Castellano Galego
Arteixo 20 de outubro de 2006.
D.S. / R.T.
Juan Rey anuncia públicamente a súa renuncia a ocupa-lo cargo de Concelleiro de Facenda despois da proposta do alcalde na remodelación de goberno. Rey explica nun comunicado remitido a esta emisora as razóns que o levaron a tomar esta determinación: Rey cre que a decisión do alcalde de prescindir dos seis concelleiros disidentes é “pouco meditada” e aclara que non quere ser partícipe da súa actitude. Rey deixa unha porta aberta á rectificación de Manuel Pose ó que invita a recompoñe-la unidade do grupo para, explica, seguir a traballar para os viciños. Rey expón no seu comunicado que a única razón pola que se chegou á actual situación é a falla de diálogo e discrepancias en materia urbanística. O ex concelleiro cre que a decisión do alcalde de expulsalo a él e a outros cinco concelleiros compromete “gravemente a estabilidade e a calidade de vida dos viciños”.
O alcalde Manuel Pose, pola súa banda, evita aclarar se estes seis concelleiros do PP renunciaron ou foron expulsados do seu labor de goberno. Pose prefire deixar esta valoración ós viciños. Os seis ex – edís, que poderían forman na próxima sesión plenaria como grupo de non adscritos, presentaron o seis de outubro pasado un recurso, posteriormente rexeitado polo alcalde, no que solicitaban a súa readmisión ó fronte das súas respectivas áreas de goberno.
CORTE.- 13
O recurso non aceptado provoca tamén a renuncia de Rosario Figueiras á súa adicación exclusiva.
A renuncia de Juan Rey de seguir ó fronte de Servicios Económicos non afecta ós plans do alcalde Manuel Pose, que asumirá personalemente as tarefas de concelleiro de facenda, de aproba-lo presuposto municipal para o exercicio de 2007. Pose xa exerciu como tal en anteriores lexislaturas. O alcalde espera que, “por coherencia” o orzamento se aprobe como en anos anteriores aínda que advirte de que, en caso contrario, o concello está preparado para traballar con prorrogables durante meses.
CORTE.- 15
En apartado político estamos ademáis pendentes da asamblea que hoxe celebra o BNG de Arteixo e na que poderíamos asistir á renuncia de Fina Vázquez a encabeza-la lista dos nacionalistas nas próximas eleccións municipais tal e como anunciara nesta emisora a semana pasada. Silvia Seijas á que tódalas quinielas colocan na primeira liña de sucesión non quere adiantar nada ata que se pronunice a asamblea.
CORTE.- md. Anterior. 69
O PSOE celebrará a súa asamblea a mediados do mes de novembro próximo. Pilar Souto se presentará como candidata a repetir como cabeza de lista para os próximos comimicios aínda que non descarta que haxa alternativas entre as que deberán de decidir os militantes do partido.
O grupo municipal socialista critica a subida da taxa da auga que o pleno da corporación tratará na sesión ordinaria da semana próxima. A voceira do PSOE Pilar Souto entende que este servicio debe de se pagar pero, aclara, cando se trate dun servicio de calidade
CORTE.- 9
A subida se corresponderá co incremento anual do IPC. Mentres os viciños de Chamín- Barrañán advirten da mala calidade da auga que derivará do proxecto que plantexa a Xunta de Galicia para a instalación de depuradoras naquel entorno. Os viciños explican ademáis que non entenden as manifestacións do alcalde que, en Radio Arteixo, denunciou o verquido irregular de terras procedentes das obras deste proxecto que, os afectados aseguran, aínda non comezaron. Os viciños chamaron onte ó Director de Augas de Galicia que podería finalmente visita-la zona a semana próxima. O martes os viciños percorrerán sendas plantas de depuración e bomeo acompañados dos representados municipais de PP, PSOE e BNG.
Os viciños de Oseiro queren recupera-la ponte do Taberdón. Trátase dun paso anterior ó encoro do Rexidoiro que unía Sabón con Oseiro. A asociación Manuel Murguía cre que a recuperación desta ponte aliviaría o colapso circulatorio que sofre diariamente a Rotonda do Seixedo xa que ofrecería unha saída alternativa do Polígono Industrial.
CORTE.- 17
Os viciños sosteñen que presentaron esta idea á Deputación Provincial en tempos da presidencia de Lendoiro e ó Concello hai aproximadamente dous anos e, de momento, aseguran , non hai resposta. O alcalde Manuel Pose di que o proxecto é pouco viable e que a suposta reducción de tráfico só trasladaría o problema ó centro de Oseiro
CORTE.- 12
Os viciños de Oseiro criticaron na Radio Municipal o abandono que sofre o entorno da “aldea” onde só quedan catro viciños e na que, segundo as súas propias palabras, as infraestructuras e servicios son iguais que hai 50 anos.
“Armas baixo control” é un espectáculo de maxia no que tódalas armas do mundo se transforman en pompas de xabón.
O Mago Antón dirixe a función que conta co beneplácito de Amnistía Internacional i está recomendada para maiores de 10 anos.
O espectáculo, que forma parte do programa do outono cultural, terá lugar no auditorio do centro cívico hoxe ás 8 e media da tarde.
As entradas están xa á venda no centro cívico e tamén se poderán mercar unha hora antes do comezo da función.
1. Hola, eu son o veciño de Chamín e Barrañán que escribiu para falar da situación de abandono a que nos teñen sometido tódolos politicuchos de Arteixo sen distinción de partidos e cores. Pero a verdade é lamentable escribir algo para que a xente se entere e ver semellante cantidade de insultos e niñerias. De verdade sodes persoas maiores de dezaoito anos. Mi madriña a verdade é algo cada día máis habitual ver xente de corenta ou máis comportándose coma verdadeiros adolescentes. Para chorar.
Quérennos levar a ver depuradoras seguro que teremos que ver as que eles digan. Queremos ir ver a de Dodro que saía a semana pasada na televisión de Galicia e que tiña apestado a tódolos veciños dos arredores. Tamén pode que levemos un vaso por si algún dos nosos maravillosos políticos ten sede beba un pouco desa auga "depurada". Incluso podémoslle pedir que a beba sen sede porque din os médicos que é moi bo beber dous litros o día.
Non vos cansedes que xa é para chorar sen ter que ver tanta trapallada. Vaia Concello machiño.
Pilar,Argemiro,Silvia,Fina.¿Onde estades? Como gañedes as eleccións vades ter problemas cas depuradoras e vadelo comer vos. Aprovachedes o proxecto e agora non vos atrevedes a opoñervos a el.Incluso defendédelo pero sin argumentos. Esperando un informe dos técnicos,¿no no tiñades xa antes?.
Pilar, Fina e compaña quixeron ver recientemente o proxecto antes de que veña o Director de Augas. E foi simplemente para velo e saber do que andan a falar porque non tiñan nin idea de que trataba. Aprovárono sin velo e agora que se fala del teñen que poñerse o día para non quedar en ridículo. Esto é un verdade coma un templo, tan verdade como que lles importa tres pitillos todo.
En tódolos lados protestan contra as depuradoras e eiquí van poñer unha o lado das viviendas, da carretera e en primeira liña de praia. Gastarán os cartos nas depuradoras e cando den problemas e eles gobernen quedaremos cas maravillosas depuradoras cheirando e protestando pero sen conseguir nada. Xa no nos fan caso agora imaxinade despois. Eso
2. Eso téñeno claro por eso pasan de todo. E mentras a merda de todo Chamín correndo polas cunetas, contaminando fontes, pozos e a ría. Que máis lles da os votos están en Arteixo e Meicende onde teñen moita xente.
¿POR CERTO, A ZANJA QUE ESTÁN A FACER O LADO DA ANTIGA E INÚTIL ESTACIÓN DE BOMBEO DE BARRAÑAN NON SERÁ PARA FACERLLE UN ALIVIADEIRO E BOTAR A MERDA DOS POUCOS QUE ESTAMOS CONECTADOS O SANEAMENTO A RÍA? ERA O QUE CHE FALTABA E NON SERÍA NADA RARO TAL TROPERÍA.
QUE ALGUÉN CHAME O FISCAL E A UN INSPECTOR DE MEDIOAMBIENTE. EIQUÍ DUN TIRO MATAN MEDIA DUCIA DE PÁXAROS.
3. Este fantástico blog que pon a nosa disposición a axencia Europa Press (ou algo similar) no no len os periodistas que a súa vez coñecen a políticos, fiscais e demáis para que investiguen un pouquiño tódalas queixas que saen tódolos días neste blog. As infraccións urbanísticas, o malgasto de cartos, os delitos ecolóxicos, o enriquecemento sospeitoso duns cantos, a inutilidade da oposición, os "maravillosos e socorridos acordos de edificabilidade" que promete o noso Alcalde a cambio de deixar pasar por terreos, ceder, etc. Todo isto e un longuísimo etc.
O PSOE E O BNG de Santiago non lles interesa gobernar nun Concello tan grande e con tanta pasta. Pois con este ritmo, este ansia no no conseguen nin de coña. Se non aproveitan a oportunidade agora con tódalas trapalladas do noso Alcalde cando o van facer.
Seguro que lle deben algo.
As aceras da Catuxa, diante da taberna BoaVista, van a paso de tartaruga. Fanas despaciño para que as vexamos e votemos polas maravillosas melloras que fan tódolos anos,ja.
Unha vez preguntoume un madrileño se en Galicia xa tiñamos aceras en tódolos pobos e resignado tívenlle que contestar que non. Temos o que merecemos. Fannos unha acera e parece que nos están a regalar algo.
PILAR, FINA, ¿A PASARELA DO SEIXEDO NON TIÑA UN PRAZO DE EXECUCIÓN? É PRA MEXARSE DA RISA E O BO E QUE O FINAL VANA TER QUE TIRAR CANDO VEÑA O PORTO EXTERIOR SENÓN CAE SOA PORQUE É UNHA VERDADEIRA CHAPUZA.
4. O outro día saía no telexornal que existían un número moi elevado de construccións ilegais por toda España. Os sitios onde máis se realizaba esta práctica eran as Canarias, Málaga,etc.
SORPRENDIUME moitísimo que non saíra ARTEIXO porque debería estar no número un do Ranking. Xa só ca casa do Alcalde en Larín, a do seu fillo en Balcovo, a da Secretaria particular do Alcalde na Praia de Barrañán paralizada xa fai ben anos, a dalgún técnico de urbanismo en Barrañán, un alpendre convertido en vivienda de luxo e un longo etc en tódolos edificios do Concello feitos polos constructores amiguiños do Alcalde é para encabezar a lista negra de toda a Península corrupta.
5. ¿SABEDES para que nos construiron unha praia fluvial en Barrañán? Sí, home a que está entre a ría e o paseo marítimo a altura do Bar "Corazón Blanco". Esa merda que só serve para criar canaveiras, acumular merda e empobrecer a estética desta praia.
POIS ESA PRAIA FLUVIAL QUE CREOU O NOSO ALCALDE E O DIRECTOR DE COSTAS FÍXOSE CA ÚNICA INTENCIÓN DE DISIMULAR TODA A MERDA DOS HABITANTES DE CHAMÍN QUE VAIXA POR UN REGO ATA A RÍA.
DESVIÁRONLLE O CAUCE ANTIGO O RÍO E ASÍ DENDE O PASEO MARÍTIMO NON PODES VER A MERDA QUE TEN O RÍO.
ADEMAIS A EMPALIZADA QUE FIXERON NON PERMITE O BAÑO OS NENOS, GRACIAS A DEUS, PORQUE SENÓN ALGÚN ÍA MORRER CUNHA INTOXICACIÓN.
PILAR E FINA SABENO E TAMPOUCO FAN NADA. SON TODOS IGUAIS UN FATIÑO DE INÚTILES COMECHÓNS.
¿Porqué non se fai unha sección crítica na radio? Só se fala de queixas e cousas mal feitas cando se vai protestar. Os da radio podían ir polas parroquias, investigar, preguntar e denunciar. Todo estilo Caiga Quien Caiga.
Pero é mellor ocupar todo o tempo co musiquilla e comentarios do carallo.
6. O fodido e cando vas solicitar a AUGARSA, case de xeonllos e cunha mala ostia que te cagas, que fagan o favor de conectarlle o saneamento a un veciño que o ten solicitado a súa vez dende fai xa catro ou cinco meses.
E vas tí a solicitalo e non o teu veciño que é o interesado porque un día abres o grifo da ducha e saeche unha auga que ven do teu pozo e que cheira a mesmiña merda.
¿SABEDES PORQUE? Porque bota a merda a cuneta o lado do teu pozo e contaminacho. A verdade en Chamín é unha practica moi habitual e os propios operarios do Concello engancháronlle o saneamento os veciños a rede de pluviais e deste xeito a merda corre polas cunetas e contamina os pozos e as fontes públicas. ESAS FONTES QUE NUNCA FORAN DE AUGA P0TABLE E AGORA DE REPENTE SEN QUE NADA FORA A MELLOR SENÓN A PEOR SON MILAGROSAMENTE POTABLES. ¿SE ANTES A MERDA NON ÍA POLAS CUNETAS E AGORA VAI E PASA O LADO DAS FONTES COMO CARALLO ANTES NON ERA POTABEL E AGORA SÍ?
ESA RODA DO MUÍÑO QUE A COMULGUEN ELES.
TODO ISTO SABEO O MARAVILLOSÍSIMO ALCALDE QUE TEMOS. O FIRMÓN DO XERENTE DE AUGARSA. E SOBREDETODO PILAR, FINA E COMPAÑÍA E NON FAN ABSOLUTAMENTE NADA.
A DEPURADORA EN PRIMEIRA LIÑA DE PRAIA, E AS SETE DEPURADORAS POR ENRIBA DA ESTACIÓN DE CAPTACIÓN DE AGUA POTABLE DE SISALDE NON SON A SOLUCIÓN IDÓNEA.
AXUDA, POR FAVOR. MELLOR RIR QUE CHORAR.
7. Catro ou cinco homes traballan en AUGARSA para facer frente a todo o traballo deste Concello tan grande. O de AUGARSA é un puro negocio.
Nós comendo merda e eles repartindo os cartos e subíndonos o prezo da auga.
Coñecedes o Xerente, eu de vista, fun mil veces a AUGARSA e nunca esta. Só están esas secretarias tan guapas e, que me perdoen, manifiestamente ineficientes. Ou obrigadamente ineficientes.
Vas alí ou chamas por teléfono e dinche que xa pasan o recado. Bueno, méxome de risa por non chorar.
O Xerente de AUGARSA ponse sudoroso e vermello cando se ve nalgún compromiso. Para ser firmón hai que ser un tipo con máis sangue frío.
S.O.S. ARTEIXO. S.O.S.
8. Diego e compaña e de verdadeira coña que usedes comentarios no blog para falar en nome dos veciños de Chamín e Barrañán. Un comentario nun blog firmado cun pseudónimo non é unha fonte fiable para verquer unha información nun medio de transmisión oficial.
SODES, CON TODO O MEU RESPETO E O MEU ASOMBRO, UNS PROFESIONAIS DE CARALLO. E SÓ FALTARÍA QUE ME CONTESTARADES E VOS PARECERA MAL PORQUE É UNHA VERDADE COMA UN TEMPLO.
TENDES TELÉFONOS E XENTE E POLÍTICOS COS QUE FALAR PARA INFORMARVOS. ADEMÁIS NON É QUE HAXA MOITAS NOTICIAS RESPECTO O TEMA. SÓ QUE CHAMAMOS O DIRECTOR DE AUGAS DE GALICIA E DÍXONOS QUE ESTABA MOI OCUPADO E QUE INTENTARÍA VIR CANTO ANTES.
ESO É O MÁIS RECENTE E IMPORTANTE. BUENO, ESO E QUE OS POLÍTICOS NON FAN ABSOLUTAMENTE NADA RESPETO A ESTE TEMA E MOITOS OUTROS.
9. COMENTARIO PARA O NOSO "ESTIMADO" XERENTE DE AUGARSA.
Diríxome a usted para que entre outras moitas peticións investigue un fedor insoportabel que se pode apreciar nos arredores da praia de "Combonzas". Xa lle informaron deste tema fai uns cantos meses pero parece que Usted pasa absolutamente de todo.
Alí,agora que é inverno, a merda no na ve ninguén, non é verdade Señor Xerente. Eu non fun alí a ver pero se cheira e que algo debe de estar mal.
Faga tamén o favor de resolver o tema dos enganches en Chamín que a este paso vamos beber todos merda dos nosos pozos e non nos quedará máis remedio que engancharnos a merda da súa traída para enriquecelos a ustedes e seguir bebendo a merda de auga que mandan dende Sisalde, Rexidoiro ou sabe Deus onde.
Aínda que seguro que pensa de nós que somos unha panda de mataos pailáns pero a moita honra.
¿Por qué está a funcionar todo o día a estación de bombeo de Barrañán se somos catro casas as conectadas o saneamento na parroquia de Chamín? ¿Por qué non fai que o resto da parroquia se enganche?¿É que esa estación de bombeo non da máis de sí? ¿Ca excavación que están a facer a beira do pozo desta estación de bombeo non pretenderán facer un aliviadero para a rede de sumidoiros a que chega esta zanxa? ¿de alí que a vai mandar a ría?. No nos sorprendería nada porque con tal de solucionar os seus problemas.
ANTE A CONTAMINACIÓN MANIFESTA DALGÚN POZO DE AUGA POTABLE ATA FAI POUCO CON AUGAS FECAIS VERTIDAS A CUNETA E CONSENTIDAS POLO CONCELLO, POR AUGARSA E ANTE A INOPERANCIA PARA REALIZAR UN ENGANCHE SOLICITADO FAI CINCO MESES SO QUEDA A DENUNCIA FORMAL ANTE AS AUTORIDADES SANITARIAS. TODO ELO ACOMPAÑADO DA SOLICITUDE DE ENGANCHE DE, REPITO, FAI CINCO MESES. TODO NUNHA OBRA XA FEITA NA QUE SO FAI FALLA FACER UN PEQUENO BURATO NO POZO DE REXISTRO PARA QUE ENTRE ALÍ A MERDA CA QUE NOS ESTAMOS A DUCHAR AGORA OS DEMÁIS.
DEBERÍAMOSLLE LEVAR UN CALDEIRILLO DELA A SEDE DE AUGARSA.
ADEMÁIS QUE FALAR DO COLECTOR DE SANEAMENTO DE CHAMÍN QUE NON CHEGA A MOITAS CASAS E AS QUE LLE PASAN PRESUPUESTO
10. ADEMÁIS QUE FALAR DO COLECTOR DE SANEAMENTO DE CHAMÍN QUE NON CHEGA A MOITAS CASAS E AS QUE LLE PASAN PRESUPUESTO PARA QUE OS VECIÑOS PAGUEN POLA OBRA PARA ACERCAR ALÍ O SANEAMENTO. É O COLMO OS QUE ESTÁN LONXE DA CARRETERA TEÑEN QUE SUFRAGAR O COLECTOR E OS QUE ESTAMOS A BEIRA DA CARRETERA EN ZONAS CHÁNS TEMOS QUE PAGAR A CORRIENTE DE BOMBAS QUE MANDEN A MERDA O COLECTRO GENERAL PORQUE ESTE DEIXÁRONO A PROFUNDIDADES POR DEBAIXO DO REGULADO. E FALAN DOS DEMÁIS PAISES, DO ATRASO E DO TERCEIRO MUNDO.
AQUÍ TIRAN OS CARTOS TÓDOLOS DÍAS EN OBRAS MAL FEITAS PARA DAR UNS SUPOSTOS SERVICIOS QUE DESPOIS NON DISFRUTAMOS.
AGORA PARA REMATARNOS UNHA DEPURADORA EN PRIMEIRA LIÑE DE PRAIA.
S.O.S DIRECTOR DE AUGAS. VEÑA XA QUE LLE EXPLICAMOS UN LOTE DE CHAMBONADAS.
PILAR,ARGEMIRO,FINA,SILVIA E DEMÁIS S.O.S. PASADES DE TODO TÍOS. COMA OS TONECHOS.
11. Que dicir deses recheos de terra que proveñen de obras. Esa terra que acaba nas leiras de certos veciños de diversas parroquias que todos coñecemos e que na súa ignorancia ou na confianza cega no seu "gran e infalible" Alcalde deixan botar alí este escombro enfrentándose despois a un expediente sancionador. Todo porque claro o recheo cos materiais procedentes destas obras non teñen permiso nin proxecto para poder realizarse.
Exemplos destes recheos deronse en Barrañán, na Lagoa, en Balcovo, nun camiño de Monteagudo, na Braña,etc.
Outro exemplo das maravillas que nos rodean.
12. ¿dónde está o blog que estaba afalar datenente de alcalde que viste de channel, saeu a mediodia i non o encontro?
13. Pois no no sei, supoño que a censura franquista volve de novo, espero que o que o escribiu o volva a intentar porque todos quedaremos cas ganas de botar unhas risas no lugar de chorar. Porque este Concello e para chorar e queimar. Só faltaría que rastrearan as direccións IP dos ordenadores e nos fixeran espionaxe. Que lles dean.
14. Tedes que coller o Alcalde,atarlle únha pedra os collóns,e tiraló no fondo da ria de barrañan, esa ria que el presume de estar limpia e lista para o sano baño,é con el a sua "querida"amiga Isabel Vila, haber si buceando os dous en tan "limpas i cristalinas augas", i despóis de tan placenteiro baño, sáen "purificados dos seus pecados"
15. Coñecedes a zona do pozo dos cabalos, sí home, a cala pequena que ahí pasando a praia do "Reiro", onde esta o bar do Relojero. Non vos fixachedes na cantidade de cierres feitos con columnas prefabricadas de cemento e alambrada que se fixeron no último ano. Joder e despois falan da lei de Costas e do feismo en Galicia. Non me jodades non fan nada para evitalo e os donos son uns incívicos do carallo e teñen o gusto no cú.
Ademáis hai dous "fins de semana" alí mesmiño enriba do cabo coñecido coma "punta da alta". A verdade que poden botala caña dende a cama.
O máis coñón é que o antigo vixilante de Costas saía con moita frecuencia de dentro destes palacetes de tan bo gusto e que cumpren "tódalas normativas". E non pensedes que viña de entregarlles ningunha orde de derribo, que va viña de tomar unhas cervexas e uns percebiños que decomisara horas antes.
Se chega a sela casa de calquera outro chimpanña volado. Sobre todo se é pobre e é a única vivenda que posue. Pero estes que veñen catro días a rascalos collóns a praia e maldita necesidade teñen non lla tiran.
Contovos un caso para confirmar a diferencia de clases e o amiguismo. En Chamín de arriba fai uns dous anos un veciño dispuxose a construir a súa vivenda, esta con tódolos permisos non coma as dos amigos do Alcalde, mentras facía a súa casa instalou unha casiña de madeira para vivir nela xunto ca súa muller e as súas dúas fillas.
Bueno, fixo isto porque non tiña outra vivienda e de xeito temporal mentras obraba.
Sabedes que fixeron os cabrós do Concello mandarlle retirala caseta e gastalos cartos nun aluguer. Cartos que lle facían falla para rematala obra.
Escribo isto sen o seu permiso pero creo que é bastante necesario para ilustrarvos sobre o caciquismo e o clasicismo neste Concello corrupto e delirante.
Por certo "Cagallóns pola ría Abaixo" daslle duro, eh! Pero bueno .....Ja.
16. Sabedes como consiguen os terreos o Alcalde e os que recentemente abandoaron o barco para enrolarse nun cayuco. Refirome o Sr. Marquez o Sr. Torres e compaña. Pois vouvos poñer un exemplo práctico. A Estación de Captación de Auga Potable está sobre uns terreos que os seus propietarios cederon gratuitamente a cambio dun enganche a rede de auga potable e un permiso para botar un tellado. Todo isto foi ofrecido por estes Srs. como gratuito a cambio desta cesión. Xa vedes algo que é obrigatorio e prácticamente gratis e ofrecido como unha forma de pago e un favor. Como se lle estiveran solucionando a vida. Esquecíame ademáis prometéronlle que un terreo próximo a casa ía ser edificable para que construiran alí unha casa os seus fillos. Que me explique o Alcalde e os compinches como poden eles facer ou desfacer para que algo sexa edificable. Ou o é ou o será por uns motivos non coma forma de pago.
É para flipar pero e a práctica habitual da Alcaldía.
Deixas pasar por unha leira para facer calquer paseo marítimo coma o de Rañal ou calquera outro e firmache un papel asegurando que che da edificabilidade e o que pon o papel e que se estudiará a viavilidade de dar edificabilidade no momento da redacción do futuro,inexistente e esperado Planeamento Urbanístico "fantasma".
Veña todo é para flipar pero a verdade eles fan o que os demáis lle deixan e tomanlle o pelo a quen se deixa pelar por ignorancia, confianza, medo a coaccións ou non asesorarse sobre a probablísima posibilidade de que lle esten pelando a cachola cando quería unhas mechiñas o Bechkam.
E coma sempre dicir que a oposición os biosbardos.
17. Curioso. Hay un blog onde dan as gracias ós voluntarios de Alcoa por arranxar o local social de Oseiro e para que ninguén se sinta tentado a falar da AAVV Manuel Murguín, restrinxen os comentarios só a usuarios rexistrados.
¿ Será que Xosé Manuel , membro da directiva, non quere que se fale da forma fascista en que se traballa nesa asociación onde non se pode opinar nada contrario ós da directiva.
Un local onde só poden entrar os socios e onde non teñen cabida as restantes asociacións da zona ( hai que pedir o local e dicir de que se vai falar e quen vai ir ).¿ Será tamén que Xose Manuel non quere que se fale de como consegiu a súa praza en Augarsa logo de comerlle o cu ó alcalde e facer a labor de dóberman? ¿ Ou non quere que se saiba que nin siquer vive en Oseiro e sin embargo fai montes e moreas na AAVV de Oseiro ?
Que será, será .....
18. Ou irá nas listas do PP como fixo no seu día Mouzo, que pasou da AAVV ás listas do PP ?? Logo descubriu que só uns cuantos comían ben na corporación e ... ¡ miña terra galega , donde el cielo es siempre gris ...la,la,la
19. As únicas asociacións de veciños que lle gustan e lle gustaron o noso Alcalde e o seu séquito foron sempre as que se dedicaron as encherolas, as festas, as excursóns para os xubilados ou nos que tiña catro pelotas comechóns e lamecús que querían conseguir un posto de traballo para eles ou a súa familia porque son uns arrastrados e doelles o corpo e non teñen puto orgullo.
Calquera asociación que lle fixo unha crítica ou unha reivindicación subida de tono foi aniquilada. Non permite nada que lle faga sombra aínda que o que se lle pida vaia en favor do pobo e da súa propia imaxe política se dera resposta as reivindicacións. O que soe facer é que lle pidan e non facer caso e pasado o tempo facelo e apuntarse o tanto dandose de boísimo e santurrón.
20. Pero eses de alcoa que veñen de limpar o chapapote ou pertencen o turno do doutor House. Vaia pintas teñen todos co condón ese posto. A saber que prácticas se realizan nese local,ja. É coña non vos piquedes o que pasa é que a foto e un tanto extraña.
21. Nón tes vergonza,Xosé Manuel Vazquez,menos mál que po lo que vexo por eiqui xa te teñen o perfil ven collido,o posto que tes en augarsa, conseguichelo a dedo,agora ven arrastrar, tivecheste que arrastrar cómo ás culebras, ti e teu pai, ti dende as xuventudes do PP ,teu pai,peloteando que sempre se lle dou ben,si teu abó paterno levantara a cabeza,a bon seguro,sentiria vergoña dos dous, de ti, como neto, i de teu pai, cómo fillo,ai que ver ata dónde chega un por un posto de traballo. NON TEDES VERGOÑA
22. ¿Pero este Xosé Manuel Vázquez que é o Xerente de Augarsa?
23. Que pasa co comentario ou o blog que falaba da indumentaria da nosa maravillosísima e cateta, aínda que o intente disimular, Teniente de Alcalde.
A verdade e que eso de ser Teniente de Alcalde parece a OSTIA de difícil pero xa se ve que calquera chambón pode desempeñar o papel de Teniente de Alcalde, Concelleiro de calquera cousa ou mesmo Alcalde.
Os universitarios do país están para traballar por 800 euros para todos estes fatos de manguelos. Eles non saben nin ler e os estudados comendo merda e calando.
Cando un neno é pequeno pode pensar en estudar para ser político, policía, bombeiro. Se é de Arteixo ou outro Concello corrupto darase pronto conta que cun pouco de pelotilleo e arrastrándose coma o cadeliño non fai falla sacrificarse moito.
Cantos andan en Arteixo traballando con praza de funcionario pola patilla.
24. E unha magóa que o retiraran, eu tamen o vin, a mediodia estaba i agora non esta¿por que será? o mellor chamóu, i pasarón a tixeira.
E de cateta nada,esa si que e lista,entrou no cóncello cúnha man diante i a outra detrás, i agora está millonaria a"pórca", asquerosa esa,entre o que chupa do cazeo dos promotores,o que mangonea por chanchullar licencias ilegais,comisións de arteixo cónsulting...etc etc...a
"pórca" ésa márcha forrada de arteixo
25. ¿Alguén sabe que pasou onte na asemblea do BNG ? ¿ Temos novo/a candidato/a ?
26. A bon seguro que a candidata e Silvia Seijas,muller traballadora,honrada,honesta, procede dunha familia de toda a vida de Arteixo, dunha aldea chamada Figueiroa,dónde e querida i respetada, tanto ela, cómo a sua familia.
o tempo a de demostralo,éso é o que se di sempre en politica, pero Silvia, quizais sexa únha dos poucos politicos, honrados que ten Arteixo, oxalá chegue a gobernar i alcanze a alcaldia,de ser asi estou seguro que Arteixo i o seu cóncello respirarian aire sano i limpo.
Arriba Silvia, Arteixo necesita, xente noble i honrada coma ti eres.
27. A verdade conocín a Silvia fai pouco e o que dí este veciño da Catuxa é verdade. Parece unha rapaza moi sana e traballadora.
O que pasa é que o principio estará verde e tamén lle deixan unha herdanza chea de merda ata a bandeira. Vai ter que botarlle valor e tesón porque os catro días olvidaranse do que lle deixaron de herdanza e botaranlle a ela a culpa de todo. Se é que gana as eleccións. A verdade creo que ante o panorama político que temos sería o mellor.
28. Mi madriña, hoxe estiven en Monteagudo e dentro de pouco van ter que comprar cabalos ou bois para chegar a casa pola carretera que teñen dende Chamín do Medio. En doce anos de mandato o larpeiro do Alcalde ca excusa de que parte da carretera é do Concello e parte e da Deputación foi incapaz de arranxala. En Monteagudo son catro e como non son votos pasan deles e por outro lado non teñen os collóns de tirarlle catro pedras as vidrieiras do Concello para que espabilen.
E por outra parte, a oposición ou non vai por Monteagudo ou ten un todoterreo e non se entera dos baches. Realmente o que fan é que todos pasan de todo, coma os Tonechos.
29. O Alcalde mandou retirar un blog que facía escarnio da súa amada e sen embargo tódalas verdades que se dín neste blog no nas retira. O amor é máis importante ca realidade e o abandono do pobo. Ou será ca súa amada ten máis mala ostia co pobo. Seguro que ela lle anda co lombo. Se o pobo fixera o mesmo teríamos pistas, aceras, saneamento, plan urbanístico, de todo vamos. Todo por non darlle uns vergallazos como fai ela.
30. ¿Qué falades de comisións? Isabel Vilas non é a única que cobra comisións. Tamén hai un no Concello que ten pinta de estar moi ben mantido e andivo a chupar doutro Consulting que traballaba moito para o Alcalde e os seus amigos. Agora xa o cerraron e andanche agora con outro por Carballo.
31. En calquera parte do mundo podemos encontrarnos con xente que non sabe o que di, que non sabe porqué se queixa, que non sabe o que fai aquel veciño ou veciña, pero si ten unha lingua viperina para criticar o que non sabe, o que non entende, nin ten medios para saber si o que di e certo ou e falso.
Todo esto ven a conto das verbas “DE QUE A OPOSICIÓN NON FAI NADA”. A oposición non é o goberno, polo que pouco lle queda que facer, ou só lle queda o dereito a protestar. A culpa de todo o que pasa en Arteixo non é da oposición, é froito do desgoberno que o PP ven a ter nos últimos anos, aínda que agora hai seis tránsfugas que seguen a votar o mesmo que o PP manda, polo que non hai cambios. A maioría dos cidadáns de Arteixo elixíronnos con maioría absoluta e paréceme que dicir que a oposición pode facer algo ante esta evidencia non ten pes nin cabeza. A que opina desta forma queríao ver o fronte dun partido, para ver o que sabía facer. Case que con toda seguridade que os que protestan escribindo neste blog ou falando na rúa, son dos que lle deron o seu voto o PP no 2003 (maioría absoluta) e agora non saben recoñecer que eles mesmos son os culpables.
Me gustaría pedirlle a xente que non falara por falar, nin mintan dicindo o que non saben. Sería moi importante que colaboraran socialmente en asociacións deportivas, culturais, de veciños, apas ou en calquera dos partidos políticos que na actualidade hai en Arteixo. Dende esta participación se chega a coñecer cal e a realidade sen abrir a boca con falsidades. Un exemplo de falar por falar e do que se consegue por insultar e calumniar, ven a ser a demanda que lle interpuxo o alcalde Pose a Fina do BNG. Fina sufre todo isto por non esperar a que un xuíz dicte sentencia “O FISCAL NON LLE DA A RAZÓN A NINGUÉN” e agora Fina se queixa porque ten medo de que lle sacudan o peto, claro contaba que o BNG lle pagase todo, pero o que opina o BNG e que para estar de voceiro do partido hai que ter un mínimo de educación. Antes de abrir a boca hai que respectar as persoas e as inst
32. Pídovos un respecto por tódalas partes implicadas neste blog.
Pídovos moita paciencia para que as cousas que o pobo pide se vexan cumpridas, e un consello o todo aquel que non e enxeñeiro de carreira universitaria “non opine do que no entende” porque o refrán de que hasta o mais parvo do pobo fai avións, no século XXI xa non serve. Eso si, hai que seguir pedindo as cousas que fan falta, porqué se non, non se chega a velas feitas.
33. Anda, colaborar en asociacións de veciños ¿esas que politiza ou anula o alcalde, non?.
Ou en asociacións xuvenis con pelotas do partido. Veña por favor.
Se estas na oposición podes dar guerra tódolos putos días,saír nos medios, manifestarte ou o que sexa. Botarlle collóns e non refuxiarse no conformismo e na inoperancia.
Estamos rodeados de deficiencias, de conformismos, de ignorancia, de respeto a un personaxe coma se fora Deus salvador.
A oposición só sabe falar de determinadas cousas que están ben, a casa do alcalde, o urbanismo, etc. Pero non ten nin puta idea da situación das parroquias, do estado dos servizos, das pistas, dos puntos de luz, das cunetas cheas de merda, de mil cousas que poderían estar mellor.
Ide darlle leccións de moralidade e educación a outro. PROTESTADE CARALLO. Levades doce anos vendo animaladas e non se vos sinte en toda unha lexislatura.Eu non lle botei o PP, vamos nin de coña. A nivel municipal botarlle sería de coña e a nivel autonómico e nacional cos payasos de Feijoo e o da SSS é pra suicidarse.
Que non defendo o papÓn de zapatero,tampouco, vamos. E que estou convencido que non hai político bo.
O que si sei é que a oposición de Arteixo tiña que estar loitando con tódalas súas forzas para gañar as eleccións, non esperar o último mes para que se lles vise. Non sabedes nada do que pasa fora do núcleo do pobo e é verdade. Nin sequera coñecedes as parroquias.
VEÑA NON SEXADES TAN PATERNALISTAS COS QUE ESTAMOS ATA O CU E TRABALLADE.
34. E iso de que o máis tonto non fai avións no século XXI, por favor non me fastidies. Só tes que fixarte no que te rodea. Por exemplo, na política, na que un fato de xente sen estudos que non leu un libro ou unha novela na súa puta vida é concelleiro nun Concello de áreas coma o urbanismo, o Medio Ambiente, Cultura,etc. ¿Eses non fan avións? Non que va, eses son verdadeiros enxeñeiros aeronáuticos. Non saben case nin firmar e enchen os bolsillos sendo políticos. E os universitarios traballando por catro cadelos porque non queren ser ladróns ou non saben coma conseguilo.
Mira o noso Alcalde co casco blanco tal que Enxeñeiro de Camiños supervisando a execución da pasarela do Seixedo, ese si que fai avións.
Veña aportame algunha idea nova, son quen de entendela aínda que che pareza que non entendo de nada.
35. betty boo.-- Di nomes, se non, so nos enteramos da misa a medias
36. Moita xente se exalta de unha maneira que non sei si é que non ten nada na cabeza ou si lle morreron tódalas neuronas na ultima borracheira. Eu vin nos últimos dous ano como o PSOE visitaba as parroquias para falar ca xente. Onde estabas ti? Tamén me consta que a xente fala mais que colabora e eu son un deles. Pero non por iso digo bobadas como a de que poden saír tódolos días nos medios. Sabe vostede nas mas de quen están os medios? A caso sabe cantas notas de prensa non se publican porque a prensa está en mans de xente manexada polo gran capital? Sabe vostede cantas veces se cambia a firma de unha nota de prensa e se lle adxudica o partido político afín? Cando vostede comprobe como funciona todo isto, lle rogo que pida desculpas a tódolos que acusa de non facer nada. Eu xa o comprobei e pedín desculpas. De todas formas xa que tanto sabes podes ir a traballar en calquera dos partidos da oposición, seguro que cho ían agradecer moito.
37. Pero logo pensades que os politicos son os unicos que toman (os que gobernan,) ou non fan nada (coma a opisición)? Que son corruptos....
Logo si vedes o caderno este, http://arteixo.cidadans.net/leonorsantos/5369 son algun funcionarios mellores que eles?
38. ¿como se conseguiu que a obra da choupana(o cabalo de troia),agora disimulado i tapado con moreas de pedra,seguise pra diante,despóis de infrinxir dodas ás nórmas urbanisticas habidas é por habér?,un piso na cidade C/san agustin ten a culpa,¿de quen e o piso...
39. Dicir que o PSOE andivo polas parroquias informándose da problemática destas é de coña. Veña vaille contar un conto a outro.
O de colaborar cos partidos da oposición nin de coña vamos. Teño que traballar e gañala vida e se quero protestar protesto e escoitaseme moito máis que a eles con tódolos medios que teñen.
Polas parroquias non lle coñecen a cara nin os candidatos. ¿Dime onde van informarse? O bar ou a Igrexa. Veña, senón saben nin onde quedan as parroquias. E que sepas que non teño nada en particular contra o PSOE ou o BNG, que va, e ogalla gañen un dos dous para que os outros deixen de zampar toda a bola que van fartar e estoupar. Só lles pido un pouco de forza e menos victimismo que sodes moi victimistas.
40. Joder Partisano creo que cho deixaron bastante claro. Busca un gordo no Concello e investigalle un pouco a vida. Atoparás respostas.
41. Partisano tes unha mensaxe encriptada no anterior comentario.
42. E que gordos no Concello ai moitos. Es que non ves que todos entran fracos e logo saen gordos. Sigo sen saber que cal e gordo.
43. M.B.P,debería chegarche.
44. ¿cando traballou o psoe?,dónde está ése traballo do que fálas,en toda a lexislatura nón se vos viu o pelo,dónde estabades,cando asentistes i nón vos opuxestes a subida da auga,dónde estabades i por que apollades a instalación das depuradoras, si nón tedes nin puta idea do que e unha depuradora,i a vosa Pilar Souto, dónde está,cando ten que dar a cara escóndese, cómo os cobardes,ca pandilla de inutiles que téndes nó partido vádes de cú contra vento e marea, cómo salichedes de arteixo cándo gobernastes, igual que van a sair ós do PP "apestando", ou queres que che recórde o de JEIMA,CUBANO E COMPAÑIA...o primeiro que tedes que ter e seriedade,cóusa que nón coñecestedes nin coñecedes.
45. Bueno eu poñolle as pilas a oposición pero tampouco te queimes que non é cuestión de desmoralizalos de todo. Ogalla gañen as eleccións un dos dous aínda que o fagan regular. Todo porque non sigan enchendo o papo os de sempre e se xubilen dunha vez e se dediquen a pasealo can ou os seus cabliños de luxo ou retocalos seus implantes mamarios.
46. Moitos confunden churras con merinas, pero todo ten que ter disculpa na vida pois o coeficiente intelectual de algún non da para mais. Non se pode meter a todala xente no mesmo saco. Ti si que demostras non ter seriedade. Seguro que eres un dos esbirros dos que se vendenron fai tres lexislaturas para darlle o poder o PP.
47. PAPON.QUE NON SON POLÍTICO. QUE SON UN CIDADÁN QUE MADRUGA E NON SABE NADA DE POLÍTICA. SÓ FALO DO QUE VEXO E NON ME GUSTA E PROTESTO.
NON SON POLÍTICO NIN QUERO SELO.ENTENDEO BERZAS.SEMPRE PENSANDO EN QUE UN É OU DEIXA DE SER. NIN SEQUERA BOTEI NAS ULTIMAS DUAS MUNICIPAIS.TOTAL PARA QUE. APAGO QUE VOU TOMAR UNHAS CERVEXIÑAS.
48. Curiosas as mensaxes que falan de Fina do BNG e de que fai falla ter carreira universitaria para ser candidato á alacaldía!!! Coinciden bastante coas expostas por traidores e mala xente qe non sabe recoñecer o traballo dos demáis. Pode que Fina falase de máis cando insultou ó alcalde, pero faino pola paixón coa que defende Arteixo e a rabia que se debe sentir cando vés as cousas que están pasando e non podes facer nada. O traballo de Fina nestes últimos 8 anos é encomiable, sempre disposta a escoitar e ir a calquera parte do concello para estar cos veciños. E fíxoo todo soa durante moito tempo, cun grupo político escangallado por dous chaqueteiros que apoiaron a Pose na sesión de investidura. Pode que non sexa a millor oradora do mundo, pero é sin dúbida a millor persoa das que se sentan no pleno de Arteixo. E é de covardes, rastreiros, malandríns e malas persoas non saber recoñecer ese traballo dos últimos 8 anos. E sin cobrar dedicacións exclusivas nin case un peso . ¿ E o BNG estalle dando o lombo agora que precisa de apoio ? Que aprendan dela todos eses que agora queren ascender polo atallo. Por certo, que Quintana deberia irse matriculando na Universidade para ter o título, proque si non vai ver un pé no seu cú en breve.
49. Sería de vital importancia que ninguén esquecera que Fina foi unha das persoas do BNG que se abstiveron aquel fatídico día, no que uns chaqueteiros se venderon e lle deron a alcaldía a Manuel Pose Miñones. Fina non está libre de culpa, tiña que votar en contra de Pose e non o fixo. Non ten desculpa posíbel. En política non hai un antes nin un despois, si a fixeches unha vez, eso persíguete toda a vida.
50. Perdoa,non sei se naqul momento se abstivo ou non, en todo caso o resultado dependeu dos chaqueteiros e non dela. O que eu digo é que o traballo feito nestes 8 anos dignifica a unha persoa que polo momento a min paréceme a única digna e fóra de dúbidas a sua honradez de toda a corporación. DE TODA. Se me explicas en que influiu esa abstención, podo cambiar de idea a ese respecto. Mentras tanto, a calar a boca diante dos poucos políticos que poden levar ese nome con dignidade.
51. ¿A santo de que ven agora tanta critica a unha muller honesta i honrada como fina?,poucos politicos oubo e ai en arteixo,por non decir ningun que sexa tan honesto como fina,ninguen pode manchar a carreira politica,de unha muller traballadora, honrada i honesta como ela, a non ser que non teña ollos, este cego ou cega,sexa do PP ou do Psoe
52. Fina é caralluda bótalle uns collóns de carallo e dí as cousas como son. Pero tamén hai que facer máis cousas. Investigar máis a fondo a situación fora dos catro puntos que coñecemos todos. As carencias e deficiencias que hai fora do lugar no que vives e no centro do pobo. Arteixo ten moitas parroquias e bastante por non dicir moi abandoadas.
Que sí que lle bota collóns e lle di o Alcalde e o resto as cousas a cara e pareceme caralludo pero que tes que preocuparte de investigar máis.
Os partidos de Santiago, refírome o BNG e o PSOE teñen en cueiros os seus compañeiros de Arteixo e así non van gañar as eleccións. E Deus queira que o fagan que xa esta ben de tanta hexemonía peperiana. Agardo a resposta dos peperianos behementes. Defendendo o indefendibel.
Nas parroquias queremos pistas amplias, cunetas limpas, iluminación, aceras, saneamento, abastecemento, parques e un longo etc. Queremos ser cidadáns de primeira como os señoritos arteixáns da zona vip do balneario, cos seus patiños, os seus pisazos de 40 millóns e a súa igrexia ilegal. UN SAUDO A TÓDOLOS RABUDOS DECOTE. NON VOS PIQUEDES QUE EIQUÍ DINSE MOITAS VERDADES.
IGUALDADE PARA AS PARROQUIAS DE ARTEIXO.
53. Patiños habia, agora xa quedan poucos,que magoa, os que faltan morreron intoxicados, e alguns papados polas ratas,e falando de ratas...
54. Hola:quero comenzar decindo que odio os cobardes anónimos. Penso que cando alguén ten algo que criticar debe ter o valor de decilo a cara e dar a mesma, non esconderse detrás de un pseudónimo. Digo ésto como membro da directiva da AAVV. MANUEL MURGUIA, a que alguén sen indentificar insulta o presidente e o segredario, nomeando incluso o abó de JOSE MANUEL,(que de seguro non ocoñeceo). Bueno po lo que vín estou a alucinar; non estou de acordo en absoluto con D.Manuelo Pasan Millones, pero tampouco o poido estar coa Sra. Fina de Suevos, pois non é certo a sua honestidade cando se votou o cargo de alcalde a Pose. Foi a única traidora a decisión unánime da asamblea de afiliados do BLOQUE NACIONALISTA DE ARTEIXO. A persona que queira mayor información, que a pida.
E repito, me encanta esta páxina en plan de ´crítica, "constructiva", pero sin insultos, e si ten que habelos, DAR A CARA.
55. Bou a ampliar un pouco a ese chamado club de fans, (non sei si de Fina, ou de quen), o que ocurreu na elección do actual alcaide. O antigo goberno socialista presidido po lo Sr. Frutos, faltou y fallou os acordos que tiña co BLOQUE NACIONALISTA GALEGO. nON A RECORDAR QUEN ERAN OS QUE ESTABAN DAQUELA. Soio vou a decir que se votou na asamblea xeral do Bloque de Arteixo, por imposición do partido, apoyar a candidatura do P.s.O.e., sempre que non fora o Sr. Frutos, cousa que tamén aprobou a Sra. Fina.
E despois deixou na estacada a todos.
Si queren saber mais, preguntenlle a ela como se subiu o carro.
56. Pois si: gostariame saber se a asemblea local do BNG aprobou apoiar a Manolo Pose no pleno de constitucion.
Porque e certo que se aprobou non apoiar a Frutos como candidato a alcalde , pero o que non se aprobou foi votar o PP.
Se a decision de Fina foi absterse no apoio a Pose e tampouco apoiou a Frutos, non sei cal foi o erro que tivo e en que fallou a asemblea do BNG en Arteixo. De feito, se non me falla a memoria, o BNG expulsou os dous concelleiros que si votaron a Pose: Pacucho e Marquez Fraiz , este ultimo experto en cambiar de grupo politico coma de chaqueta. E Fina mantivose como candidata varios anos. Non entendo a asemblea local do BNG, enton.
Din as malas linguas que Pose repartiu con estes 2 elementos algo mais que cafe e copa para celebrar. Non fai falla recordar que Marquez Fraiz gobernou co PP e afiliuse a este partido sin problema de conciencia algun, rachando agora o carnet para irse de candidato a alcalde con Terra Galega . Pacucho tivo a mala sorte para el de nacer en Pastoriza, co cal os veciños pedironlle contas e deronlle caña e tivo que dimitir.
Creo que a historia escribiuse mais ou menos asi. Pero acepto correccions.
57. Verás bruxo,a asociación AAVV Manuel Murguia,a que ti pertenezes,non e que o díga eu,díno quenes a coñezen y algúns que en ela estiveron,é unha asociación dirixida e manipulada,é ao servicio do PP de Arteixo.
os primeiros cobardes sodes vos,pero aparte de cobardes,arrastrados da man que vos da de comer,cómo tal asociación deixades moito que desexar,nón hai máis que ver por quen está dirixida.
En canto ás criticas que aquí fas do BNG,e dos séus dirixentes,decírche que estás mui equivocado,se che ve que escribes detrás do resentimento de unhas siglas politicas que son ás do PP,agóra que ás eleccións están proximas se ve que na devandita asociación,anda o galiñeiro alborotado,¿por que será?,míra bruxo,por moito que dígas a de ser,o que os veciñ@s queiran,nón o que ti quixeras.
Unha asociación de veciños que se precíe cómo tal,a de ser libre e independiente,i a tua,cómo outras do cóncello está teledirixida,é o servicio do PP.
58. Asi e,"club de fans",como ti ben dis,asi se escribiu aquela paxina triste de aqueles dos chaqueteiros,que foron Marquez e aquel rapaz de pastoriza chamado Pacucho,soamente correxirche unha cousa importante,a culpa de aquel desproposito tiverono vinte millons das antiguas pesetas pra cada un d eles,un de esos dous,ainda ten algunha sociedade "oscura" dentro do propio concello,o outro xa sabemos a sua especialidade,cando ve que a cousa anda escura,fuxe como a rata cando esta acorralada,a historia esta a repetirse en Arteixo.
59. as asociacions de veciños deverian de dedicarse a facer outras cousas que non sea politica,deberian de preocuparse por os problemas dos veciños e as carencias das parroquias,a politica e para os politicos.
60. Aproveitando o tema das carencias, en Oseiro tedes unhas cuantas para revindicar. Por exemplo:
1= Retirada das torretas de alta tension de Solymar.Que pouca vergonza tedes, qeu vedes a xente morrer e non se vos oie unha voz por non molestar a Pose.
2= Programas de atencion a xoves e adolescentes con problemas de adaptacion e de drodadiccion, que hai uns cuantos en Oseiro e non lles facedes nin caso, mirades para outro lado.
3= Pasos de cebra sobreelevados en toda a urbanizacione no centro de Oseiro para evitar o paso de coches a toda ostia. Hai que poñer mais, non so a beira da casa do concelleiro Mouzo.
4= Demolicion da caseta de obra que esta cerca das vivendas sociais, que as obras remataron hai 15 anos e ali sigue a caseta chea de ratas e cun perigo evidente de que caia sobre alguen calquera dia.
5= Vixiancia policial de cando en vez , para evitar as carreiras de coches, os cans que cagan onde lles da a gana e os donos que non recollen nada, a compravenda de droga, as pintadas nos edificios... etc,etc
6= A apertura do local social a todas as asociacions da zona,e non so a AA.VV. Manuel Murguia, que se cren donos e señores do local, a pesar de que cada ano teñen menos socios. E non me extraña, porque hai que facer algo mais que un magosto e unha festa de Nadal organizada desde o Concello. Queremos unha AA.VV. revindicativa, que problemas temos dabondo.
61. ¿Dónde está a asociación de veciños Manuel Murguia?,non se vos ve,as liñas de alta tension que está a matar lentamente os veciños davos igual,iso non vos importa,non tedes escrupulos,o unico que facedes son encherolas pagadas cos cartos dos cidadáns contribuyentes de Arteixo !!chupoteros!!
62. Nin son político nin quero selo. Pero hay una cousa moi clara, poido aceptar, e de feito acepto todas as críticas que se poidan facer sobre a miña xestión, sobre todo si son constructivas. Nin somos correos do Zar de Arteixo, nin moito menos lle lambo o cú; o único que temos o igual que todas as as.de veciños é un local cedido polo concello, non por Manuel Pasan Millones. Referente a Fina ela tamén votou o acordado na asamblea, pero despois foron todos espulsados, ela tamén. Un bon día, pasado un certo tempo, veu decindo que si todos se retractaban e pedían perdón o consello nacional de bloque, que serían perdonados e readmitidos todos. A que arrastrou as suas posaderas ante o citado cosello, foi ela. Como si non consegueu ser o número un do blque de arteixo?.
63. Conestación a un de Oseiro de data 20/11; Cando queiras podemos falar.
Eo son nativo de esta pra min moi querida parroquia, non teño ningún tipo de re3sentementos contra ninguén, nin adicción a ningún partido político, tampouco falo con resintimento hacia ninguén; o que digo non é soi o que penso se non o que vín.
E vólvoche a repetir que presumo de ser Oseiro, e de seguro mais antigo que tí.
64. Pienso que no es labor de un directivo de ninguna asociacion dde vecinos ponerse a criticar y hacer politica. Aunque en Oseiro ya estais acostumbrados a que los de la asociacion acaben en politica. Y en otras parroquias tambien.
Lo que yo queria preguntar es si sabeis que pasa con la noticias, si las cortaron sin avisar y sei van a seguir publicandolas.
65. Non dis máis que mentiras,verás son de Oseiro,e tamen estou orgulloso de levar máis de medio siglo vivindo ahi.
Poló tanto coñezo a todos os veciños e veciñas de Oseiro,e teño que decírche que empezando polá directiva,presidente e secretario,nin siquera víven en Oseiro,non che vou a vólver a falár da asociación,por que me parece lamentable,o servilismo para o partido que goberna Arteixo,nin che vou a decír,como o secretario conseguiu o posto de traballo,ti que dis que eres de Oseiro tes que sabelo,agóra ben,si estás déntro de esa asociación,e evidente que non che resulte agradable recoñecelo,esa asociación a o servicio de quen vos dá, para ás paparolas,que e o unico que sabedes facér.
Unha asociación de veciños,ten que estár para servir i atender ás necesidades que éles demandan,i vos os que compoñedes a directiva sodes unha comparsa,que baila o son do PP de Arteixo,dónde están as vosas manifestecións cando sabedes que as liñas de alta de Solymar están matando i producindo cancro os que alí víven,unha asociación Bruxo,está para facér fórza,i vos o unico que facedes son festas,o que lles pase os veciños de Oseiro,non vos da frio nin calor.
66. E unha pena que xa non se publiquen as noticias no blog de Radio Arteixo,para min era unha maneira de enterarme das noticias de Arteixo,e non sei quen era o encargado de colgalas,pero a verdade e que o facia excelentemente,tamen escoito Radio Arteixo,i me parece que estan a facer unha boa radio,amena i entretenida,vaia dende eiqui as felicitacions para Diego e Romina,por a sua boa labor.
67. ¿que pasa?; o último correo é do 2/12, .
68. !!!!!QUEREMOS NOTICIAS DE RADIO ARTEIXO XA
69. CENSURA!
70. Que roden cabezas en radio arteixo !!XA,non se pode tolerar unha radio pagada por todos,e manipulada desde o concello.
71. Isto pasa por ter a xestion da auga en mans dunha empresa privada. Tomade privado! A roelo! E o Concello caladiño. Seguro que algún estará ben untado para que os outros poidan seguir roubando a mancheas.
O servicio de augas e demasiado importante como para estar en mans privadas de ninguén. pero vos non ides cambiar a situación, diso estou seguro.
72. O das augas en Arteixo ten delito. Primeiro roubou Aquagest, agora estes outros. E outros virán que máis han roubar, ao tempo. Mentres non nos concienciemos que a auga e demasiado importante para deixala en mans privadas que so buscan o seu lucro, mal iremos.
Non entendo como unha empresa privada, que ten como todas elas un unico obxetivo, gañar cartos, pode esdtar ao frente dun servicio publico tan esencial e basico como e o da auga. Esto e un completo desproposito entre o interese público e o interese privado, completamente incompatibles. E por certo, que me expliquen a min os socialistas e os do BNG se esta situación non e completamente contradictoria coas suas ideoloxias? Moito falar e moito carallo, e ao final fan o que lles peta.
73. Don sei se vos decatachedes dunha cousa que eu me teño fixado. Agora que o Estado, as autonomias, os concellos non paran de falar de consumo responsable de auga, e gastan moreas en campañas informativas, que fan as empresas privadas? CALAR. Calan porque esta politica vai contra o seu NEGOCIO. Eles, tanto dan as siglas dunha ou doutra empresa, queren que se consuma, porque de ahi lle veñen moitos dos cartos que gañan. Consumide, consumide. Ese silencio xa o di todo deles.
E mentres tanto a encher todo de merda, as rias cheas de fecais, de merda, de onde sae todo isto? de onde coño vai sair? Pero claro, cando estas empresas estan a piques de ser descubertas, escudanse na falta de capacidade das depuradoras, e volven a tortilla contra o concello. Eles nunca fan nada mal e nunca teñen a culpa de nada.
Vaia negocio que teñen montado! E a Xunta e o Concello a calar.
E triste que xente desta calaña faga o que fai e as autoridades non os boten a patadas. O mellor os nosos politicos son ainda mais incompetentes ca eles.
Por un servicio de augas publico XA! Xa imos bos de comer merda e calar.
74. "Verten" por nos e dicimos que chove.
Cad pobo ten o que se merece. Nos temos merda.
Señores do concello, ¿seguiran pensando en empresas privadas para deixala auga nas suas mans? Penso que con duas empresas deste tipo e cos resultados obtidos, como esperimento cientifico xa estivo ben abondo.
Pero non vos preocupedes que outros viran a untar ben aos politicos para facerse co negocio despois destes incompetentes. So que os seguintes han ser igual de incompetentes ca estos e cos anteriores.
Servicio de augas publico, como ten que ser.
75. O concello sabe perfectamente que coa metade do que ten feito a actual concesionaria do servicio de augas, poderiase perfectamente anular a concesion dun dia para outro. E coido que sen indemnizacion que valga. O malo e que despois destes outros viran que o faran igual ca os anteriores. Todas estas empresas son exactamente iguais. Todas elas buscan o que buscan (PASTA) iso sabemolo todos. Ata os nosos politicos o saben perfectamente.
76. Deixemosnos de formulas mixtas E MOITO MENOS PRIVADAS (xa chegou abondo con Aquagest, acordadevos?)para xestionar un servicio tan importante como e o de augas. O servicio ten que ser PUBLICO ao 100%. Traballadores contratados (como funcionarios xa non farian nada de nada)pero servicio de titularidade publica e municipal ao 100%. Coido que e a unica formula valida e a mellor posible.
Nin mixto nin privado. Servicio de augas MUNICIPAL.
77. Eu tamen son da túa opinión, Andrea. A auga deberia estar en mans do Concello directamente. Nin empresas mixtas nin gaitas. E dos privados xa mellor nin falar.
Como mixtas ainda estan un pouquiño controladas, pero como privadas xa fan o que lles peta.
Non caigamos de novo nunha empresa privada para que leve a auga de Arteixo. Non vaiamos para atrás, coma as necoras. Xa aprendimos abondo e mais ca abondo con Aquages. Non volvamos a meter a pata de novo.
SERVICIO PUBLICO DE AUGAS, como ten que ser. Eso si, tamen comparto opinións deste foro de que os traballadores deberian non ser funcionarios, porque de selo, non darían pancada. O persoal ten que ser contratado, e se non traballa á puta rúa, pero o servicio ten que ser publico e municipal. E demasiado importante como para deixalo en mans privadas. E na mixta xa vemos tamén que a privada leva a mellor tallada. Onde estea a privada polo medio, mal andamos.