Arteixo Castellano  Galego  

cóntame outro conto

etnografía de patacón

SANTA EUFEMIA, OS CHORÍNS E OUTRA VEZ PICADILLO

15/09/2009

 

A día de hoxe, falar de Santa Eufemia en Arteixo é referirse á vella igrexa parroquial. Unha igrexa afastada do centro urbán, nun lugar chamado o Sixto, e que xunto con Barral, Montepequeno, o Outeiro ou o Canabal conforman un “todo” coñecido como Alto de Arteixo.

O caso é que Santa Eufemia é mañá, día dezaseis de setembro, e ista é a miña coartada para botala lingua a pacer hoxe. Nos meus tempos de catequesis eu tiña envexa dos rapaces do Alto de Arteixo, pois non tiñan tanto que camiñar para chegar a igrexa. O catecismo non estaba mal, pero o mellor era ao rematar. Don José sacaba o balón e xogabamos ao paredón no adro. Disto hai uns vintepico anos, e daquela era un tabú para os rapaces falar dos “choríns”.

Santa Eufemia era unha romería. Quero dicir que había misas cada trinta minutos, xente con exvotos e velas, rosquilleiras, buses que viñan da zona de Ferrol, e se imos no tempo máis para atrás, grupos de xente comendo de campo ó longo dos prados cercanos ó adro.

A Santa é avogosa dos males da cabeza, pero dos do lado de dentro. Os problemas de pelo graso non entran nas súas competencias. Eso si: migrañas, dores de cabeza, neuras, quecementos cerebrais e todo tipo de patoloxías psicolóxicas teñen solución da man de Santa Eufemia. E aquí aparecen os “choríns”, ou o que é o mesmo: os endiañados.

Eu era un monaguillo sen patillas, e vin como os choríns blasfemaban ao achegarse á porta da igrexa. Necesitábanse tres ou catro persoas para controlalos. Berraban, chuspían pelos, renegaban da fe, poñían os ollos en branco… ata que o cura ou o sacristán introducían unha medalla da Santa na boca do ofrecido. Nese momento, o chorín volvía a ser unha persoa aparentemente normal. Os rapaces que axudabamos á misa víamos aquello e estarrecíasenos o corpo. Entre nos non falabamos diso. E só eran dous ou tres choríns cada ano. A xente maior sí que falaba abertamente do tema, de cando os endiañados eran ducias, e don Benito, o anterior cura, non daba feito.

Esta romería remataba cun detalle curioso: tratábase de buscar un trevo de catro follas no adro da igrexa, para garantir a boa sorte ao longo do ano.

E agora entra en escena o Conde de Anzobre, Don Manuel María Puga Parga. Nun dos seus relatorios, Picadillo conta a súa experiencia como convidado nunha comilona campestre o día de Santa Eufemia. Non teño o texto en cuestión diante, pero lembro aproximadamente as palabras, que deixan claro que o gran Picadillo non era precisamente un melómano. Era, máis ou menos, algo así:

“[…] todas estas comidas campestres alrededor de la iglesia remataban con bailes amenizados por alguna gaita o por algún desaforado acordeón, instrumento cuyo dispépsico inventor estará ahora mismo merecidamente ardiendo en las llamas del infierno…”.

 

http://farm1.static.flickr.com/44/140535834_77253037b7.jpg

 

Sonche contos.

http://arteixo.cidadans.net/rilo/2009/09/15/santa-eufemia-os-chorins-e-outra-vez-pic/
3 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Ao meu defunto viciño, o Sr. Picadillo, non lle viría tampouco nada mal que o crego lle metera a medalla da santa polos ouvidos, ..., en fín, cousas veredes.

    De verdade ti viches todo eso que contas antes de lle dar á mistela??

    Publicado por: albanta | 16/09/2009 09:26:49
  • 2. Si, si. E dígovos máis. A mistela non tiña que ver, porque só a catabamos na misa do Galo, e con bula sacerdotal.
    Por certo, aproveito para pedir perdón polo "cibernético roubo" da afoto da igexa. Pensei que co enlace xa quedaría clara a autoría do retrato. Ao non ser así, considero oportuno mencionar ao autor do disparo, que responde ao alcume de "Perdido".

    Publicado por: Rilo . | 16/09/2009 15:04:17
  • 3. fue una pena que un cura,no recuerdo el nombre,hubiese vendido la santa Eufemia grande a la parroquia de Bertoa en Carballo,antes de ser vendida,venia muchisima gente de Ferrol,Cabana de Bergantiños,Coruña,venía gente de todos los lugares incluso de la zona de la terra cha.Arteixo tuvo estos últimos años un gran sacerdote,D.José Abelenda,fue muy querido y al menos no dejó abandonada la vieja iglesia del pueblo,desde que llegó el sustituto,dejó la iglesia vieja,la de toda la vida en segundo lugar.Es una pena,pero es la realidad.
    Sr Rilo,le doi mi enhorabuena por el precioso blog.

    Publicado por: Sara Fernandez | 17/09/2009 08:18:33

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados