Arteixo Castellano  Galego  

cóntame outro conto

etnografía de patacón

O cabalo de carreiras

27/03/2010

Imagen

 

 

 

 

O señor Primitivo, veciño do 3º C, baixou ao portal a recoller o correo e alí atopouse co carteiro e con Marta, veciña do 1º A. Marta estaba descubrindo o contido dunha carta recén chegada con cariña de reis magos. No sobre rachado podíase ler: “Clínica xinecolóxica do Dr. Ollomol”

 

-Vexo que son boas novas... –deixou caer Primitivo mentres abría a súa correspondencia.

 

-Despois de cinco anos buscándoo, por fin vou a ser mamá –respondeu ela, mentres o home arqueaba as cellas gratamente ao ver o contido da carta que acababa de abrir.

-...e vostede...? –engadiu Marta- ...tamén son boas novas?

 

 

O señor Primitivo, veciño do 3º C, contou a súa historia:

 

 

-Fai catro anos que fixen unha inversión arriscada, e hoxe comeza a dalos seus froitos. Sempre quixen ter un cabalo, e cos cartos dunha herdanza merquei un. Estouche falando dun cabalo de competición, ca súa xenealoxía árabe, e coa súa suite de luxo en Casasnovas; co seu preparador persoal e co seu xinete en nómina. O caso é que con aquel diñeiro ben puidera pagar dous ou tres pisos na praza das Viñas, pero o do cabalo facíame máis ilusión. Nas primeiras carreiras foi un desastre e recoñezo que case que pensei en abandonar. Pero pouco a pouco fomos mellorando e acadando mellores resultados. Na carreira do mes pasado rematou segundo, e acaban de notificarme o ingreso da miña parte do premio como criador: doce mil euros.

Pero voulle confesar un pequeno segredo: mellorar, melloramos pouco a pouco, pero na última carreira... cambiei de xinete...

 

 

 

 

Marta botou unha risiña aguda e moi curta, e engadiu:

 

 

 

 

-Eu tamén.

 

http://arteixo.cidadans.net/rilo/2010/03/27/o-cabalo-de-carreiras/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Jajajaja, boísimo, pero xa sabes xinete, ten coidado que cando vexas as barbas do teu viciño cortar ...

    Publicado albanta | 29/03/2010 17:47:33
  • 2. Perdón, ás veces sáeme o lado jamberro

    Publicado albanta | 30/03/2010 12:30:25

Facer comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados