Castellano Galego Nen unha mala palabra nen unha boa acción
Moito se lles enchían os mofletes antes da campaña criticando a radicalidade que se impoñía dende certos grupos. Criticaban ó PP pola súa naturaleza conservadora, entre outras cousas, criticaban ó BNG por ser excesivamente radicais nos plantexamentos. Aínda recordo que ás rapazas do PSOE lles chamaban "las chicas yeyé" pola forma de actuar en público.
Pero chegou a campaña e había que prepara-lo terreo para o futuro e previsible pacto, había que achegarse ó bloque. Tras todo o que despotricaron contra deles e dende a perspectiva castelanista que teñen os que agora están co-gobernando este concello, de repente se galeguizaron, Pilar comezou a fala-lo galego, un galego de lata de conserva, un galego raro, raro, dese que os señoritos de capital intentan colar coma enxebre, pero galego ó fin e ó cabo.
Aínda así criticaban coma tolos os "desvaríos" que tanto na Xunta coma a nivel local pretendían os nacionalistas...ata que chegou o tema das galescolas...
Aquí as cousas mudan bastante, dende certos sectores da Xunta lanzan unha "chantaxe", "precisades escolas para os rapaces, se queredes escolas normais esperaredes dous ou tres anos...pero se son galescolas, centros de adoctrinamento, as tedes xa e agora, mandilón e canto de himnos diario incluído no precio"..e como di o título, onde dixen digo...digo Diego. A falta de cartos agora aceptan esta barbaridade, os centros do movemento, os recunchos onde se formarán os galegos do futuro, teremos rapaces duchos en galego, pobres en castelán e nulos en outras línguas, se lles ensinará a Historia que conveña ensinar, potenciando as diferencias, os feitos diferenciais có resto de comunidades que conforman con nós o país no que nacimos. Voltaremos a usa-los cativos como punta de lanza da intolerancia. Pensei que con Franco morreran estas actitudes pero parece que non.
Poño un recorte do Ideal de hoxe: "La alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, anunció el pasado viernes en la radio municipal la intención del gobierno local de adherirse a la red de galescolas que promueve la Xunta a través de Vicepresidencia, concretamente a través del Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, y que propiciará la instalación de al menos una galescola municipal: "Vamos a sumarnos a ese proyecto y llevaremos la propuesta al pleno ordinario de septiembre", anunció."
Penso eu se non será un modo de voltar a aproximación a Silvia, ó BNG. O problema é que ó parecer en TEGA non están moi pola labor, segundo o mesmo diario: "Sus declaraciones contrastan con las realizadas la pasada semana por la concejala de Educación, Rosario Figueiras en las que afirmaba que, por el momento, el gobierno local no contemplaba la posibilidad de adherirse al programa del Consorcio para implantar en Arteixo un servicio de galescolas. En este sentido, Figueiras apuntaba como prioridad la construcción de una nueva guardería en el núcleo de Vilarrodís o de Pastoriza."
Voltamos ó vaivén, é o normal cando un pretende ser amigo simultáneo de dúas opcións que non encaixan nen con calzador.
Penoso.
1. ¿E cal é o problema das galescolas ? Porque eu non acabo de velo.... ¿Ou que lle falen a un neno en galego é un problema ? Tamén temos un departamento de normalización lingüística, ¿deberiamos tamén suprimilo?
De todos modos, non me apetece nada polemizar contigo, cunha persoa que cando fala dela pon : " Xente farta de tanta trola, manipulación e demais merdas da esquerda arteixá".
Con esa tarxeta de maleducado como presentación, non imos chegar a entendemento
2. Por certo.. ¡¡¡qu malos son os de TEGA desde que vos levaron os votos e cambiaron de bando !!! Antes eran bos e traballadores, xente honrada ... e agora uns impresentables.. decides vós.
¿ Cándo deciades a verdade, antes ou agora .. ou nunca ?