Castellano Galego
Merquei unha vivenda hai un par de anos, daquela a persoa que ma vendeu dixome que a explanada que está diante da meu piso era un parque; ¿Estará sen arranxar?, pensei.
Pero os anos pasan e o estado da parcela vai a peor no canto de mellorar. Agora é almacen de ladrillos, area;aparcamento de camións e hormigoneras. A miña pregunta é: ¿O terreo o que eu me refiro, pertence o concello ou as empresas constructoras que están construindo ó seu redor?.
Ó mellor e ! terra de ninguén ! e igual con dúas chapas e un par de taboas me podo facer un alpendre para gardar o coche´. A vos que vos parece?.
1. Que opinades do tema?.
2. Quiero pensar....y espero acertar...que esa "plaza" pertenece al Ayuntamiento y que esta "cedida" a los "amigos constructores" mientras no terminen todos los edificios de alrededor. Mi esperanza es que cuando terminen dejen una estupenda plaza para todos.... aunque en este pueblo nunca se sabe....
3. TATARATARATARATARATA TITOTITO TAAAAAA! toque de carga! a por Pose e Isabelll!! veña atacantes dádelle duro que seguro que han ser eles os culpables por facer ou non facer algo ó respecto!
4. ¿¿¿??? me lo explique
5. Miña querida amiga,non sei si o sabes pero esos terreos teñen un dono,ese dono chamase Abad,esa unidade de actuacion e exclusiva de el,o que habria que averiguar e si deixa o espacio correspondente que obriga a normativa do concello,ainda que non seria de extrañar que non,pois de todos e sabido a "boa amistade" que une a Pose con Abad..,po lo tanto moito me temo que o terreo destinado a tal fin sexa ocupado por mais pisos.
6. pero iso era unha praza, onde xogaban os nenos. Os olivos que estan nela din que os truxeron de Estremadura, para a praza especialmente, quitaron de ali os xogos dos rapaces ¿e van a facer pisos ali? ¿e os espazos verdes? non entendo nada
7. Esquío, cando por fin ti entendas algo, explicasmo, porque eu tampouco entendo nada...
8. Digóvolo con sorna!Xa sabedes neste Concello é mellor rir que chorar!!Para que carallo queredes vos áreas verdes se xa tendes un montón de leiras polas parroquias??Eso é o que pensan os políticos e constructores que asolan Arteixo. Despois eles viven nuns Chalets caralludos con parcela de 5000 metros cuadrados e esas merdas de chalets "ACOSADOS" que construen vendenllos os matados que fan frente 50 anos a unha hipoteca. Nestes "ACOSADOS" os fillos e os cans dos compradores xogan e cagan respectivamente nun xardinzazo de 2 metros cuadrados. Por outra parte os "matados" que mercamos un piso temos os nosos fillos xogando no medio das maravillosas, anchísimas, limpísimas rúas de Arteixo. Algunhas sen saída.
Arteixo is diferent, pero muchísimoooo.
ONDE ESTÁ A XENTE DO CONCELLO MANIFESTÁNDOSE E RECLAMANDO O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA PARA ESTE CONCELLO.
COMO PODE PERMITIR A OPOSICIÓN QUE SE TARDE E SE DILATE TANTO NO TEMPO A REDACCIÓN E APROBACIÓN DUNHA COUSA TAN FUNDAMENTAL PARA QUE UN POBO CREZA CON ORDE, DANDO CALIDADE DE VIDA E EVITANDO A CORRUPTELA QUE NOS RODEA.
TEMOLO QUE MERECEMOS POR NON QUEIMALOS COS POSTES QUE ESTÁN ARREDOR DO BAR "O QUE FALTABA".
O LUME E O MELLOR.
9. Vamos a pensar en positivo y esperemos que sean zonas de recreo para los chavales, q hace mucha falta... con lo q está creciendo Arteixo esperemos q piensen un poco más en ellos. Cambiando de tema, noto que hay falta de presión en el agua, casi q no puedes ni ducharte bien... alguien lo nota en Arteixo? o será sólo en mi casa?
10. eu non noto nada, e duchome a diario.
Porque alguns no notan nada porque non se duchan nin por gañar unha aposta
11. Onte vin algo que me deixou abraiada. Había un coche aparcado na Avda. Finisterre, encima da acera. Era a hora de levar os nenos a escola. As nais que levaban sillas de nenos, non cabían pola acera e tiñan que meterxe a estrada para poder pasar. Apareceu un coche da policía. Logo de estar un anaco dentro do coche, baixan e empezan a facer tempo esperando que aparecera o dono do coche, que por certo era o cura dunha das parroquias de Arteixo. Por suposto non houbo multa gracias a amabilidade destes dous policías. Actuarán así con tódolos veciños de Arteixo ou terán especial dedicación os curas de Arteixo. É unha vergonza. En Arteixo ata que non pasa algo, non se fai nada. Por certo estes dous policías son uns ineptos. Terán medo de ser descomulgados pola igrexa?
12. Así,funciona o concello arteixán,amaños,enchufes,amiguismo,etc,etc,este concello necesita aire fresco,xente con ganas de traballar,i que poña orden en cada departamento,os departamentos do concello,son de verdadeira pena,é a policia municipal deixa moito que desexar,non se poide tolerar feitos como o que ti relatas,pero en este pobo desgraciadaménte funciona todo así de mal.