Arteixo Castellano  Galego  

OSCAR DE SOUTO.

OSCAR DE SOUTO: POESÍA EN GALEGO

FOLLAENBRANCO POESÍA OSCAR DE SOUTO

28/04/2008

NESTE CIRCULO PECHADO,
NESTA LIBERDADE EN PRISIÓN SÓ SE PODE AVANZAR DENDE O COMPROMISO PERSOAL DE CADA INDIVIDUO.
CACIQUISMO LITERARIO REPARTINDOSE PREMIOS OS UNS OS OUTROS.
AMIGUISMO POÉTICO NA NOSA NACIÓN ASOBALLADA.
O DESLEIXO ANCORADO NAS RÚAS.
OS POETAS NOVOS DEBEMOS DESTRUIR O SISTEMA DENDE A VERBA PARA VER AVANZAR UN DÍA OS XOVENES XERACIONS POSTERIORES A NÓS.
NO NOSO CASO .... NON TEMOS POSIBILIDADE, ESTAMOS AFOGADOS NUN MAR DE CACIQUISMO.
SE TI ES AMANTE DA POESÍA E ESTÁS DE ACORDO CON ESTAS FRASES SERÍA MOI INTERESANTE QUE CONTACTASES CONMIGO:

oscardesouto@hotmail.com





se desexas leer un pouco de poesía, aqui tes o meu último poemario:



DESTIÑO DE VINGANZA




por Óscar de Souto











poesía










































1.


saloucos de vento a rentes da tona do mar.

neste querer do inferno cuspindo adeuses
- naceches ti -
cantor silandeiro da auga e do ar.
sangue dos bardos e da costeira gris
- fillo do esteiro e da area,
irmá do verso -
nese falar silandeiro. Dicindo sen decir
tantas cousas !
agochadas no ventrículo febríl e vermello
que latexa paseniño cara os cavorcos do fin da terra
no son liquido da memoria que pervive ...
no mañá do onte sen o onte,
no verso do mar sen o mar,
no mar do verso sen o verbo
e na vida do poeta ... ... ¡¡¡ sen Ti !!!!
...




2.

na barreira invisíbel da xanela
entreaberta ... miráchesme dende o meu ollo
e todo tornou azul.
... no abrente do día. Ese amencer clandestino
en rompente fogosa - lene son do berce -.
... amigo do ouriolo e do merlo
musitando conxurados rumores
que voan no meu recordo infindo.
... luz e frio. Cóxegas do corpo brando
vivindo por non morrer outro día máis
... na resistencia dun tempo de amor
... sen amor.
... rañan na caluga os poemas
cando todo o can é pulgas
nesta dura facilidade dunha páxina máis no marzal florido
da mística pecadora dun folio da cor dunha folerpa de neve.
...








3.

arrentes do destiño transparente
sobrevoan almas inconclusas
que se firen no esquemento
deste apagón de versos
e de nomes.
...
























4.

vinganza núa por todo.
e si !
que, coma onte,
os poemas sexan o fósforo do lume
que acabe ardendo nas veas,
nas calugas,
e no fondo do fondo de todo ...
o meu prado verde
... en chamas !!!!
...





















5.

o destiño versando por amor, por todo, por todos.
e nesta dura e ceibe liberdade - prisioneira
acábase ata por entender : a guerra.
e dame o mesmo a dor,
que o meu sangue,
que a morte,
que Ti.
...
.




















6.

beizo contra beizo, carne contra carne,
calor con calor = FOGAXE !!!

esa gorentosa pel emerxente
núa
buscando amor e gloria
nunha noite escura
sen mágoa,
sen dor,
sen pensamento.

latexo enconado
que vai paseniño ... "in crescendo"
coa mirada fixa
no teu rostro de ollos
abertos coma lúa chea.
i es meigallo
por un intre ... irrepetíbel !!!
....







7.

olas do Mar de Fora,
roucos sons dos barcos do Gran Sol,
o Mar dos Argazos en soños perfectos
e xardíns de ilusións nos viaxes do desexo.
neste mar sen auga . Nesta soidade da terra
e do home ...
soterrada a esperanza
cunha espesa calima
gris ...
...




















8.

Ernesto Che Guevara de la Serna. última esperanza podre.
anarquismo e franquismo: estimados antónimos.
( grises ou verdes ), ... tanto ten a cor.
dereita i esquerda: que case é o mesmo.
comunismo, democracia , .... norteamérica?
mellor vai ser ... non ter orellas ... e morrer.
...
terra e máis terra sobor da mesma terra ...
e no ar, silandeiro e tóxico, das rúas calmadas ...
escoito : ... ...
- BHUUUUUUUUUUUUMMMMMMMMHH !!!!!!
como último símbolo mudo e xordo
crucificándome ... cunha calor fria e rotunda
que nun anaco de segundo
vai moldeando, unha e mil veces,
... a vinganza de tódalas vinganzas !!!
....
e no fondo do fondo de todo ...
nós,
os irreductíbels inocentes !!!
....





9.

mares de semen polas rúas do Deus Dj.
acetona e farlopa afogando as gorxas da noite
destes fillos nonnados
reis do botellón e da maría,
da mamada e da pirula ...
mortos ... xa !!!
no "te lo llevo"
que os vai enterrando paseniño
coa nosa man na testa
emponzoñada, impasíbel e ... vermella.
...












10.

salitre do vento na face
aloumiñando os pecados deste ser que
podrece. E un días máis ... abofé
inesquecidos.
... , ... é a luz das palabras impenitentes
a que me inspira de seu
desexos de plumas espiñadas
nacendo dos grandes pecados
a que me enaltece
co fio punzante dos poemas
unha vez máis ... cortando nucas !!!!
....












11.

recoñezo a vida en cada grolo de ar
seguro da miña sentenza
de morte ;
vivo cada poema
coma se fose derradeiro.
respiro porque afogo :
esa é a razón ...
de todo !!!
...




















12.

loita do Ser contra o Ter.
sen folgos ... perdémola.
poetas da Lúa,
da Terra, do Mar, do Sangue
falecen na ausenza de palabras
dun mundo con eles ... sen eles.
de costas o verso
desexo a morte da morte
con cada salouco de vento
no meu tempo no tempo
orfo de Ter ,
farto de Ser...
morto !!!!!
....














13.

escala paseniño léndome, a poucos, dentro de ti
sen mirar abaixo.
esquece os cavorcos do medo.
enfróntate de fuciños contra o teu peito
e cambia a burbulla fedorenta
que te afoga
a ti coma a min.
morte, en vida, cobarde
na cadea do mundo mal feito
que te encaixona amarrado.

noite que dicta ... como vivir.
como finar,
... ,
como falar,
... ,
como respirar.
silenzo dos folios vermellos
que se alzan contra todo
no xenio do "ata aqui ..!!!!! "
.....




14.

é a musica melódica que flúe dos poemas
o canto insonoro que me enche de ti.
luz de tódalas luces!
que vagas nos desexos como ninguén o fixo nunca.
xa non preciso da noite para querer arder no amor
no inferno das palabras que florece na alma
-incorrupta- desa.... ... a miña nenez.
nai das musas. vento dos ventos...
que me andas buscando (día tras día)
na vida que morre... nesta ... a nosa conta atrás.
u-lo túa beleza? no noso xardín de dióxido....
globo de guerras, morte na fame
desta gran incomprensión!
u-lo mnemosyne? neste océano de bagoas,
cidade de cemento que vai fuxindo de min!
amor de tódolos amores... que xace no verbo...
máis alá de min!
....






15.

camiñando sobre o mar sereno,
calmo infindo,
cristalino,
... eterno!

azul de azuis
no esperado luscofusco
-deste pequeno peirao-
de soños e de lembranzas...
no inmenso mar da quietude.

bule!
corre enfervecido,
aloucado,
entre as luces,
entres as sombras...
i estira os brazos,
acariciando o vento:
coa tenrura máis pura...
do mundo que te alumbra.
....



16.

un ramo de rosas rosas xace solemne
nesa gris estrada no norte das palabras.
non marchitan co fume.... nin co tempo,
nin con este sol...
respiran magoa, resisten por ti!
beben as bágoas desta soidade
-cortante-
e florecen necesarias para ser vistas:
flor da morte calada na cuneta dos días.
un ramo de rosas rosas naquela estrada gris
dunha tarde calquera.

unha flor, unha vida,
un recordo, unha alma....
que xa non esta... xa se foi!

un ramo de rosas rosas para recordar.







17.

carreiro de lume nas olas que fuxes hacia min
querendo non quererme máis alá do mar!
posta de sol ardente que acaricias a perfección
na tarde insonora que se apaga no ceo:
morrendo a cotío, es lume afogando... detrás do horizonte...
e alónxaste -fausto- máis alá da luz!
...
desfaise, evapórase ese son calmado e fráxil,
insonoro, do teu morno calor:
raio invisíbel, vivo...
vivo no ceo e nas nubes....
vivo nos versos e na terra...
debidos a ti.

terra que se apaga.... xa tan lonxe de aqui!

carreiro de lume nas olas que fuxes hacia min
querendo non quererme máis alá do mar!

... ... ...





18.

xa teñen sentido tódolos meus porqués;
xa é lene, abofé, o meu novo versar...
sosegado -paseiño-
consciente das horas que fuxen do minutario.

sinxelamente ... buscándote...
nas follas espidas dos poemas, dos latidos,
destes adeuses que fuxen...
... máis alá da nosa vida!

....












19.

que non se apaguen as luces fuxitivas
da virxe costa degoxada
que asexan sempre os meus ollos:
-abertos ou pechados-

voando nun soño largo
acaricio con tenrura
as altas copas dos pinos
que se mecen altivos
co mar como última meta
de tódolos meus poemas.

que non expiren as verdes fragas
do meu verxel clandestino...
.....













20.

alta paz que me asiste na lembranza doutrora
-na loucura dun neno- resistindo silandeiro.

e nunha pena no abismo
namoreime un día de ti:
terra-país.
luz:
o meu paraiso.

lagos de flores amarelas adornan o chan mollado
(tona do inferno) o carón das pisadas.

nunha montaña sagrada atopei un día unha idea
que me trouxo alegria -razón de loita-
e un millón de versos.

verde oscuro vizoso da miña morada sinxela
debaixo do ar e das nubes
que me van arrastrando, paseniño,
o noso acocho nas estrelas.

inmenso xardín aberto na gloria das horas... que falece caladiña.
......

21.

sons grabados no ar melodias do vento.

luscofusco de inverno música de gaitas
da terra que baila no alalá do tempo…
lembranzas de gaiteiro
rebasando a vida e a morte
en regueifas sinxelas
máis alá de todo !
frauta rouca e celta - agasallo do ceo -
que toca unha peza
- ininterrompida -
fráxil feiticeira
neste .. verde mollado
(orballo benquerido) choiba sen pasado
sobre o meirande prado … … que viron os ollos.
osixeno dos foles bicando o mar e as serras
co sentimento … desta terra que baila
o compás da vida … na música dos versos.

.....

















22.


cando fuxe a calor do corpo
na friaxe dunha man postrada
co último ofego fuxe tamén a vida :
alma e verbo silenciados
nesta mágoa sublime
alén das palabras.

dor.
dor dunha tarde calquera
o carón dunha cama triste
nunha despedida calada
sen verbo,
sen lóxica.

inmensa ausencia infinita …
durísima e incomprensíbel.

sen ti,
sen unha raiz,
sen meu amigo, sen meu avó,
sen a miña orixe na sangue e na luz
debo maxinarme a min de novo e renacer da dor
e aprender a vivir sen un pasado vivo. Buscándome outra vez
na magoa ferinte e atróz dun longo futuro de ausencias e de bágoas.

sen verbo,
sen lóxica.
… e sen ti.

.....


23.


unha partida de strept-poker :
beizo contra beizo contra beizo
nun gorexar fausto
vicioso
nú.

nadegas perfectas nesta textura quente.

cóxegas na pel do lombo
neste inferno de paixón
desatada.

alma e mirada :
desexo gorentoso de ollar curioso
… que sorrí.

este quérote sen quererte
este amar sen amar
só por un intre
intensísimo,
imposíbel,
curto…
nú.

luxuria, … pracer amable.
ti,
ela,
aqueloutra
todas vos, i eu …
enmarañadas
na suor dunha alcoba de carne.

....



24.


bico saraiba xogo.
son das estrelas en lontanía inorde
do teu mirar fogoso - brilo feiticeiro -
nun anaco de curva do reloxo…

pido perdón o vento
ollando este ar curioso
en verso-prosa
- salaio tardío -
deste mañá amando hoxes.

musitan as cancións melódicas
sabores salgados con notas de cores calados
no silenzo das letras.


e ti … capricho ;
do destiño, da vida,

desta … …. a miña parrafada
nun folio de luz …
es lareira dos latexos
finita lene xocosa




… alén de tódolos mirares !!

.....





25.


un xardín de nubes vacilantes xorden da noite afogada.
luz cegadora da escuridade silandeira e amada.
concretos
precisos instantes
da vida na sorte
nesta…
doce verdade.

morte do amor no amor
que me anda a buscar
-paseniño- en latexos presurosos
afogados de dor.

corazón que fina
no calor da pel sen a pel
fria beizón abafante
lonxe dun día calquera
e , de súpeto …
… lonxe de ti !


.....













26.

“El hombre más fuerte es el que mejor resiste a la soledad”.
Henrik Ibsen (1828 - 1906), dramaturgo noruego

------------------------------------------------------




nesta larga e dura…
-a túa ausencia-
desatáronse en min as palabras
melódicas i eternas
coma unha música imparábel
sonora
fráxil
eterna
... e perfecta.

a vida derretida
coma témpano de xeo
fundida co minutario
orfo de amor….
… e orfo de ti !













27.

“Todo el placer de los días está en sus amaneceres”.
François de Malherbe (1555 - 1628), escritor francés
-------------------------------------------------


nubes quedas
flotando nun océano de ar
alén das miradas
no firmamento malva
desta fronteira intanxíbel
entre auga e vento.

postal meiga. Luscofusco
na costa silandeira i eterna
-paz inesgotábel-
que envolve os poemas sinxelos
en cóxegas de brisas na face.

frios de bágoas, de ledicia
na tarde que morre
diante de ti.

paseniña ausencia do sol ardente
que vai fuxindo pausado
alén de todos nós
nun adeus
calmo
nú.








28.

“Vivir sin raices es vivir en el infierno”.
Peter Abrams (n. 1919), escritor sudafricano.

----------------------------------------------------------

e … dudan as palabras
confusas, orfas de verbo
no solpor eterno e claro
desta chaira fachendosa a carón do inferno…

miles de coches silbando
nun longo soño-pesadelo
na noite aquela esquecida
e triste. Prantura inmensa
alén das verbas e das horas.

amigos da tebra inorde
que me andan a chamar
a esa timba de cartas
no ar e no vento…

… soño derradeiro
onde fita o silenzo:
- eterno e apacíbel -
no mar aquel …
… dos meus versos.


.....







29.

“Pensad que hasta para ser dichoso hay que acostumbrarse”.
André Chenier (1762 - 1794), militar y poeta francés

--------------------------------------------------------

Un día enteiro rodeado dos teus beizos.

Unha tarde calquera nadando no mar.

Unha noite núa … alén dos versos.

Amencer no silenzo máis puro.

Un mundo enteiro axeonllado ante ti.

Todo partindo da quietude.

O sorriso dunha nena lene.

Unha folla en branco.

Un pequeño poema.

O esteiro calmo.

Ana Vanessa … e mais eu”.










30.

“no hay victoria si no se pone fin a la guerra”
Michel Eyquen de Montaigne (1533-1540), escritor francés
------------------------------------------------------

o tempo, coma un río,
corre presuroso cara o mar.

contos dunha velliña o carón dunha cociña de ferro.

domingo. un inverno calquera.
historias grises dunha era finada
xa fai cen anos daquela.
contos dunha repúbrica. un tempo sen reis.
comer : un día si e dous non.
Mi Madre, Mi Padre,
meus irmás… … e máis eu.
estoupa a repúbrica,
o pobo e a guerra.
estoupa todo !
aquela bágoa da velliña lémbroa ben.
campos de pampoias nun ar perfecto.
cadaleitos do este… nun cheiro a pólvora.
minas de wolfram. morte e dor facendo o amor no palleiro.
todos morren no conto. cen mil cabos de ano
nun requiem eterno.
un enterro por día.
nun domingo. e nun inverno calquera.

.....







31.


a vida é un casting.

unha vinganza de vinganzas.

un cúmulo de mortes e de nacementos.

un millón de amenceres.

e nada remata co luscofusco.

todo serve a todo. Un inmenso morrer para nacer novamente.

si. Un poeta non é o corpo ;

eu son o que escribo.

un xigante furacán de estrofas e prumas

sobre un ar violeta no paraiso das palabras.

a vida … é un casting !!!!

….











32.


“ Las diversiones son la felicidad de aquellos
que no saben pensar”.

* Alexander Pope ( 1688 - 1765 ) , poeta inglés.
---------------------------------------------------------


no agromar alto da marea máis viva daquel outono
caeu sobre do azul no país das augas
a desazón dunha brea negra e ponzoñenta.

… para o non esquezo leense con espellos
sobre o papel aquel … Egitserp innombrábel .

naquel silenzo de bágoas internas
magoante ...
non atopa conforto o desacougo
e rompe o poeta filas ,
sen palabras ,
alistándose, coma un camicace , no exercito aquel dos feitos.

loita da suor nas rochas o carón dos abismos nos cavorcos
a rentes da costa ferida de morte
nesa fin do mundo , Arretsif azul ennegrecido
desta … nosa dura loita antes de comezar perdida .
Aíxum salbando o insalbábel
como eterno símbolo de loita inesquecíbel .
cheiro do inferno sobre do mar :
soldados brancos no país do vento
terra humide magoada, auga i herba ,
- orballo das promesas caendo no deserto -
na loita eterna da desazón indescriptíbel .



33.


montes de esterco e brea carbónica
fican enmarañados en dor sublime
nas lombas da virxe praia violada
- ultraxe sen adxectivos -
cortándome tódolos desexos e ilusións .

nun intre,
nunha violación-metáfora que me
cuspe veleno e carraxe
no corazón mesmo dos sesos .
estrela vermella da carraxe
sobre unha banda vertical cor mar
nun lenzo de olvidos e de algodón .

un tempo de horas sublimes
onde, por un intre, alzou o bó o roiseñor
e cantaron miudiño os fillos dos bardos
aquel NUNCA MÁIS que se revela :
- en regueifa xusta e inmortal -
unha e outra e outra e outra vez
dende aquela noite ata o infindo …
… e … máis alá de nós !!!

coma única estrofa posíbel
neste non dicir de gorxas anoadas
en sabor a salitre na farinxe
coma recital mudo de prantura e lembranzas
tatarexado polos beizos do pobo do vento
e da poesía !!!
… nunca máis !!! … , … , …
nunca máis !!! … , … , …
nunca … !!! , … , … , …



34.

“ Y la vida es uno mismo , y uno mismo son los otros “.
Juan Carlos Onetti ( 1909 - 1994 ), escritor uruguayo.
------------------------------------------------

ainda vexo aquel sol se pecho os ollos
transpasar as follas dos carballos
nese raio de ardora verde-fluorecente
rebentar a xoven flor da miña desnortada hipocresía .
e preferiría, abofé , non herdar endexamáis
esas terras da morriña ;

e desexo nun flashbag que o minutario se deteña
sen lume de horas, sen plumas de bágoas
que arrasen todo duramente.

adoezo no recordo daqueles tempos antes do meu nome ,
e xente , e seres , e lares ,
e luces
que nunca maxinei que foran certos .

todo morre de contado
e non me saen estrofas definidas …

… pero eu …
… ainda vexo o sol agromando
transpasar as follas dos carballos
nese raio de ardora verde-fluorescente
aló… nun remoto monte do pasado .








35.


“ Si la virtud te falta , nada tienes ”.
* Lupercio Leonardo de Argensola ( 1559 - 1613 ), poeta español .
---------------------------------------------------------

silenzo repentino das bágoas do ar agrisado : escampada
nunha fria noite de invernía sobre
aquel Oxietra nacente e tristón do onte , hoxe aceso .

bolboretas dos prados de Ednis
crucificadas sobre unha axenda vella
e unha rosa rosa murcha
pousada sobor dunha minúscula impresora .

extranos poemarios na papeleira do portátil .
lonxe xa os prados aqueles da ledicia
onde galopábamos desatados coma lobos
con facianas sorrintes
por arrós de costas embrañadas
na loucura , aquela
de perseguir calquera cousa
máis alá do ceo engaiolado .

lonxe xa … de novos comezares
no esquecemento do cuco e da curuxa
alentan metas os meus versos
- coma cantos imposíbels -
e ainda siguen hoxe os nenos galoupando
por duros arrós de fume , cemento e rañaceos
- xordos , cegos i esquecidos -
mentras versan estes días tan calados
nesa sombra que aluma na nostalxia , na loucura lene
.. de buscar calquera cousa !!!
.....

36.

“ Los románticos son seres que mueren de deseos de vida “.
Francisco Nieva ( n . 1927 ), dramaturgo español .
------------------------------------------------------

voa un miñato a rentes do ar calmo de Saudnac .

oscuridade negrísima afogando en
pacto de lobos en presenzas silandeiras invisíbels .

lúa , mar i estrelas en misión secreta
praneando endeusados
poemas de luces e cor
o carón da imborrabél Anabac
en noite fecha nun esteiro .



sons inaudíbels
facéndome cóxegas na faciana
nesta ben amada Ariellet , fermosa e libertina ,
en xardíns e sombras
con ironías sublimes e perfectas .

e ti , acompañáchesme sempre con fonda presenza
neste diluirme finito sobre
a fervenza das horas no mundo
- nunha falta inmensa de cores -
e verbos do inferno corporal .

- frio último incandescente -
en ardora de dor magoante
abrasándoo todo !!!!!!




37.


ver...
saber da luz
no solpor máis claro.
asexar dende a pálpebra
inmensas inmensidades ...
nun mundo de azuis e verdes,
prados e mares. Pobo silandeiro
que rezuma vida nos poemas
querendo Ser de cote,
desexando Ter ...
mañás e ontes
sempre!
...
mar
vida
luz
... afogando nun ceo de verbas e feitos
nos encrucillados dun xornal antergo ...
que fai de berce a un bagamundo na rúa.
Debuxo coas letras o meu propio retrato.
Sangue, Terra, xogando coas miñas mans
a describir un eido gris, con poemas de cor.
.... .... ....
38.

suicídanse as bágoas coma tinta sobre follas en branco
en poemas nús.
no abrente dun Oxietra inverbe ... e nacente
afogo na lembranza, na morriña ...
do son rouco dos cavorcos en Anabac.
un coro de corvos chámame
dende a xanela iluminada desa mañá esquecida.
e hoxe son laio de recordos :
no Sangue, na Terra, no Mar, na Xente,
no Verbo, na Noite, ... coma desculpas deste
non morrer ;
deste vivir en poemas, en pretextos ...
na resistencia dunha morada na curva do reloxo.
batendo tempo a tempo
na fráxil inmensidade dunha páxina máis.
.....









39.

son inorde do calmo encabuxado
que fuxe paseniño nos soños da noita fecha
asexando dentro do latexo dun corazón azul.
...
area infinda que percorro nun andar lixeiro
coa presa da ilusión.
....
escoito bater olas
cando dorme o silenzo
na soidadade
de saberte sen min.
....
azul indescriptíbel
que dictas o destiño
dos teus amantes-adictos
que te buscan no contra-luz
dos teus luscofuscos.
....
contigo vivo e morro ... no desexo eterno
e sempre ... serei feliz!
...



40.

xeada miudiña
no val do Bolaños antergo
nos paseos da noite
desta cidade que dorme
amándote sen amar
e ... véndote
sen mirar.
...
atarefados no traballar copioso
nesta gris gaiola aberta
deste meirande ... prado dos prados
que nos ve morrer.
....
rio pequeno dos celtas
caendo cara o Bá
no suco estreito daquela
ponte de pedra
cara a rompente do azul dos azuis
no agarimo extremo
de morrer por El.
....

es zume transparente ;
bágoa divina do ceo
do monte silandeiro e altivo
do que naces
para finar sen verba
no fondo do fondo do Mar.
....

xeada miudiña
caendo conmigo sobre min.
.....



41.



veni , vini , venci.

resoan na furna da caluga
as verbas
na busca eterna
casting perpétuo
desta luz ... da noite ... no día.
morro-vivo na áscua da loita na loita
desta nazón de xeonllos
no látigo afeito
a dar sen resposta.
fitan no chan as morriñas
nesa néboa espesa ...
sangue dos poemas
en folerpas de dor e gloria.
asasinan o entendemento
dos rendidos cavidbaixos
mortos de silenzo !
nadando afogados...
.... neste océano fetal
de soños
imposíbels!
e navegan as letras no branco dun folio
coma a xente coma os nomes
no tempo na era
dun país ... sen país ....
.... morto !!!!!
.....




42.



recoñecín a Tano en Oxietra ... sen que os meus ollos ...
o viran endexamáis. Vin a súa maxestuosidade.
recoñecín o seu rostro de poeta grande
a súa rouca voz ferida de morte...
recoñecín a súa grandeza
no seu semblante de
fachenda núa ...
e guerreiro
da verba.
si !
....
recitando o seu carón
fondos cantos
no ar, aquel,
irrespirábel.
cuspimos versos alén dos ollos e das orellas: xordas e mudas.
con sangue nos beizos e con ausencia
himnos e poemas dos ...
bardos novos. nós.
sangue quente
das veas e dos sesos
na revolución miudiña do verso
contra este mundo gris
violando os desleixos das calugas
... outra vez !!!
... outra vez máis !!!!!
....



43.



busco rio arriba
no vento das horas
en augas de minutos
o manantial cristalino lene
que viron os ollos dos ancestros.
....
camiño por un carreiro de verbas
pecado tras pecado tras pecado
na morriña dun día falecido
no esquecemento dos tumultos e do cemento.
....
persigo un tempo sen min
mellor que o noso.
....
imaxino que anda agochado
nas follas dun libro antergo
nunha fraga verde nun val perdido
nunha furna da costeira, entre os cavorcos,
ou nas pedras dunha montaña os pés dunha urbe.
...
u-lo meu tempo perfecto ?
onde se dispa toda a lenda da sangue nunha presa
de estrofas
inconclusas....
....









44.


son semente da túa semente.
escribíndoche entre bágoas
neste tempo
orfo de ti.
herdei de súpeto
nun pesadelo real
unha casa baleira
o tatuaxe do teu recordo
grabado
no músculo sangrante dos meus latexos.
herdei, sen desexalo, un bello reloxo
nostálxico
e un par de xerseis.

pido o Vento terte o meu carón
sempre
i escoitar o teu silenzo manso
falándome cos ollos
hoxe coma na miña nenez.

son semente da túa semente
lembrándote
nesta era sen horas
nesta mágoa perpétua
camiñando sen rumbo
lonxe da túa man.

vello lancheiro de Saudnac
do esteiro de loito.
man de obra dos cementos de Oxietra
amigo e devanceiro
raíz talada
que NUNCA ei esquencer.
...

45.



pelexo coa folla en branco
violando as palabras.

acoitelando lóxicas
fago un suco na terra
coas miñas mans
para enterrar
o cadáver do meu propio corazón.

xogo de poemas e latexos
neste oxidamento do corpo
de costas a esperanza
no cabo de ano da razón.

un verso a morte que me busca.

teño unha bomba debaixo do peito
nacín morto
sen sabelo endexamáis.

puta conta atrás que me envelena
co tic tac que enfiaña
letras de sangue
na Terra do silenzo
e na morada
da nai da desesperación.
....








46.



fixen carreira na rúa
master en supervivencia.
aprendín a coidar de min
e hoxe afogo
no mar das ausenzas
e dos pecados.

son bonicreque e marioneta
de todos os poemas do caixón
do esquecemento.

xogo a ser Bardo novo
só para vivir na túa caluga
un par de días máis
na miña resistencia a podrecer ancorado no destiño.

.....
















47.







tres e trece.



escoito chover trala xanela
desta vila que me adoptou.

no silenzo rotundo da noite
agardo a unha nena de dous nomes
que loita na xenreira do Sistema
no turno das dez que nos separa
para estar xuntos
antes de amencer.

en soidade escribe mellor a man
na nostalxia do día
na lembranza da retina dos ollos
mexando zume de poemas
e semen de ausenzas
ata as seis e dez.

....








48.



sementadas as verbas
contra o desleixo
afloran da Terra os NUNCA MÁIS
neste prado en chamas
trocando branco o negro sobre o azul
neste inferno nú
e calado.
marea viva da estrela vermella
caendo de cote
sobre os peitos alzados
destes últimos ... camicaces da palabra.
...






















49.



Síndrome de Estocolmo.


un poema vestímolo de himno.

unha copa de viño pasa por escudo.

foise co tempo o vermello da bandeira.

non fomos quen de alzarnos
perdemos
tódalas contendas.

andamos a serpentear
arrastrándonos pola Terra.

cuspíndonos na cara
no desleixo
dende este renegamento
que nos divide por cero
ou por un.

.....










50.


un verso a estatua da liberdade:
a súa cona xigante
cheirando a pólvora.

unha muller iraquí violada no deserto
busca o seu fillo
morto por unha bala perdida.

putísima liberdade vendida
deste futuro incerto
tralos mísils sobre Basora.

sube paseñiño a razón da loita:
vinte millón de cabróns gañan un pouco máis na bolsa.

unha parte do mundo ri, escoita,
e a outra cala e chora.

se hai máis cadaleitos mañá
o Ibex sube
e andaremos máis dereitos pola rúa.
mellor tirar a tele no lixo
e pensar un pouco en nada.
non foi culma miña,
e cecáis, non foi culpa túa.
farei un poema con roupa de loito
ata que cesen as bombas miserábels
polo ouro negro SAQUEADO
nesta noite núa
lonxe de todo entendemento.

....



51.




rezuman vida os anexos internos do corpo
como axioma de morte
nesta paseniña oxidación
dos poemas.

nesta bágoa de bicos
nestes bicos de bágoa:
prantura das pranturas
no mar de sangue morna
que latexa
no motor de todas as veas.























52.




renacer en ollos de ilusión
amando un ronsel de amores
e latexos de ardentía
baixo o cerne do corpo.






























53.



aspirar:
cuspir metas
xogando a ser ...
.... escriba do mundo.


incomprendida comprensión parindo poemas
con tristura lene nas bágoas do sangue
das palabras
no teatro da vida.

péchase paseniño o telón
i escribo:



















54.





somos dous extranos
que nos coñecemos
moi ben.

semente e semente doutra semente
amigos de camiño
no cento e medio de noites
pescando lenes
nesa illa pequena
do esteiro inesquecíbel
en Anabac.





















55.



inventei a noite tranxénica o meu xeito
coma un tempo de presos
sen gardas.
droga-era
inferno
na miña hora
copulando co demo.
Mexo poemas asonantes
na resaca dolorosa e ferinte
dos domingos indescriptíbels
máis alá do desleixo da razón.























56.





RÍO BOLAÑOS.....

esbarando sen nome

cara o azul do Rañal
no suco pequeno de Oxietra
morada sen raíz
no contaxio ferinte
desta gaiola sen porta
na xanela
do demo-poeta.




















57.





ancorado na identidade do ser

parrafada na dispersión do FRACASO:

ferramenta imprescindíbel

para voar ingrávido

no festexo do silenzo

remuiño de ideas

na soidade perpetua

sinxelo ritmo das verbas

parindo poemas.















58.







carne viva da carne morta
no seo ilóxico da alma
coma cabalo
a galope no tempo
e da razón.

























59.



poeta na loita
do poema

sangue, corpo e alma
conxurados
contra o universo
no verso afogado
que o resuma todo ...
por fin.

como ola das olas
no cavorco da vida
en auga de letras.

baixo a táboa da existenza
rompendo sublime
antes da hora derradeira
na gloria rebuscada de todas as glorias.


















60.


o silenzo da noite doe.


trazo de duda
violando a crenza.

poemas e sons
alzando o peito o ar.

xogo a ser Deus
da palabra.

ardo amodiño
na prudencia
morrendo silandeiro
creendo crer en nada.

somos liñas do destiño
albedrío do albedrío
e somos nós
nada máis....












61.






son herba
son mar son azul

son ti en min sen min
e conmigo
na regueifa triste

xogando a xogar

cos peitos
e co verbo.




















62.



leo facianas
no mirar dos ollos
no folio
dun poemario.

atisbo ontes e hoxes
tardíos

no luscofusco
finando en vida.

liña de amigos
que fita partida
no mar do verso sen o corpo.

só,

nú,

eu,

ti,

pó,

e un poema entre nolos dous.







63.



Oxietra íntimo

versado
escrito nun espello
de maxinación interna.

reviravolta
do verbo
sobre unha terra
debaixo das pisadas

e do tempo.


























64.


fito calado e lembro
andoriñas dende a xanela
noutro tempo
rechiando doentes
en fogaxe meiga e ardentía....


ar quente e calmo
nos prados daquel Oxietra
fértil
puro
salvaxe
antes do meu nome.

moito antes do meu ser
nos sorrisos dos nenos
por riba do esquecemento
dos parias sen lingua
do hoxe que falece.

alma e verso contrapostos
en ausenza de ausenzas
que fita silente na tona da terra
na podremia do sague vivindo en min
e nos versos últimos da esperanza dun país.....
morto.
somos xa .... .... pó.



.....



POSTERIORMENTE A CREACIÓN DESTE POEMARIO TIVEN A SORTE DE COÑECER PERSOALMENTE A:
RABUÑAL, MIGUEL MATO FONDO, MIGUEL ANXO FERNÁN BELLO, YOLANDA CASTAÑO, PACO SOUTO, PACO DE TANO, ANXELA PERNAS, SEOANE, XESÚS VILA, ALBERTO DA ASOCIACIÓN PANDA, BRAXE, TERESA SEARA, XULIO LÓPEZ VALCARCEL, SONIA, MARILAR, VERÓNICA, CACCAMO, TORNEIRO, PALOMA CALVO VARELA, PEREIRA, DARIO XOAN CABANA, QUEIZÁN, MANUEL RIVAS, ANXELA BUGALLO, ANXO QUINTANA, MEMBROS DA F.P.G, MEMBROS DO B.N.G, SILVIA SEIXAS, MEMBROS DE GALIZA NOVA, .... , E MOITOS OUTROS....
E A ELES VAI DEDICADO ESTE POEMARIO E TODO O MEU ESFORZO QUE É TAMÉN O DELES....
SEN PERDER O NORTE E A ILUSIÓN.

http://arteixo.cidadans.net/oscardesouto/2008/04/28/follaenbranco-poesia-oscar-de-souto/
15 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Precioso poemario,eres genial,desde que te vi en el Rincón Habanero me di cuenta que llegarás lejos.
    Espero volver a verte pronto.

    Publicado Angela Ponte. | 28/04/2008 21:00:11
  • 2. ¿Cuando vuelves al entrance?

    Publicado Angela. | 28/04/2008 21:03:34
  • 3. Llegarás lejos, pero deberás ser un poco más humilde. Tu poemario habrá de ser una continuidad de tí y nunca algo agregado a tí. No hay coherencia en tus poemas si no aprendes a tener humildad, si no entiendes que ese YO_YO_YO a quien acostumbras poner en constante propaganda no debe continuar, si no te das cuenta que tu valor está en tí mismo y en tus poemas, y no en aquellos que asisten a tus eventos. Tiendes a la necesidad de tener apoyo de gente popular o importante por sus cargo políticos. No los utilices, no sigas usando a la gente que te tiende la mano. Tu valor no necesita añadidura y si piensas que por el hecho de tener a personeros del PP, PSOE; BNG o Terra serás famoso estás muy lejos de la realidad. Eres bueno, pero tu falta de humildad y tu soberbia empañan todo tu talento: lo que construyes con las manos lo destruyes con los pies. Deja que sea la gente quien hable bien de tí y de tus eventos, no seas tú quien te haga propaganda y quien califique de "primer evento cultural" lo que haces. Ese privilegio le corresponde a tu público (si así lo decide) y no a tí. Mientras no entiendas que tus poemas están al servicio de tus seguidores y no tus seguidores al servicio de tus poemas nada cambiará. Hay mucha gente que se está alejando de tí por tu falta de humildad, te van dejando a un lado como quien deja a un tonto. No busques la fama ni ser el centro de atracción en todos los tinglados donde te mueves. Rectifica, porque errar es de humanos y rectificar de sabios.

    Publicado RECTIFICA.... | 28/04/2008 23:53:52
  • 4. La señoa que me ha enviado este último comentario evidentemente no me conoce personalmente.Una cosa es la poesía neoclásica y metafórica .... y otra muy distinta es la alma o la forma de ser del propio autor. Por ello te animo a que tomes un café conmigo, pago yo, y me conoces personalmente.
    Nadie me a apoyado y menos los políticos. Me han arropado`personas como tu o como yo, personas de la calle con empleos comunes. Para trepar hay que tener a que trepar. Mi comportamiento en el blog no era una forma de ser propia, ni siquiera lo redactaba yo... era simple marketing. Pretendiamos vender una idea, una ilusión, un recital....al que usted creo que no acudió.
    Como ya comenté anteriormente para comentar o criticar lo minimo es asistir, ver y examinar. Pero.... muchas gracias por tu comentario amiga. De escuchar a los demás se aprende muchísimo. Aunque no comparta lo que has redactado (sin conocimiento de causa) te admiro por tu enseñanza cariñosa. Un saludo cordial. Mi teléfono personal es el 607 822 730 y mi e-mail es oscardesouto@hotmail.com, si te apetece un día de estos tomamos un café y charlamos.
    Un codial saludo.

    Publicado oscardesouto | 29/04/2008 14:57:37
  • 5. Estimada Angela:
    no tengo ni idea de cuando volvemos al entrance bar.
    Cuando tenga apoyo de más gente y medios para hacer un recital de la escala del anterior .... lo intentaré.
    Por el momento no tenemos nada en firme. Mucha ilusión y proyectos ... pero sin fondos y sin apoyos es muy complicado.
    Lo que mucha gente desconoce es todo lo que me esforcé para hacer realida el proyecto "Festival poético Entrance".
    Yo mismo redacté, maqueté, pagué y repartí los 1000 humildes carteles que todos habeis podido ver por Arteixo. Y muchos otros esfuerzos personales que me guadaré para mi.
    Cumplir un sueño sin apoyos requiere que uno mismo haga el ancho del trabajo, en ocasiones uno se olvida de comer,de dormir, de vivir y esas cosas solo las ve ... uno mismo.
    Gracias por tu comentario y por tu pregunta Angela.
    Un cordial saludo.

    Publicado oscardesouto | 29/04/2008 15:09:10
  • 6. Oscar, no soy una señora, soy un señor. Lamentablemente no pude asistir al entrance pero sí pasé unos minutos por el rincón habanero en la anterior oportunidad. Digo lo que digo porque te conozco y cuando hablo de tu reiterado "yoísmo" no me equivoco, basta con leer tu anterior comentario. No tengo nada contra tí ni se trata de un mal rollo, sino que veo que la gente te está dejando de lado por falta de humildad y me parece una lástima. Sin embargo te insto a seguir luchando por tus ideales. Suerte!

    Publicado RECTIFICA | 30/04/2008 16:38:57
  • 7. Según tú me comentaste, el festival del Entrance lo haías allí y no en el Rincón Habanero porque ellos te pagaban los carteles, ¿Cuando mentiste, antes o ahora que dices que los has pagado tú?. No se puede ir así por la vida contando "batallas" Oscar, Mientes demasiado y demasiado a menudo, incluso a la gente que está a tu lado, y eso está fatal. Procura cambiar muchacho porque sino te veo muy mal.Rectifica y trata deser más persona, no mientas ni trates de pasar por encima de nadie. La humildad y la sinceriad es lo mejor que tiene el ser humano.

    Publicado rinconhabanero | 01/05/2008 16:36:32
  • 8. Rincon Habanero, agora di que vai facer moitas cousas coa xente do BNG e que o Bloque está contento con el e co seu traballo. Oxalá que os bloqueiros non caian nas súas redes para temas culturais porque moi mal os vexo. O festival do Entrance estivo ben pero tampouco fué o evento cultural do ano en Arteixo como el di.
    Non para de mentir a donde queira que vai, utiliza á xente para logo ir contando milongas por aí. Cando Pouse ía dicindo que o PP estábao apoiando en todo, logo que Alicerce íalle a dar un espazo no Centro Cívico para facer as súas cousas, e agora vai co tema do BNG dicindo que queren facer co un proxecto cultural en galego e que estan felices con el. Haberá que esperar a ver en que termina isto.

    Publicado Por suposto, Rincón Habanero. | 02/05/2008 09:41:58
  • 9. nunca falei de nada sobre ningún tema bng, nin nada parecido. Esto chámase calumnia, amigo Jacinto. Pero como te adoro e como te admiro profundamente ... nada che comentarei ao respecto. Do tema Entrance non vou aclarar nada porque a nadie lle interesa como fixemos o recital senón que o único importante e que se fixo .... e nada máis.
    Sobre este último comentario do Rincón farto de calumnias sobre o que endexamáis saiu da miña boca ..... só debo aclarar que seguimos sen apoio DE NINGÚN GRUPO POLÍTICO ... polo momento. Si tivemos o teu agarimoso apoio, Jacinto, e agradecido estou por eso. Grazas e un saúdo.

    Publicado oscar | 05/05/2008 17:15:09
  • 10. dereita e esquerda o mesmo e???oichoooo,ti entendes de politica???
    penso eu que non.fala bien,falabieeeeennn.

    Publicado oichooooo | 05/05/2008 21:46:48
  • 11. non, amigo Oichoooo, non entendo de política ..... pero nada en absoluto. Trátase dunha sinxela metáfora poética hiperbólica .... recopilada doutro autor moi coñecido.
    Pero ..... grazas polo teu comentario, un saúdo !!!!

    Publicado oscar | 06/05/2008 18:01:51
  • 12. Querido Oscar, la persona que te dice que si estás con el BNG o con otros temas de política no soy yo, Jacino López del Rincón HAbanero, fíjate en quién firma y veras que no es el Rincón Habanero sino que poner or suposto rincon habanero, que no es lo mismo. Mira bien lo que dices, y no digas que yo calumnio a nadie porque como ya te he dicho, yo todos los comentaris que hago los firmo como rinconhabanero (rinconhabanero.es.tl), y no tengo neesidad de mentir ni es mi costumbre hacerlo, te digo simplemente que recapacites y no te dejes llevar por impulsos y trates de leer bien y luego cuando estés seguro de lo que vayas a decir, lo haces.

    Publicado rinconhabanero | 06/05/2008 20:56:37
  • 13. Si ... amigo Jacinto .... o que me comentas é certo. Un grave erro pola miña parte .... recibe pois as miñas desculpas, xa me parecía ilóxico que comentases tal cousa. Tes razón no que me dis de que firmas sempre co URL e nome, debo pedir perdón polo meu comentario desafortunado. Gracias pola túa aclaración e polo teu tirón de orellas agarimoso. Ánio co teu fermoso proxecto de cine deste xoves. Un saúdo.

    Publicado oscar de souto | 08/05/2008 13:32:10
  • 14. debemos recordar que se trata dunha carpeta cultural para tocar temas de interese cultural.

    debemos centrarnos todos nesa idea.

    grazas !!!!!

    Publicado oscar de souto | 08/05/2008 21:12:53
  • 15. oscardesouto@hotmail.com

    Publicado oscar de souto | 20/06/2008 15:12:45

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados