Castellano Galego Nen unha mala palabra nen unha boa acción
Vaia a qué choviu nas eleccións, que se o PP era tal, que se Pose era cual, que se as querellas, que se había indicios de corrupción....en definitiva, intentaron xerar crispación, caos, mala baba...e agora van vindo os resultados.
Segundo a Opinión de hoxe:
"ARTEIXO
El juez archiva la denuncia contra Pose por las obras de la iglesia"
Outra das presuntas causas que tiñan que facer muda-lo voto de todo Diós queda, coma o resto, no limbo. A Igrexia de Arteixo, tan atacada polos nacionalistas e polos socialistas (que agora non saen dela, manda carallo!, Pilar está próxima á beatificación), ten o futuro tan limpo coma o seu orixe. Era e é unha obra clave para adecenta-la zona e dar un servicio necesario a unha poboación eminentemente católica.
Sen complexos de nengún tipo, non podemos esquece-las nosas orixes e vende-la alma ó consorcio nacional-socialista que nos rixe en Santiago.
Bueno, agardamos á seguinte mentres continuamos a "disfrutar" de este goberno de pandereta, sen ideas, sen capacidade executiva, que está deixando a vila feita unha merda, sucia, o mobiliario urbán roto, os servicios colapsados (véxase como está funcionando o Centro de Saúde...meu deus!), o Concello con moito sorriso e pouco "siso" e sobretodo dúas formas de ve-la política que son incompatibles, a do soe e a da "cuadrilla da comenencia".
¿Canto tardarán os de dita cuadrilla en darlle-la puñalada ó soe? Todos, incluso ditos concelleiros, sabemos que é cuestión de tempo...
1. O triste é que tanto nacionalistas como os do soe, lonxe de rectificar ás suas mentiras fan cos seus comentarios dudar no estado de dereito, pondo en xuicio o bo XUICIO dos xueces, parece que cando a feira non interesa e mellor pasar a outras historias, pero deberiamos esixir unha rectificación pública pois este tema foi de campaña indiscutible para a oposición a Pose.