Castellano Galego Lembranzas do Arteixo da miña infancia
A voz dunha rapaza desexándome bo proveito, lémbrame que estou alí sentado para xantar. Tráeme dúas sardiñas asadas que recenden. Pillo o primeiro belisco e sábeme a gloria. Levo os dedos ó naríz e aspiro lentamente. Repito a operación con parsimonia e deleite. Un torrente de sensacións apodéranse de min, disfruto cada bocado e síntome feliz. Mentres como viaxo corenta anos no pasado e vexo o meu pai no patio da nosa casa asando sardiñas un día calquera do verán, á caída da tarde, debaixo do emparrado. Eu estou alí, coma sempre, estribillando cun pau na lata que contén as tripas dos peixes que no próximo fin de semana meu pai empregará coma engado para pescar panchos na Aguieira. Se me porto ben, levarame con el e poderei pillar lorchos e barbadas.
Remato o meu xantar e mentres revolvo o café noto un formiguillo que me sube de pés a cabeza espertando desacougo e interrogantes. ¿Virá meu curmán? ¿Coñecerame? ¿Como atoparei a Baiuca? ¿Viven os amigos e compañeiros de xogos e de escola? Prefiro sair de dúbidas canto antes e chamo por teléfono.
Comentando comentarios:
Esquio, tes parte de razón no que afirmas pero neste caso concreto podo asegurarche que as raices agromaron.
Sioux: claro que a morriña é unha enfermidade que padecen moitos emigrantes e ademáis, oque a padece case nunca a cura. Eu tiña un tío que veu ó cabo de cincoenta anos e un día, na horta da casa, díxome: "sería feliz se me sorprendera a morte estando aquí, pero teño que regresar porque alí teño ós meus fillos , meus netos..."
Morriñento arteixán: Se non recordo mal, na "Miña Baiuca" xa falei da festa das Flores, pero outro día podemos comentar algo máis.
1. Cincoenta anos e un día, semella tal cuál que unha condena Xulio.
¿Cómo se pode voltar?,'A ningunha parte'. Si non é a través de unha cuarta dimensión de vai e ven.
¿Ou voltar, con un corazón mal educado e dividido entre pasado e presente?. Entre dous mundos, tan semellantes, pero tan distintos.
Por donde andivo vostede, andiven eu comendo coa miña aboa. No mismo sitio da praza de Sta. Catalina. Dispois andiven polo 'Salto do Can'... Aquelas escaleiras de madeira que daban ó comedor de arriba. Ainda as vexo agora mismo. E xa chovéu a reo. Saude.
2. Julio: aos meus tíos, emigrantes tamén, pasáballes algo parecido ao teu. Lembro á miña madriña abrazada á miña avoa mentres lle decía: "Ai mamaíña! Se poidera ficar aquí contigo!... A madriña tiña o corazón entre Ortigueira e Luxemburgo. En Ortigueira tiña á muller que máis amou na súa vida, a nai, e en Luxemburgo o máis sagrado que ten unha muller, os seus fillos.