Castellano Galego
Hai uns días escribin denunciando que no Alto de Arteixo non había ningún lugar adecuado para que xogasen os rapaces. No programa electoral de fai doce anos do pp, prometían un parque, incluso indicaban a ubicación que para máis señas poñía: frente a casa de Cachito(un veciño do alto). Para taparnos un pouco a boca levaron para un solar que aínda non está construído uns columpios que foron asentados sobre da terra de forma transitoria. No momento que empezou a chover,o parque foi lameira, e no verán tiñas que ir con cazadora porque estaba todo rodeado de edificios e non lle daba o sol en todo o día, pero a nós valíanos. Agora esos columpios desapareceron, porque por supuesto, o solar era privado e o dono encotraríalle outra función como é normal.
A carencia é evidente, pero o máis gracioso é que en menos de nada, falo de meses, conseguiron buscarlles un local para uso e disfrute dos maiores, arreglárono en menos dunha semana para ser inaugurado inmediatamente.
Entón eu digo, ¿cal é a diferencia? Poñemos nunha balanza un local social e un parque, e intentamos pensar coma un político....Xa está, os nenos non votan
1. Desde hace tiempo, los vecinos del alto de arteixo estamos intentando que por lo menos construyan un parque por detrás de la C/Horreos aprovechando una fuente publica (dado que nos temenos que la acaben encerrando con edificios), pero como tu bien dices los niños no votan y no interesa