Castellano Galego Estades todos invitados ás FESTAS DE PASTORIZA
Hoxe, sábado 21 de Xuño de 2008, tedes unha cita en Pastoriza. Imos celebrar o comezo do verán no Parque de Monticaño, con actuacións, baile, churrasco a tutiplé e... festa, coma sempre moita festa!
Moi a destacar é o II Concurso Internacional de Lanzamento de Boina (coméntase por aí que van vir olleadores da NBA -National Boining Association-, igual sacades un bó contrato para a próxima tempada).
Podedes asistir todos: políticos, apolíticos, poetas, antipoetas, os que estedes a favor e en contra do día do orgullo gai, os de dereitas, esquerdas, centro, centro-dereita, centro-esquerda, centro dende a banda... (ui, esto non, tanta eurocopa vai acabar comigo)
Todo isto comeza a mediodía e extenderase ata a noite, casi seguro, e creo que non era mal momento para que vos vexades todos as caras... non todo vai ser discutir nos blogs, tamén hai que ir un pouco de festa, que carallo.
O dito. TADES TODOS INVITADOS!
¡¡¡ARDE PASTORIZA!!!