Arteixo Castellano  Galego  

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

O verán IV

21/03/2007

Tamén noverán iamos á Penouqueira ou a Cancelo se había tillas. Colliamos patacas e asabámolas. Eran un bocado exquisito.
Como as tardes eran tan longas había tempo para todo. As veces colliamolo camiño do Iglesario, con moitas silveiras, e apañabamos amoras ata enchelos bolsillos. Entrabamos no anovado de Quica e cunha pedra esmagabamo-las amoras nunha pena grande que alí había; despois faciamos galletes de fieito a modo de tenedores e por riguroso turno iamos comendo. Os forros dos petos quedaban con manchas que saían despois de moitos lavados.
Á praia só iamos cando ía con nos a miña tía Manola ou outra persona adulta de confianza. Marchabamos nas primeiras horas da tarde e levabamola merenda. Se algún non tiña, á miña tía sempre lle sobraba un cacho de molete e algo máis. O baño daba moita fame.
Na praia do Rañal había unha fonte de auga fresquiña no medio das penas e si a marea estaba chea, algunhas veces chegaba a tapala. Tamén había unhas enormes dunas de area que chamabamos "os montóns". ¡Canto disfrutabamos baixando a rolos. Estes montóns desapareceron cando se fixo na Coruña o muelle petroleiro. Sairon do Rañal centos e centos de camións cargados de area. Foi unha pena estragar deste xeito unha praia tan fermosa. Xa non hai remedio.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2007/03/21/o-veran-iv/
10 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Este apartado é semellante a ese programa de televisión de cotilleo "HORMIGAS BLANCAS", donde din que o pasado sempre volve. Sr. Julio vostede remove conciencias que xa pensaban descansar tranquilas, mirar atrás é moi bo para que non se volvan cometer os mesmos erros, aínda que din que o home é o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra. Con este comentario refírome ó tema da area que non só pasou no Rañal, as malas lenguas din que houbo que se enriquecíu a conta dalgunhas praias.

    Publicado por: cidadá | 21/03/2007 21:17:36
  • 2. É increíble, pero con case trinta anos de diferencia, eu facía exactamente o mesmo, solo que sen comer patacas da tilla e sen ir ás dunas do Rañal, claro. Cando aínda non estaba feitas as pistas, xogabamos ó escondite e paseaba con meu pai monte arriba e monte abaixo. Cando fixeron as pistas, ademáis de coller cuarzos a eito, marmelos na de Mariché e máis froitas en mais hortas (por suposto a froita era tomada prestada sen devolución), deslizabámonos en monopatíns (agora os rapaces chámanlles skates-boards). A mín trouxéramo meu tío Avelino nunha viaxe que él fixera ás Canarias.

    Publicado por: L_DEL_J | 21/03/2007 23:42:26
  • 3. ¿Será que poden cambiar as circunstancias, pero as vivencias das persoas son sempre moi similares dentro dunha mesma idade?

    Publicado por: L_DEL_J | 21/03/2007 23:44:28
  • 4. Se se poden dar as circunstancias,si. Aínda que coido que hoxendía non deixarían baixar ós rapaces en monopatín por ningún lado, por medo a que lles pase algo. E menos comer froitas sin lavar con desinfectante ou alimentos cociñados por eles mesmos.
    Mágoa, porque caes do monopatín e colles cagarrías por comer froita verde, pero aprendes a vivir.

    Publicado por: Desde Oseiro | 22/03/2007 00:42:59
  • 5. Si pero eu paseino estupendamente e gardo un recordo precioso deses anos, incluso dunha vez que calculamos mal e case nos empotramos contra unha colmea que se asentara na veira da muralla da horta de Manolito de Ayán, pero pola parte da Penouqueira. E os saltos dunha veira do río a outra, unhas veces pendurados dunha corda, outra facendo salto de lonxitude e remolladura de pinreles...e era estupendo. Así que máis vale morrer de morte morrida por causa natural e divertida que de morte matada por aburrimento.

    Publicado por: L_DEL_J | 22/03/2007 14:56:45
  • 6. Eso sí, a mágoa eran as comadres, que lle viñan a miña nai decíndolle: "A túa nena é un perucho"...pero que me quiten o bailado.

    Publicado por: L_DEL_J | 22/03/2007 14:58:01
  • 7. Nada cambia L. os que cambiamos todo somos nós. Penso que isto é de Henry D. Thoreau. Creo que algo deixou en Ghandi i en M. L. King.

    Publicado por: sioux | 22/03/2007 16:11:51
  • 8. Por cúlpa da aréa oubo tiros "beneméritos" en Baldaio, penso que aínda non había campings d'aquéla. Nin domingueros estercolístas cementarios, que acaban por facer poñer cordas desfiádas, porque en vez de ir a disfrutar e limpar, moitos foron a lixar i escapar,(como en todos lados). Acabamos por perder todo. Menos mal que alguien trae retalíños de memoria de vez en cando ou a lo menos a manten viva. Me remito a o meu primeiro Blog. Educación e Respeto. Saúde.

    Publicado por: sioux | 22/03/2007 16:45:36
  • 9. As dunas do Rañal eran fantasticas,é o areal un dos mellores da bisbarra,pero a explotación do petroleo areeiro naqueles intres acabóu con ela,despóis a cheirona acabóu co pouco que quedaba,dende que Manolito fíxo as americas alí,a praia núnca fói máis praia,sempre estivo abandoada i contaminada polá multitude de fabricas que verquian os residuos o areal,sen que dende o concello se fixese nada por evitalo,era unha magóa ver fái pouco aínda no propio verán, as manchas roxas no mar,si non oubese a industria que hoxe en dia hai na zona,esas praia seria sin lugar a duda unha das máis fermosas.

    Publicado por: O Cascarilleiro | 22/03/2007 18:55:22
  • 10. Eso tamén mo di meu pai sempre. Ó falarme desa praia, dime que as dunas de Barrañán ó seu lado eran "dunitas"...con todos os respetos para os de Barrañán e as suas dunas, que a mín góstanme, pero daquela, e aínda hoxe, se trata de vostede a Don Dinero...e non somos conscientes do que a veces por unha cifra acabamos perdendo...

    Publicado por: L_DEL_J | 22/03/2007 20:33:28

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados