Castellano Galego ¿En realidade existía unha praza con xogos para nenos?
Sr. Alcalde non se pode deixar "colgados" aos socios da Asociación Xuvenil Xiradela (a entidade con máis socios do Concello), e levar 6 anos sin atopar un local onde poida levar a cabo as súas actividades.
Xa vai sendo hora de poñer a disposición desta Asociación unhas instalacións no centro de Arteixo.
1. Si pero, que ben lle queda ao alcalde q unha asociacion cultural esté nas súas instalacións privadas. Será á única cultura que teña cerca. Dende logo, tase lucindo, si señor: Pose para de roubar que se non vante roubar a ti a tua libertade. E despois que negue o que qeira, dende teixeiro con amor...
2. Un local para as asociacións, eso é algo co que soñamos moitos desde hai tempo, pero aquí os locais son pagados cos cartos de todos, pero só os poden utilizar e XESTINAR determinadas agrupacións. Poden decidir a quen se lle deixa o local e para que. No caso da AA VV Manuel Murguía de Oseiro, pedíannos que cada vez que quixeramos reunirnos os veciños para falar das liñas de alta tensión, tiñamos que pedilo por escrito e dicindo quen iba a ir e DE QUE IBAMOS FALAR. Esto todo para usar un local que é de todos os veciños de Oseiro e de Arteixo e que todos pagamos .
O problema é que aquí calquera que nomean presidente ou secretario ou... de unha asociación pensa que con eso aumenta o seu status social e convírtese nun pequeno dictador que defende a súa ínsula. Grandes egos en cabezas pequenas.
Aínda que millor é o caso do Rañal, que seique a sociedade deportiva que xestiona o local quere que a AAVV que tamén hai no Rañal lle pague un aluguer por usar un local feito en terreos públicos e expropiados e pagado cos nosos impostos. ¡A este paso eu voume poñer no centro de saúde e cobrar pola entrada!
Estes son os comportamentos que se fomentan desde o goberno local para enemistar a veciños uns con outros. Porque xa se sabe: divide e vencerás.
¿ Para cando uns locais de uso compartido coma os que hai xa fai anos en Labañou, Oleiros, Culleredo.... etc
3. No último pleno celebrado o día 22 de febreiro, o Alcalde e os tránsfugas de Terra Galega aprobaron por maioría a recalificación da parcela de Transportes Finisterre para uso comercial. A concelleira do BNG Silvia Seixas fixo entre outras propostas que se destinase para uso e disfrute dos veciñ@s de Arteixo, e entre as súas propostas señalou a construcción dun centro para as Asociacións do Concello. Visión de futuro.
4. Claro, é millor raña-lo carallo que ter postos de traballo. Tes razón, tanto o alcalde como os rapaces de terra galega están equivocados.
Deberían poñer barbacoas para que os parados merenden...
Gilipolleces.
5. Non "jilipollas" o que tiñan que facer era darche un patada nos h..... por mamalón.
6. Habér si tedes un pouco de educación,o dos merendeiros non está nada mal,o mellor de todo son as encherolas,este fin de seman,o PP fái unha no mesón de Pastoriza,hai laconada "jratis",pra tod@s,din que a paja Pose é os séus amigos,Pose é un home farturable,non quere que os séus futuros votantes,pasen fame,así que xa sabedes,como é jratis,acudide todos o mesón,que Pose paja todo,é os de solymar tamén estades invitados,ide co traxe de jala,é non levedes porolas...
7. Ou si non,mellor levade as perolas,é todos os instrumentos musicais que teñades,por qué según dín contratóu a festa sin musica,ou sexa sin orquestra,é seguro que lles amenizades a festa,é bailan o rap peroleiro de Solymar.
8. PAQUITO y KIKO llevan el departamento informático del concello de arteixo. Lo que yo me pregunto es si serán ellos(Hijo del conocido Legionario y miembro desde muy joven de las uevas generaciones del PP, respectivamente), porque razones no les faltan; o vendrá de sus jefes....jejeje
9. Póis menudo elemento,a verdade ten a quen parecerse,o pai vai os plenos,é está en primeira linea,o séu lado outros tres peperos de pro,aplaudindo as mentiras do rexidor.
Está ven sabér quen é o elemento en cuestión,é tamén seria estupendo sabér donde víve,é ó séu enderezo,pra a gradecerlle o que está facendo nos blogs,si sabedes donde víve deixade eiqui o séu enderezo,que un servidor vaille a mandar unha carta de agradecemento,si o final sempre se sabe todo,i estos elementos,son un peligro pra democracia de este pais,parece mentira que axa xente xoven con esa ideoloxia fascista en pleno 2007.
Un saudo.
10. Non home, é millor a ideoloxía roxa-comunista...esa si que non está "demodé"...e se lle sumas ideoloxía nazionalista xa tes a ostia montada.
11. Arteixán, as opinións son coma os cus, cada un ten o seu.
12. Donde vive da igual, a súa vida dame igual, pero non quero que as accións que fai no seu posto de traballo PÚBLICO sexan a censura ou o chivarse a pepe. Pero para que vaiamos vendo coma está montado o concello.
13. Pero elementos da catadura moral,de esta talla,hai que dar datos con pelos e señales,pois este suxeto e un fascista de catadura moral rastreira,e seria interesante saber o seu enderezo,inclusive o seu numero de telefono,pra que cando censure e corte,poidamos chamalo,e darlle as gracias.
14. Pareceme excesivo e fora de contexto. Que teñan o pensamento que lles de a gana, pois tamén nos temos dereito a decir o que queiramos. Sen que a ninguen lle importe onde vive nin deixa de vivir. O caso, son as accións, coa vergoña pública a esa xente xa lle chega, despois das consecuencias laborais que terán despois das eleccións, se e que non seguen os mesmos. O que temos que facer e votar, non ir a casa a perseguilos. Non caiamos nos erros da súa propia historia.
15. A Xunta Directiva de Xiradela convocou ós socios para unha asamblea extraordinaria, que se celebrou o pasado sábado (24/02/2007). Na carta da convocatoria deciase que a esta xuntanza acudiría o Alcalde de Arteixo, pero o Alcalde, despois de confirmarlles a súa asistencia, non acudiu, deixou ós socios e a directiva colgados. Perdón, asistiu para decirlles que non podía quedar. Ese mesmo día e a mesma hora celebrábase o 25 aniversario do clube de autocross no mesón de Pastoriza, e a eles si lles cediu un local e tamén dixo que lles iba ampliar o circuito.
16. Como socio de Xiradela estou indignado polo plantón do Alcalde na asamblea do pasado sábado para falar dun local para a asociación, cando o sabía con bastante antelación; non se pode poñer dúas reunións o mesmo día á mesma hora. Non sei se debo entender que ó Alcalde lle importa moi pouco o futuro da Asociación que máis xente move neste Concello, xa que durante 6 anos houbo moitas promesas de facilitar un local para Xiradela e ningunha se levou a cabo.
17. Este Alcalde,non da a basto,con tanto compromiso,inauguracións de rebacheo,enterros,funerais,na radio,na prensa,etc,o pobre non ten tempo a nada,é agóra co que lle espera nos xuzgados,fiscalia..,non sei de donde vai a quitar tempo libre, o local que solicitades,esperado sentados que vo lo vai a conceder,é mañan rolda de prensa..,é a OPERACIÓN ARTEIXO,aínda non empezóu....
18. rolda de prensa onde e de que?
19. Mañá,as once,é de supoñer que dara explicacións do de hoxe na Opinión,unha portada enteira,aínda non a tivo,Luis Roldán,aquel chorizo,que deixóu a garda civil en pelotas,é xa chovéu...
20. Non é así, a portada é para Pose (hoxe andaba Isabel e máis el con mala cara polo concello) e para Losada, que quedou encerrado no ascensor de San Pedro cando o estaba probando.
O que si lle adican é unha doble páxina no interior ás empresas constructoras do noso alcalde
21. Por fin sae a relucir a problemática da falta de locais sociais para as asociacións baixo a necesidade que agora comunica Xiradela. Eu tamén estou de acordo que é unha asignatura pendente.
Eu vivo en Arteixo desde o ano 1985 e desde entón son coñecedora dese problema. Aquí faise como sempre a adxudicación a dedo, vía despacho, vía de facerlle a pelota o gobernante de turno para conseguir un local físico para que a xentiña se organice. Eso sí, despois ven a segunda parte, os gobernantes apúntanse tantos acarón dos responsables das asociacións, véndenllo coma un favor non coma un dereito, porque como que eu saiba non hai regulamento, nin convocatoria para uso de locais sociais, nin regulamento.
Agora, aproveitando que temos un local virtual, onde podemos algunhas persoas poñer en coñecemento cousas que pasan, neste caso moi graves que os cidadáns moitas veces descoñecen, vou deixar a miña opinión.
Para min é unha situación gravísima que se remonta desde moito atrás. Os representantes lexítimos que gobernan o noso Concello, non queren dar facilidades a algunhas perosas que se asocian: "Non queren que a sociedade se organice" porque senón se lles pode desmadrar o asunto.
Claro está que exisimos os nosos dereitos i non lles interesa.
Eu son socia i estou na directiva da asociación de mulleres Andanza desde a súa creación, ano 1994, e vacilarónnos canto quixeron por ejemplo no caso do uso de local social . Utilizamos tódolos canles legais para demandar solucións para tódalas asociacións, pero nin caso. Antes xa estiven noutras asociacións de pais e nais de centros educativos, da asocicación cultural da de veciños Manuel Murguía, vivino desde dentro é unha non é parva. Tamén desde o ano 1994 estou tamén na plataforma de afectados polas liñas de alta tensión de Oseiro.
Un dos derradeiros escritos de Andanza dirixido os gobernantes enviouse por rexistro de entrada o 16/02/07 para comunicar o desfasado que está o rexistro de asociacións que aparece na páxina de Cultura do Concello.
Solicitamos que se actualice sobr
22. Solicitamos que se actualice sobretodo a nosa que sabemos que están incorrectos os datos. Coma sempre non hai resposta, pero a asociación segue e segue viva, mal que lles pese a algunhas persoas e organizacións. RESISTIREMOS.
Atrévome a enviar proposta os grupos políticos que se presentan as eleccións: concreten solucións de cara a vindeira lexislatura para correxir as desigualdades de trato os distintos colectivos con sede no Concello, por exemplo: normas, transparencia no uso de locais, convocatoriaspara suso de locais, relación de locais municipais de uso das instalacións, etc.,etc senón seguiremos cometendo os mesmos erros que no pasado: senón termos que seguir pensando que: "ninguén quere poñer solucións enriba da mesa para solucionar o problema global de tódalas asociacións"
E moi necesario UN REGULAMENTO que free este desbaraxuste que o único que pretenden as maneiras arbitrarias de ceder locais é que por riba nos enfrentemos a veciñanza e non poidamos esixir que se cumpran dereitos.
Nos colectivos en que estou eso témolo superado, pero a outros vaille moi ben que xurdan enfrentamentos.
Saúdos para toda a cidadanía e quen queira saber máis dos colectivos en que estou decídemo e seguiremos falando que queda moito do novelo.
23. Totalmente de acordo con Anxelina.Pero hai máis: A política de favorecer ós directivos de asociacións e o paso á política de algúns deles fixeron moito dano en Arteixo. De feito, apenas quedan colectivos que traballen en algo máis que en dar cobertura e abrir e cerrar os locais para que se fagan as actividades do concello.
Por non falar de AAVV coma a de Monteagudo, cuio presidente perde o cú por saír na foto co alcalde, mentras os veciños non poden acceder ó local mentras o presi non trae a chave desde a súa casa e cando lle parece. Hai sitios (moitos) onde o presidente fai as funcións de dono do local e reyezuelo do lugar, con asembleas onde hai socios e veciños que son vetados ata no seu dereito a falar ¡por emitir opinións incómodas!.
Por non falar de sitios onde as asociacións locais, neste caso a de Oseiro, non apoia ós veciños nas súas reclamacións de retirada das liñas de alta tensión.
¿Son ou non comportamentos raros ?
24. na asociacion de Oseiro,xa comentaron por aqui,que esta dirixida por xente afin o alcalde,incluso din que un dos dirctivos esta traballando para unha concesion do concello,e tamen din que e menbro das xuventudes do pp,os directivos non poden estar o servicio de ningun goberno,as asociacions teñen que estar,para atender as demandas dos veciños,non sei si a que hai en Oseiro,Manuel Murguia,apoya os veciños ou non,pero si non o fai e que nonteñen vergonza,e tedelos que poñer na calle.
25. A Asociación Xuvenil "XIRADELA" cumpre este ano os seus 25 anos de existencia, e non pode permanecer máis tempo nos baixos dunha empresa impartíndo as actividades aos rapac@s. Despois das promesas verbais incumpridas desde o ano 2001, xa vai sendo hora que desde o Concello se habilite un local no centro de Arteixo ao que se poida acudir camiñando e sen perigro. Sr. Alcalde os baixos da súa empresa non e o lugar máis axeitado para cultivar o noso folklore e a nosa cultura, e a dedicación da directiva por un lado, e a ilusión dos socios por outra, merecen un respeto.
26. Pero queda moi ben decir que apoias tanto á cultura que lle cedes a túa empresa para as súas actividades. Só faltou que lles fixese uns traxes co anagrama de Alumán para lucir nas actuacións.
Con todo respeto, creo que Xiradela nunca debeu entrar no xogo de deixarse seducir por Pose e o PP, e creo que agora estanse dando conta de que foron utilizados e enganados.
27. Xiradela nuca foi seducida por ninguen. E unha Asociación xuvenil sen afinidade política nin relixiosa. Sempre foron enganados e "maltratados" polo Concello, e sempre dependeron do apoio de entidades privadas (Rozas, a Igrexa, Alumán). Despois de 25 anos xa vai sendo o momento de que teñan unhas instalacións axeitadas para desenvolver as súas actividades.
28. Estou dacordo co tema de Xiradela, merece un local digno dunha asociación que leva o nome de Arteixo polo mundo. Parece incrible que a asociación que organiza o día da muiñeira en Arteixo e que move a miles de personas, que veñen de outros concellos e gastan no noso pobo, que fan concurso de folklore e enchen o centro cívico, estean relegados nun baixo lúgubre e lonxe do centro do pobo.
29. Eu tamén opino igual que o resto de comentarios que se refiren a Xiradela, sobre todo con "miñoca". Estou vendo que é unha asociación con moitos socios, actividades, e que fai varios actos neste Concello (con moi boa organización) e é unha das poucas asociacións que non ten un local cedido polo Concello. Creo que Xiradela meteuse no baixo de Alumán para non quedar tirados na calle.
30. Sr. Alcalde, o pasado domingo día 4 na Televisión de Galicia actuou unha pandereteira de Xiradela, "Nerea", unha rapaza de 9 anos xunto co millor gaiteiro do mundo "Carlos Núñez", o cal afirmou que as pandereteiras de Xiradela eran as millores do MUNDO. Vergoña lle tiña que dar a vostede non apoiar dende o Concello a esta Asociación, claro que "ninguén e profeta na súa terra". UN LOCAL PARA XIRADELA ¡XA!.
31. Eu creo que a cabeza é para pensar e non só para peitearse.
A ver, se nos fiamos, de quen nos fiamos, pasa o que pasa. Unha asociación como "Xiradela" non debería depender direitamente dun concello para ter un local ben ubicado e agradábel. Despois de seis anos, a asociación segue nas mesmas... a ver se espabilamos, e nos desprendemos de tanto oportunista, interesado en utilizar a xente para quedar ben el e nos proclamamos con máis personalidade.
32. Creo que te equivocas un pouco no teu planteamiento, porque ata ó Ballet Galego Rey de Viana lles cedíu o concello da Coruña un local de ensaio. Do concello é inevitable depender, o que si é posible é non depender do Sr. Alcalde en particular. Ahí douche a razón
33. É de xustiza devolver a esta Asociación o local que foi pagado polo pobo, usurpado pola Igrexa e vendido a unha funeraria para sufragar gastos para a construcción dunha Igrexa no paseo fluvial. To elo co apoio dende o Concello. E por iso que esta Asociación foi reubicada nos baixos da empresa Aluman. UN LOCAL PARA XIRADELA ¡XA!
34. Parabéns a Xiradela pola sua exposición retrospectiva dos seus vintecinco anos,exposión que reflexa o traballo cultural que veñen desenvolvendo estos rapaces de forma altruista en todo este tempo.Creo que teñen un mérito tremendo por chegar ata o dia de hoxe contando con tan poucos medios,con atrancos por parte da institución do concello e sen facilitar en nada a sua lavoura.
35. Asociacións como Xiradela son un exemplo cultural para calquer concelo,canto mais para este noso de arteixo que non ten no cargo político unha persoa realmente preparada para dinamizar a cultura en ningún caso.A envexa que se lle pode ter a esta asociación ben dada polo traballo realizado durante estos vintecinco anos, actos gratuitos que liberan o concello dun traballo que non deben saber desenrrolar ou non entenden a facelo dunha maneira altruista sen levar nada a cambio.Sirva este comentario para que o departamento de cultura do concello se poña as pilas e empece a traballar no que eu entendo por dinamizar a cultura dun pobo,entretendo con actos os máis cativos con infinidade de actividades fiferentes durante todo o ano,e non apostando pola incultura que parecen mostrar aqueles que nos representan.