Arteixo Castellano  Galego  

A Radio de Casa

102 Fm

INFORMATIVO RADIOARTEIXO 15 DE SETEMBRO

15/09/2006

Arteixo, 15 de agosto de 2006.
D.S./R.T

Responsables técnicos de augas de Galicia manterán a semana próxima un encontro cos viciños de Chamín-Barrañán afectados polo proxecto de depuradoras da Consellería de Medio Ambiente. O anuncio o fixo o alcalde Manuel Pose despois de falar co Director de Augas de Galicia na xornada de onte. Os viciños, de momento, á espera. Germán Castiñeiras asegura que, de momento, non saben nada dese encontro.

CORTE.- 7

Manuel Pose lembra que o concello pedira esta xuntanza, por escrito, o pasado 8 de agosto. Pose só espera unha explicación técnica “dun proxecto alleo ó Concello”.

CORTE.- 6

O BNG pediu nas últimas horas unha xunta de portavoces na que os tres grupos da corporación e técnicos da Xunta expuxeran os pormenores deste proxecto ós afectados. Silvia Seijas cre que a xuntanza anunciada polo alcalde é “oportunista e forzada”. A nacionalista prefire a oficialidade dunha xunta de voceiros

CORTE.- 8

Os viciños agardan aínda a visita ó terreo prometida polo Director de Augas de Galicia e á que éste se comprometiu no encontro que mantivo cos afectados e o grupo municipal socialista a finais de agosto pasado.

Movilizacións. Os viciños de Bens presionan á confederación hidrográfica para recibi-lo pago que lles corresponde pola ocupación temporal dos seus terreos que comezou onte mesmo. Os afectados non entende que se produza a entrada de maquinaria nas súas propiedades cando aínda está pendente de pago a súa expropiación temporal que deberá de resolve-la fiscalía. O alcalde Manuel Pose estivo cos viciños porque, asegura, “cando non funcionan os papeis hai que adoptar outras medidas”.

CORTE.- 5

Os viciños recibiron no último pleno municipal o respaldo institucional do concello que aprobou unánimemente unha moción de apoio ó colectivo.

Malos Tratos. A Garda Civil ven de deter a un viciño de Arteixo como presunto autor de dous delitos de lesións a un policía local.
Segundo a benemérita unha muller pedría auxilio na súa vivenda onde era agredida pola súa parella. Un viciño, alertado polos berros decidiu acodir á vivenda e se identificou como axente da policía municipal. O presunto agresor ignorou esta circuntancia e golpeou ó axente. A Garda civil detivo posteriormente ó agresor que está xa a disposición do Xulgado de instrucción número 6 de a Coruña.
A nota luctuosa da páxina de sucesos a pon o falecemento dun obreiro de Arteixo, de 37 anos de idade, a consecuencia das graves feridas que sofriu tras caer polo hoco do ascensor do edificio en construcción no que traballaba na Rúa Ría de Noia.
Ó lugar do suceso acodiron membros do parque de bombeiros de Arteixo, que prestaron axuda ó 061 e ós axentes de policía no rescate do traballador. O home foi trasladado con feridas graves ó Hospital Juan Canalejo, de A Coruña, onde ingresou pasadas as catro da tarde con traumatismo craneoencefálico severo e múltiples lesions. Horas despois, faleciu a consecuencia das feridas.

O centro de información á muller (CIM) ultima os preparativos para a posta en marcha de diversos talleres que comezarán no mes de outubro próximo. Taller de bricolaxe para mulleres, taller de cociña para homes e taller de manexo de roupa do fogar tamén para homes.
Todos se van a realizar nas instalacións de Agarimo e poñerán a disposición dos participantes un servicio de guardería.
A iniciativa forma parte da campaña posta en funcionamento en xuño pasado de co-responsabilidade no fogar. O mundo dividido non ten ningún sentido. Enma Sánchez é psicóloga do CIM.

CORTE:

O prazo para se anotar se abre a semana próxima. As prazas son limitadas e os cursos gratuítos.


Xirriquiteula teatro se encargan esta tarde da función Papyrus. Unha producción do grupo barcelonés para tódolos públicos, en especial para todos aqueles que seguen soñando. O espectáculo, dentro do programa de “Cultura para nenos”, terá lugar no auditorio do centro cívico e cultural esta tarde ás 8 e media.
Todos os que desexen asistir deben de recoller as súas entradas invitacións unha hora antes do comezo da obra no centro cívico.

Último día hoxe para realizar as novas inscripcións nas escolas deportivas municipais. As novidades do ano, yoga, danza do ventre, rugby e equitación xa contan con lista de espera. O resto do programa inclúe as actividades levadas a cabo en anos anteriores.
Para se anotar deben de acudir ó servicio municipal de deportes ou chamar ó 981 60 00 09.

Álvaro de Marichalar visita Arteixo a semana próxima. Na conferencia amosará un vídeo e falará acerca da súa travesía do Océano Atlántico. A cita, o martes próximo, día 19, ás 5 da tarde no auditorio do centro cívico e cultural.

Hoxe é o último día tamén para se apuntar á excursión que organiza a vicepresidencia da igualdade e do benestar social da Xunta de Galicia e convoca a través de servicios sociais: xuntanza de maiores en Pontevedra o 24 de setembro próximo. A saída será diante do concello ás 9 da mañá. Para máis información ou se anotar deben de acudir ó centro de maiores de A Baiuca ou chamar ó 64 08 36 ou ó 64 07 26.

As festas de Santa Eufemia volven esta fin de semana.
Comezan mañá con misas ás 10, 11, 12 e 1 do mediodía. Sesión vermouth a cargo da orquestra La Bámbola. Gran sardiñada gratuita a partir das 5 da tarde acompañada pola charanga Riazor e verbena a partir das 11 con La Bámbola. No descanso e ó final da verbena, actuación DJ.
O domingo, misas ás 10, 11, 12 e 1 do mediodía. Sesión vermouth e verbena a cargo da orquestra Foliada.


http://arteixo.cidadans.net/radioarteixo/2006/09/15/informativo-radioarteixo-15-de-setembro/
18 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. ¡ Qué pasada , ven Marichalar ! Poderiamos poñerlle unha estatua a el tamén. E festas outra vez . ¿ Pero será éste un pobo rico e eu no me entero porque a miña rúa está que da pena ? Creo que o erro foi meu , por non comprar a casa no entorno do Balneario , que é onde se move a xente VIP e os xardíns están coidados e as festas págaas do seu peto o Concello de todos .

    Publicado por: Fan de Marichalar | 15/09/2006 15:24:04
  • 2. preo qre carallo dis, eu vivo nesa zona e de vip nada , o que ai son bastantes gilipollas, excluindome eu claro, e de vips nada, máis ven vichos e raros e jichos os sabados tamen, e bou dormir que aqui non se din máis que tonterias,aproposito como se escribe durmiendo ou dormiendo, aver si me contesta alguen, por que eu non o sei

    Publicado por: o cuñado urdangarin | 16/09/2006 01:40:44
  • 3. Artexio non ten nada de VIP por ningures. Polo menos eso é o que debe pensar a "señorita" Isabel Vila Vilas que mercou un piso na archiconocida Rúa "Estreita de San Andrés".Xa vedes no no compra na zona do Balneario porque non é dabondo VIP.

    Publicado por: alcipriste | 16/09/2006 12:59:35
  • 4. SR URDANGarin cotesto a sua pregunta e direille que se escribe DESPERTO de calquera maneira un personaxe com vostede e procedente de alta alcurnia parece mentira que faga estas preguntas

    Publicado por: a plebella | 16/09/2006 17:03:07
  • 5. Cuñado ! Xa sabes que non é o mismo estar dormido que estar durmiendo, igual que non é o mismo estar jodido que estar jodiendo.
    Jodidos estamos os veciños e jodiendo están os que gobernan. ¡E porriba pagan coa Visa do Concello de Arteixo !
    As miñas disculpas ós non- VIPS. Tomo nota e compro o piso na estreita de S. Andrés

    Publicado por: Undargarín | 17/09/2006 22:43:45
  • 6. Para ser vip, hay que tener categoria,modales,cuerpo,y sobre todo proceder de buena cuna, no como álgunas que lo intentan pero no lo cónsiguen, y todo se quedan en burdas,brutas , bastas. Por que de cásta le viene al gálgo,no te olvides rica;!a por cierto ! Aunque la mona se vista de seda......y te córrijo no es en la estrecha, estrechas son álgunas,es en la c/ San Agustin para que lo sepas,monisimaaaaaaaaaa...

    Publicado por: una de arteijo | 18/09/2006 00:10:54
  • 7. cuanta finura carallo una q todavia kga en la estriqueira no se si chegara a ese nivel de finura, necesito urgentemente clases de finura para llegar a ser distinguida como tu

    Publicado por: la chacha de marichalar | 18/09/2006 00:29:33
  • 8. Preparade o helipuerto para VIPs(o lado da Catedral),que ese ven en helicoptero,que en alguns sitios xa se deu o caso

    Publicado por: jgr. | 18/09/2006 14:00:06
  • 9. Un saúdo para todos. A querida de Urdangarín

    Publicado por: Pititalele | 18/09/2006 19:12:15
  • 10. "Necesito Cónsello" éstou solteira e enteira, teño dezanove abriles, din os que me coñecen que estou como un petit suit,vou ir a ver a Alvarito de Marichalar e quero tirarlle os tellos, esta cachondisimo e quero salir en "donde estas corazón"¿ que ei de facer pra que se fixe en min? estóu loquiña por el.

    Publicado por: una que quiere ligar | 18/09/2006 23:20:33
  • 11. Pois nada , muller, toma exemplo das maiores tíñete de loiro o pelo, pon tetas de silicona, vístete con roupa unha talla menos do que sería o normal e liga co 1º da lista. ¡ E se o teu nome empeza con I ......¡ bingo, xa o tés no bote !

    Publicado por: Elena Francis | 19/09/2006 00:43:17
  • 12. Tu retratíttto lo llevo en mi carteraaaa ...

    Publicado por: Mariachilar, Alvaríto. | 19/09/2006 11:00:13
  • 13. De verdade que tendes unhas cousas... Morro de risa con vós , retranqueiros ! . Un saúdo, boa noite

    Publicado por: Chocolateada | 21/09/2006 01:12:43
  • 14. Xa sei que vos vades trinchar de risa, pero tiñavolo que contar ai que peniña non puiden cumplir o soño de ligar con Marichalar,cando iba pra encontrarme con el tiven a desgracia de resbalar no paseo fluvial e...ai como teño o pe esquerdo.. aculpa foi de miña nai pois dixome ela, nena si vas a ver e queres cazar a ese estrea os zapatos que che troixen pra ocasion que unha ten que ir axeitada pra ocasion,os zapatos eran de tacon alto e...catapun ,ali quedaron no paso e o que e peor quedei sin cumplir o soño de ligar con alvarito de marichalar;...ai que desilusion a miña, pero bueno como di miña nai, tranquila nena que omes non che an de faltar. E como teño o peiño, e o peor ainda e que este fin de seman non podo bailar..."que desgraciadiña son"

    Publicado por: una que quiere ligar | 21/09/2006 17:54:17
  • 15. Hasta el amanecer te esperé. En fin, otra vez será. Pero;
    Tu retratíttto sigue en mi carteraaaa...

    Publicado por: Mariachilar, Alvarito | 22/09/2006 13:16:08
  • 16. Non te apures , poderás ligar con calquera outro da "jet set " que veña a Larín a montar a cabalo. ¡ Que sitio Larín, tan completo ! Ten varios picadeiros : o do alcalde, o de Amancio , o Cabalo Blanco ... , algo debe de haber nesa zona que incita a montar algo.

    Publicado por: Chocolateada | 22/09/2006 16:08:26
  • 17. ¡Qué picaróna eres Chocolateada!

    Publicado por: sioux | 22/09/2006 16:20:58
  • 18. ¡ É que este blog de tan alta alcurnia fai que me poña estupenda ! . Ademáis aínda non veu por estos lares certa xente que disfruta co mal rollo, co cal levo un sorriso permanente na cara.
    Por certo, que hoxe lin en La Opinión un precioso relato de como Pose Miñones rescatou ó ferido polo Gordon. ¡ Se é que é coma o perexil das salsas , está en todas partes ! Lede, lede: http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2161&pIdSeccion=2&pIdNoticia=71071&pVar=1158898935279 ¿ E de onde viría a esa hora da mañá se en Larín non tén máis ca cabalos e a construcción que fixo non é unha casa para vivir?

    Publicado por: Chocolateada | 22/09/2006 16:57:53

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados