Suciedad, delincuencia, abandono...vaia "progreso"
mércores, 02 de xaneiro de 2008 10:48
O Concello non funciona, deso é capaz de darse conta ata os que teñen na súa man poñelo a funcionar.
Temos unha suciedade nas rúas que fai anos que non estaban así. O mobiliario urbán cando rompe non se repón, simplemente vaian dar unha volta polo parque do Seixedo ou polo centro da vila e verán bancos rotos que levan así catro ou cinco meses e nadie repara, as travesas das pontes do Seixedo rotas, pintadas polos edificios públicos que tampouco se limpan, etc.
Os baches nas rúas poñen a proba os amortiguadores mais reputados, o asfaltado peca pola súa ausencia. Ademáis o asfalto está moi sucio, ¿despediron a todo-los barrendeiros ou simplemente está de vacacións?
Por último, e facendo eco da noticia da Voz de hoxe, resulta que somos unha das urbes galegas con maior tasa de delincuencia. Temos una media de 22.55 delitos ó ano por cada mil habitantes, o que nos sitúa, a Arteixo, na cabeza de Galicia. O certo é que os municipais vense pouco e teñen unha actitude demasíado laxa, por outra parte están demasíado politizados coma para ser eficaces, a Guardia Civil carece dos medios apropiados, humanos e materiais, de tódolos xeitos parecería apropiado que a señora alcaldesa gastase cinco minutos do seu "valiosísimo tempo" e puxera orden nas rúas, enviase a núcleos coma Meicende, Pastoriza ou Villarodís patrullas permanentes da Policía Local, retomase a idea dos tempos do PP da Policía de Proximidade, policía de barrio, a pe, andando seguido polas rúas. E xestionase coa Delegación do Goberno un incremento de efectivos da Guardia Civil, para aumenta-las patrullas e o servicio ó cidadán, que non nos olvidemos: somos os que pagamos ese servicio, delegamo-la forza no estado para que éste nos protexa.
Señores Concelleiros, póñanse as pilas neste ano novo. Xa que o 2007 foi un ano impresentablemente malo, fagan do 2008 un ano mais decente para esta vila.
O tempo acaba poñendo a todos no seu sitio
sábado, 10 de novembro de 2007 12:31
Vaia a qué choviu nas eleccións, que se o PP era tal, que se Pose era cual, que se as querellas, que se había indicios de corrupción....en definitiva, intentaron xerar crispación, caos, mala baba...e agora van vindo os resultados.
Segundo a Opinión de hoxe:
"ARTEIXO
El juez archiva la denuncia contra Pose por las obras de la iglesia"
Outra das presuntas causas que tiñan que facer muda-lo voto de todo Diós queda, coma o resto, no limbo. A Igrexia de Arteixo, tan atacada polos nacionalistas e polos socialistas (que agora non saen dela, manda carallo!, Pilar está próxima á beatificación), ten o futuro tan limpo coma o seu orixe. Era e é unha obra clave para adecenta-la zona e dar un servicio necesario a unha poboación eminentemente católica.
Sen complexos de nengún tipo, non podemos esquece-las nosas orixes e vende-la alma ó consorcio nacional-socialista que nos rixe en Santiago.
Bueno, agardamos á seguinte mentres continuamos a "disfrutar" de este goberno de pandereta, sen ideas, sen capacidade executiva, que está deixando a vila feita unha merda, sucia, o mobiliario urbán roto, os servicios colapsados (véxase como está funcionando o Centro de Saúde...meu deus!), o Concello con moito sorriso e pouco "siso" e sobretodo dúas formas de ve-la política que son incompatibles, a do soe e a da "cuadrilla da comenencia".
¿Canto tardarán os de dita cuadrilla en darlle-la puñalada ó soe? Todos, incluso ditos concelleiros, sabemos que é cuestión de tempo...
Donde dixen digo digo Diego
domingo, 02 de setembro de 2007 12:52
Moito se lles enchían os mofletes antes da campaña criticando a radicalidade que se impoñía dende certos grupos. Criticaban ó PP pola súa naturaleza conservadora, entre outras cousas, criticaban ó BNG por ser excesivamente radicais nos plantexamentos. Aínda recordo que ás rapazas do PSOE lles chamaban "las chicas yeyé" pola forma de actuar en público.
Pero chegou a campaña e había que prepara-lo terreo para o futuro e previsible pacto, había que achegarse ó bloque. Tras todo o que despotricaron contra deles e dende a perspectiva castelanista que teñen os que agora están co-gobernando este concello, de repente se galeguizaron, Pilar comezou a fala-lo galego, un galego de lata de conserva, un galego raro, raro, dese que os señoritos de capital intentan colar coma enxebre, pero galego ó fin e ó cabo.
Aínda así criticaban coma tolos os "desvaríos" que tanto na Xunta coma a nivel local pretendían os nacionalistas...ata que chegou o tema das galescolas...
Aquí as cousas mudan bastante, dende certos sectores da Xunta lanzan unha "chantaxe", "precisades escolas para os rapaces, se queredes escolas normais esperaredes dous ou tres anos...pero se son galescolas, centros de adoctrinamento, as tedes xa e agora, mandilón e canto de himnos diario incluído no precio"..e como di o título, onde dixen digo...digo Diego. A falta de cartos agora aceptan esta barbaridade, os centros do movemento, os recunchos onde se formarán os galegos do futuro, teremos rapaces duchos en galego, pobres en castelán e nulos en outras línguas, se lles ensinará a Historia que conveña ensinar, potenciando as diferencias, os feitos diferenciais có resto de comunidades que conforman con nós o país no que nacimos. Voltaremos a usa-los cativos como punta de lanza da intolerancia. Pensei que con Franco morreran estas actitudes pero parece que non.
Poño un recorte do Ideal de hoxe: "La alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, anunció el pasado viernes en la radio municipal la intención del gobierno local de adherirse a la red de galescolas que promueve la Xunta a través de Vicepresidencia, concretamente a través del Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, y que propiciará la instalación de al menos una galescola municipal: "Vamos a sumarnos a ese proyecto y llevaremos la propuesta al pleno ordinario de septiembre", anunció."
Penso eu se non será un modo de voltar a aproximación a Silvia, ó BNG. O problema é que ó parecer en TEGA non están moi pola labor, segundo o mesmo diario: "Sus declaraciones contrastan con las realizadas la pasada semana por la concejala de Educación, Rosario Figueiras en las que afirmaba que, por el momento, el gobierno local no contemplaba la posibilidad de adherirse al programa del Consorcio para implantar en Arteixo un servicio de galescolas. En este sentido, Figueiras apuntaba como prioridad la construcción de una nueva guardería en el núcleo de Vilarrodís o de Pastoriza."
Voltamos ó vaivén, é o normal cando un pretende ser amigo simultáneo de dúas opcións que non encaixan nen con calzador.
Penoso.
Quen limpará Arteixo?
luns, 06 de agosto de 2007 10:49
Ó parecer andan os funcionarios cabreados, se lles está prohibindo facer o traballo con liberdade, se lles está facendo intrusión, control, censura...se lles limita o contacto coa xente da oposición, non vaia a ser.
Por outra parte faltoulles tempo os do bipartito para incumplir promesas electorais, para pagar favores electorais, para adxudicar obras nada claras, xogar cos presupuestos o seu antoxo, meter familiares a traballar de xeito cando menos dubidoso,...e agora atacar á oposición (o mundo o revés, agora é o goberno o que ataca á oposición), por qué? por simplemente face-lo seu traballo, fiscalizar, controlar, supervisar e denunciar os abusos de poder, a mala utilización dos medios municipais.
Os do bipartito querían a unha Silvia sumisa, calada, teño que aclarar que equivoqueime con esta rapaza, non é unha marioneta nas mans de Pilar e adlater. Espero siga así.
Tamén querían anular ó PP, uns por odio político, odio que ven marcado dende Madrid...os outros por odio personal. Hay tanto que urbanizar...que non lles deixaron...que agora tocaba vengarse, o perigo o teñen os seus compañeiros de viaxe, supoño que no soe non anda nadie tranquilo vendo a caterva coa que comparten mesa...o tempo porá a todo-e todos no seu sitio.
Felicito á oposición en xeral, tedes moito traballo que facer, éstes entraron con moita fame e se lles deixades danse un banquete pantagruélico.
+ ver máis >>