Arteixo Castellano  Galego  

As trolas da esquerda

Nen unha mala palabra nen unha boa acción

Suciedad, delincuencia, abandono...vaia "progreso"

02/01/2008

O Concello non funciona, deso é capaz de darse conta ata os que teñen na súa man poñelo a funcionar.
Temos unha suciedade nas rúas que fai anos que non estaban así. O mobiliario urbán cando rompe non se repón, simplemente vaian dar unha volta polo parque do Seixedo ou polo centro da vila e verán bancos rotos que levan así catro ou cinco meses e nadie repara, as travesas das pontes do Seixedo rotas, pintadas polos edificios públicos que tampouco se limpan, etc.
Os baches nas rúas poñen a proba os amortiguadores mais reputados, o asfaltado peca pola súa ausencia. Ademáis o asfalto está moi sucio, ¿despediron a todo-los barrendeiros ou simplemente está de vacacións?
Por último, e facendo eco da noticia da Voz de hoxe, resulta que somos unha das urbes galegas con maior tasa de delincuencia. Temos una media de 22.55 delitos ó ano por cada mil habitantes, o que nos sitúa, a Arteixo, na cabeza de Galicia. O certo é que os municipais vense pouco e teñen unha actitude demasíado laxa, por outra parte están demasíado politizados coma para ser eficaces, a Guardia Civil carece dos medios apropiados, humanos e materiais, de tódolos xeitos parecería apropiado que a señora alcaldesa gastase cinco minutos do seu "valiosísimo tempo" e puxera orden nas rúas, enviase a núcleos coma Meicende, Pastoriza ou Villarodís patrullas permanentes da Policía Local, retomase a idea dos tempos do PP da Policía de Proximidade, policía de barrio, a pe, andando seguido polas rúas. E xestionase coa Delegación do Goberno un incremento de efectivos da Guardia Civil, para aumenta-las patrullas e o servicio ó cidadán, que non nos olvidemos: somos os que pagamos ese servicio, delegamo-la forza no estado para que éste nos protexa.
Señores Concelleiros, póñanse as pilas neste ano novo. Xa que o 2007 foi un ano impresentablemente malo, fagan do 2008 un ano mais decente para esta vila.

http://arteixo.cidadans.net/non_me_fio/2008/01/02/suciedad-delincuencia-abandonovaia-progreso/
2 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Teño que decir a este respecto que, o dia 30 de Decembro, na rúa que vai da Xeneral á praza das Viñas, sen asfaltar dende Maio, había un borato que non podian pasar os coches. Hoxe, dando un paseo, vexo que están vertendo ó rio auga sucia, chegando a mancha dende a ponte da peatonal ata a ponte do Polígono.

    Publicado por: pirata | 02/01/2008 18:34:19
  • 2. é verdade fai doce anos que non estabamos así xa era hora de que cambiara algo en Arteixo.

    Publicado por: undepoalí | 11/01/2008 22:26:44

Publicar un comentario

Puedes_realizar_comentarios_utilizando_tu_nombre_de_usuario_y_contraseña



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados