De novo en eleccions
13/02/2008
“…Maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por estos lares que, llenándose las manos, se desentienden y evaden. Maldigo la poesía de los que toman partido, partido hasta forrarse.
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos, nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno. Estamos tocando el fondo…seguimos tocando el fondo.”
Gabriel Celaya.
Na politica actual...que cada un se aplique o que lle corresponda.
Noxo me da o que oimos decir os bispos e ós "artistas"...dos politicos mellor non falamos.
Vergoña me da...
30/05/2007
Ata o pato dourado agacha a cabeza polas cousas, comentarios e contos que andas estes dias a medrar por Arteixo...
¿Sera que oiu os rumores dun pacto PP-TeGa? ¿Teralle medo ao tripartito?
¿Sentirase coma Pose nestes intres?...¿Que lle pasara ao pato dourado?...
Tera vergoña polas aceras?...pola falta de aparcamento?....pola falta de columpios para os nenos?...pola falta de pistas e locais para os nosos adolescentes?
Non sei...a min dame na alma, que o pato dourado anda canso de tanta promesa incumprida, de tantas mentiras e falsedades.....e o que teñen as eleccions, que todos fan promesas..pero poucos teñen o valor de cumplilas.
Menos mal que falta pouco para que chegue o bo tempo, que os patos invaden o paseo, que as ras cantan a bocachea no rio, e que polo menos aqui...ainda queda xente que se escandaliza, que protesta, que vota, que se revira ante a inxustiza e as mentiras...menos mal, que si non xa non saberia nin como mantela esperanza de que iamos mellorar.
Un saudo a todos os que (con respeto) expresan a sua libre opinion ;)
Votar, votamos...pero non os damos botado
28/05/2007
Segundo leo en "LA Voz de Galicia", a cousa quedou chusqueira:
De 23450 censados,acadaron os seguintes votos:
PP: 4632 (8)
PSOE:3192 (5)
BNG:2292 (3)
TEGA:3054 (5)
A abstencion...incrible para como estaba o panorama: 42,66 e unha das mais altas da provincia. Despois din que tal...hai que mollarse !!!...ainda que seña para ir votar ;)
Polo menos, desterrouse o da maioria absoluta, e Arteixo sera un pouco mais democratico.(se os pactos o permiten, a ver por onde saen estos agora)
A ver si co cambio do panorama politico e coas novas alianzas, desterramos tamen a falta de investimento en obras publicas, os coches aparcados nas calles peatonales e nas aceras, as carreiras de obstaculos na avenida principal, os vados falsos, os vertedoiros incontrolados de constuctores, a falta de espacios infantiles e xuveniles, e moitas mais cousas que andamos a procurar...pero non damos atopado.
A foto, adicada a todos esos que pensan que todo Arteixo e un gran aparcadoiro do seu coche para non ten que ir camiñando a tomalo cafe. Tentarei publicar as que teño sacadas, que algunhas meten medo...