Castellano Galego
A moza espertou na escuridade da súa habitación cando aínda era noite pecha. Acababa de soñar con Ricardo outra vez. Buscou co brazo o caixón da mesiña de noite, para collela carta que el lle enviara dende Melilla, onde estaba servindo a El Rey, pero non a atopou. -!estás ben?! Que foi?!!- a voz, non era a do seu pai. [...]-Esta pasando outra vez- di una muller coa voz severa- xa falamos disto moitas veces Ricardo, non podemos tela na casa, isto cada vez empeora. Mira para aí... non te das conta que non podemos facer nada??!! A muller descoñecida cabreouse máis, pero deu a volta e pechou a porta da habitación bruscamente. Ficaron sós. -Avoa... avoíña... tranquila: son eu... Ricardo Xa non tiña medo. Non soñara... ...fora feliz.
-Se este soño se cumprise...- pensou. Pechou os ollos, e prometeu non esquecer ese soño: un baile o día da festa con Ricardo, un compromiso ó seu regreso, un vestido branco de noiva, nenos correndo polo medio dunha extensa horta...
-Ai, meu Ricardo...- murmurou.
A moza ergueuse, e todo estaba escuro e borroso ao seu redor. Un vaso caeu contra o chan, rompendo.
A luz prendeuse, pero todo seguía borroso....
-¡Papá.. papá?!...- apenas podía falar
A moza asustouse, e comezou a tremer. Unha silueta moi borrosa achegábase a ela. Ao fin, conseguiu ceibar o chorro de voz.
-PAPÁÁÁÁÁÁÁAÁÁÁÁÁ!!!!!!!!!!!!!!!!!-
Alguén máis entrou e foise acercando á moza que retrocedía algúns pasos tremendo... confundida e sen entender nada, mexou por si.
- Xa abonda, María!!! Volve para a cama e non me toques máis a moral. Da miña familia xa me encargo eu!!!- [...]
E nese momento a moza entendeu. Coa mirada perdida e os ollos chorosos empezou a sorrir, como unha nena.
1. Que alegría lerte de novo!!! Xa vos estrañaba eu.
2. Que mágoa que esta situación non sexa só un conto senon unha realidade cada vez máis abundante no noso país.
Está claro que a esperanza de vida aumentou pero ás veces, o prezo que se paga é demasiado elevado.