Castellano Galego
Arteixo, 06 de Novembro de 2006.
D.S. / R.T.
Arteixo suspende a tódolos seus políticos. Os datos son dunha enquisa elaborada por Local News Galicia para o xornal El entorno Metropolitano, publicación mensual de distribución gratuita. Segundo os datos publicados no número correspondente ó mes de outubro, os viciños de Arteixo non aproban a ningún dos políticos locais. As valoracións, entre 1 e 10, sitúan ó actual alcalde como o máis valorado con un escaso 4’6, preto do suficiente. Tra-lo primeiro edil se sitúa a voceira do PSOE Pilar Souto que obtén unha nota de 3’75. Tras ela o líder de Terra Galega, Xosé Márquez, cun 3’66 e Fina Vázquez, voceira nacionalista que obtén un 3’38. A mostra só recolle valoracións dos voceiros da oposición e de tódolos membros do equipo de goberno. Os peor valorados polos viciños, según os datos da enquisa, son Isabel Vila cunha nota de 2’91; Luis Patiño que obtén un 2’73 e Juan Rey, o último da lista que saca un discreto 2’68.
A mostra, realizada por teléfono a 273 viciños entre o 27 e o 28 de outubro pasados, determina que os viciños consideran que o papel do goberno na actual legislatura é malo, nun 56’4% aínda que tamén suspenden á oposición que aseguran que o fai mal nun 50’9% dos casos. A maioría dos entrevistados non saben se a ruptura do goberno é positiva ou negativa, un 49%. Os datos son moi similares en canto as previsión electorais. O 43’9% cre que Pose renovará o seu mandato mentres que o 36’9% consideran que non. Preto do 9% cre que o PP renovará a confianza dos viciños pero que non o fará por maioría absoluta.
Manuel Pose critica a posibilidade de que o goberno autonómico introduza novas modificacións na lei do solo de Galicia. O primeiro edil refírese á posibilidade de que o ejecutivo obrigue ós concellos a reserva-lo 40% do terreno para vivendas de protección oficial. Pose esixe que se acompañe esta medida de recursos para que os consistorios podan adquirir suelo.
CORTE.- 64
O Concello denuncia o estado de abandono no que asegura que se encontra o aparcamento de camións do Polígono de Sabón, situado a carón da sede da Asociación de Empresarios. Nun comunicado a administración local solicita á Deputación provincial que instale contenedores e que proceda a limpeza da zona, así como ao desbrozamento das cunetas.
Desde o Consitorio arteixán, ponse de manifesto que, sin contenedores e sin que se realice a correspondente limpeza de forma regular, no lugar acumúlase o lixo, que se descompón co paso dos días, ocasionando cheiros e unha situación de insalubridade xeral.
O Concello reclámalle así mesmo ó organismo provincial que se ocupe da limpeza das cunetas, que neste momento están tupidas pola maleza e a lama, que impiden que a auga transcurra por elas.
Nestes asuntos, o Concello xa se puxo en contacto cos afectados, que veñen denunciando o abandono, de forma reiterada, por parte da Deputación. Doutra banda, o Goberno local arteixán reclámalle á Xunta de Galicia que lle esixa á empresa Ferrovial, encargada das obras de desmonte para a depuradora de Bens, que repoña o firme e manteña limpa a estrada que une Bens co vertedeiro de escombros.O Concello lémbralle á Administración autonómica a súa obriga de manter a devandita estrada sinalada correctamente, para que os usuarios non corran riscos.No mesmo sentido e en consonancia co que evidencian os veciños, o Concello de Artéixo solicítalle ao Goberno galego que proceda a limpeza das cunetas da mencionada vía.
Son maioría de mulleres. Os tramos de idades medran, na preadolescencia e na época da menopausia. Dende os 12 anos ata máis de 50. Falamos da anorexia e a bulimia, trastornos de longa duración froito, en garde medida, da sociedade que nos toca vivir. No-lo conta unha das representantes da Asociación Bulimia e Anorexia de A Coruña.
CORTE.- 66
En ABAC tratan actualmente 60 casos, a maioría, aínda, de mulleres. O Centro Cívico de Arteixo acolle hoxe, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
O punto de información Europe Direct da Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre os programas europeos para a muller, que se desenvolverá o vindeiro mércores, 8 de novembro, a partir das 9.30 horas, no centro social de Caixanova na Coruña ( Avda da Mariña, esquina rúa Fama).
A actividade está orientada a xestores locais, asociacións, fundacións e persoas interesadas nos programas europeos de igualdade de xénero, e o obxectivo da mesma é orientar sobre as liñas e recursos de financiamento europeo para a muller no período 2007-2013, así como coñecer as experiencias e boas prácticas desenvolvidas neste ámbito a nivel local e nacional.
Durante o día, diversos expertos analizarán programas europeos para a promoción da igualdade de xénero como o Alba Plata en EQUAL, o DAPHNE II, o ALTRA ou o PROGRESS.
A xornada é gratuita e a inscrición realizarase por orde de chegada. As prazas son limitadas. Os interesados en participar poden inscribirse e obter máis información no teléfono 981 18 33 31
A oficina de información ó consumidor do concello organiza unha reunión informativa a cerca do “Canon finca”.
O acto, dirixido a todas aquelas persoas que queiran informarse a cerca de este concepto, tamén chamado IRC, e que aparece nas facturas do gas, vaise a celebrar este xoves, día 9, no centro de servicios sociais ás 6 e media da tarde.
Alí falarase sobre si é legal ou non o cobro deste Canon e as distintas formas de poder reclamar o importe cobrado por este concepto, de selo caso.
O auditorio do centro cívico e cultural será o escenario de dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Gaelgo, de Berrogüeto, e Ugía Pedreira, de Marful.ambas estarán acompañadas do músico de jazz Abe Rábade, considerado como un dos mellores da península.
O concerto, baixo o nome de Nordestinas, terá lugar este venres, 10 de novembro, ás 8 e media da tarde.
O sábado, o turno é para o teatro. Valcar II presenta “Faragullas”, un espectáculo para tódolos públicos que terá lugar no centro cívico de Pastoriza este sábado, 11 de novembro, ás 7 da tarde.
1. Interesante o da enquisa, tendo en conta o pequeno da mostra feita pero significativa en relación o número de habitantes do concello. Resulta que tras todo o acoso e derribo feito contra Pose aínda segue a ser o político mais valorado do concello, interesante tamén a relativa boa puntuación de Pilar Souto e finalmente como a xente deixa bastante atrás a Fina. Finalmente parece curioso que os veciños castiguen o estado de eterna duda de Juan Rey (bo rapaz, pero debe espabila-la pera se quere estar neste mundo da política, anda sempre entre Pinto e Valdemoro). Isabel pero sobretodo Patiño deben espabilar e chegar mellor ós habitantes.
Tamén resulta curiosa a apreciación do case 44% dos enquisados que consideran que Pose renovará o mandato. Repito que tendo en conta toda a campaña feita tanto no personal coma na xestión contra él, ten bastante mérito atopándonos a medio ano das eleccións.
2. Eu considero máis significativo que só teña ese 4,6 de puntuación tendo en conta que as anteriores eleccións gañounas Pose con maioría absolutísima. Eu sendo el poñería as barbas a remollar e sendo o PP poñerío a bo recaudo e cambiaría de candidato.
O de que houbo unha campaña contra Pose dilo ti. Eu penso que para nada, de feito conta cos medios ó seu favor ( radio local, La Voz, Periódico de Arteixo...). O que pasa é que a campaña de desprestixio iniciouna él soíño, cando cometeu todas as irregularidades que se denunciaron. ¿ Ou é que agora a culpa é do pregoeiro?. E porriba non lle axuda nada que os seus antigos colegas de goberno digan del que "favorece a uns ( constructores) máis que a outros" . O feito de pasar 8 anos nun goberno fai que se perda a perspectiva e os alcaldes se endiosen, convertíndose en megalómanos,caciques, excéntricos ou sabe Deus que , dependendo da personalidade previa de cada un.
Polo que respecta ó resto das calificacións, penso que Pilar se beneficia do bo momento xeral do PSOE, porque para nada creo que sexa unha boa candidata, é unha manifesta incomptetente para os cargos que ocupa. Respecto de Fina, penso que a pesar de que traballa moito, non sabe chegar á xente e sóbralle paixón. ¿ Resultado? : pedir o voto en blanco.
Do de Isabel Vila xa nin comento, é pouco intelixente mantela en ningún posto,só fai que manchar a imaxe de Arteixo, dos políticos de do PP.
3. A enquisa esta mal enquisada,¿quen foi o enquisador?,que desenquisou tan desenquisada enquisa.
Pose debe tomar nota,primeiro desfacerse da rubia,despois buscar outra para o sitio,a ser posibel que este ben cachonda,e o mesmo cos outros que fuxiron,outros para o sitio tamen,e depois desta remodelacion outra maioria absoluta,e Arteixo a seguir prosperando...
4. Claro que ha habido una campaña de desprestigio contra Pose y pese a todo se mantiene. Si siendo tan malo como dicen algunas vuelve a ganar...me sé de algunas que deberían ir planteándose el retiro.
5. ¡ Que me expliquen de que campaña de desprestixio se fala aquí ! Ou non me entero ou alguén nos quere levar á horta
6. njhnhnjpi