INFORMATIVO RADIOARTEIXO 06 DE NOVEMBRO
luns, 06 de novembro de 2006 10:16
Arteixo, 06 de Novembro de 2006.
D.S. / R.T.
Arteixo suspende a tódolos seus políticos. Os datos son dunha enquisa elaborada por Local News Galicia para o xornal El entorno Metropolitano, publicación mensual de distribución gratuita. Segundo os datos publicados no número correspondente ó mes de outubro, os viciños de Arteixo non aproban a ningún dos políticos locais. As valoracións, entre 1 e 10, sitúan ó actual alcalde como o máis valorado con un escaso 4’6, preto do suficiente. Tra-lo primeiro edil se sitúa a voceira do PSOE Pilar Souto que obtén unha nota de 3’75. Tras ela o líder de Terra Galega, Xosé Márquez, cun 3’66 e Fina Vázquez, voceira nacionalista que obtén un 3’38. A mostra só recolle valoracións dos voceiros da oposición e de tódolos membros do equipo de goberno. Os peor valorados polos viciños, según os datos da enquisa, son Isabel Vila cunha nota de 2’91; Luis Patiño que obtén un 2’73 e Juan Rey, o último da lista que saca un discreto 2’68.
A mostra, realizada por teléfono a 273 viciños entre o 27 e o 28 de outubro pasados, determina que os viciños consideran que o papel do goberno na actual legislatura é malo, nun 56’4% aínda que tamén suspenden á oposición que aseguran que o fai mal nun 50’9% dos casos. A maioría dos entrevistados non saben se a ruptura do goberno é positiva ou negativa, un 49%. Os datos son moi similares en canto as previsión electorais. O 43’9% cre que Pose renovará o seu mandato mentres que o 36’9% consideran que non. Preto do 9% cre que o PP renovará a confianza dos viciños pero que non o fará por maioría absoluta.
Manuel Pose critica a posibilidade de que o goberno autonómico introduza novas modificacións na lei do solo de Galicia. O primeiro edil refírese á posibilidade de que o ejecutivo obrigue ós concellos a reserva-lo 40% do terreno para vivendas de protección oficial. Pose esixe que se acompañe esta medida de recursos para que os consistorios podan adquirir suelo.
CORTE.- 64
O Concello denuncia o estado de abandono no que asegura que se encontra o aparcamento de camións do Polígono de Sabón, situado a carón da sede da Asociación de Empresarios. Nun comunicado a administración local solicita á Deputación provincial que instale contenedores e que proceda a limpeza da zona, así como ao desbrozamento das cunetas.
Desde o Consitorio arteixán, ponse de manifesto que, sin contenedores e sin que se realice a correspondente limpeza de forma regular, no lugar acumúlase o lixo, que se descompón co paso dos días, ocasionando cheiros e unha situación de insalubridade xeral.
O Concello reclámalle así mesmo ó organismo provincial que se ocupe da limpeza das cunetas, que neste momento están tupidas pola maleza e a lama, que impiden que a auga transcurra por elas.
Nestes asuntos, o Concello xa se puxo en contacto cos afectados, que veñen denunciando o abandono, de forma reiterada, por parte da Deputación. Doutra banda, o Goberno local arteixán reclámalle á Xunta de Galicia que lle esixa á empresa Ferrovial, encargada das obras de desmonte para a depuradora de Bens, que repoña o firme e manteña limpa a estrada que une Bens co vertedeiro de escombros.O Concello lémbralle á Administración autonómica a súa obriga de manter a devandita estrada sinalada correctamente, para que os usuarios non corran riscos.No mesmo sentido e en consonancia co que evidencian os veciños, o Concello de Artéixo solicítalle ao Goberno galego que proceda a limpeza das cunetas da mencionada vía.
Son maioría de mulleres. Os tramos de idades medran, na preadolescencia e na época da menopausia. Dende os 12 anos ata máis de 50. Falamos da anorexia e a bulimia, trastornos de longa duración froito, en garde medida, da sociedade que nos toca vivir. No-lo conta unha das representantes da Asociación Bulimia e Anorexia de A Coruña.
CORTE.- 66
En ABAC tratan actualmente 60 casos, a maioría, aínda, de mulleres. O Centro Cívico de Arteixo acolle hoxe, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
O punto de información Europe Direct da Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre os programas europeos para a muller, que se desenvolverá o vindeiro mércores, 8 de novembro, a partir das 9.30 horas, no centro social de Caixanova na Coruña ( Avda da Mariña, esquina rúa Fama).
A actividade está orientada a xestores locais, asociacións, fundacións e persoas interesadas nos programas europeos de igualdade de xénero, e o obxectivo da mesma é orientar sobre as liñas e recursos de financiamento europeo para a muller no período 2007-2013, así como coñecer as experiencias e boas prácticas desenvolvidas neste ámbito a nivel local e nacional.
Durante o día, diversos expertos analizarán programas europeos para a promoción da igualdade de xénero como o Alba Plata en EQUAL, o DAPHNE II, o ALTRA ou o PROGRESS.
A xornada é gratuita e a inscrición realizarase por orde de chegada. As prazas son limitadas. Os interesados en participar poden inscribirse e obter máis información no teléfono 981 18 33 31
A oficina de información ó consumidor do concello organiza unha reunión informativa a cerca do “Canon finca”.
O acto, dirixido a todas aquelas persoas que queiran informarse a cerca de este concepto, tamén chamado IRC, e que aparece nas facturas do gas, vaise a celebrar este xoves, día 9, no centro de servicios sociais ás 6 e media da tarde.
Alí falarase sobre si é legal ou non o cobro deste Canon e as distintas formas de poder reclamar o importe cobrado por este concepto, de selo caso.
O auditorio do centro cívico e cultural será o escenario de dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Gaelgo, de Berrogüeto, e Ugía Pedreira, de Marful.ambas estarán acompañadas do músico de jazz Abe Rábade, considerado como un dos mellores da península.
O concerto, baixo o nome de Nordestinas, terá lugar este venres, 10 de novembro, ás 8 e media da tarde.
O sábado, o turno é para o teatro. Valcar II presenta “Faragullas”, un espectáculo para tódolos públicos que terá lugar no centro cívico de Pastoriza este sábado, 11 de novembro, ás 7 da tarde.
+ ver máis >>
Comentarios
-
Interesante o da enquisa, tendo en conta o pequeno da mostra feita pero significativa en relación o número de habitantes do concello. Resulta que tras todo o acoso e derribo feito contra Pose aínda segue a ser o político mais valorado do concello, interesante tamén a relativa boa puntuación de Pilar Souto e finalmente como a xente deixa bastante atrás a Fina. Finalmente parece curioso que os veciños castiguen o estado de eterna duda de Juan Rey (bo rapaz, pero debe espabila-la pera se quere estar neste mundo da política, anda sempre entre Pinto e Valdemoro). Isabel pero sobretodo Patiño deben espabilar e chegar mellor ós habitantes.
Tamén resulta curiosa a apreciación do case 44% dos enquisados que consideran que Pose renovará o mandato. Repito que tendo en conta toda a campaña feita tanto no personal coma na xestión contra él, ten bastante mérito atopándonos a medio ano das eleccións.
Chisco - 06/11, 16:17
-
Eu considero máis significativo que só teña ese 4,6 de puntuación tendo en conta que as anteriores eleccións gañounas Pose con maioría absolutísima. Eu sendo el poñería as barbas a remollar e sendo o PP poñerío a bo recaudo e cambiaría de candidato.
O de que houbo unha campaña contra Pose dilo ti. Eu penso que para nada, de feito conta cos medios ó seu favor ( radio local, La Voz, Periódico de Arteixo...). O que pasa é que a campaña de desprestixio iniciouna él soíño, cando cometeu todas as irregularidades que se denunciaron. ¿ Ou é que agora a culpa é do pregoeiro?. E porriba non lle axuda nada que os seus antigos colegas de goberno digan del que "favorece a uns ( constructores) máis que a outros" . O feito de pasar 8 anos nun goberno fai que se perda a perspectiva e os alcaldes se endiosen, convertíndose en megalómanos,caciques, excéntricos ou sabe Deus que , dependendo da personalidade previa de cada un.
Polo que respecta ó resto das calificacións, penso que Pilar se beneficia do bo momento xeral do PSOE, porque para nada creo que sexa unha boa candidata, é unha manifesta incomptetente para os cargos que ocupa. Respecto de Fina, penso que a pesar de que traballa moito, non sabe chegar á xente e sóbralle paixón. ¿ Resultado? : pedir o voto en blanco.
Do de Isabel Vila xa nin comento, é pouco intelixente mantela en ningún posto,só fai que manchar a imaxe de Arteixo, dos políticos de do PP.
Outro chisquiño - 06/11, 16:43
-
A enquisa esta mal enquisada,¿quen foi o enquisador?,que desenquisou tan desenquisada enquisa.
Pose debe tomar nota,primeiro desfacerse da rubia,despois buscar outra para o sitio,a ser posibel que este ben cachonda,e o mesmo cos outros que fuxiron,outros para o sitio tamen,e depois desta remodelacion outra maioria absoluta,e Arteixo a seguir prosperando...
O chas ca rras chas - 06/11, 19:20
-
Claro que ha habido una campaña de desprestigio contra Pose y pese a todo se mantiene. Si siendo tan malo como dicen algunas vuelve a ganar...me sé de algunas que deberían ir planteándose el retiro.
* - 06/11, 23:30
-
¡ Que me expliquen de que campaña de desprestixio se fala aquí ! Ou non me entero ou alguén nos quere levar á horta
Chocolateada - 07/11, 00:17
-
njhnhnjpi
caralludo - 07/11, 21:05