Castellano Galego
Aínda a campaña electoral non empezou,máis neste concello,a precampaña semella estar presente...As acusacións i descalificacións son pan de cada día no panorama politico de Arteixo.A oposición acusa,o goberno replica,pasan os dias,o "volcan" lexos de acougar segue a lanzar lava ardendo...
Deiqui a Maio do 2011,falta un ano,o camiño deste bipartito semella ser espiñoso..,as furnas falarán,os cidadáns de Arteixo saberán valora/la presente precampaña,algúns parecen ter presa en acadalo poder...,non por moito madrugar...
Quixera dende istes blogs,facer un chamamento a clase politica de Arteixo en xeral,ante o deterioro i abandono dos nosos castros ao longo das distintas parroquias deste concello.
Ante a pasividade dos distintos representantes politicos,resulta penoso velo deterioro i abandono dos importantes castros ao longo do noso municipio,deixando morrer con elo parte do patrimonio e historia deste concello.
Non fai falla lembralas distintas pezas recentemente encontradas no castro Cociñadoiro(máis de mil catalogadas),i vela relevancia dos nosos castros,do noso patrimonio.
Castros como o de Pastoriza,Figueiroa,Laxobre,As Croas,O Petón,moitos deles,a inmensa maioria durmen alertagados pol-o toxo e silvas,impedindo con elo mostralos a nosa xente,aos visitantes deste concello.
O departamento de mediambiente deste concello,sen eximila responsabilidade dos distintos representantes politicos,non poden nin deben pechalos oios,deixando morre-la historia deste concello.