Arteixo Castellano  Galego  

OSCAR DE SOUTO.

OSCAR DE SOUTO: POESÍA EN GALEGO

R I O A R R I B A : PROSA E POESÍA

15/07/2008

" non hai victoria se non se pon fin a guerra ".
* Michel E. de Montaigne (escritor francés).






Estrela vermella da carraxe, atada cunha franxa cor mar, sobre un lenzo de olvidos e algodón. Oscuridade negrísima afogando en morriñas. Pacto entre lobos e corvos en presenzas silandeiras. Lúa, mar i estrelas (en misión segreda) praneando en silenzo lendas palpábels. Luces e cores o carón do ar das promesas. Sons mudos (esquecidos) facendo cóxegas nas faces; xardíns e sombras en ironía sublime ... e ... perfecta. O meu pobo-país acompañando a miña presenza nesta gran ausenza de cores, (frio incandescente), ardora de dor ... abrasándoo todo.
Acompañádeme amigos río arriba por un cauce temporal de horas, anos e séculos dende o hoxe gris ata case chegar o manantial purísimo onde nace a nosa propia historia. Escoitaredes os lobos oubear roucos sons tenebrosos, en noites de invernía, no val aquel ... do vento ... da loita pola vida e pola terra ... e dos feros corvos da morte negra.





... ... ...
Ano 207 antes de Xesús-Cristo.
Costa Ártabra (hoxe Arteixo)


Dez pequenos poboados celtas, dende o pobo de Castelo ata o de Laxobre, vivían en armoniosa felicidade e liberdade; sen máis. Home e mundo nada máis ... nun vivir por vivir, en paz con todo. [ non o comprendades ... só intentade imaxinalo ]
A beira do pequeno río Ba, preto da costa, nun verxel impenetrábel de tatais, castiñeiros e carballeiras milenarias, un inxente de homes acorazados loitou ferózmente nunha gran batalla terríbel ... a ferro, a morte, sen medo a nada, nunha coraxe desatada, case inimaxinábel por nós.
Toda unha era de prosperidade desmoronábase, por un intre, ante o desexo fanático dun imperio por dominar o mundo coñecido, para maior gloria do César e do seu afán de escravos, viño albariño e sacos de ouro; eran desexos e destiños que facían finar pobos e lexións enteiras nun holocausto apocalíptico que nada máis podemos só ... imaxinar.
O idealismo de George Bush ou o de Adolf Hittler ... pero multiplicado por dez ou por doce.
Naquela época confusa e medio despoboada, todo estaba por facer e todo parecia desorganizado. As nacións e as fronteiras non existían ainda. A terra era dos Deuses e non dos homes. Aquela xente era humilde e sentíanse de prestado na terra.
[ Tampouco entón se inventara a peaxe. Non existían os asaltantes da capa verde polas cunetas, nin as hipotecas, nin as nosas ben amadas ... Declaracións de Facenda ... ]
Cada pequeno pobo tiña un "xefe" que facía, en ocasións, de rei, de médico, de xuíz e, as veces, case de todo: eran unha especie de home semi-Deus, voz de todos e a prol de todos; [ coma ata fai pouco Fidel Castro en Cuba ]. O salario daquela xente era a súa familia e a súa honra. Desvivíanse día tras día por seguir vivindo, "coma agora nós"; e adoraban coma Deuses ... ao sol, ao pai-mar, ao irmá-vento, a nai-terra e a Deusa lúa. Pero, dende logo, o ouro, o cobre, todo o que atopaban ... era deles. O mundo xigante que os rodeaba era deles; moraban no mundo ... ¡¡¡ o libre albedrío !!! : a liberdade dos contos e das fábulas foi real naquela hora, hoxe ... ¡ oposta e tan lonxana ! Se unha vez o home estivo habitando calmadamente o paraíso, como ben narra o Antigo Testamento, foi cecáis ... en aquel preciso e concreto intre. Os celtas, os nosos devanceiros, moraron en aluguer gratuíto ... o feiticeiro paraíso do que hoxe non quedan ... ¡¡¡ nin as cinzas !!!.

....












[ preparádevos para voar, dende a lectura, de súpeto, dos milenios atrás no tempo ].
Capítulo I. A Cibdà .



Fai xa moito, moito, moito, moito, ..., pero que moitísimo tempo ... existiu un día un pobo, máxico e valente, alén das eras do cemento e da comodidade. Eran xente altiva, traballadora e fachendosa que vivían atarefados: cazando, pescando e mariscando; curtindo peles, recollendo viandas polo monte e facendo, ¡Deus sabe que!, coas súas curmás polos prados. Aprobeitaban ata a última hora do día para traballar arreo e vivían en liberdade na fértil costa ártabra en pequenos poboados celtas, nas beiras daquel rio, escondidos permanentemente das invasións dos maliciosos e facinerosos piratillas Vikingos ...
[ ¡¡¡¡ Menudas montaban os Vikingos.!!!! ¡¡¡ FFFUUUAH !!! ¡¡¡ Eran, abofé, boas pezas!!!. Hoxe, no mundo do fútbol, nos chamámolos agora "Julihans ingleses". Cambiou un pouco o xeito de nomealos, ainda que sigo crendo que son os mesmos peixes, pero ... un pouco máis evolucionados. ]
... e tamén dos Fenícios, que buscaban polo mar sorprendelos para saquealos brutalmente.
Máis un día triste de marzal, nun ano de pouca caza, caluroso ... un exército do Este arrasou aqueles poboados do pequeno río lene e asasinou a homes e mulleres ... sen piedade. Tiveron que fuxir cara o Oeste e baixaron un río, abofé ben caudaloso, que nacía nas montañas do Sur e fuxía cara o mar lonxano da virxen “Costa da Morte”, alén do que eles coñecían. E nese duro éxodo fuxitivo chegaron a descubrir, máis alá do que viran endexamáis, unha cidade celta onde aquel río finaba no mar, entre cavorcos e roucas rompentes virulentas. Un lar tenebroso e feiticeiro.
O xefe dos ártabros, o vello Irom, medoso de ser mal recibidos naquela gran cidade, que él só coñecía por antergas lendas … axeonllouse e pediulle axuda o Deus Sol e imploroulle luz para solventar aquela situación, para él, tan terríbel e compricada.
E o Deus Sol atendíuno, con prontitude, pois, un numeroso grupo de guerreiros celtas cortóullelo paso nunha chaira verde entre carballos, a poca distancia da gran cidade, e non se presentaron con violencia alguha. Festexaron con aturuxos o feliz encontro ó decatarse que a lingua daqueles guerreiros era a mesma lingua nai tamén deles, i eso, pesou coma unha gran lousa pendurada sobor das súas conciencias. O bello Irom, deu uns pasos adiante, e alzou a voz, con fondura e rectitude, dirixíndose os guerreiros descoñecidos con rexia notoriedade:
- “ Nós vimos dunha terra fértil e acolledora, na alta Mariña do Este, por onde este gran río nace manando cristalino entre montañas. Vimos doídos e cavidbaixos pola dura ausenza da nosa xente finada en batalla contra un exército de ferro que nos invadiu por terra, de súpeto, con espada corta, faldas e cabaleria ben formada. Caeu Castelo, Laxobre, Larín, Figueiroa, ... , caeron todos. A sangue dos meus derramouse con dureza pola chaira e entre as carballeiras do Bá. Nós poidemos enviar guerreiros "camicaces" a cortárllelo paso e, recollendo a todos estes refuxiados, dende Laxobre ata aquí, fuximos en tropel na procura dunha forma de recompoñernos e voltar con forza a unha nova loita: pois, abofé, preferimos a morte a ferro que unha longa ausenza de liberdades. Decideme vós, pois, ... guerreiros que falades a miña lingua … ¿quen viña a ser o exército de ferro que se alzou en armas contra nós, e quen sodes vós, que vestides negras cores e alzades grandes espadas cos símbolos antergos dos nosos Deuses? Falade pois, sen ocultarnos verdade algunha...”
E o acabar o seu discurso o vello xefe druída, un dos xinetes máis afoutos, moveu uns pasos o seu retaco cabalo loiro ... e respostou con forza e rouca voz, coma se fose Pavarotti:
- “ Fuxides do exército que andamos a agardar; asaltou tamén en pequenos comandos o Oeste deste val, máis en Soneira e Neria non deixou xente viva, nin corpos que purificar no último lume sagrado. Adoran a Xúpiter e a outros Deuses para nós descoñecidos. En Melid e nas terras do Sur chámanlle Romanos, e polo que fala o vento teñen proposito de conquistar o mundo, e aquí, no fin da terra, tomarán o chan como leito e a súa sangue será, abofé, derramada en maior gloria do Deus noso do Sol e da Deusa nosa da Terra. ¡¡¡ Non fuxiremos de Virxiz, cibdá celta nai, bendecida polos ceos, pois este foi o noso mundo e a nosa liberdade dende que o Deus Vento fixo e perfilou as serras !!!. Levamos milenios defendendo os seus valados ... e finaremos aquí, nesta vida, defendendo a nosa sangue para cruzar o río sagrado entre esta e a outra vida ... para maior gloria da nosa estirpe. Unide a nós as vosas espadas e defendede o chan que herdamos noutra era. E ti sabes quen son eu, bello druída. Ti loitaches a carón dos meus devanceiros fai xa moitas lúas. Cando os xinetes negros de Irixe e Athor se alzaban en loita... lembra que non medraba a herba por onde eles pisaban. Tremia o ceo e a terra cando loitábades. Sabes ti ben quen eu son.”
E cando se cerrou con forza e fogaxe a súa última palabra, poido asexar Murjiar, xefe dos xinetes de Berganta e principe coroado da cidade de Virxiz, como victoreaban entre aturuxos o seu nome os seus guerreiros e tamén os homes do vello Irom. E desta forma, tan sinxela, uníronse, en aquela hora anterga, os pobos da Mariña Artabra, Berganta e Soneira, baixo as ordes do pai de Murjiar: o último gran rei celta.
Pentecoh, que así se nomeaba o rei de Virxiz, propuxo tarefas a tódolos recén chegados e preparouse para unha loita que olvidou por sempre o tempo, en vaguedade. Pero recorda ben a sangue e o vento que dúas longas xeracións loitaron en gloria da liberdade daqueles homes afoutos que nos precederon un día, derramada sangue da nosa sangue.
Preto dos cavorcos e do mar salvaxe, nun val fermoso, a un lado dunha alta montaña estendíase, daquela, a maior cidade celta que nunca coñeceu o home novo. Virxíz atopábase rodeada de altos muros creados para protexer a cidade de saqueadores e de lobos. Naquela dura terra de carballos e fragas, os lobos e osos, asediaban noite e día o poboado e, os cans e os nenos ... vixías nocturnos, salvagardaban con xenio aqueles muros ( hoxe agochados nun monte con fieitas e eucaliptos nun punto calquera no medio da nada) .
Narraron daquela os historiadores romanos, tempo antes do nacemento de XesúsCristo, nunha era de invasións e incertidume, na fin da terra, unha inxente de pequenos grupos de exploradores romanos cruzou o río da Morte e non regresaron nunca máis o ollo dos homes. Tragounos a terra. Non se voltaron a ver nesta vida. Ninguén regresou daquelas viaxes.
I era eso ben certo, pois o benchamado exército dos corvos, dirixido por Pentecoh, rei e señor daquela era, destacaba claramente o seu parecer cos prisioneiros e cando os seus homes facían un recén na contenda, sen dudalo, era sacrificado o Deus do Lume. Condenados a morte eran queimados nunha alta larada de lume de carballo, sufrindo o inferno máis horríbel, en vida, e sen chegar a cruzar o río prometido. Pois, era ben sabido daquela, que para poder cruzar o río entre este e o outro mundo, os guerreiros debían morrer no combate e non nunha cachela de leña de carballo.
Naquela verde fraga doutro tempo, no agromar alto dos montes en invernía, os feros corvos desafiantes grallaban no ar e no vento como agoiro de días fatais, presaxio dun acontecer próximo ... días fartos de sangue e de dor.
E asi foi.
Os romanos mandaron naquel entón emisarios e vixías, pequenas "hüestes" exploradoras de mercenarios "vixateiros" de profesión, e acabaron por saber a situación exacta da gran cidade prometida, aló no confín da terra, nun lugar hoxe aínda visíbel.
Preparáronse ambos bandos a espera dun combate a ferro e a morte, entre a décimo novena lexión de Roma, dirixida por Calo Marco Aurelio (o feo xeneral impasíbel) e o maltreito e desordeado mini-exercito celta, liderado por Pentecoh (último rei celta de Virxiz, o paraiso de tódolos paraisos).
Intuían xa da súa derrota, máis, non estaban, abofé, tristes ou medosos, pois, para aqueles gerreiros de Artabria, Soneira e Berganta ... a morte defendendo a sangue e a terra era unha gloria rotunda para eles. Era, pois, un día de festexo, un día grande, unha honra. [ fixeron unha festaça coma se fose o día do patrón ]. Para aqueles valentes ir o combate causaría o mesmo cúmulo de sentimentos, ca podería sentir hoxe, un xogador de fútbol o día do seu debút en primeira división; pouco máis ou menos. Un mexunxe de adrenalina, sentimentos e carraxe facendo cóxegas no estómago. No 2008 .... é pouco máis que impensábel.
E deste xeito, así foi como a décimonovena lexión de Roma cruzou o río da Morte, como chamaban os Romanos o Anllóns, e tomaron as terras de Berganta, cara o último bastión irreductíbel da era anterga. [ Obelix e Astérix viviron realmente en Galicia ... penso eu. ]
Para os lexionarios, a verdadeira Galia de tódalas Galias. O lugar físico onde reside o medo e Morte en persoa.
[ Póñenseme os pelos dos brazos como escarpias só de escribilo, calquera se alistaba daquela como voluntario. Seguro que case foi peor co tema do Prestige. ]
... ... ...





