Castellano Galego
Arteixo, 24 de outubro de 2006.
D.S / R.T.
Manuel Pose non desminte a Juan Rey e asegura que o exconcelleiro de Facenda está nomeado como voceiro do PP para o pleno que se celebra este xoves. O alcalde critica nembargantes que Rey use o papel de voceiro para falar, tal e como indicou nesta emisora, en nome só de seis concelleiros. O primeiro edil apunta que “non se pode estar a pe e a cabalo” e precisa que os asuntos que teña que defende-lo alcalde en pleno os asumirá independentemente de quen exerza como voceiro.Pose non aclara qué papel xogarán estes seis concelleiros na sesión plenaria e apunta que non é responsabilidade do Concello determinar si pasan ó grupo de non adscritos ou non.
CORTE.- 28
O pleno non tratará finalmente a subida da taxa da auga tal e como estaba previsto e que suporía un incremento do precio para os viciños do 6’8%. Pose argumenta que o punto cae da orde do día “porque non se quere subir os impostor”. O alcalde asegura que a subida irá a pleno cando haxa un consenso entre os grupos
CORTE.- 29
Representantes de PP, PSOE e BNG acompañan hoxe ós viciños de Chamín-Barrañán afectados polo proxecto da Consellería de Medio Ambiente a coñecer sendas plantas de depuración e bombeo. Trátase, segundo a xunta de voceiros, de que os viciños coñezan de primeira man o funcionamento de un e outro sistema. Os viciños insisten nas súas críticas ó proxecto de Medio Ambiente que contempla varias depuradoras no entorno de Chamín-Barrañán. Os afectados chamaron a semana pasada ó Director de Augas de Galicia co que esperan manter un encontro canto antes. Sergio Castiñeira pide a colaboración dos políticos de Arteixo para acelerar este encontro que, asegura, “lles interesa a todos”.
CORTE.- 23
O alcalde aventura a fin das obras do porto exterior para o ano 2011, un ano antes do previsto inicialmente. Manuel Pose, que onte visitou as obras de Punta Langosteira xunto co presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño insta ás administracións a iniciar, no prazo máximo de dous anos, tódalas obras de viais paralelas ó porto para evitar imprevistos.
CORTE.-27
Nas novas instalacións portuarias, figura xa o dique provisional, construido a base de recheo sobre unha zona de mar. Cando este dique de abrigo esté rematado terá unha lonxitude de 3.353,87 metros e formará parte da plataforma.
O proxecto inclúe tamén un muelle de caixóns de formigón de 921,5 metros; un martillo de caixóns de formigón; un contradique de 578,95 metros, e a superficie explanada dunhas 143,50 hectáreas. A elo súmasen os accesos por estrada a as expropiacións.
O fracaso escolar e cómo mellora-lo rendemento dos alumnos é o primeiro tema que este ano trata a escola de nais e pais que pon en marcha a concellería de educación. A primeira cita é no colexo de Galán e se repetirá cada trimestre en cada un dos centros escolares do municipio. Os obxectivos os explica a psicóloga que ejercerá de titora dos pais que acodan á charla
CORTE.- 26
Mellora-la calidade da educación é precisamente o obxectivo do Plan de mellora da calidade nos centros docentes que pon en marcha a concellería de educación en varios centros da comunidade galega. En Arteixo se inclúe neste plan o colexo Ponte dos Brozos. este departamento busca con esta iniciativa fomentar a avaliación da práctica educativa dos centros docentes; propiciar unha avaliación interna nalgún aspecto curricular ou organizativo; fomentar un plan de centro e mellorar a calidade; e incentivar a innovación e a investigación na propia acción docente.
Setas para comer, para preserva-lo equilibrio ecolóxico e incluso con fins medicinais. Argimiro Rodríguez falará nas II xornadas de micoloxía que organiza o Departamento de Medio Ambiente da función biológica dos fungos e nos deixa, antes, un consello: comer cogomelos, cando menos, dúas veces ó mes. Estaremos, asegura, máis sans.
CORTE.-24-25
As xornadas de Micoloxía inclúen exposición teórica e práctica, e dirixense a tódalas persoas interesadas no asunto e preocupadas polo medio ambiente.
Entre os obxectivos se atopan identificar as distintas especies, discernindo cales teñen valor culinario e cales non, cales son tóxicas e cales son mortais ou comprender a función que os cogomelos realizan no medio natural segundo a súa clasificación (parasitos, saprofitos ou simbiontes) e valorar a importancia que teñen para o equilibrio do ecosistema forestal.
As xornadas terán lugar na aula ambiental de Monticaño durante a fin de semana próxima, comezan este venres, día 27, ás 7 da tarde, coa relatora María Monteagudo Pichel que falará a cerca dos “Aproveitamentos micolóxicos do bosque”.
Para máis información deben de chamar ó 64 18 15.
Nos situamos en Londres, no ano en que as augas xeadas do Támese baixan cheas de cadáveres mortos de frío.
“A ópera de a patacón” conta, en clave de comedia musical, unha historia onde os delincuentes son os protagonistas.
O espectáculo, de Teatro do Aquí, está incluído no programa do outono cultural, e terá lugar no auditorio do centro cívico este venres ás 8 e media da tarde