Castellano Galego
Arteixo, 26 de outubro de 2006.
D.S./R.T.
Isabel Vila resta importancia á aprobación, nesta lexislatura, do Plan de Ordenación Urbana. A primeira tenente de alcalde é optimista e confía nembargantes en que o documento chegue á súa aprobación inicial antes de maio de 2007. Vila Vilas explica a súa postura que se debe, indica, "ás polémicas que hai nos concellos derivadas do urbanismo".
CORTE.- 38
Non son da mesma opinión os grupos da oposición que hoxe en pleno preguntarán novamente pola situación do documento urbanístico. Lembramos ademáis que foi precisamente o urbanismo o argumento que esgrimiron os seis edís disidentes do PP para anuncia-lo seu pase a Terra Galega e o motivo das denuncias que o BNG presento na fiscalía no seu día. O PSOE espera que o documento urbanístico de Arteixo se leve a información técnica a finais de novembro próximo. Pilar Souto é a voceira do PSOE
CORTE.- 34
O pleno da corporación, ás oito da tarde, deixa ademáis a incógnita de saber quen exercerá como voceiro do PP. Juan Rey asegura que é él o que está nomeado oficialmente para levar a cabo esa tarefa e precisa que falará só en nome dos seis concelleiros cos que se trata. As críticas son do alcalde e de Isabel Vila que insisten en calificar a estes seis edís de incongruentes e incoherentes. Vila Vilas prefire non valora-lo anuncio de Juan Rey, esta mesma semana, no que anunciou o seu abandono “transitorio” do seu papel como concelleiro de facenda
CORTE.- 35
O pleno, aprobará, ademáis entre outros asuntos, a cesión dun local da Urbanización Sol y Mar ó INEM, e a creación de funcionamento interno da Escola de Música.
Tamén hai pleno hoxe na Deputación de A Coruña. Arteixo recibirá 25.878 euros para a instalación dun novo ascensos e accesos a minusválidos no Edificio de Servicios Múltiples. Trátase dunha nova fase do plan de eliminación de barreiras arquitectónicas do ente provincial. Na mesma sesión dase o visto bo a un convenio que asinará o ente provincial co Concello de Arteixo para o funcionamento dos servicios de normalización lingüística. O noso municipio recibirá deste plan unha partida de 65.200 euros.
Mellora-las infraestructuras e maior dotación de personal. Isabel Vila insta á empresa AUGARSA a mellora-lo seu servicio. A tenente de alcalde resalta a necesidade de mellorar distintos aspectos na prestación do servicio de suministro que vaia acorde coa subida das tarifas. Isabel Vila precisa, non obstante, que o servicio aínda presente deficiencias polo lastre histórico que arrastra “dende hai décadas”.
CORTE.- 36
O pleno da corporación tiña previsto aprobar hoxe en pleno unha subida da taxa da auga do 6’8%. O incremento non se levará a pleno porque non hai consenso entre os grupos da corporación.
A xunta de goberno local da o visto bo ó plan de axudas á mobilidade. Trátase de subvencionar o transporte a estudiantes que cursen estudios en Arteixo ou outros puntos da comunidade galega. As axudas oscilan, por alumno, entre os 50 e 150 euros ó mes. Ramón Castro é o técnico de xuventude.
CORTE.-
Este punto é o máis destacado da última xunta de goberno local na que os concelleiros tamén deron o visto bo á certificación única da obra de instalación de céspede e rego automático na zona deportiva de Arteixo e a aprobación das adendas aos convenios asinados coas APAS dos colexios públicos para a realización de actividades culturais.
A policía nacional detén a dous mozos, un home e unha muller, domiciliados en Arteixo de 28 anos cando se dirixían a Penamoa con 500 doses de heroína coa que pretendían abastece-la demanda dos chabolistas.
Os detidos son R.G.D., natural de Vigo, e D.M.B, de A Coruña. Ambos foron sorprendidos tras persecución policial do automóvil que ocupaban, no que escondían a droga cun valor no mercado superior ós 5.000 euros.
Según fontes policiais a mujer tratóu de se desfacer dunha bolsa que contiña a heroína.Os axentes interviron ademáis 4 doses de cocaína.
O programa do outono cultural nos achega esta semana ó mundo da ópera.
A trama, que se desenvolve en Londres, conta a historia dunha banda de atracadores, especialistas en caixas de seguridade e crímenes anónimos.
Son “Teatro do aquí” a cía que poñerá en escena “A ópera de a patacón”, un espectáculo en clave de comedia musical, que ameniza cada ano a festa da asociación dos amantes da ópera italiana.
A función, este venres no auditorio do centro cívico, está recomendada para maiores de 14 anos.
As entradas, de 1,20 euros, están xa á venda no centro cívico en horario de 9 a 2 do mediodía. Poderánse mercar tamén unha hora antes do comezo da obra.
En capítulo de citas, para os máis pequenos, de 4 a 11 anos, lembramos que continúan as sesións de conta-contos nas distintas bibliotecas municipais. Unha iniciativa que pretende fomentar o hábito da lectura entre os máis cativos.
Esta tarde o turno é para os rapaces de Pastoriza que reciben a visita de Áurea Xestión Cultural e a biblioteca central, a de Arteixo, que contará coa actuación de Trinke-Trinke.
En tódolos casos os contacontos comezan ás 6 e media da tarde.
1. A sra Vila resta importancia a que se aprobe o plan en esta lexislatura,que máis lle da, a sra Vila a bón seguro non ten problemas para chegar a fin de mes,a bón seguro que os seus fillos tanpouco,pero cómo se poden decir tantas burradas i escupir tanta soberbia por esa boca.
E penoso que teñas unha finca que che deixaron teus pais ,con tanto sacrificio,pasando incluso fame por conservala pra que seus fillos tivesen un futuro mellor que o que eles tiveron, i agora esa finca necesitala un neto pra facer a casa que seus abos nunca poideron facer, i agora por culpa de unhos politicos ineptos,esa finca nón valla pra nada,eso e o que a sra Vila i o seu mal goberno de Arteixo estan a cónseguir,eso si, si fora a finca sua a bon seguro xa estaria recalificada.
E por encima sae i permitese o luxo de decir que nón lle importa nada, pois ben,seguro que si saen outros das urnas en Maio, ao mellor a eles si lles importa, o que teño claro e que unha servidora nón vai a votar a semellante esperpento coma sra Vila
2. Encarna non tes nin puta idea. Como non lle vai a importar. Non ves que di que o quere ter a aprobación inicial nesta lexislatura. Hai que ler toda a noticia e entendela.
3.
pois claro que non lle importa,o quedar ven non custa nada,pero ti que tanto a defendes podes ir a lamberlle o cu, a bon seguro que es un enchufado de merda que traballa pra o PP
4. Esto xa parece rebelión na granxa.