[ Rescatada e desenterrada esta historia de prantura, da ausenza e de olvido, eívola narrar agora, o meu xeito, máis ou menos como naqueles tempos pasados poido acontecer. Eso si, o poñer enfasis poida que cambien alguhas cousiñas sen importancia. ]
Capitulo II Un campo de margaridas, de loito.


E así marchou, sobre Virxiz, a lexión de Roma, con paso duro e firme, agrupados en columna de a dous, forzados a estirar as súas filas entre a frondosa vexetación. A trancas e barrancas avanzaron paseniño e sen agarimo algún cara o seu destiño final. Só … mulleres, ouro, metais e “becerro o espeto” vacilaban reboloteando nas súas cabezas, como únicas ideas e visións posíbels. Por outro lado, os rebeldes gerreiros das fondas fragas da Morte, tiñan fillos, mulleres, devanceiros, terras e mar nas súas mentes, e sabíanse mortos sen liberdade ou … sen o seu pequeno paraiso de fieitas e carballeiras. Non paraban de imaxinar dende o ceo ... o seu país, como o meirande prado verde de tódos prados que viu o ollo do home, e sómentes pensaban nel, como único nexo entre o corpo brando e a terra senlleira e matriarcal. Podemos decir que eran brutos... pero amaban.
E así foi como aconteceu. [ En realidade ... caeron máis estacazos do que eu vou narrar ].
Trescentos lexionarios da décimonovena foron sosprendidos o carón do "regato sen nome", nun baleiro de follas e penumbra, por un inxente de frechas, untadas a posta en veleno de escarapote e serpe. O grupo, agazapouse nun pequeno outeiro, fusionándose uns cos outros, nun circulo case perfecto. Os escudos protexeron a embestida do exército celta e caeron un cento, e moitos máis. Foi abofé moito máis do que Irom ou Pentecoh poidesen desexar nunca. Os invasores alzaron as súas longas lanzas entre os escudos, en noventa grados, e ben somellaban un porco espiño de ferruxe amarela.
[ Francamente, semellaban Espinete, xogando de xeonllos a pilla en Barrio Sésamo ].
Agardaban, os romanos atrincherados, a galopada lóxica da cabalería inimiga; pero os flacos xamelgos druídas daqueles lares, máis ben somellaban un galgo grande que un cabalo.
A paradicmática ausenza de cabaleria dou mala presenza os romanos, que tomaron aquel ataque espido e sen cabalos, como un signo claro de vacilación e debilidade. Foi daquela cando se ordeou avanzar cara a fraga contra o inimigo e o porco espiño romano con chancletas e falditas vermellas foi paseniño movéndose ordenadamente cara unha carballeira penumbrosa. Escarallabanse de risa mentras abanzaban todos lenes. As frechas saían de entre o monte escuro a fume de carouzo, dende as árbores, e petaban na coraza dos romanos freando a súa dubidosa embestida. E foron, un a un, bicando terra, os pobriños romanos, impactados por frechas de dor inapelábel. A estructura das filas resquebrouse, e os valentes guerreiros ártabros de Irom, (capitaneados polo seu líder Murjiar, "o trobador"), irrompeu con cabalos pequenos e afamados, correndo enfervecidos, a trote tendido, coma alma que come o demo. [ ¡¡¡¡ canto máis alto subes .... máis castañazo te metes !!!! ]
En menos que dicir cataplúm-chisplúm, a maltreita cabalería de Irom, espetouse de fuciños contra as filas romanas, coma Fernando Alonso sen frenos, e as lanzas dobraron contra os galgos relinchóns. Dúas ducias de guerreiros celtas foron ensartados coma pinchos morunos e seguiron a súa loita malferidos e doentes ... a rentes do chan. A peito descuberto, nun fino orballo miúdo, desfixéronse a loitar enlouquecidos contra unha inmensa maraña de falditas vermellas e de espadas curtas que apuñalaban polas costas, unha e outra vez, os valentes xinetes ártabros. O puñado de guerreiros a cabalo, que non cedeu as lanzas, atolaba en neurose a cortar pescozos e brazos, o tempo que azuzaban os seus cabalos "come-toxos" que turraban e repartian couces, sen distinguir amigo ou inimigo.
[ ¡¡¡ couces gratuítas e ... a lo loco !!! Se te achegabas ... ¡¡¡¡ PREMIOOO !!! ... dábanche unha boa couce de balde, asi ... sen máis. ]
Mentras caían duramente no centro os xinetes de Irom, por tódos flancos posíbels, caían flechazos dende os carballos con saña e ánimo espeso de dar no tino. A infantería lixeirísima de Pentecoh, desnortada e valente de máis, asaltaba en tropel contra as lanzas romanas con pesadas lanzas de pau de buxo e punta de cobre, correndo a galope contra o inimigo ( coma se fose o último autobús da noite e estivera pechando as portas).
E de súpeto, para máis inri dos aturdidos romanos, unha bandada enorme de cans alobados, afameados e garrapatosos, tomou en tropel o "prado de batalla", galoupando como se aquilo fose unha "autopista sen carnet por puntos" . Entón, escomezaron a repartir dentelladas a todo ser humano ... "habido ou por haber".
Eran os feroces cans de Virxiz. Defensores nocturnos da cidade e cazadores valerosos.
Que en realidade non estaban adiestrados, por suposto. Pero sen os seus donos controlando, cando se xuntaban máis de dous, ¡¡¡ sempre a liaban moi gorda !!!. Apuntábanse, de cote, a calquer bombardeo que poidese xurdir. Os cadelos aqueles, medio can palleirán e medio lobo, eran valentes cazadores e facianlle fronte, ainda que as levaran, o lobo, o xabaríl ou incluso ¡a osos!. Eran animais falsos coma mulas, pero altamente camicaces. Atacaban, levábanas duramente, pero, volvian a atacar.
[ Hoxe, de non se extiguir eses benditos animaliños, o nome técnico poida que fose, perfectamente, penso eu: "can camicace mestizo", atolado ... e de tendencias masoquistas. ]
Para aqueles diaños atestados de garrapatas, moi lonxe ainda da era do seguro para cans e as perruquerías caninas, unha boa pelexa no monte ... era un motivo claro de diversión animal desatada. E, para aqueles miserábel cadelos sarnosos, os falditas curtas romanos con chancletas e as pernas o sol, eran un bombón con sabor a coello a saltiños polo monte.
... ... ...
No medio daquela gran maraña de lanzas, espadas, falditas e cans desnortados, os xinetes de Irom foron sucumbindo, un por un, ata que o endeusado Murjiar ("o trobador") tivo que acabar a refrega en terra, pois o seu "burro-acabalado" cedeu o envite das lanzas e dos mordiscos, e afuciñou de impronta, desangrado, no alto da chaira, frio e teso coma unha barra de pan despois dun mes.
Murjiar, era pequeno e retaco coma un neno gordecho, pero tiña un xenio propio dunha dor intensa de moas. Cando andaba encabuxado tardaba dúas lúas cheas en voltar a calma chicha. E deste xeito, a base de patadas e estacazos coa espada larga, abriuse paso cara o filo da carballeira, deixando un rego indescriptíbel de lexionarios malparados o seu paso. Sementando, o seu andar, ese sentimento intenso e contaxioso de carraxe compulsiva. O seu avance entre ringleiras animou os seus compadres a vingar a ferro a ousadía invasiva daquel inimigo: afeminado e de pernas peludas e núas. Pero os envites dos lexionarios fixeron dobrar "o trobador", que venceu a súa honra e o seu nome, ¡¡¡ pagándoo coa morte!!!. E así finou ... axeonllado, entre un herbal de margaridas, acoitelado coma unha rosa dos ventos. E así, de xeito tan poético, coa súa espada celta na man, de xeonllos, foi esquecido o seu nome e o seu carraxe crónico, e tamén a súa rexia gallardía no combate. Murjiar, o gran heroe dos antergos, finou coas botas postas para acabar hoxe na dura ironía ... do esquecemento.



[ Pero, cecáis, a carraxe e a valentía, non finen no corpo brando; cecáis viaxen polas veas da sangue quente que flúe eternamente neses recordos do a.d.n. (que sempre impera). Poida ser que os apelidos proveñan dos sobrenomes ou dos grandes heroes de pasados remotos, hoxe falecidos no debalar das horas. Cecáis todos nós sexamos un pouco Murjiar ... cecáis ... só ... cecáis... non o sei. ]


[ E, como diría daquela hora, Murjiar "o trobador", o finado lider dos xinetes ártabros:
- “ainda vexo o sol ... se pecho os ollos ... transpasar as follas dos carballos
nese raio de ardora verde-fluorescente
rebentar toda flor de cobardía.
e prefiro non herdar ... endexamáis
esas terras da morriña....
e desexo nun flashbag que o minutario se deteña
sen lume de horas,
sen plumas de bágoas
que arrasen todo duramente.
adoezo no recordo daqueles tempos antes do meu nome,
e xente, e seres, e lares,
luces, terra, mares ...
que nunca imaxinei que foran certos.
todo morre de contado
e non me saen as regueifas definidas ...
... pero eu ... Murjiar , (o trobador sinxelo) ...
... ainda vexo o sol agromando
transpasar as follas dos carballos
nese raio de ardora verde-fluorescente
aló ... nun remoto monte do pasado...
de xeonllos, entre margaridas.
...

Capítulo III Soan roucas gaitas nos cavorcos.

[ E ... ¿ non te preguntas ti, máis aló desta folla en branco, como é en verdade posíbel, que sexa eu capaz, ¡¡¡¡ pobre animaliño !!!! , de redactar esta historia épica poñendo a numeración dos capítulos .... en números "romanos" ? ... son preguntas estas, "paradigmáticas", coma aqueloutras que se facían os monxes budistas para poder estar durante meses xogando o xadrez coas súas atarefadas neuronas.
Enviádeme, por favor, eso si, un e-mail ... "iso facto", no caso, improbábel, de atopar algunha resposta concluínte a este enigma que eu plantexo. ]

E saltemos agora, sen saber o final deste conto, ¡ como debe fastidiar eso !, a outro punto da nosa historia, por exemplo, a era do druída Abusir, ano 311 antes de Xesús Cristo. Vivia en Berganta ... na cidade de Virxíz, hoxe Cabana de Bergantiños ... e era descendente e devanceiro que precedeu a Murjiar (o heroe trobador, derradeiro principe dos celtas).

Non coñecen as terras de Virxíz a derrota nin a gloria, máis aquela tarde de outono zoupou con forza o vento sobre un gran navío Vikingo nas brancas areas daquela costeira impenetrábel. Miles de cadáveres quedaron esparecidos pola praia tinguindo todo de vermello. E recordaron con dureza a un pequerrecho meniño loiro que non hai mellor victoria para un home ... que a de seguir vivindo. ¡¡¡¡ Esa inesgotábel loita da vida sobre da morte !!!!.
Pero cecáis nesa tarde de corvos e corpos mortos non exista honra nin gloria entre tanta dor.
O pequeno cachafello camiñou, apoupado e traumatizado, sorteando aqueles corpos inertes i ensanguentados. Na súa mente resoaban, coma o mar batendo contra as pedras, os sons arrepiantes que facía un intre soáran na refrega. De súpeto, o meniño desplomouse de xeonxos a carón dun corpo. Era seu pai, ainda con vida, destrozado. Chamábase Breog ... era un xefe guerreiro, forte e afouto, lider de lideres. ¡Un gran xefe!. A súa mirada perdida sondeaba o ar e a faciana do seu fillo Uxío que o estaba a laiar. Unha ristra de cortes nas pernas, nos brazos e no peito indicaban, abofé, que a Breog éralle mellor morrer que seguir sangrando. E diso decatouse o pobre meniño. Bicou a fronte de quen lle deu a vida e colleu a gran espada de seu pai, a espada que protexeu sempre Virxíz, alzouna con xenio ... e rematou o que non remataran os Vikingos.
Non quedaran xa inimigos con vida, pero os guerreiros de Breog, tamén pereceron nunha longa loita ... a espada e a corpo. ¡ No ataque e na defensa non existe nunca a bondade ou a paz !.
O pequeno Uxío chorou amargamente toda a tarde e toda a noite ata quedar sen folgos e desplomouse durmido profundamente contra o corpo sen vida de seu pai. Pola mañan cedo, ainda en luscofusco, unha espesa néboa tapou o val. As xentes de Virxíz achegáronse a devandita praia a recoller os corpos dos valentes para darlles unha última homenaxe e laiar a súa perda nesta vida. O chirrio estridente dos eixos dos carros espertaron a Uxío que o atisbar o seu conveciños polas corredoiras do monte achegárense paseniño a praia apresurouse a limpar con presa as bágoas da face i ergueuse fogosamente. Colleu con rabexa un casco con cornos, propiedade dos inimigos, e correu cara o mar a carrexar auga para limpar a sangue da faciana e do corpo de seu pai.
É posibel que sexa ese pequeno e insignificante feito a maior gloria dun home, dunha era ou incluso dun Deus. Poida que ese detalle sexa o único que nos distinga daqueles que nos precederon.
....
....
....


....
....

...[ I esa foi a última imaxe, case fotográfica, que lembrou con exactitude o a.d.n. da miña sangue: coma lembranza química e inmortal. Xa non podo contar máis cousas, hoxe non lembro máis, cecáis ... noutra vida, ou cecáis ... noutro libro, xa seguirei un día esta historia ¿real ou imaxinada?. ]

[ "E, como dixo, fai dous milenios, Murjiar o trobador:

- saloucos de vento a rentes da tona do mar.
...
neste querer do inferno
cuspindo adeuses
( naceches ti )
cantor silandeiro
da auga e do ar.
...


...
sangue dos bardos e da costeira gris
( fillo do esteiro e da area,
irmá do verso ),
nese falar silandeiro... dicindo sen decir
tantas cousas !!!!
agochadas
no ventrículo febríl e vermello
que latexa paseniño
cara os cavorcos do fin da terra ;
no son líquido da memoria que pervive ...
no mañá do onte sen o onte,
no verso do mar sen o mar,
no mar do verso sen o verbo,
e na vida do meu fillo ....
.... ¡¡¡¡ sen min !!!!!!
......
..... ]
....
....




[ arrentes do destiño transparente
sobrevoan almas inconclusas
que se firen no esquecemento
deste apagón de versos
e de nomes.
... ].


NOTA FINAL DO AUTOR:

"A cibdá celta de Virxíz e os poboados celtas dos que falei en (RIO ARRIBA) non son unha "quimera", son reais, ainda viven físicamente. Algún incluso esta en pé e podedes achegarvos a visitalos porque son preciosos monumentos históricos do que un día fomos e de onde un día viñemos e vivimos. Ruinas bellas con centos de miles de historias de sangue e traballo ... en prados e montes esquecidos no noso pequeno globo de "horas extras", guerras, estrés e hipotecas.

¡E nada máis,... ata a próxima novela ... amigos!."

FIN.
... PERO, ..., POIDA QUE CONTINUE !!!




























----------------------------------------------------------
“en ausencia”

por Óscar de Souto

poemario en galego
2008


soterreite viva
e xa finaron as poesías
-carentes de sentido-
polo teu amor difuso
do que xa non quedan alegrías ;

e … se non es musa ,
nin amiga ,
nin amante….
estás morta…
e xa non existes.

amor falecido.





“ assenza “















ti.
eu.
ninguén,

residimos no ceo
na tona do mundo
desta verde escultura
na xanela dos ollos.

morremos vivindo
paseniño
asediados na loucura
dese mirar cego
dunha sinxela flor…
fermosa e pura.

nesta terra das cores
nai fachendosa
da chaira encantada
prado dos prados
-fada-

corazón do mundo
no chover das horas
desta vila namorada
que chora en orballo
un mar de bágoas.

fogar dos poetas
que navega na vida
sobre o ar e o vento
fuxindo dos tempos
coa presa dun río
i en agonía do mar!

postal de sangue
fráxil
eterna
que me engaiolas apracíbel
nesta ténue cruz silandeira
que nos achega imparábel
o verde océano lene
perfecto
verxel
edén do amor.

Terra
Verso
Morte

residimos no ceo
ardendo en latexos
no lume bendito
da fraga do tempo
que nos afasta de ti…

Chaira
Corazón
Cor
chaira que latexa ebria de cor
no corazón do mundo.




“Cuore del mondo”





neste mundo gris
( sen poesía )
sobrio e triste
póusase en min a luz
i escribo :

farto de alegría
ebrio de versos
neste abismo das horas
verba tras verba
máis alá das cores !

e nace do fin un comezo
dende a quietude
morte e vida
rota xa …
a barreira do silenzo
na dor da hipocresía.

abrázanme as dúbidas
ríndose xocosamente
neste non decir
neste calar
querendo falar
sen idioma
sen país …
morto !


“silenzio”




sons grabados no ar
melodias do vento.

luscofusco de inverno
música de gaitas
da terra que baila
no alalá do tempo…

sons grabados no ar
melodias do vento.

aturuxo eterno
pandeiro, pandeireta
tambor e bombo
musitando lenes
con sentimento
composicións escritas
na mente
no espazo
nesta tradición …
que nunca falece !

lembranzas de gaiteiro
rebasando a vida e a morte
en regueifas sinxelas
máis alá de todo !

sons grabados no ar
melodias do vento.

frauta rouca e celta
- agasallo do ceo -
que toca unha peza
- ininterrompida -
fráxil
feiticeira
neste .. verde mollado
(orballo benquerido)
choiba sen pasado
sobre o meirande prado …
… que viron os ollos.

corcheas
sonetos
negritas …
resistindo no inferno
sobre o vento e as nubes
máis alá dos séculos
máis alá do eterno
e máis alá de todo !

sons grabados no ar
melodias do vento.

osixeno dos foles
bicando o mar e as serras
co sentimento …
desta terra que baila
o compás da vida
… na música dos versos.

sons grabados no ar
melodias do vento.


“suono”



cando fuxe a calor do corpo
na friaxe dunha man postrada
co último ofego
fuxe tamén a vida :
alma e verbo silenciados
nesta mágoa sublime
alén das palabras.

dor.
dor dunha tarde calquera
o carón dunha cama triste
nunha despedida calada
sen verbo,
sen lóxica.

inmensa ausencia infinita …
durísima e incomprensíbel.

sen ti,
sen unha raiz,
sen meu amigo, sen meu avó,
sen a miña orixe na sangue e na luz
debo maxinarme a min de novo e renacer da dor
e aprender a vivir sen un pasado vivo. Buscándome outra vez
na magoa ferinte e atróz dun longo futuro de ausencias e de bágoas.

sen verbo,
sen lóxica.
… e sen ti.

“ nonno-metafora “


unha partida de strept-poker :
beizo contra beizo contra beizo
nun gorexar fausto
vicioso
nú.

nádegas perfectas
nesta textura quente.

cóxegas na pel do lombo
neste inferno de paixón
desatada.

alma e mirada :
desexo gorentoso
de ollar curioso
… que sorrí.

este quérote sen quererte
este amar sen amar
solo por un intre
intensísimo,
imposíbel,
curto…
nú.

luxuria, … pracer amable.
ti,
ela,
aqueloutra
todas vos, i eu …
enmarañadas na suor dunha alcoba de carne.


“poesia di fuoco”
“La mujer escoge muchas veces
al hombre que la ha de escoger a ella”.
Paul Le Févre, Paul Geraldy (1885 - 1954), escritor francés


---------------------------------------------------------






bico
saraiba
xogo.

son das estrelas
en lontanía inorde
do teu mirar fogoso
- brilo feiticeiro -
nun anaco de curva do reloxo…

pido perdón o vento
ollando este ar curioso
en verso-prosa
- salaio tardío -
deste mañá amando hoxes.

musitan as cancións melódicas
sabores salgados
con notas de cores calados
no silenzo das letras.


e ti …
capricho ;
do destiño,
da vida,

desta …
…. a miña parrafada
nun folio de luz …
es lareira dos latexos
finita
lene
xocosa




… alén de tódolos mirares !!





“ capriccio “












































“El talento se nutre mejor en soledad”.
Johann Wolfang von Goethe (1749 - 1832), escritor alemán

----------------------------------------------------------



un xardín de nubes vacilantes
xorden da noite afogada.

luz cegadora da escuridade
silandeira e amada.

concretos
precisos instantes
da vida na sorte
nesta…
dulce verdade.

morte do amor no amor
que me anda a buscar
-paseniño-
en latexos presurosos
afogados de dor.

corazón que fina
no calor da pel sen a pel
fria beizón abafante
lonxe dun día calquera
e , de súpeto …
… lonxe de ti !



“Battito”
“El hombre más fuerte es el que mejor resiste a la soledad”.
Henrik Ibsen (1828 - 1906), dramaturgo noruego

------------------------------------------------------




nesta larga e dura…
-a túa ausencia-
desatáronse en min as palabras
melódicas i eternas
coma unha música imparábel
sonora
fráxil
eterna
perfecta.

a vida derretida
coma témpano de xeo
fundida co minutario
horfo de amor….
… e horfo de ti !





“Assenza”






“Todo el placer de los días está en sus amaneceres”.
François de Malherbe (1555 - 1628), escritor francés
-------------------------------------------------


nubes quedas
flotando nun océano de ar
alén das miradas
no firmamento malva
desta fronteira intanxíbel
entre auga e vento.

postal meiga. Luscofusco
na costa silandeira i eterna
-paz inesgotábel-
que envolve os poemas sinxelos
en cóxegas de brisas na face.

frios de bágoas, de ledicia
na tarde que morre
diante de ti.

paseniña ausencia do sol ardente
que vai fuxindo pausado
alén de todos nós
nun adeus
calmo
nú.



“postale”

“Vivir sin raices es vivir en el infierno”.
Peter Abrams (n. 1919), escritor sudafricano.

----------------------------------------------------------

e … dudan as palabras
confusas, orfas de verbo
no solpor eterno e claro
desta chaira fachendosa
a carón deste inferno…

miles de coches silbando
nun longo soño-pesadelo
na noite aquela esquecida
e triste. Prantura inmensa
alén das verbas e das horas.

amigos da tebra inorde
que me andan a chamar
a esa timba de cartas
no ar e no vento…

… soño derradeiro
onde fita o silenzo:
- eterno e apacíbel -
no mar aquel …
… dos meus versos.




“tenebre”




“Pensad que hasta para ser dichoso hay que acostumbrarse”.
André Chenier (1762 - 1794), militar y poeta francés

--------------------------------------------------------

Un día enteiro rodeado dos teus beizos.

Unha tarde calquera nadando no mar.

Unha noite núa … alén dos versos.

Amencer no silenzo máis puro.

Un mundo enteiro axeonllado ante ti.

Todo partindo da quietude.

O sorriso dunha nena lene.

Unha folla en branco.

Un pequeño poema.

O esteiro calmo.

Ana Vanessa … e mais eu”.


quietudine”







“no hay victoria si no se pone fin a la guerra”
Michel Eyquen de Montaigne (1533-1540), escritor francés
------------------------------------------------------

o tempo,
coma un río,
corre presuroso cara o mar.

contos dunha belliña
o carón dunha cociña de ferro.

domingo.
un inverno calquera.
historias grises
dunha era finada
xa fai cen anos daquela.

contos dunha repúbrica.
un tempo sen reis.
comer :
un día si e dous non.

Mi Madre,
Mi Padre,
meus irmás…
… e máis eu.

estoupa a repúbrica,
o pobo e a guerra.
estoupa todo !
aquela bágoa da belliña lémbroa ben.

campos de pampoias nun ar perfecto.
cadaleitos do este… nun cheiro a pólvora.
minas de wolfram.
morte e dor facendo o amor no palleiro.
todos morren no conto.
cen mil cabos de ano
nun requiem eterno.

un enterro por día.
todos morren no conto…
… agás a meniña …
que é a debandita belliña
a carón dunha cociña de ferro.

nun domingo.
e nun inverno calquera.




“Preziosa”













a vida é un casting.

unha vinganza de vinganzas.

un cúmulo de mortes e de nacementos.

un millón de amenceres.

e nada remata co luscofusco.

todo serve a todo. Un inmenso morrer

para nacer novamente.

si. Un poeta non é o corpo ;

eu son o que escribo.

un xigante furacán de estrofas e prumas

sobre un ar violeta

no paraiso das palabras.

a vida … é un casting !!!!


….



“Uragano”.
“ En la naturaleza humana hay generalmente más del necio que del sabio. “ * Francis Bacon ( 1561 - 1626 ), filósofo inglés.

------------------------------------------------------

Afogando na dor do esquecemento
achei, un día, un pequeno país.
foi ó nacer eu, inxenuo e nú,
e florecín de súpeto ebrio de letras e recordos
escabando no chan historias da terra
no altivo navegar da poesía.

esa metáfora complexa e sinxela :
ese dicir sen dicir dicindo !
causa do destiño
do tempo presuroso
batendo minutos paseniño.

Abrente do día na noite, o carón do luscofusco
ceibando xeada na tona inerte da xanela
o carón deste ar xélido de ausenzas
- mar de casas baleiras -
neste morrer, neste longo río de sons insonoros
… durísimos e intragábels !

….

e …
… afogando na dor do esquecemento
achei, un día, un pequeño país.


“ Mare di stupiditâ “.

“ Las diversiones son la felicidad de aquellos que no saben pensar”.
* Alexander Pope ( 1688 - 1765 ) , poeta inglés.
---------------------------------------------------------


no agromar alto
da marea máis viva daquel outono
caeu sobre do azul no país das augas
a desazón dunha brea negra e ponzoñenta.

… para o non esquezo leense con espellos
sobre o papel aquel … Egitserp innombrabel .

naquel silenzo de bagoas internas
magoante ...
non atopa conforto o desacougo
e rompe o poeta filas ,
sen palabras ,
alistándose, coma un camicace , no exercito aquel dos feitos.

loita da suor nas rochas o carón dos abismos nos caborcos
a rentes da costa ferida de morte
nesa fin do mundo , Arretsif azul ennegrecido
desta … nosa dura loita antes de comezar perdida .


Aíxum salbando o insalbábel
como eterno símbolo de loita inesquecíbel .
cheiro do inferno sobre do mar :
soldados brancos no país do vento
terra humide magoada, auga i herba ,
- orballo das promesas caendo no deserto -
na loita eterna da desesperazón indescriptíbel .



montes de esterco e brea carbónica ( mal-chamados galletitas )
fican enmarañados en dor sublime
nas lombas da virxe praia violada
- ultraxe sen adxectivos -
cortándome tódolos desexos e ilusións .

nun intre, multiplico por cero o plan a, b e c …
nunha violación-metáfora que me
cuspe veleno e carraxe
no corazón mesmo dos sesos .
estrela vermella da carraxe
sobre unha banda vertical cor mar
nun lenzo de olvidos e de algodón .

e malamente lembro
un tempo de horas sublimes
onde, por un intre, alzou o bó o roiseñor
e cantaron miudiño os fillos dos bardos
aquel NUNCA MÁIS que se revela :
- en regueifa xusta e inmortal -
unha e outra e outra e outra vez
dende aquela noite con sol ata o infindo …
… e … máis alá de nós !!!
coma única estrofa posíbel
neste non dicir de gorxas anoadas
en sabor a salitre na farinxe
coma recital mudo de prantura e lembranzas
tatarexado polos beizos do pobo do vento
e da poesía !!!
… nunca máis !!! … , … , …
nunca máis !!! … , … , …
nunca … !!! , … , … , …

“ Giammai !!!! ”.
“ Y la vida es uno mismo , y uno mismo son los otros “.
Juan Carlos Onetti ( 1909 - 1994 ), escritor uruguayo.
------------------------------------------------

ainda vexo aquel sol se pecho os ollos
transpasar as follas dos carballos
nese raio de ardora verde-fluorecente
rebentar a xoven flor da miña desnortada hipocresía .
e preferiría, abofé , non herdar endexamáis
esas terras da morriña ;

e desexo nun flashbag que o minutario se deteña
sen lume de horas, sen plumas de bagoas
que arrasen todo duramente.

adoezo no recordo daqueles tempos antes do meu nome ,
e xente , e seres , e lares ,
e luces
que nunca maxinei que foran certos .

todo morre de contado
e non me saen estrofas definidas …

… pero eu …
… ainda vexo o sol agromando
transpasar as follas dos carballos
nese raio de ardora verde-fluorescente
aló… nun remoto monte do pasado .





“ Raggio verde “.

“ Si la virtud te falta , nada tienes ”.
* Lupercio Leonardo de Argensola ( 1559 - 1613 ), poeta español .
---------------------------------------------------------

silenzo repentino das bagoas do ar agrisado : escampada
nunha fria noite de invernía sobre
aquel Oxietra nacente e tristón do onte , hoxe aceso .

bolboretas dos prados de Ednis
crucificadas sobre unha axenda bella
e unha rosa rosa murcha
pousada sobor dunha minúscula impresora .

extranos poemarios na papeleira do portátil .
lonxe xa os prados aqueles da ledicia
onde galopábamos desatados coma lobos
con facianas sorrintes
por arrós de costas embrañadas
na loucura , aquela
de perseguir calquera cousa
máis alá do ceo engaiolado .

lonxe xa … de novos comezares
no esquecemento do cuco e da curuxa
alentan metas os meus versos
- coma cantos imposíbels -
e ainda siguen hoxe os nenos galoupando
por duros arrós de fume , cemento e rañaceos
- xordos , cegos i esquecidos -
mentras versan estes días tan calados
nesa sombra que aluma na nostalxia , na loucura lene
.. de buscar calquera cousa !!!


“ Ironia-metafora “.
“ Los románticos son seres que mueren de deseos de vida “.
Francisco Nieva ( n . 1927 ), dramaturgo español .
------------------------------------------------------

voa un miñato a rentes do ar calmo de Saudnac .

oscuridade negrísima afogando en
pacto de lobos en presenzas silandeiras invisíbels .

lúa , mar i estrelas en misión secreta
praneando endeusados
poemas de luces e cor
o carón da imborrabél Anabac
en noite fecha nun esteiro .



sons inaudíbels
facéndome cóxegas na faciana
nesta ben amada Ariellet , fermosa e libertina ,
en xardíns e sombras
con ironías sublimes e perfectas .

e ti , acompañáchesme sempre con fonda presenza
neste diluirme finito sobre
a fervenza das horas no mundo
- nunha falta inmensa de cores -
e verbos do inferno corporal .

- frio último incandescente -
en ardora de dor magoante
abrasándoo todo !!!!!!


“ Giardino di morte “.
“ El ave canta , aunque la rama cruja , porque conoce lo que son sus alas “. * José Santos Chocano ( 1875 - 1934 ) , poeta peruano .

----------------------------------------------------------




Aùr Atsiuqnocer, Oxietra : ano dous mil oito .
...
tres sotas de bastos
camufladas nun tapete nú
xogando co destiño das almas
orfas
finados os sentidos,
morto no verso e na razón
... por Ela .... e por Ti
....
Mikaela lendo ontes e mañás
xoga a baraxa co ceo
na palabra núa
do porque si
inesquecíbel
que sorri
a Deus,
a Ti,
si !
....





" Dea Mikaela ! "

http://arteixo.cidadans.net/oscardesouto/2008/07/15/r-i-o-a-r-r-i-b-a--prosa-e-poesia/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario


 

(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados