no cuarto de baño a facer as suas necesidades e leva as tarxetas do xogo para memorizalas, calquera lle gana ó cabrón!), e de paso, tamén apañou o papel que estaba no chan do portal que publicitaba as pizzas a domicilio, porque aparte de ser precavido e trampulleiro, tamén é un pouco lambón demáis. De familia lle ven o conto, e sempre gana a todo, anque non diga nada e fale pouco.
Jóse apareceu pola porta contentiño coas suas dúas viciosas e perturbadoras amantes, a Play e a  Wii... xuntiñas e arremuiñadas debaixo do brazo, envoltas en un lote de bolsas de reforzo de moita alcurnia e con todolos cables pertinentemente enliados, como debe de ser, e con un lote de mandos inalambricos e unha dúcia de paquetes de pílas de todolos calíbres para poder elexir entre disparar ou coller velocidade ou botar unha carreira sen moverse do sitio... a según o cacharrillo elexído ou a ficción preferída. Eu para isas cousas e para moitas outras desas que teñen luceciñas de córes  ou pícas, óuros ou sandías... son un replicante renegado dos de Blade Runner.
Acabaron poñendo un partido de fútbol, dis que de moitos puntos de sutúra, e aló foron polo cable da antena abaixo as amantes perversas de Jóse e o run-run das pelis de Antón, que quedou cos seus quesitos de córes a roelos ou a gardalos para millor ocasión. Limpou os firulétes do chourizo i o xamón e as migas do pan tamén, mentres as rapazas liscaban todas a facer piña na cocíña.
Como a mín xa me quedaba pouco tabáco i eu son un hincha dos tempos da ONU ou da fin do Fútbol con maiúsculas. Aquel fútbol de catro pesos ou cinco como moito, dos tempos de Don. Arsénio. E xa non vexo extremo novo e frontista (e con tanta fronte), como Fran, nin un fura redes pillabalas como Bebeto, nin un rompe zocas como o aboo Donato ou... un dame penas que saben a pexégos como Djukic de unha soia patada e a tomar viento a Catro Camiños todos, que vai moi boa noite... ... Pois, ás tres da madrugada, dei en baixar a dar un paseo i escapar de tanto revoltixo i en tan pouco espacio, anque máis ben, me botaron fora, porque eu son o que aporta os efectos especiais e non precisamente con xéo carbónico como agora  levan todalas orquestas para facer neboa entre as robustas pernas das corístas i entre as can-tantas e os can-tantos.
Por donde paso... vou co meu pucho escoitando i enchendo todo de fume en caracólas. Sempre distintas i a reo. Queimando pensamentos ou moitas tropelías varias.
Por tanto, marchei a buscar algo que fumar ou alumbrar... ou a ciscar entrevéros varios.
Joder... vaia banda!. Ten amig@s para isto.
E camiñando, camiñando... atopei a un grupo de rapazas e rapaces nun recuncho íllado, baste decir que lles tomei medo porque me miraron un tanto revirado e non eran poucos, máis eu, non era que tampouco andivera moi dereito polo rego e sin ver o doble do acostumado a tales horas da intemperie nocturna, debo engadir, que non ía desarmado e indefenso, porque levaba unha botella do trinke de Glenfiddish apalancada no bolsillo do anorak para remollarme en soidade e pensar en dios sabe qué, ou en qué dios sabe... ou en todo de vez...

 

Así que, chegado a unha distancia (utópica) que dei en albiscar como razoable según os meus precísos e matemáticos cálculos etílicos do momento, deilles en berrar, mais sen poñer voz de autoridade por si acaso:
 
-E logo vos qué facedes eiquí?...
 
-Falar das nosas cousas e non meternos con nadie!. (Respostou o de máis perto).
 
-Tendes por ahí lúme?...(Dixen xa con máis confianza).
 
-De éso temos e de sobra. (Repinicou outro que non vin).
 
-E vasos limpos e xarábes con jás e sen arcól?...
 
- Ate de cristal para levar a casa e voltar a fregalos si fai falla!. De Cola, laránxa e limón!... (E deron en rír tod@s).
 
- E logo... ¿Por qué non andades de chiringuito en chiringuito sin ter que andar polos recunchos e semellando que andades ás agochadas ouh?... ...
 
- Vos os vellos falades moito, ides ó mediodía ou á noite a tomalos viños ou as cañas e sempre apoquinades o mesmo e aínda vos dan unha tapiña de algo e logo despois, hala, a durmir e sin que vos moleste nadie, ou quedades apalancadiños no sillón vendo a púta merda que vos botan na televisión no voso propio horario infantíl.
Falades de que hai que leer máis... E vos que leedes?... Nos criticades por baixar pelis por interné e ben sabedes que os cartos non dan pa ir ó cine e ver trapalladas de recheo. Qué música queredes que escoitemos?... un bombo e un platíllo acompañados de un sal-sifón?... A nós polas noites e na fin de semana, nos aplican tarífa de prinjáos ou precios de Puti-Clús, esclusívo e con recarja, así que, ímos á tenda de máis barato e despois, compartimos o que mercamos entre todos e sen facer diferencia, falamos do divino e tamén do humano, anque de cando en vez, berremos e barullemos máis da conta e lixemolo chán deixando un símil do que sentimos que nos rodea.
 
- Vaia por dios!. A min fai anos me pasaba igual!!!. (Dixen mentres me sentaba no chán ó seu carón).
 
E mentres el@s sacaban os jarábes doces con jás... eu sacaba a gasolína para misturar).
 
Pois sí... dei en rexuntarme con eles i en sacar a arma escondida por entre o anorák e dimos en liar uns pitillos dos máis baratos entre fíltros e moitos equilibrios i entre papeliños tan febles... como toda unha vida por fumar...
Un decía que quería ser arquitécto, outra que abogada... aquel tiña unha Gibsson Estratofender e outro andaba apuntado no Inem como albanél ou do que fora,  porque na sua casa andaban todos jodidos... e aló polo fondo algún me berraba que... Os vellos non deben de namorarse!. Eu ben o sei,  pero peor é sentir, que todalas esperanzas fuxen sen haber chegado a ser vellos nin por asomo.
Preguéilles que non lle contaran nada ás súas nais... e que si me voltaban a ver... que se fixeran os -lonjis-, porque a fin de contas e na noite... todos semellamos gatos pardos, anque á luz do día ou o paso do tempo, refléxe outra cousa ben distinta.
 
-Quen chegara ate aquí... ten moita paciencia ou é capaz de leer calquer cousa, para non levar nada a cambio...  Nun sei...
 
Mais penso que ó día siguiente fun a votar... ou marchei coa Santa Compaña.

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2009/03/04/vamos-de-botellon-ou-non-/
23 Comentarios - Enviar comentario

Cousas do Entroido 2009 ou da Cega Crise.

21/02/2009

Imagen  
  
  
-Podía ser que non tivera un peso, podía ser que non tivera traballo ou que nadie me quixera, máis non podía deixarme caer dese modo... (Sioux).

 

  
Por favor... adiquen vostedes 170.000 euros, ou algo máis... en adecentar con –(chapapóte de calidade e non con gravilla prensada con chúspes)- as rúas de Meicende e iluminar con sentidiño ouh, pero non ciscando os cartos nos mesmos de sempre -corre que te las pelas e chapúzas-, porque en quince días os baches dan en voltar como as margarítas silvestres en canto caen catro gotiñas.

 

¿Por qué será que xunto a cada arbolito puxeron unha farola escondida?, que aínda nas noites de lúa chea alumean tanto como un chisqueiro non recargable á sombra de un triste ramallo, i que en vez de facer servicio en alumear á rúa ou a beirarúa, semellan xeitosos candís en recunchiños para bailar o tango de ‘A media luz los dos’, e logo si te cansas de bailar... pois, te podes sentar nos banquitos de cemento que lles puxeron despendolados ó lado... sempre baleiros. Pero ver...o que se dí ver... sigues sin ver un carallo, nin a pé, nin en burro, nin en carro.
Das piscínas municipáis que están na Avda. do Butáno de Meicende indo cara Artéixo á dereita, millor nin falar, alí poden afogar os nenos, rediós!. 
¿E os pasos de peóns?, que andan camufládos a escasos vinte metros de un semáforo... e que a duras penas se adeviñan si non levas luces de Xenón do trinque ou un Eco-localizador térmico en plan Terminator... milágro que non haxa máis desastres, menos mal, que os peóns agardan a albiscar as intencións de algún conductor boo samaritáno, ou visten de branco.
Un día hei de dar un paseo de noite polas rúas adxacentes a dereita/esquerda i esquerda/ dereita, para non caer no tendencioso... me dá que vai ser un verdadeiro espectáculo -de luz y de color-. Xa me dixeron que ate hai rúas con ilustres nomes para identificalas polo conto do correo en tempo de votar, e con sináis de tráfico a reo, pero, resulta que vas por elas e non teñen saída e sin avisar do conto. O carteiro chega... porque vai en -amoto- ou a pé. Supoño que seran camiños de eses que se suelen chamar... de ida e volta... porque non che queda outra.
E si en vez de atravesar polo medio de Meicende colles pola Avda. de Arteixo, vas a dar a unha curta i escura ou tétrica tunel que te leva dereitiño a unha curva que lle chaman a dos conéxos...¿Por qué lle chamaran así?. Ou ben colles ruta polo concesionario da Renault abaixo, e vas, e das, cos fuciños de fronte con un carteliño dos tempos do Seat 600 en proxecto, que nin Fernandíto Alónso o acorda, e que indica...cara a esquerda -Arteijo-, (con ja). E si alí, reviras cara a dereita... vas a dar ó mesmo sitio de arriba... as escuras tamén, salvando os baches pertinentes ou o laberinto.
Penso que a verdadeira Costa da Morte por terra, escomenza en San José ou na rotonda dos Bombéiros (joddd... un santo por un lado e polo outro os cachimáns moi bien dotados que decía González Garcés, entre risitas a presión de Sifón ou Gaseósa e con caníca na górxa).
Que se deixen de trangalladas os mariñeiros, que últimamente xa flipan entre tantos cargamentos de sustancias raras a flote i a deriva, que ate xa ven submariños atómicos dandose bicos ou trompadas espesas dende os cañóns do Monticaño. A ver quén lles cree nada!!!.

 

Pero por favor, non fagades cubertas festeiras con reserva de 251.000 euros, porque me da que os cartiños van facer moita falla cando cheguen as réplicas... do batacazo económico-festeiro. Nos deron a beber veleno doce... e tragamos.
Agora toca  invertir en buscar un atídoto... sen ter que acabar tirandonos pola fiéstra i a desesperada.

 

Boo Entroido a todas e todos.

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2009/02/21/title-168-1/
6 Comentarios - Enviar comentario

NA REGUEIFA... TODO VALE.

13/02/2009

Imagen

Entre metáforas e comparacións i en quince días. Cada cuál que saque as suas conclusións. Tal cuál:

http://www.youtube.com/watch?v=BjH2MpDb0i8  

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2009/02/13/na-regueifa-todo-vale-/
7 Comentarios - Enviar comentario

OUTRA VEZ...

03/12/2008

      Tan difícil é que nos poñamos todos de acordo sin ter que matar a nadie?... Tan complicado é entenderse neste noviño seculo XXI como para seguir matandonos nunha anacronia total?...

¡¡¡“Deixade as pistolas para ós museos do pasado”!!!. ¡¡¡”Collede as armas da palabra e a razón”!!!. Axudade a ós que loitamos contra todo, avergoñando a os manipuladores coa voz da propia verdade e dos modos máis insospeitados ou por cualquier curruncho pacífico posible.
Aínda votando ou non. Berrando ou en silencio.
A humanidade non é idiota i a éstas alturas dos tempos, entende millor as verbas, e non quere a violencia das amenazas, dos tíros ou das bómbas. Éstas, soio causan humillación e xenrréira futura entre quen as padece, e producen sentimentos de medo, indefensión e desconfianza entre quen as observa, tanto de lonxe, como de perto.

Seguro que o sistéma democratico de íste contubernio de país, e moitos outros reméndos posibles e futuros, non son nin van a ser, un dechado de perfección, mais sí, de moitos interéses trapalléiros e vergoñentos que debemos derrotar entre todos xuntos. ¡¡¡Xuntos!!!. Máis non, cada un pola súa conta e no seu propio beneficio animal.

Matar, non é máis, que a demostración palpabel de que toda-las cualidades que nos distinguen como humanos se perden nos instintos máis primarios de dominación y escravitude dos outros.

Querer, non é poder. Convencer, aínda na derrota, é un triúnfo total.

http://arteixo.cidadans.net/tashunkawitko/2008/12/03/outra-vez-/
10 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados