Castellano Galego Lembranzas do Arteixo da miña infancia
Setembro, 5
O bus déixame no centro de Compostela. Decido quedar ata o día seguinte para coñece-la cidade, serena-la alma e facer algunhas chamadas telefónicas.
Camiño sen rumbo polas vellas rúas enlousadas. Os meus ollos non se cansan de ver pedras e xente, xente nova que vai e ven cos libros na man, falando e falando. Vai calor e busco unha terraza para tomar unha cervexa que me reconforte. Non me farto de escoitar ós que falan ó meu arredor. Algúns fanno en galego e sóame familiar a lingua que tanto tempo levo sen escoitar. Estou sereno pero paréceme mentira estar aquí.