Arteixo Castellano  Galego  

cóntame outro conto

etnografía de patacón

O cabalo de carreiras

27/03/2010

Imagen

 

 

 

 

O señor Primitivo, veciño do 3º C, baixou ao portal a recoller o correo e alí atopouse co carteiro e con Marta, veciña do 1º A. Marta estaba descubrindo o contido dunha carta recén chegada con cariña de reis magos. No sobre rachado podíase ler: “Clínica xinecolóxica do Dr. Ollomol”

 

-Vexo que son boas novas... –deixou caer Primitivo mentres abría a súa correspondencia.

 

-Despois de cinco anos buscándoo, por fin vou a ser mamá –respondeu ela, mentres o home arqueaba as cellas gratamente ao ver o contido da carta que acababa de abrir.

-...e vostede...? –engadiu Marta- ...tamén son boas novas?

 

 

O señor Primitivo, veciño do 3º C, contou a súa historia:

 

 

-Fai catro anos que fixen unha inversión arriscada, e hoxe comeza a dalos seus froitos. Sempre quixen ter un cabalo, e cos cartos dunha herdanza merquei un. Estouche falando dun cabalo de competición, ca súa xenealoxía árabe, e coa súa suite de luxo en Casasnovas; co seu preparador persoal e co seu xinete en nómina. O caso é que con aquel diñeiro ben puidera pagar dous ou tres pisos na praza das Viñas, pero o do cabalo facíame máis ilusión. Nas primeiras carreiras foi un desastre e recoñezo que case que pensei en abandonar. Pero pouco a pouco fomos mellorando e acadando mellores resultados. Na carreira do mes pasado rematou segundo, e acaban de notificarme o ingreso da miña parte do premio como criador: doce mil euros.

Pero voulle confesar un pequeno segredo: mellorar, melloramos pouco a pouco, pero na última carreira... cambiei de xinete...

 

 

 

 

Marta botou unha risiña aguda e moi curta, e engadiu:

 

 

 

 

-Eu tamén.

 

http://arteixo.cidadans.net/rilo/2010/03/27/o-cabalo-de-carreiras/
2 Comentarios - Enviar comentario

Conto de primavera

18/03/2010

Imagen

 

 

 

 

[...] “Es máis linda que un pexegueiro en flor...” Así mo dixo aquel home que se consideraba amigo do meu pai. Recordo que me puxen de tódalas cores. Estabamos no comedor, coa distensión da sobremesa, e penso que meu pai o escoitou, porque ollou para o meu pretendente como se quixese fulminalo. El andaría preto dos cincuenta anos, e eu contaba daquela catorce [...]

 

Escoiteille esta leria á propia protagonista cando os regos da vida xa corrían pola súa face. A pesar dos setenta anos que tería cando mo contou, un pouso de picardía aínda asomaba tralo azul do seu ollar.

 

[...] Ao primeiro sentinme como unha princesiña pretendida por un príncipe con reino propio que me sacaría de pobre. Pero despois vin como o meu pai obrigaba ao seu amigo a marchar da casa para non volver nunca. E dinme conta da realidade. Que ía facer eu, na flor da vida, en nupcias con un vello reseso ao que non coñecía de nada?[...]

 

Antonte abrín o portelo da horta para saudalo día e para que o fresco da mañá me espertase os sentidos. E foi alí, naquel intre, que me asaltou a primavera e lembrei este contiño.

 

[...] Non sei... ó final aquel velloucán non merecía senón unha chocallada. Ademais eu xa lle oíra aos meus irmáns dicirlle ese piropo ás mozas ás que querían camelar. Abofé non era para tanto, pero, claro, con catorce anos unha era moi impresionable [...]

 

O espectáculo natural dun pexegueiro en flor a primeira hora da mañá estáchevos pouco valorado nos tempos que corren. Antonte vivino, e recomendaríallo a calquera. Pero claro, a primavera sabe ben como escoller ás súas vítimas, e tamén como usar os seus métodos.

Se vos presta o intento, estade atentos.

Porque pode ser que escoitedes un cuco cucar, ou que vos ataque unha alerxia ás gramíneas.

Pode ser que un paseo pola beiramar vos molle os pes en Barrañán, ou que precisedes vitaminas ou sopas de burro canso.

 

 

Pode ser que notedes os días máis longos, ou incluso...

 

...pode ser que andedes en amores.

 

Sonche contos...

 

http://arteixo.cidadans.net/rilo/2010/03/18/conto-de-primavera-1/
1 Comentario - Enviar comentario

Obxectividade

11/03/2010

Imagen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Mira, Tonecho: déixate de poesías e de palabreríos. Que queres dicir con iso de compartir soños e macarróns?

 

-Ai, Maribel: dende aquel día no que o meu ollar pousou nos teus andares...

 

-Para, para, para... Tonecho... Al grano: tes que ser obxectivo. Fálame sen reviravoltas, que así non me entero...

 


 

Cando Benito Vicetto redactou a primeira historia de Galicia en 1865, tirou de tripas, de corazón e de retórica, aparcando a obxectividade que Maribel demanda do seu pretendente Tonecho. Hoxe en día ninguén discute a escasa vocación científica da súa obra, pero neste retrinco voume permitir o luxo de reivindicala figura deste romántico transcribindo a súa particular visión da Galicia posdiluviana:

 

[...]Al retirarse las aguas del Diluvio, cuando la última onda, turbia y perezosa, se desvaneció en el azul trémulo del mar de nuestras costas, por una de esas reacciones admirables en el orden de la naturaleza, los valles y las montañas empezaron a cubrirse de verdor en poco tiempo: vejetación que elevaba a los cielos sus emanaciones virginales, como si la tierra, reconocida a las bondades de Dios, se inmortalizara en perfumes.

 

Lagos risueños y encantadores, cuyas purísimas aguas reposaban de la ebullición bullidora del Diluvio, esmaltaban sobre aquel delicioso esmeralda de los campos sus diáfanos cristales; cristales que reflejaban con la mayor riqueza de la luz la plata de los celages, y la púrpura de los arreboles del horizonte.

 

Flores de encendidas tintas, de lujosos matices y la de la más grata esencia, alzaban a los aires sus corolas mágicas, lo mismo en las suaves declinaciones de las marinas, que en las ondas de rocas de los desfiladeros sombríos.

 

Árboles de variadas formas, de caprichosas hojas y de esquisitos dorados y aromáticos frutos, surgiendo con profusión en los valles, se prolongaban por las pendientes rápidas, dominando las gigantes curbas y los rectos obeliscos de las montañas.

 

Los ríos estendían su aljofar sobre las arenas de oro de sus salveos.

 

Y la atmósfera, purísima y perfumada, sin que la más leve espiral de humo o polvo la empañara, parecía de topacio y azahar.

 

Tal era Galicia.

 

Las aguas del Diluvio absorvieran en sus olas bramadoras al mundo corrompido, según la voluntad de Dios; y por eso todo en la creación renacía a una nueva vida, de la manera más pura, virginal e inmaculada.

 

Galicia era entonces un vergel acariciado del Creador.[...]

 

 

-Mira, Maribel: non se pode ser obxectivo co que amas.

 

 


 

 

                           Grande verdade!!!

 


 

                                                  Sonche contos...


 

http://arteixo.cidadans.net/rilo/2010/03/11/obxectividade/
4 Comentarios - Enviar comentario

O falar non ten cancelas

04/03/2010

Imagen

-A filla do Cahirulo está máis ancha

-E non estará preñada?

-Co fea que é...?

-Mira que os mozos da parroquia saben que é de familia podente.

-Pois o cura non leu amoestación ningunha.

-Estaba máis pendente de chiscarlle o ollo á criada.

-Eu tamén o vin, eu tamén o vin!

-Ca! E despois láianse de que a xente fala deles.

-E non han de falar...

-Hai moita mala lingua na parroquia.

-Abofé...

 

Esta conversa, intercambio de pareceres, ou traxe de festa completo, ben puido producirse no adro de calquera igrexa á saída da misa do domingo. Pero confesareivos que foi unha ocorrencia, e que viu a luz á conta dunha copla que escoitei antonte:

"Moito me critica o mundo

moito me critica a xente

moitos lle sopran ó caldo

sen saber se está quente".

 

E cóntovos máis: esta copla, a parte de tirarme do maxín tamén me tirou dos recordos, e así foi como lembrei o que lle pasou hai un par de aniños en Lemaio a Pepe, un compañeiro de monteira:

Este meu compadre estivo en casa dunha señoriña da que lle deran referencias como contadora de lerias de antes e como tocadora de pandeireta. E así foi como Pepe empregou toda a mañá dun sábado en compilar contos e falares doutros tempos e en tomar leccións de como facer bailala pandeireta. Foi todo correcto. Moi agradable e digno de ser repetido. Despois da despedida, e xa con medio corpo fora da casa, Pepe foi interrompido pola dona:

 

-Oes, rapaz: se alguén pola volta che pregunta que viñeches facer aquí toda a mañá, ti dirás que me estiveches reparando a máquina de coser, que ben poderías... non é?

 

 

http://arteixo.cidadans.net/rilo/2010/03/04/o-falar-non-ten-cancelas/
2 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados