Arteixo Castellano  Galego  

arteixovarios

de todo un pouco

ALTO DE ARTEIXO

20/04/2007

De todos é sabido que en Arteixo non abundan os parques infantís, a pesar de que cada día hai máis nenos, e que temos un crecemento demógrafico atípico en Galicia pola cantidade de xente que ven de fora a traballar aquí. De todas formas o que ocorre no alto de Arteixo clama ó ceo.
Se poñemos un metro no cruce que vai para Morás, en menos de 500 metros en cada dirección podemos atopar máis de seis paradas de autobús con máis de un centenar de cativos. Pois como podedes comprobar no alto de Arteixo non hai un curro decente donde poida xogar unha criatura sen que sexa en plena rúa.
Xa sei que non é a única zona donde pasa isto, pero cada un ve o seu, e eu xa estou farta de arrincar hacia o Seixedo e pillar molladuras porque nin sequera hai donde abrigarse polo camiño. Por favor, que o "ALTO" tamén existe.
Agora sí, nestos días xa veredes como ninguén se olvida de que no ALTO tamén se vota.

http://arteixo.cidadans.net/fochancas/2007/04/20/alto-de-arteixo/
5 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. A memoria das persoas ten unha caducidade moi limitada, polo tanto o día 27 de maio hai que ter a frescura de lembrar a quen non hai que votar. Se os cativos votaran seguro que non o facían aos que governaron este Concello nos últimos 12 anos.

    Publicado por: ¡ | 21/04/2007 09:29:17
  • 2. Si, pero non ven de agora: O Alto existiu sempre. Existe para manter vivo o recordo dunha das romarías máis populosas de Arteixo, e levar axudas paupérrimas do Concello, co que se se mantén é polo esforzo das xentes do Alto, existe para ser unha das barriadas máis populosas do Concello, e non ter infraestructuras suficientes, existe agora e existiu sempre...pero o que non existe é a vergoña, e acordarnos sólo de Santa Bárbara cando trona ou cando hai eleccións....que ven ser o mesmo, para o caso. Un saludo para os do Alto, que non son do Alto, son do Altísimo.

    Publicado por: L_DEL_J | 21/04/2007 09:53:23
  • 3. A verdade é que é unha pena que os nenos teñan que ir tan loxe se queren ir ó parque, coa cantidade de poboación que hai no Alto non se entende que non haxa áreas recreativas, e non só iso, como di L_DEL_J, as infraestructuras deixan moito de desexar, Arteixo non só é o paseo do Balneario, somos tod@s

    Publicado por: Quruxa | 21/04/2007 15:02:02
  • 4. Hai que aprobeitar ben os metros para construír, que as zonas verdes e os parques non dan cartos. Os parques facedeos vos

    Publicado por: especulador | 23/04/2007 19:33:04
  • 5. Podémonos acordar do que tíñamos antes destes 12 anos. Está claro que nunca chove a gusto de todos.

    Publicado por: valoración | 26/04/2007 20:50:05

Publicar un comentario


 

(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados