Arteixo Castellano  Galego  

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

"UNHA VIAXE... (V)

28/03/2008


As horas pasan axiña e séntome a xantar nunha casa de comidas de Santa Catalina. Busco unha mesa cerca da ventá para ve-la praza. Por máis que miro non vexo o charlatan de costume ofrecendo productos máxicos nin a súa compañeira cos ollos tapados por un pano negro, tratando de adiviña-lo futuro dun paisano, dunha moza de servir, dunha leiteira...
Recordo que o meu irmán e máis eu sempre faciamos unha parada para escoita-las marabillas do enfiagullas, lo líquido para plate-las cociñas bilbaínas, e outros prodixios. Agora que o penso, aquela parella de charlatáns tiñan inxenio e recursos para arrincar dos petos alleos as escasas pesetas que precisaban para vivir cada día. Sigo cas miñas lembranzas e aparece un cesto con tapa do que sacaban unha tartaruga que segundo eles era capaz de escolle-la carta que ti pensabas. Era unha artimaña para que a xente non marchase, porque de tódalas veces que estiven presente nunca a tartaruga fixo outra cousa que saca-la cabeza da cuncha e mirar con ollos estúpidos ós que alí estbamos. ¿Seriamos nos os estúpidos?

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/03/28/unha-viaxe-v/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. julio dada a proximidade propoñeche que fagas un recordatorio a ti que che gosta tanto sobor da festa des frores nos teus anos mozos

    Publicado por: un morriñento arteixan | 29/03/2008 16:37:34

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados