Arteixo Castellano  Galego  

A miña Baiuca

Lembranzas do Arteixo da miña infancia

Comentando comentrios

15/06/2008

Primeiro expresar unha enorme ledicia poque vexo que segue interesando o meu blog. É moi gratificante conectar cos amigos do outro lado da rede.
Para "menuda evolución": El hombre es capaz de tropezar muchísimas veces en la misma piedra porque antepone intereses, que casi nunca son vitales, al sentido común.
Para "L-del-J": Efectivamente, esos dos defectos a los que haces referencia son motores muy poderosos y peligrosos en manos de inconscientes. Véase la historia de la humanidad.
Para "konguito": Amigo/a no tengo nada contra los cisnes negros, pero la nieve no la podía identificar con su plumaje.
Para "Arteixán": Tes toda a razón. En Irak, en Eritrea, en Somalia, en... morren a milleiros nenos e nenas de ollos grandes mortos de fame, que é a maneira máis terrible de morrer, mentres noutros lugares do planeta despilfarramos bens de consumo. É moi triste.
Para "sioux": Definitivamente non son erros, son outra cousa: salvaxadas conscientes e intencionadas.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/06/15/comentando-comentrios/
1 Comentario - Enviar comentario

Varsovia 22 - Gaza 20

09/06/2008

Es invierno. El cielo ha desplumado cien millones de cisnes blancos y sus plumas caen sobre los tejados de Varsovia. Acurrucados alrededor de una miserable estufa de leña, dos docenas de niños de ojos grandes, con caras de hambre, tiritan con la esperanza de llegar a mañana. Fuera, en la calle Mila, los tanques alemanes toman posiciones. Se hace el silencio, un silencio interminable. Esther comienza el cuento de Cenicienta: "Había una vez una niña..."
Un tremendo estruendo hace temblar el suelo, los edificios saltan en mil pedazos y una nube de polvo y cascotes tiñen de oscuro el suelo nevado de la calle Mila. Dos docenas de almas blancas vuelan al cielo confundiéndose con los copos de nieve.
....................................................

Es primavera. En una calle de Gaza veinte niños juegan a la pelota bajo un sol mediterráneo. Son felices pateando un balón deshinchado y descolorido. Son ajenos a su tragedia. Detienen el juego porque un mercedes blanco pasa por la calle llena de baches, cicatrices viejas y nuevas de la guerra. Oyen un penetrante silbido que cada segundo se hace más agudo. Levantan la vista al cielo y ... ya no ven nada más. Un misil impacta con el mercedes blanco que salta por los aires hecho añicos. En la calle de Gaza queda un enorme socavón y trozos de cuerpos destrozados.
¿Por qué los hombres cometemos muchas veces los mismos errores?

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/06/09/varsovia-22-gaza-20/
6 Comentarios - Enviar comentario

Retomando

01/06/2008

Unha vez rematado o "Manuel Murguía" 2008, estou presto para continuar co relato "Unha viaxe pola cuarta dimensión", onde se narran as vivencias, sentimentos e lembranzas dun neno que , con once anos, emigrou á Arxentina e pasados máis de corenta anos voltou á súa Baiuca.
Quero mostrar o meu agradecemento a tódalas personas que colaboraron para que o cermate literario de narración breve acadase o éxito, especialmente ó equipo de cultura do concello, capitaneado por Sonia e moi ben secundado por Lita e Eva. Gracias.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/06/01/retomando/
0 Comentarios - Enviar comentario

"UNHA VIAXE... (IX)

08/04/2008


Vexo unha vila grande, estendida entre as dúas estradas, que chega dende As Carballas a Candame e dende A Catuxa ó pé de Subico. Dígolle ó meu primo que vaia amodo, quero atravesa-la Baiuca de punta a punta nas dúas direccións, fixándome e recreándome nunha beira da carretera en cada pasada. Meu primo escoita e vou recitando: este é o chalé, esta é a casa de don José Carballo, esta é a farmacia de Marianela... El asinte coa cabeza e engade algún comentario. Cando chegamos á casa de Quica, pídolle que vire mentres tapo a cara coas mans. Non podo reprimi-las miñas emocións. Paramos uns minutos, o silencio é total.
Tomo novos alentos e imos estrada arriba. Repito o de antes, vou citando unha a unha as casas que me son tan familiares, boto en falta poucas, a Obra, a casa de Rojito, a de Lola a Pepecha. Sinto unha enorme alegría porque pensaba atopar unha Baiuca desfigurada, irrecoñecible, case allea. Para min as fachadas das casas son a cara da Baiuca, os seus rasgos de identidade física. Penso que calquera neno que saíra de aquí hai 60, 70 ou 80 anos atoparía a súa vila case sen cambios.

Para Esqsuío: O próximo luns día 14 estarei ás 17 horas no Centro Cultural de Arteixo.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/04/08/unha-viaxe-ix/
0 Comentarios - Enviar comentario

UNHA VIAXE.. (VIII)

07/04/2008


Pídolle face-la viaxe pola estrada vella, que era a ruta que a diario facía "A Superiora" de Arteixo á Coruña. Pareceravos mentira pero recoñezo algunhas casas vellas que xa eran vellas hai 40 anos. Sen embargo, os moitos cambios fanme irrecoñecible a paisaxe. A Choupana paréceme unha costiña de xoguete e faime gracia lembrar o traballo que lle custaba subila ó coche de liña. Baixamos Oseiro e atopo moitos puntos de referencia, pero o Xeixedo é novo para min. Non hai ponte co seu peitoril de pedra, fundindo as dúas carreteras, a nova e a vella, a dos troles e a da Superiora.
Xa estamos no Alto de Arteixo, paramos, baixo do coche. Quero contrasta-la imaxe que gardo coma un tesouro, coa panorámica que tantas veces vin cando voltaba de mercar unha buxaina ou un gramil na casa da señora Rosa. A primeira impresión é impactante. ¡Como medrou Arteixo!

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/04/07/unha-viaxe-viii/
1 Comentario - Enviar comentario

"UNHA VIAXE... (VII)

04/04/2008


Son as catro cando un coche para diante de min. Estou na beirarrúa cunha bolsa na man e a maleta no chan. Baixa meu primo e sen palabras fundímonos nun abrazo eterno. Ámbolosdous escoitamos o latexar dos nosos corazóns. Algunhas bágoas escapan sen permiso mentres rimos coma nenos. As palabras esperan o seu momento, neste intre non son precisas, falan os ollos, falan as mans, fala o sorriso.
Subimos ó coche e comenzamos unha conversa atrapallada, chea de preguntas, como se tiveramo-lo tempo tasado. É lóxico, corenta longos anos de silencio dan para facer milleiros de preguntas e resulta imposible enchelos coas respostas duns poucos minutos. Tempo teremos para falar, para preguntar, para responder, para lembrar xuntos o que vivimos xuntos. E nunca mellor dito, porque nacemos e medramos na mesma casa, eu no baixo i el no piso.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/04/04/unha-viaxe-vii/
0 Comentarios - Enviar comentario

"UNHA VIAXE..." (VI)

31/03/2008


A voz dunha rapaza desexándome bo proveito, lémbrame que estou alí sentado para xantar. Tráeme dúas sardiñas asadas que recenden. Pillo o primeiro belisco e sábeme a gloria. Levo os dedos ó naríz e aspiro lentamente. Repito a operación con parsimonia e deleite. Un torrente de sensacións apodéranse de min, disfruto cada bocado e síntome feliz. Mentres como viaxo corenta anos no pasado e vexo o meu pai no patio da nosa casa asando sardiñas un día calquera do verán, á caída da tarde, debaixo do emparrado. Eu estou alí, coma sempre, estribillando cun pau na lata que contén as tripas dos peixes que no próximo fin de semana meu pai empregará coma engado para pescar panchos na Aguieira. Se me porto ben, levarame con el e poderei pillar lorchos e barbadas.
Remato o meu xantar e mentres revolvo o café noto un formiguillo que me sube de pés a cabeza espertando desacougo e interrogantes. ¿Virá meu curmán? ¿Coñecerame? ¿Como atoparei a Baiuca? ¿Viven os amigos e compañeiros de xogos e de escola? Prefiro sair de dúbidas canto antes e chamo por teléfono.

Comentando comentarios:

Esquio, tes parte de razón no que afirmas pero neste caso concreto podo asegurarche que as raices agromaron.
Sioux: claro que a morriña é unha enfermidade que padecen moitos emigrantes e ademáis, oque a padece case nunca a cura. Eu tiña un tío que veu ó cabo de cincoenta anos e un día, na horta da casa, díxome: "sería feliz se me sorprendera a morte estando aquí, pero teño que regresar porque alí teño ós meus fillos , meus netos..."
Morriñento arteixán: Se non recordo mal, na "Miña Baiuca" xa falei da festa das Flores, pero outro día podemos comentar algo máis.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/03/31/unha-viaxe-vi/
2 Comentarios - Enviar comentario

"UNHA VIAXE... (V)

28/03/2008


As horas pasan axiña e séntome a xantar nunha casa de comidas de Santa Catalina. Busco unha mesa cerca da ventá para ve-la praza. Por máis que miro non vexo o charlatan de costume ofrecendo productos máxicos nin a súa compañeira cos ollos tapados por un pano negro, tratando de adiviña-lo futuro dun paisano, dunha moza de servir, dunha leiteira...
Recordo que o meu irmán e máis eu sempre faciamos unha parada para escoita-las marabillas do enfiagullas, lo líquido para plate-las cociñas bilbaínas, e outros prodixios. Agora que o penso, aquela parella de charlatáns tiñan inxenio e recursos para arrincar dos petos alleos as escasas pesetas que precisaban para vivir cada día. Sigo cas miñas lembranzas e aparece un cesto con tapa do que sacaban unha tartaruga que segundo eles era capaz de escolle-la carta que ti pensabas. Era unha artimaña para que a xente non marchase, porque de tódalas veces que estiven presente nunca a tartaruga fixo outra cousa que saca-la cabeza da cuncha e mirar con ollos estúpidos ós que alí estbamos. ¿Seriamos nos os estúpidos?

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/03/28/unha-viaxe-v/
1 Comentario - Enviar comentario

"UNHA VIAXE..." (IV)

26/03/2008


Percorro sen presa este camiño e no meu cerebro non da abasto a procesar tódalas imaxes que levei gravas na retina. "O Pote", con escaparates cheos de cousas bonitas, desexadas e inalcanzables. Canto me gustaba aquela escopeta de perdigóns, ou aquela cana de carrete. Alí estaba eu parado, soñando esperto co día en que ámbalas dúas cousas serían miñas para sempre. Pero "O Pote" xa non está onde eu o deixei, nin o ultramarinos "O Cisne", nin a librería "Porto", nin "O Diluvio"...e tantos e tantos comercios que eran, para min, paradas obrigadas desta rúa comercial. Con todo non podo esquece-las cirolas, os orellóns, as plumas estilográficas, as navalliñas con cachas de madeira queimada e as demáis chilindradas que me atraían coma un imán. Sería quen de pecha-los ollos e co dedo sinalar: naquel curruncho había unha morea de toros de baacallao, naquel outro un frasco de cristal cheo de melocotóns en xarope e no tapón de lata, unhqa cinta dourada, no primeiro andel tres botellas de Fundador, unhas cuantas latas de bonito formando unha torre... ¡Canto estimaría ter neste momento unha foto daqueles tempos! Seguro que o meu acerto sería pleno. Pero non me fai falta, verdadeiramente teño a foto na miña mente.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/03/26/unha-viaxe-iv/
1 Comentario - Enviar comentario

""UNHA VIAXE...(III)

25/03/2008


Setembro, 6

Xa estou na Coruña, concretamente en San Andrés. É a rúa que mellor coñezo porque sempre que ía á casa da miña avoa, facía o camiño dende a Praza de Pontevedra ó Campo da Leña. Resulta curioso, os dous puntos de referencia que conservo na memoria aínda non desapareceron: a mesma casa, diante da que paraba "A Superiora" e a casa onde vivía a miña avoa, co mesmo balcón de ferro pintado de branco. Pareceravos unha parvada pero virei contento cando vin estes dous símbolos da miña infancia. Sen súbida, estaba de volta na casa.

http://arteixo.cidadans.net/juliomancebomoreiras/2008/03/25/unha-viaxeiii/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados