Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

"UNHA VIAXE... (VII)

venres, 04 de abril de 2008 11:15

Son as catro cando un coche para diante de min. Estou na beirarrúa cunha bolsa na man e a maleta no chan. Baixa meu primo e sen palabras fundímonos nun abrazo eterno. Ámbolosdous escoitamos o latexar dos nosos corazóns. Algunhas bágoas escapan sen permiso mentres rimos coma nenos. As palabras esperan o seu momento, neste intre non son precisas, falan os ollos, falan as mans, fala o sorriso.
Subimos ó coche e comenzamos unha conversa atrapallada, chea de preguntas, como se tiveramo-lo tempo tasado. É lóxico, corenta longos anos de silencio dan para facer milleiros de preguntas e resulta imposible enchelos coas respostas duns poucos minutos. Tempo teremos para falar, para preguntar, para responder, para lembrar xuntos o que vivimos xuntos. E nunca mellor dito, porque nacemos e medramos na mesma casa, eu no baixo i el no piso.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/46828
0 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados