INFORMATIVO RADIOARTEIXO 03 DE NOVEMBRO
venres, 03 de novembro de 2006 11:03
Arteixo, 03 de Novembro de 2006.
D.S. / R.T.
Continuidade e conservación. Falamos dos puntos básicos que sosterán o orzamento municipal para o próximo exercicio, ano electoral, de 2007. O alcalde confía en presentar este documento ós grupos da oposición nas próximas semanas para o aprobar, inicialmente, antes de que termine o ano. Manuel Pose cre que as edificacións importantes do Concello xa se acometeron en anos anteriores e que agora corresponde o seu mantenemento
CORTE.- 63
O alcalde asumiu o papel de concelleiro de facenda despois da ruptura do grupo de goberno e sustitúe nestas tarefas a Juan Rey que renunciou “temporalmente” a este posto a pesares de que o primeiro edil o mantivo aínda cando Rey anunciara o seu apoio á candidatura de Terra Galega nas próximas eleccións municipais.
Manuel Pose propón á Xunta de Galicia que estudie a construcción do novo centro de Infantil e Primaria de Arteixo en suelo rústico non protexido. O primeiro edil pretende así descongestiona-la actual zona escolar e deportiva e dinamizar a parte próxima ó Centro de Saúde. A Xunta de Galicia anunciou unha partida de 1’4 millóns de euros para a construcción deste centro con cargo ós prespupostos do ano próximo
CORTE.- 65
Pose coincide co claustro de Ponte dos Brozos na elección da zona para o segundo colexo. Os mestres nembargantes cren que, polas dimensións do centro actual xa serían necesarios dous novos colexos e non un tal e como anuncia a consellería de educación.
Aínda en educación falamos do proxecto educativo da Fundación Amancio Ortega. Os profesores adscritos ó Proxecto Ponte dos Brozos asumen a responsabilidade de transmitir ó resto da comunidade educativa en España, os logros, avances e situación actual desta experiencia piloto, única polas suas características en todo o estado.
Begoña Patricio, profesora do IES de Pastoriza, adscrita a este proyecto, protagoniza unha das ponencias do Foro de Experiencias Pedagóxicas que se celebra en Madrid ata mañá sábado.
Este encontro, que promoven a Fundación Encuentro e a Fundación Telefónica, ten como obxectivo presentar experiencias concretas que se realizan con INTERNET na escola así como servir de punto de encontro da comunidade educativa para reflexionar e debate-las posibilidades que, a curto e longo prazo, ofrece o uso pedagóxico da rede.
Begoña Patricio, na sua ponencia, fará especial fincapé na necesidad de que a renovación educativa que se pretende, se faga “coa permanente co-elaboración do método pedagóxico a que a que obrigan os novos recursos didácticos”.
A profesora de Pastoriza explicará ademáis como a introducción no aula de ordenadores portátiles, para alumnos e profesores, favorece o cambio de roles de uns e outros, docentes e estudiantes, e cómo este cambio facilita o “rearme moral, intelectual e profesional dos mestres á vez que incentiva no alumnado a capacidade de aprender a aprender”.
O “jurujú” , o “paipetique” ou as “bandurreiras”. Son só algúns dos máis de 5.500 topónimos recollidos polo Concello a través do Proxecto Toponimia. Foron necesarios máis de catro anos para elaborar unha lista fiable e miles de horas de traballo de campo e consulta cos máis vellos. O máis sinxelo, di María Rozamontes, no entorno rural. Na zona urbana, asegura, case non quedan testemuñas de nomes perdidos. María Rozamontes é a normalizadota lingüística do Concello e a responsable deste proxecto en Arteixo
CORTE.- 61-62
O proxecto recolle asemade o patrimonio etnográfico, arqueolóxico, artístico, histórico e as infraestruturas. Nestas últimas, tamén se inclúen os camiños tradicionais, as pistas, así como os edificios públicos. O traballo permanecerá exposto na sala de exposicións do Centro Cívico, desde hoxe ata o vindeiro sábado, día 4 de novembro. Rematada esta mostra, establecerase un calendario para levar a exposición por todas as parroquias do municipio de Arteixo e recoller as suxestións que propoñan os veciños.
O punto de información Europe Direct da Deputación da Coruña organiza unha xornada sobre os programas europeos para a muller, que se desenvolverá o vindeiro mércores, 8 de novembro, a partir das 9.30 horas, no centro social de Caixanova na Coruña ( Avda da Mariña, esquina rúa Fama).
A actividade está orientada a xestores locais, asociacións, fundacións e persoas interesadas nos programas europeos de igualdade de xénero, e o obxectivo da mesma é orientar sobre as liñas e recursos de financiamento europeo para a muller no período 2007-2013, así como coñecer as experiencias e boas prácticas desenvolvidas neste ámbito a nivel local e nacional.
Durante o día, diversos expertos analizarán programas europeos para a promoción da igualdade de xénero como o Alba Plata en EQUAL, o DAPHNE II, o ALTRA ou o PROGRESS.
A xornada é gratuita e a inscrición realizarase por orde de chegada. As prazas son limitadas. Os interesados en participar poden inscribirse e obter máis información no teléfono 981 18 33 31
Teatro Galileo presenta “O Avaro”, unha adaptación da obra de Moliere na que a protagonista é a avaricia.
O espectáculo, dirixido por Pedro Rubín, está recomendado para maiores de 14 anos.
A función esta tarde no auditorio do centro cívico, comezará ás 8 e media da tarde. As entradas xa se poden mercar a un prezo de 1,20 euros.
O centro cívico de O Froxel será o escenario para a maxia.
O mago Vituco presenta un espectáculo para tódolos públicos: “Ollos máxicos”.
A función, de entrada gratuita, mañá sábado día 4 ás 7 da tarde.
Lembramos ademáis que a sala de exposicións do centro cívico acolle, dende hoxe a ata o 11 de novembro próximo, o “I Concurso de artes plásticas” da asociación xuvenil Xiradela.
A asociación cultural Queiroa de Uxes celebra o magosto mañá con viño, castañas e a actuación de José Luis no local social da parroquia.
Ademáis anuncian, dende a asociación, que se mantén aberto o prazo de inscrición, nas actividades que ofertan para este curso, ata finais de mes.
Baile rexional, pandereta, gaita e tambor.
O Centro Cívico de Arteixo acollerá o vindeiro luns, día 6 de novembro, a partir das 18:00 horas, unha charla sobre a anorexia.
Trátase dunha iniciativa do Servizo Galego de Igualdade, organizada e promovida en Arteixo polo Concello, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O acto conta, ademais, coa colaboración da Asociación Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), xa que será unha psicóloga desta entidade a que impartirá a conferencia.
+ ver máis >>