Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

INFORMATIVO RADIOARTEIXO 07 DE NOVEMBRO

martes, 07 de novembro de 2006 11:41

Arteixo, 07 de novembro de 2006.
D.S. / R.T

Os políticos de Arteixo valoran a enquisa na que os viciños os suspenden a todos e na que, segundo os datos que dabamos a coñecer onte, na actual lexislatura o papel de goberno e oposición é malo. Pilar Souto, que obtén unha nota de 3’75, a segunda máis valorada, cre que os datos deben de servir para “tomar nota” e actuar no que queda de lexislatura para se gaña-la confianza dos votantes. Souto conclúe en que a enquisa amosa claramente que “a política en Arteixo debe de se levar a cabo de outra forma”

CORTE.- 67

No BNG unha conclusión: “o pp perderá a súa maioría absoluta”. O di Silvia Seijas que, respecto das valoracións ós líderes dos partidos, Fina Vázquez saca un 3’38 por detrás do alcalde, Pilar Souto e Xosé Márquez, avoga por facer chegar mellor ós viciños o seu labor como oposición

CORTE.- 69-70

Xosé Márquez é o terceiro máis valorado, 3’66 é a súa nota. Para o líder de Terra Galega os datos da enquisa poden resultar enganosos e cre que, nalgunhas valoracións, os datos non se corresponden ca realidade. Refírese Márquez á nota que dan os viciños a Juan Rey, un 2’68 que o sitúan como o menos valorado.

CORTE.- 72

O alcalde Manuel Pose, que saca un 4’6 como o máis valorado, prefire non reflexionar sobre estes datos e se remite á próxima cita electoral para facer unha lectura. A mostra, realizada por teléfono a 273 viciños entre o 27 e o 28 de outubro pasados, determina que os viciños consideran que o papel do goberno na actual legislatura é malo, nun 56’4% aínda que tamén suspenden á oposición que aseguran que o fai mal nun 50’9% dos casos. A maioría dos entrevistados non saben se a ruptura do goberno é positiva ou negativa, un 49%. Os datos son moi similares en canto as previsión electorais. O 43’9% cre que Pose renovará o seu mandato mentres que o 36’9% consideran que non. Preto do 9% cre que o PP renovará a confianza dos viciños pero que non o fará por maioría absoluta.

Os veciños de Arteixo só poderán votar gasolina na estación de servicio de Meicende, situada na estrada C-552, xa que é a única do concello que permanecerá aberta durante a folga.
O paro, que comezou onte a medianoite, afecta ós traballadores das estacións de servicio da cidade de A Coruña e da comarca, onde só un total de dezaséis gasolineras manterán os servicios mínimos nas próximas 48 horas.
Os traballadores, asegura un responsable da FIA-UGT, esixen a redacción dun novo convenio laboral que poña freno ós abusos da patronal tras máis de dez anos de salarios conxelados e denuncian que están a soportar condición laborais, contractuais e salariais inxustas en centros que carecen de medidas de seguridade, realizando máis horas e turnos dos previstos no convenio.
A folga foi convocada polos sindicatos para os días 7 e 8 de novembro, aseguran, tra-lo fracaso das negociación en Madrid.


O Concello adxudica o proxecto de realización da obra de pavimentación dos camiños interiores da parroquia de Suevos, para o que destinou un investimento de preto de 90.000 euros.
O Concello anuncia ademáis que en Suevos se instalarán bancos no lavadoiro, así como nunha área de descanso do centro da Parroquia.

O Concello inisiste na necesidade de mellora-la Avenida de Pastoriza. O consistorio reclámalle á Deputación da Coruña a señalización dos pasos de peóns. O goberno local argumenta que as denuncias dos viciños manifestan que a señalización horizontal da vía é practicamente invisible e supón un perigo ás persoas á hora de cruzar.
Os veciños de Pastoriza fan especial fincapé no paso de peóns situado á altura do colexio EEI Barrionovo, do que din que ten a pintura tan desgastada, que ninguén se da conta de que existe. Isabel Vila apuntou nesta emisora a posibilidade de que o Concello reclame a titularidade desta vía.

CORTE.- 37

O Concello asegura que mentres que a Deputación non arranxe o firme da Avenida non pode proceder ao pintado dos pasos de peóns cos que conta esa vía. O Consistorio considera que a Avenida de Pastoriza é de vital importancia para os veciños da zona, posto que por ela circulan moitos vehículos diariamente, ademais de ser o único acceso ao centro educativo infantil Barrionovo.

Teatro e música son o protagonistas esta fin de semana en Arteixo.
Unha combinación de voces e ritmos. Eso é o que nos ofrecerá Nordestinas, un grupo galego de musica formado por Ugía Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade.
Poderemos disfrutar do repertorio mariñeiro do Norte a cargo de dúas voces e un piano.
O concerto de Nordestinas terá como escenario o auditorio do centro cívico este venres, 10 de novembro, ás 8 e media da tarde.
Os menores de 14 anos deberán de ir acompañados por un adulto e xa se poden mercar as entradas a un prezo de 1,20 euros.

O teatro correrá a cargo do grupo da Once, Valcar II, que presenta “Faragullas”, un espectáculo composto por pequenas pezas tetarais independentes entre sí, todas cómicas, e varios monólogos ó xeito do club da comedia.
A función, gratuita e para tódolos públicos excepto o infantil, terá lugar no centro cívico de Pastoriza este sábado, 11 de novembro, ás 7 da tarde.

A asociación de loita contra o cancro de Arteixo celebra a súa cea anual con motivo de recaudar fondos na loita contra esta doenza.
O restaurante “Mesón Pastoriza” acolle a cea-tómbola este sábado, 11 de novembro, ás 9 e media da noite.
O prezo é de 35 euros por persoa e os puntos de venta son a farmacia “AnaTorres”, o bazar “Rosario” e Ultramarinos-carnicería “Fraga”.
Se queren máis información poden chamar ó 609.943.386.

http://arteixo.cidadans.net/radioarteixo/7629
13 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • O que reflexa os datos da enquisa é unha realidade que se observa no resto de Galicia e máis de España, fai falta un novo partido que escoite os cidadans.

    Saude.

    desencantado - 09/11, 13:55
  • O que reflexa os datos da enquisa é unha realidade que se observa no resto de Galicia e máis de España, fai falta un novo partido que escoite os cidadans.

    Saude.

    desencantado - 09/11, 13:55
  • a radio arteixo debe estar al día nesta páxina, hoxe é dez e ten as noticias do día sete

    esquio - 10/11, 10:57
  • Que concho pasa Diego,todo está atrasado,estades en folga,ou será que o concello non paga

    Radio Arteixo atras........... - 10/11, 13:06
  • Bueno que pena que non viñeran pola miña porta a facer a dichosa enquisa. Primeiro tírome polo chan escarallandome e mexandome da risa e despois poñolle un "cero patatero" a todos. Non hai por onde pillalos. Valorar máis a Marquez que a Fina ten che bo delito. Estase a ver ben o transfuguismo. Hoxe son dun mañan doutro, hoxe católico e mañán musulmán.
    Tiñan que queimalos cos postes que están arredor "do que faltaba" así enteaban mellor.
    Veña por favor poñedelle un cero redondiño coma a roda dun camión.

    os nosos POLITICAZOS - 11/11, 20:39
  • Non creo na enquisa, non se axusta a realidade.

    Carlos - 12/11, 20:30
  • Non creo na enquisa, non se axusta a realidade.

    Carlos - 12/11, 20:31
  • e logo que pasará co log de radio arteixo??

    Xa son moitos dias

    un mais de Arteixo - 13/11, 12:14
  • O que pasa e que,radio arteixo funciona como todo relacionado co concello,mal,e agora que o seu director acadou a praza fixa,pois que curre o Alcalde,que foi o que lla puxo en bandexa.
    esperemos que si gobernan psoe bng,en maio,manden a Diego a o paro,por inepto e incompetente,e que a praza que a el lle deron a dedo,os que veñan a saquen a concurso publico como ten que ser.

    radio arteixo en folga - 14/11, 17:00
  • ¿Pero que coño pasa?,Diego, Romina,son moitos dias sen noticias,por qué non saides a dár explicacións,¿será polá critica que vos están a facér?,por enrriba de todo iso ten que estár a vósa profesionalidade.

    A radio non esta o dia - 16/11, 19:43
  • Desde háce tiempo Radio Arteixo funciona deficiente,por la mañana temprano no funciona,no se si es por fálta de medios tecnicos,o por fálta de personal,la verdad es que déja mucho que desear,por otra párte no se que tipo de contrato tienen sus empleados,y las horas de trabajo que tienen que cumplir,pues en apariencia trabajan media jornada,créo que alguién tendria que tomar cártas en el asunto,puesto que su funcinamiénto es penoso,seria importante que en el proximo pleno municipal se abordase por párte de la oposición, el tema de Radio Arteixo.

    RADIO ARTEIXO FUNCIONA MAL - 17/11, 10:56
  • Polo que oin, o alcalde e maila sua querida Isabelator prohibiron o acceso a esta páxina o persoal municipal. Ijualiños que franco coa sua censura. Asi que supoño que por iso os da radio non poden poñer o seu informativo.

    Franco ha vuelto - 02/01, 23:32
  • Neste caso vou optar polo facil; Si Franky levantara la cabeza...

    ¿Por qué encheron R.A. de xente afín ó PARTIDO e inútiles que non teñen nin puta idea? Bueno, co paso dos anos, mal de todo non o fan. Pero para facelo igual xa valían os que estaban, digo eu.

    Os PEPEROS adicáronse a chimpar a todo dios que traballaba arreo e de xeito altruista (case todos) por facer unha radio pública plural, amena e divertida. Non había medios, pero había ilusión. Ahora teñen os medios pero falta o máis importante: as ganas.

    Por favor, señores políticos, quiten a eses chupópteros de onde están. Xa non pido que volvan os de antes, pero... fagan da Radio Municipal un espacio aberto, como era no principio dos tempos...

    Uno de los de antes - 27/06, 23:29

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados