Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

OSCAR DE SOUTO.

OSCAR DE SOUTO: POESÍA EN GALEGO

OXIETRA : ÚLTIMO POEMARIO DE OSCAR DE SOUTO

luns, 14 de abril de 2008 0:16
oscardesouto: OXIETRA :  ÚLTIMO POEMARIO DE OSCAR DE SOUTO

O X I E T R A


poemario 2008


1

ver...
saber da luz
no solpor máis claro.
asexar dende a pálpebra
inmensas inmensidades ...
nun mundo de azuis e verdes,
prados e mares. Pobo silandeiro
que rezuma vida nos poemas
querendo Ser de cote,
desexando Ter ...
mañás e ontes
sempre!
...
mar
vida
luz
... afogando nun ceo de verbas e feitos
nos encrucillados dun xornal antergo ...
que fai de berce a un bagamundo na rúa.
Debuxo coas letras o meu propio retrato.
Sangue, Terra, xogando coas miñas mans
a describir un eido gris, con poemas de cor.
.... .... ....


2

suicídanse as bágoas
coma tinta
sobre follas en branco
en poemas
nús.
no abrente dun Oxietra
inverbe ... e nacente
afogo na lembranza,
na morriña ...
do son rouco dos cavorcos
en Anabac.
un coro de corvos chámame
dende a xanela iluminada
desa mañá
esquecida.
e hoxe son laio de recordos :
no Sangue, na Terra,
no Mar, na Xente,
no Verbo, na Noite,
... coma desculpas deste
non morrer ;
deste vivir en poemas,
en pretextos ...
na resistencia dunha morada
na curva do reloxo.
batendo tempo a tempo
na fráxil inmensidade dunha páxina máis.
.....
3

son inorde do calmo encabuxado
que fuxe paseniño
nos soños da noita fecha
asexando dentro do latexo
dun corazón azul.
...
area infinda que percorro
nun andar lixeiro
coa presa da ilusión.
....
escoito bater olas
cando dorme o silenzo
na soidadade
de saberte sen min.
....
azul indescriptíbel
que dictas o destiño
dos teus amantes-adictos
que te buscan no contra-luz
dos teus luscofuscos.
....
contigo vivo e morro ... no desexo eterno
e sempre ... son feliz!
...


4


xeada miudiña
no val do Bolaños antergo
nos paseos da noite
desta cidade que dorme
amándote sen amar
e ... véndote
sen mirar.
...
atarefados no traballar copioso
nesta gris gaiola aberta
deste meirande ... prado dos prados
que nos ve morrer.
....
rio pequeno dos celtas
caendo cara o Bá
no suco estreito daquela
ponte de pedra
cara a rompente do azul dos azuis
no agarimo extremo
de morrer por El.
....

es zume transparente ;
bágoa divina do ceo
do monte silandeiro e altivo
do que naces
para finar sen verba
no fondo do fondo do Mar.
....


xeada miudiña
caendo conmigo sobre min.


...


5

veni , vini , venci.

resoan na furna da caluga
as verbas
na busca eterna
casting perpétuo
desta luz ... da noite ... no día.

morro-vivo na áscua da loita na loita
desta nazón de xeonllos
no látigo afeito
a dar sen resposta.

fitan no chan as morriñas
nesa néboa espesa ...
sangue dos poemas
en folerpas de dor e gloria.

asasinan o entendemento
dos rendidos cavidbaixos
mortos de silenzo !
mar de estúpidos
nadando afogados...
.... neste océano fetal
de soños
imposíbels!

...


e navegan as letras no branco dun folio
coma a xente coma os nomes
no tempo na era
dun país ... sen país ....
.... morto !!!!!


....


6


recoñecín a Tano en Oxietra ... sen que os meus ollos ...
o viran endexamáis. Vin a súa maxestuosidade.
recoñecín o seu rostro de poeta grande
a súa rouca voz ferida de morte...
recoñecín a súa grandeza
no seu semblante de
fachenda núa ...
e guerreiro
da verba.
si !
....
recitando o seu carón
fondos cantos
no ar, aquel,
irrespirábel.
cuspimos versos alén dos ollos e das orellas: xordas e mudas.
con sangue nos beizos e con ausencia
himnos e poemas dos ...
bardos novos. nós.
sangue quente
das veas e dos sesos
na revolución miudiña do verso
contra este mundo gris
violando os desleixos das calugas
... outra vez !!!
... outra vez máis !!!!!
....


7


hujjh !!!!!!!!!!
mágoa infernal do día a día
apresando os ferintes latexos do peito
neste vivir traballoso. non atopa conforto a verba
nun planeta sen Deuses
deixándose levar polo abismo
do facer por facer facendo
nun todo sen sentido. non somos bonicreques adubidados,
non somos panxoliñas feiticeiras;
respiramos e sangramos,
suamos e choramos,
sen saber moi ben .... por qué ?
......
cidade-dormitorio de afoutos escravos desnortados
que te moran con sentido kafkiano.
Terra na que habitan zombis
absortos na tarefa
de sobrevivir vivindo na vida
só ... por non loitar
só .... por non morrer
na fachenda nula
de loitar sen loita loitando
sen adiviñar ... para?
por quen?
para qué?
....
non preguntar ...
... é .... non saber !!!!

....


8
uyc
de e eok
bvee asz ...
xsh huytre ju
hg drees a hoouh ged
... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ....

prefiren os ollos leer chino mandarín
inglés francés ou iraquí.
árabe ou macedonio.
preferimos ver nas xanelas tuneadas,
nas paredes convexsas
do sentido dos cuartos frios e horfos dos nosos fillos
panfletos de outras verbas
e cuspimos a diario
contra a lingua dos devanceiros
da Sangue,
... do peito.
cuspimos violando o desleixo das tumbas da nosa raíz na existencia
e moramos nun Terra nosa sen nós.
morrendo de invisibilidade !!!!
alto cumio da impudicia
de impoñer no albedrío
o voar miudiño das verbas
sobre a tona mesma do inferno
que un día nos pariu.

hbdu bodi bubehs hyfyvef sinobuy gafehiesid sinuhuf junvofjhyk !!!!!!!!!!

...........................

contido de compendios difamados resuminos nun monte de pinos ardendo.

prefiren os ollos leer todo menos esto
todo menos a sentencia do rotundo
e ....
morremos paseniño todos xuntos
nun país sen país
.... DESFEITO !!!!!
.....


9
busco rio arriba
no vento das horas
en augas de minutos
o manantial cristalino lene
que viron os ollos dos ancestros.
....
camiño por un carreiro de verbas
pecado tras pecado tras pecado
na morriña dun día falecido
no esquecemento dos tumultos e do cemento.
....
persigo un tempo sen min
mellor que o noso.
....
imaxino que anda agochado
nas follas dun libro antergo
nunha fraga verde nun val perdido
nunha furna da costeira, entre os cavorcos,
ou nas pedras dunha montaña os pés dunha urbe.
...
u-lo meu tempo perfecto ?
onde se dispa toda a lenda da sangue nunha presa
de estrofas
inconclusas....
....


10
son semente da túa semente.

escribíndoche entre bágoas
neste tempo
horfo de ti.

herdei de súpeto
nun pesadelo real
unha casa baleira
o tatuaxe do teu recordo
grabado
no músculo sangrante dos meus latexos.

erdei, sen desexalo, un bello reloxo
nostálxico
e un par de xerseis.

pido o Vento terte o meu carón
sempre
i escoitar o teu silenzo manso
falándome cos ollos
hoxe coma na miña nenez.

son semente da túa semente
lembrándote
nesta era sen horas
nesta mágoa perpétua
camiñando sen rumbo
lonxe da túa man.

bello lancheiro de Saudnac
do esteiro de loito.
man de obra dos cementos de Oxietra
amigo e devanceiro
raíz talada
que NUNCA ei esquencer.
...


11


pelexo coa folla en branco
violando as palabras.

acoitelando lóxicas
fago un suco na terra
coas miñas mans
para enterrar
o cadáver do meu propio corazón.

xogo de poemas e latexos
neste oxidamento do corpo
de costas a esperanza
no cabo de ano da razón.

un verso a morte que me busca.

teño unha bomba debaixo do peito
nacín morto
sen sabelo endexamáis.

puta conta atrás que me envelena
co tic tac que enfiaña
letras de sangue
na Terra do silenzo
e na morada
da nai da desesperación.
....


12


fixen carreira na rúa
master en supervivencia.
aprendín a coidar de min
e hoxe afogo
no mar das ausenzas
e dos pecados.

son bonicreque e marioneta
de todos os poemas do caixón
do esquecemento.

xogo a ser Bardo novo
só para vivir na túa caluga
un par de días máis
na miña resistencia a podrecer fodendo co destiño.

.....


13


tres e trece.


escoito chover trala xanela
desta vila que me adoptou.

no silenzo rotundo da noite
agardo a unha nena de dous nomes
que loita na xenreira do Sistema
no turno das dez que nos separa
para estar xuntos
antes de amencer.

en soidade escribe mellor a man
na nostalxia do día
na lembranza da retina dos ollos
mexando zume de poemas
e semen de ausenzas
ata as seis e dez.

....


14


sementadas as verbas
contra o desleixo
afloran da Terra os NUNCA MÁIS
neste prado en chamas
trocando branco o negro sobre o azul
neste inferno nú
e calado.
marea viva da estrela vermella
caendo de cote
sobre os peitos alzados
destes últimos ... camicaces da palabra.
...


15


Síndrome de Estocolmo.


un poema vestímolo de himno.

unha copa de viño pasa por escudo.

foise co tempo o vermello da bandeira.

non fomos quen de alzarnos
perdemos
baixados os calzóns.

andamos a serpentear
arrastrándonos pola Terra.

cuspíndonos na cara
dende o renegamento
que nos divide por cero
ou por un.

.....


16
un verso a estatua da liberdade:
a súa cona xigante
cheirando a pólvora.

unha muller iraquí violada no deserto
busca o seu fillo
morto por unha bala perdida.

putísima liberdade vendida
deste futuro incerto
tralos mísils sobre Basora.

sube paseñiño a razón da loita:
vinte millón de cabróns gañan un pouco máis na bolsa.

unha parte do mundo ri, escoita,
e a outra cala e chora.

se hai máis cadaleitos mañá
o Ibex sube
e andaremos máis dereitos
pola rúa.

mellor tirar a tele no lixo
e pensar un pouco en nada.
non foi culma miña,
e cecáis, non foi culpa túa.

farei un poema con roupa de loito
ata que cesen as bombas miserábels
polo ouro negro SAQUEADO
nesta noite núa
lonxe de todo entendemento.

....


17


rezuman vida os anexos internos do corpo
como axioma de morte
nesta paseniña oxidación
dos poemas.

nesta bágoa de bicos
nestes bicos de bágoa:
prantura das pranturas
no mar de sangue morna
que latexa
no motor de todas as veas.


18


laranxa de cor azul
xirando queda
no ar do esquecemento
o carón das estrelas.

morada derradeira
terra
manchea de cadaleitos
na sangue marrón
baixo as pisadas.


19


renacer en ollos de ilusión
amando un ronsel de amores
e latexos de ardentía
baixo o cerne do corpo.


20


aspirar:
cuspir metas
xogando a ser ...
.... escriba do mundo.


incomprendida comprensión parindo poemas
con tristura lene nas bágoas do sangue
das palabras
no teatro da vida.

péchase paseniño o telón
i escribo:


21


somos dous extranos
que nos coñecemos
moi ben.

semente e semente doutra semente
amigos de camiño
no cento e medio de noites
pescando lenes
nesa illa pequena
do esteiro inesquecíbel
en Anabac.


22


inventei a noite tranxénica o meu xeito
coma un tempo de presos
sen gardas.
droga-era
inferno
na miña hora
copulando co demo.
Mexo poemas asonantes
na resaca dolorosa e ferinte
dos domingos indescriptíbels
máis alá do desleixo da razón.


23


RÍO BOLAÑOS.....

esbarando sen nome

cara o azul do Rañal
no suco pequeno de Oxietra
morada sen raíz
no contaxio ferinte
desta gaiola sen porta
na xanela
do demo-poeta.


24


ancorado na identidade do ser

parrafada na dispersión do FRACASO:

ferramenta imprescindíbel

para voar ingrávido

no festexo do silenzo

remuiño de ideas

na soidade perpetua

sinxelo ritmo das verbas

parindo poemas.


25


carne viva da carne morta
no seo ilóxico da alma
coma cabalo a galope no tempo
que leva a razón.


26


poeta na loita
do poema

sangue, corpo e alma
conxurados
contra o universo
no verso afogado
que o resuma todo ...
por fin.

como ola das olas
no cavorco da vida
en auga de letras


perfecta


baixo a táboa da existenza
rompendo sublime
antes da hora derradeira
na gloria rebuscada de todas as glorias.


27


o silenzo da noite doe.


trazo de duda
violando a crenza.

poemas e sons
alzando o peito o ar.

xogo a ser Deus
da palabra.

ardo amodiño
na prudencia
morrendo silandeiro
creendo crer en nada.

somos liñas do destiño
albedrío do albedrío
e somos nós
nada máis....


.... pó.


28


doulle a volta a vida
e o folio ......
..... toma cor.

a lenda da historia regueifase de novo
unha e outra vez
para voltar a creer
no ceo e na terra

e a vivir
a respirar
e a sangrar.


poema da esencia

ilusión

parindo tinta e súor
no trazo das liñas
do amor.

nube altiva perseguindo
terra núa o carón de nós .....

..... pó.


29


estrela vermella da carraxe
sobre unha banda cor azul
coma o mar
nese lenzo de olvido e de algodón
xogando coas letras
e co ser.

son herba
son mar son azul

son ti en min sen min
e conmigo
na regueifa triste

xogando a xogar

cos peitos
e co verbo.


eu son pó !!!


30


leo facianas
no mirar dos ollos
no folio
dun poemario.

atisbo ontes e hoxes
tardíos

no luscofusco
finando en vida.

liña de amigos
que fita partida
no mar do verso sen o corpo.

só,

nú,

eu,

ti,

pó,

e un poema entre nolos dous.

pronto
moi pronto
ti e máis eu seremos novamente ... pó.


31


Oxietra íntimo

versado
escrito nun espello
de maxinación interna.

reviravolta
do verbo
sobre unha terra
debaixo das pisadas
e do tempo.


32
fito calado e lembro
andoriñas dende a xanela
noutro tempo
rechiando doentes
en fogaxe meiga e ardentía....


ar quente e calmo
nos prados daquel Oxietra
fértil
puro
salvaxe
antes do meu nome

moito antes do meu ser
nos sorrisos dos nenos
por riba do esquecemento
dos parias sen lingua
do hoxe que falece.

alma e verso contrapostos
en ausenza de ausenzas
que fita silente
na tona da terra
na podremia do sague
vivindo en min
e nos versos
últimos
da esperanza dun país.....

morto.


somos xa .... .... pó.


33


Oxietra.

http://arteixo.cidadans.net/oscardesouto/47577
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Envía o teu comentario

Os comentarios a esta entrada están restrinxidos.
Só poden publicar comentarios os usuarios rexistrados.

Se aínda non estás rexistrado pincha aquí para poder participar: rexistro.

Entrar

Recuperar o contrasinal

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados