Arteixo Castellano  Galego  

arteixovarios

de todo un pouco

LOCAL DE XIRADELA

21/03/2007

Paréceme que o tema do local de Xiradela está quedando no olvido, ben é certo que tal e como van as cousas en Arteixo recoñezo que hai moito ó que atender.
Gustaríame recordarlle a tódolos usuarios que deberíamos darlle o noso apoio a Xiradela e que para iso é preciso manter o tema desperto. Eu poño o meu gran de area facendo resurxir o tema.
As últimas noticias das que teño coñecemento son acerca de unha supuesta reunión acordada para xuntar á directiva, ó alcalde e a outra persoa do concello que se iba a poñer mans a obra para que todo comenzara a rodar, pero polo que puiden averiguar, de novo houbo plantón por parte dos membros do concello

http://arteixo.cidadans.net/fochancas/2007/03/21/local-de-xiradela/
57 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. O alcade ten agora moito do que preocuparse, gracias a "deus" vai ter que empezar a dar explicacións, cousa que non está acostumado a facer, e polo que poidemos ver no pleno do 8 de marzo tampouco sabe. Igual é que hai cousas que non as teñen.
    Respecto ó local de Xiradela, leva anos mareando a perdiz. Iso sí, con moi boas palabras. Eu aínda me estou a preguntar que interés pode ter este alcalde en manter nun local da súa propiedade a unha asociación durante tanto tempo, sin lle ter buscado unha ubicación á que se comprometeu por activa e por pasiva, iso sí, en "petit comité", porque o día que tiña que dar explicacións e información ós socios alí nos deixou con la "espantá" por toda resposta. Non será que tampouco ten moi claro como explicar como se produciu o cambio de local de Xiradela, aquel no que estaban na rúa Santiago Apóstol que era propiedade do pobo e que agora é un "fermoso" tanatorio de propiedade privada.
    Xiradela ten os méritos propios para dispor dun local facilitado polo concello ó longo dos seus 25 anos de historia e que non me vou a poñer a enumerar agora porque son de todos coñecidos. Tódalas actividades que organiza ó longo do ano son abertas á participación de tódolos arteixáns.

    Publicado por: Dores | 22/03/2007 12:53:24
  • 2. Se cadra organizando unha "muiñeira" solidaria polas rúas do Concello despertaria a curiosidade dos veciños, e a vergoña dos que governan.

    Publicado por: Nando | 22/03/2007 14:27:55
  • 3. Xiradela tivo recentemente oportunidade de buscar local e fixar un patrimonio, pero preferiron os da directiva entregarse e acomodarse. Non si?

    Publicado por: buscando local | 22/03/2007 19:38:20
  • 4. A todos os que nos interesa Xiradela, gustaríanos que "buscando local" que parece que dispón de máis información que os socios, fose un pouco máis explícito nos seus datos. Que quere decir con "fixar un patrimonio"? Xiradela é unha asociación sen ánimo de lucro, o seu patrimonio é todo o traballo realizado para a recuperación do noso folclore. Este patrimonio é o único que non lle poden quitar e único que non é susceptible de negocio.

    Publicado por: Dores | 23/03/2007 13:05:58
  • 5. Eu voume dirixir ó "periódico de arteixo" que no mes de marzo ten unha amplia reportaxe dos centros sociais de Arteixo pero vexo que falta o de Xiradela, ó mellor non saben dónde está para ir quitarlle a foto e poñela cos demais, está no baixo dunha empresa no Polígono de Sabón, poden ir alí e facerlles unha reportaxe pois este ano tamén están de Aniversario

    Publicado por: s.o.s. | 23/03/2007 17:18:06
  • 6. aquí hay mucha tensión

    Publicado por: yo | 02/04/2007 08:42:39
  • 7. Es muy fácil descalificar a quien está siendo objeto de continuas e injustas campañas de difamación, es muy fácil apuntarse a criticar gratuitamente sin detenerse a pensar si se está siendo justo con una persona que independientemente de acertar o fallar, ha actuado siempre buscando lo mejor para el pueblo. No vale todo, no todo puede ser malo en una persona que lleva 12 años como alcalde, que ha sacrificado una carreta profesional muy importante y en muchas ocasiones una vida personal y no ha pedido agradecimiento, sólo se ha centrado en servir como mejor ha sabido a su pueblo. El Alcalde tenía empresas antes de ser Alcalde y las seguirá teniendo después porque es un empresario, cualquiera que haya tratado con él en el mundo profesional sabe que es una persona recta y honrada, cualquiera que haya tenido un trato personal con él sabe que es una persona cercana y humilde, ¿cuándo se ha visto un político que reconozca errores?, ¿cuándo un político ha reconocido en un pleno, delante de los ciudadanos haberse equivocado?, ¿cuándo esos que tanto lo critican saldrán a la luz pública a mostrar sus fallos? la respuesta es muy sencilla, nunca.

    A Pose lo votó el pueblo y sólo el pueblo lo puede poner en cuestión, no cuatro catetos ingenuos que se dejan engañar por los políticos del insulto, esos si que son políticos de verdad, eso es lo que queréis para nuestro pueblo, pues que pena, yo no, yo prefiero un Alcalde que mira a la gente a la cara, olvidaros de siglas políticas, no os dejéis engañar, pensad en el momento económico y social de Arteixo, pensad en lo mucho que ha mejorado en los últimos años, por lo menos los más antiguos del lugar si que nos acordamos de cómo era Arteixo hace 12 años, aquí hay inversión social, inversión en la ciudadanía, preocupación por el medio ambiente, apoyo a las asociaciones, ayudas a los sectores más desfavorecidos y lo que es más importante planes de futuro. Yo ni siquiera sabía que Xiradela tenía un local cedido por una empresa del Alcalde, me acabo de enterar, y en el colmo de la

    Publicado por: uncalquera | 02/04/2007 13:38:12
  • 8. y en el colmo de la desvergüenza se lo reprochan, ¡increíble!, o sea que aceptan el regalo, lo disfrutan durante años y ahora se lo reprochan, no me lo creo, esto sólo puede obedecer a intenciones malvadas o a un problema psiquiátrico muy grave.

    Otros sólo se preocupan de insultar y no nos dicen nada de nada, sólo insultan y no nos dicen que van a hacer, insultan e insultan como si nada de lo realizado importase y así nos faltan al respeto a todos, no sólo al Alcalde. Yo os pido que mostréis respeto, independientemente de vuestro voto o de vuestra orientación política, yo os diría que no os lancéis al insulto con tanta facilidad, que detrás de la figura del Alcalde hay una persona profundamente implicada y preocupada por Arteixo y varios miles de votos y que sea o no sea el próximo Alcalde, es y ha sido un gran Alcalde y si no respetamos su figura nos mereceremos políticos de esos...


    Publicado por: uncalquerra | 02/04/2007 13:39:25
  • 9. Equi, o unico que insultas co téu coméntario, eres tí "un calquera",póis con semelante fáto de verdadeiras mentiras,insultas i menosprecias a intelixencia dos que coñezemos Arteixo,i a quen nos malgoberna,non séi quen eres nin me importa,pro dende logo,vexo que coñezes pouco Arteixo,i quero pensar que o que dís,non é máis que unha mera opinión,fruto de un siareiro euforico peperiano,idolatra de Manolo Pose,si é así,fíxate que áte te comprendo,pro si de verdade fálas cóa cabeza despexada,xa seria outra cousa,ou sexa un caso raro,por qué che poido asegurar,que como ti,ninguén pensa en Arteixo,i esto dícho,un que sabe do que fála,i que aó longo da súa vida,viu pasar uns cuantos alcaldes,pro xamáis un tan sinvergoña, como o que ti defendes.

    Publicado por: Outro Calqueira | 02/04/2007 18:17:50
  • 10. A proposito,eu de ti,averiguaria por qué Xiradela,marchóu de un lugar donde tiña o séu sitio,no alto de Arteixo,pra máis señas,hoxe ocupado por unha funeraria,i cales forón os intereses,pra que se fosén de alí,quen fói o culpable,ou culpables de aquela operación,que deixóu a xiradela na rua,a bon seguro haberá xente que eiqui escribe que poide dar testimuña de aquela operación.

    Publicado por: Para un calquera. | 02/04/2007 18:26:03
  • 11. "uncalquera", é realmente alucinante que sexas capaz de manexar tanta información favorable ao Alcalde e esqueceras o do local de Xiradela.
    Primeiro, non son catro catetos os que poñen en cuestión a labor deste Alcalde, máis ben o contrario, e o pobo que o votou, ou non, o que lle pide a súa dimisión por utilizar o seu cargo público en beneficio privado.
    Segundo, non lle deixou un local a Xiradela de forma altruísta, senón que especulou co anterior local que tiña ista Asociación, e de forma provisional os acomodou nos baixos da súa fábrica.
    Terceiro, tanto que che gusta a boa xestión deste Alcalde, e como considero que és unha persoa "intelixente", as de convir conmigo que se queremos avanzar temos que ter moi claro que o que é bon e moi diferente do que é MILLOR.

    Publicado por: douscalquera | 02/04/2007 18:30:21
  • 12. Un calqueira,era Pose cando chegóu a Arteixo,unha calqueira era Isabel Vila vila,cando fái doce ans chegóu da mau de Pose o concello,Manolo era o das ventanas,Isabel era a do bar,a quela muller que servia tazas de viño naquela tasca de Pastoriza.
    Seria interesante que tanto o alcalde como Isabel vila,puxesén o séu patrimonio actual enrriba da mesa,pro muito me temo que xamáis o farán,póis saben qué lles vái,muito en élo,máis os arteixáns,non deixamos pasár por alto os feitos,póis tanto un como outro,son sabedores que o pobo non é tonto.
    Isabel,por vivír xa nin víve en Arteixo,non séi si será por qué aó mellor lle quedóu pequeno,o piso da rua Marqués de Pontexos n-º 14 da cidade vella da Cruña,parece ser que xa é definitivaménte a súa residencia oficial.
    Seria interesante que lles dixese aós veciños de Arteixo,dos que cobra relixiosaménte demasiados millóns de pesetas aó ano,de donde lle véu ese piso na cidade,póis pode ser aó mellor que o herdase,ou fóse recibido en donación por algún familiar séu,por qué de non ser así,quero supoñer que estará pagando a hipoteca,como pagamos a inmensa maioria dos veciños é veciñas de este pobo,en calquér caso seria interesante que a sra Vila Vila,fixese publico o séu patrimonio,poís como un veelo díto romano dí,a muller do Céser,non só debe ser honrada,si non que tamén debe parecelo,i si fixese o famoso díto bon i o aplicase,como muller publica i politica que é,seguro nos quitaria de dudas.

    Publicado por: Arteixán | 02/04/2007 20:17:49
  • 13. deixou de se manuel pose miñones, para ser manuel jode millones

    Publicado por: outramais | 03/04/2007 12:17:55
  • 14. "Manuel jode millones" que expresión más llena de poesía, que nivel intelectual más elevado, doy gracias a Dios por no ser como vosotros, outramais debería plantearse la plena dedicación al arte de la memez."Isabel era a do bar e manuel o das ventás",otra perla , ahora resulta que ser un profesional de la hosteleria o de la carpintería es algo despreciable, ¿y yo soy el del partido de derechas?, pues vosotros si que sois clasistas.Otra maravilla del análisis en profundidad y del respeto a las ideas de los demás"pro si de verdade fálas cóa cabeza despexada,xa seria outra cousa ou sexa un caso raro" menudos demócratas de lo que a ellos les da la gana."por qué che poido asegurar,que como ti,ninguén pensa en Arteixo" ahora resulta que tu eres la voz del pueblo, a Pose le votaron miles y que yo recuerde a la UPG muy poquitos, o sea que yo soy el raro, vale nene, vale, date una palmadita en la espalda o mejor en la frente lumbreras. Pena me da tener que rebajarme a tal nivel intelectual pero a veces no me queda mas remedio, lo voy a intentar: caca, culo, pis,... pues nada está claro que se os da mejor a vosotros.

    Publicado por: uncalquera | 03/04/2007 13:00:53
  • 15. (un calquera),operate tontin,por qué no eres más gilipollas por qué no entrenas.OK .

    Publicado por: otra cualquiera | 03/04/2007 13:21:31
  • 16. por qué acentuas y separas porque? cateta

    Publicado por: uncalquera | 03/04/2007 18:31:40
  • 17. Y tú por qué no comienzas con mayúscula, para poner púnto al terminar. Maéstro.

    Publicado por: otroliante | 03/04/2007 18:40:35
  • 18. Este un calqueira,agóra áte xoga a ser mestre,a verdade é que como bon can pepeiro sabes insultar,manipular,etc,etc,en fin que eu máis que chamárte un calqueira,deberias chamárte,un pepeiro mal falado,que che vaia ben,é non te olvides dárlle saudos a Pose,dás miñas pártes,é outro pra túa mestra Isabelita Villa Marqués de Pontexos n-º14.

    Publicado por: Para un tontin calqueira | 03/04/2007 19:18:21
  • 19. tenjo que decir que aqui nonhai mais que gente mal falada,y es una verjuenza que la gente del partido populare se dedique a hablar mal de la gente,y se nota que no devieron de ir moito a la escola,asi que aber si degamos de insutar y damos egemplo y tenemos un pouco mas de educacion.

    Publicado por: cipriano | 03/04/2007 19:26:26
  • 20. Uncalquera, debes vivir en el pais de las maravillas, pero seguro que en Arteixo,no. Cuando quieras te invito a pasear por Meicende a ver las maravillas que tu amado alcalde nos ha conseguido...

    Publicado por: Arteixo Maravilloso | 03/04/2007 19:45:14
  • 21. Xa estou un pouco canso do tema de Xiradela, rectifico, estou moi canso. Que pasa que pensades que por ser a asociación que máis socios ten no concello tedes dereito a ter un local municipal?. Na miña opinión sería desexabel que todas as asociacións dispusexen dun local de propiedade pública para realizar as súas actividades, pero iso non é posibel pois o Concello de Arteixo non dispón de tantos locais , é menos céntricos como pedides vos. Xa é o colmo, o único que vos falta é que pidades garaxe privado e zona axardinada.
    Por que non pensamos en que existen outras asociacións que pagan os seus correspondentes alugueres ou que noutros casos realizan as suas actividades en baixos privados de algún dos seus socios, estes últimos si que o necesitan.
    O que vos pasa a Asociación Xuvenil Xiradela é que vos creedes o centro do mundo, estades moi mal acostumados, en eso si ten culpa o Concello e tamén o señor Pose, espero que él e tamén vos sepades rectificar polo ben de todos os vosos socios

    Publicado por: Halcón | 03/04/2007 21:31:15
  • 22. Halcón, que pouca vista tes.

    Publicado por: callejero | 04/04/2007 14:36:52
  • 23. halcón ti non sabes ver as cousas como son,terías que estar nesa asociación entón entenderías todo asike caladiño e solo lee e escoita porque non te enteras da película al veña...escribe no microsof non te gastes

    Publicado por: amapol@ | 04/04/2007 14:55:00
  • 24. Amapola, líndisima amapola, parece ser que ti sábelo todo, pois pode que sepa máis do que a ti che parece ou do que a ti chegustaría que soubese.
    Que pasa que montades todo este follón porque vos prometeron algo que non se está a cumplir, pois sinto o moito, pero non me dades pena ,pois non estaría de máis que soupesedes o que é pagar un aluguer.
    Deixade de mezclarvos en política e seguide traballando e co respaldo dos socios buscade un local non esperedes a que volo den todo feito . Si todas as asociacións fixesen o mesmo que vos este blog non chegaría a nada.
    É por certo bonita amapola, aquí lemos e escribimos todos.

    Publicado por: Halcón | 05/04/2007 00:18:22
  • 25. Cada edificio feito en Arteixo deixa de patrimonio ó pobo un local para o concello. Xeralmente serían para disfrute das asociacións que estean inscritas como tal, cumprindo a legalidade. Moitas xa o teñen, ¿por que non todas? E por que ten que ser menos Xiradela?

    Publicado por: cidadá | 10/04/2007 13:05:22
  • 26. Ben díto cidadá,pero desgraciadaménte non e así,como ben dis,deberia de quedar un espacio publico en cada solar,así como nas unidades de actuación,o concello queda con unha superficie de metros,i a cuestión é a donde van a parar a maioria de estos locales,que en teoria son do pobo,a oposición deberia de investigar,que é o que se fíxo,ou se fái con estos locales,detrás de esto seguro que hai gato encerrado.

    Publicado por: Veciño de Arteixo | 10/04/2007 17:25:46
  • 27. Fas gala do teu nome Halcón con tanto ollo que tes...Oiches, ven a Xiradela a ilustrarnos ós socios...Estaríamos encantados de escoitar unha opinión docta como semella ser a túa...que nos abriras os ollos ó mundo real e nos permitiras abandonar ese mundo de ensoño do que parece somos o centro...Móstranos o camiño a seguir, ti que "sabes" que o longo de estes 25 anos que levamos de existencia non facemos máis que pedir, esixir e protestar...

    Publicado por: Caml | 01/05/2007 16:01:41
  • 28. os meus parabens para xiradela por eses 25 anos que cumplen, e po la exposicion de fotos que ten no centro civico, xapó para esa directiva e a todos os socios seguide así valedes moito po lo que facedes.Animo,e ADIANTE

    Publicado por: deberbena | 12/09/2007 17:06:59
  • 29. noraboa polo 25 aniversario. por certo cando é a gala porq me gustaría ir ver os de xiradela.bikiños para todos

    Publicado por: unha fan d xiradela | 25/10/2007 18:01:40
  • 30. A gala de xira é 17 de noviembre, alí estaremos para velos,animalos é apoyalos.TODOS CON XIRADELA.

    Publicado por: unha seguidora máis | 01/11/2007 16:16:23
  • 31. e onde sera e a q hora

    Publicado por: unha fan | 05/11/2007 10:08:58
  • 32. No Teatro Colón de A Coruña ás 21:00. Se queredes asistir, podedes recoller as
    invitacións no local de Xiradela dende o día 9, se sodes socios/as, e senón dende o día 12. Os horarios son de 20:00 a 22:00 h. pola semana e de 12:00 a 14:00 o sábado. (As invitacións son de balde)

    Se queredes máis información, aquí vos deixo unha dirección que poida que vos interese http://xiradela.spaces.live.com.

    Saúdos.

    Publicado por: Caml | 05/11/2007 10:40:55
  • 33. vale moitas gracias pola información , por certo as entradas no teatro colón haberá que pagar as entradas ou serán gratuitas? contxta porfa bikiños

    Publicado por: unha fan de xiradela | 07/11/2007 16:25:22
  • 34. Como xa dixen, son invitacións e SON GRATUITAS. Só terás que achegarte ó local de Xiradela a retiralas nos horarios e datas que puxen no meu comentario anterior.

    Saúdos.

    Publicado por: Caml | 07/11/2007 17:55:00
  • 35. vale moitas gracias por contextar.un saúdo

    Publicado por: unha fan | 08/11/2007 09:36:13
  • 36. Enhoraboa Xiradela polo grande espectáculo que nos fixechedes saorear na gala do 25 aniversario. Miña noraboa a todolos participantes.

    Publicado por: millo | 21/11/2007 16:32:40
  • 37. En horaboa Xiradela polo ridiculo que fixechedes no teatro colón.

    Publicado por: XIRABLOQUEIROS DO NON | 21/11/2007 17:27:30
  • 38. O ridiculo falo tí "xirabloqueiros do non" ó escribir as tonterías que pos neste blog, a parte de non saber escribir. Creo que mostras un pouco de envexa o ver e o oir as novas da "maravillosa e bonita" noite de gala que ocurriu o sábado día 17 de Novembro. Data que para moita xente (máis da que ti te crees)quedará grabada na súa memoria para sempre. Xente que sí sabe e entende o que alí aconteciu, e non coma tí que non tes ni idea do que falas.

    Publicado por: 1977 | 22/11/2007 11:59:58
  • 39. eu hai cosuas que non entendo, logo estos rapaces cando baillan van con vandeirolas colgadas do pescozo? o de asociación politizadas paraceme unha chorrada, mais cando levan traballando 25 anos con todo tipo de governos e con todo tipo de asociados.
    Se agora aparece unha asociación nova, por que as hai, ¿imos xulgar seu traballo en funciaón da cor polítcia de alguns dos integrantes?
    eso pareceme o conto de nunca acabar, deberiamos disfrutar das actuacións, ver que hai xente cun afan culturar, e non querer levar as cousas mais alo.

    Publicado por: pola cultura | 22/11/2007 12:17:28
  • 40. Os bailarins non levan colgada ningunha bandeirola,pero á directiva leva o NON na testa.
    ¿Quen presentou á gala?
    ¿Estivo á plana maior do bloque alí?
    ¿Por qué non se fíxo nin unha soa mención de agradecemento o concello de Arteixo,sabendo que os subvenciona?.

    Publicado por: XIRABLOQUE. | 22/11/2007 19:18:17
  • 41. E como o levava non llo vin(terei que ir o oculista)a gala fi presentada moi ben por certo por PERSONAS que o levan facendo ai tempo,alí estibo quen quixo(asta tí pois vexo que estás moi enterado/a,ou eres masoquista cando algo ou alguen non che gusta pa que te interesas tanto po lo que fai, ou como ofai)porque tiñan que mencionar e agradecer ó concello ¿que fixo por eles? as subencions estan para pedilas e si as conceden será porque xiradela as merece,e sinon pide tí unha por defendelos nestes cadernos,omellor tes sorte e tamen a consigues.PARABENS A XIRADELA.

    Publicado por: son eu | 23/11/2007 20:07:53
  • 42. Pois esperemos que á partir de agora,en vista do agradecemento de xirabloque, dende o concello corten o grifo,i ás subvencións llas den á xente que o merezca.
    A gala estivo teledirixda polos do NON,en canto ás mencións i os agradecementos á presentadora do NON sin embargo si se ocupou de pelotear i dar ás grazas á excelentisima vicepresidencia da Xunta¿porqué seria?,ás probas están á vista,i todo o mundo puido ver con que descaro se manipulou todo.

    Publicado por: XIRABLOQUE | 23/11/2007 20:53:13
  • 43. xirabloque que burriño eres e que envidia tes, aparte da pouca cultura con que te espresas

    Publicado por: un de aqui | 24/11/2007 00:03:23
  • 44. xirabloque xa rayas,sempre o mismo non sabes outras cousas.

    Publicado por: eu | 25/11/2007 14:52:25
  • 45. Pues parece que "xirabloque"os metio el dedo en la llaga,y a veces las verdades por mucho que duelan no se pueden ocultar.

    Publicado por: Las verdades escuezen | 26/11/2007 09:42:57
  • 46. Hola
    Eu bailei nesa gala, Xestoso e Maneo da Silva...
    Divertinme moito e disfrutei como parte da historia dunha asociación que durante moitos anos deulle un que facer a xente de Arteixo. De todos modos eso non e o tema polo que agrego o meu comentario, nin quen era a presentadora, nin a quen se lle agadeceu e a quen non... O meu comentario e para darlles as gracias a todos os que ali estaban encima no escenario, detras do escenario e enfrente do escenario; darlles as gracias a todos os que non poideron vir e que lles gustarira (entre eles meus pais que sempre tiberon que quedar traballando para que eu poidese bailar).
    Eu bailei nesa asociación, toquei, enamoreime e enchinme de amistades e de vida...
    O que me doe e que todo se intente politizar, tanto desde dentro da asociación como desde fora. Non me gusta. De todos modos esta claro que o que prevalece son os agradecimentos da xente e dos que ali estubemos.
    Non lle busquedes tres pes o gato, que salvo por accidente, ten dous. Si vos gusta o que ali se fai, perfecto, e si non vos gusta tamen. Non e obligatorio estar de acordo con xiradela, eu amo a esa asociación e estuben en desacordo con moitas cousas, pero non por eso me dedico a dinamitar nada.
    A min non me gusta o autocros, e non pido que eliminen o circuito. Non me gusta o futbol e non pido que edifiquen casitas no campo do Arteixo. Gustame que o meu pobo teña cousas que ofrecer os veciños para que estos poidan escoller...
    E simple, unha cuestion basica de educacion e respeto.
    E dado que aqui a xente que escribe ( o meu humilde entender) ten mais intereses cos de opinar, por iso non firma os seus comentarios; eu si que o vou facer. Ante todo boas tardes a todos, eu son Alberto... 1º na fila de nenos de Xestoso e 2º do cuadrado da dereita do Maneo da Silva.
    Gracias e suerte a todos.

    Publicado por: Aberto | 26/11/2007 15:20:32
  • 47. eu nn fun a esa gala pero encantaríam ir pero de todas formas se non se lle agradeceu nada ao concello as súas razóns terían xa q eu asisto aos concursos de xira e sempre se lle agradece ao concello e a todos os q colaboran. xiradela seguid así e nunk perdads esas ganas, alegría e ilusión coa q facedes o voso traballo no mundo da músik tradicional

    Publicado por: unha fan | 02/01/2008 17:13:36
  • 48. estou dacordo contigo, estos rapaces saben facer ben as cousas, trabállano moito, a gala foi moi bonita.

    Publicado por: outra fan | 03/01/2008 17:33:13
  • 49. a q hora será o concuros de pandeiretas de xiradela contxtad porfa é urxent

    Publicado por: unh fan de xiradela | 13/03/2008 09:49:52
  • 50. O concurso de pandeiretas será o vindeiro 13 de abril en horario de mañá e tarde, pero aínda non se fixaron de forma definitiva as horas de comezo. Para máis información ponte en contacto coa asociación a través das súas direccións de correo electrónico a.x.xiradela@hotmail.com / xiradela@yahoo.es, ou consulta o seu blog http://xiradela.spaces.live.com

    Un saúdo

    Publicado por: Respondendo á fan de Xira | 13/03/2008 10:54:37
  • 51. vale gracias pola información porfa cando se saiba que horario ten por favor comunicadeo

    Publicado por: unha fan de xira | 18/03/2008 16:21:45
  • 52. hola!! a q hora será o concurso de pandeireta??

    Publicado por: outra fan | 31/03/2008 09:27:20
  • 53. Despois de varios días de retraso, por fin vos podo dar os horarios do concurso:

    Ás 11 da mañá dará comezo o concurso para as categorías A e C, e ás 5 da tarde para as categorías B e D.

    Desculpade a tardanza. Un saúdo.

    Publicado por: Aquí están os horarios | 08/04/2008 11:44:36
  • 54. será pola maña para a c? porq non ers sempr pola maña para a e b? contsta orfa e moitas gracias por respondr ao outro mensaxe

    Publicado por: unha fan | 08/04/2008 12:02:16
  • 55. Este ano fíxose un pequeno cambio na orde das categorías,así que como xa dixen pola mañá será o turno das categorías A e C. Para pola tarde quedarán a B e a D.

    Un saúdo.

    Publicado por: Respondendo á fan | 09/04/2008 10:00:30
  • 56. noraboa xiradela polo concurso de onte foi precioso. sods os mllores

    Publicado por: unha fan | 14/04/2008 09:34:37
  • 57. Area, cemento, Xiradela monumento.

    Aquí polo que se ve a xente só ven a criticar as cousas que non lle gustan, cousa que non é de persoas moi normaliñas xa que se non che gusta calas porque o millor a persoa que tes ao teu carón si...E non só por iso senón por un respeto polas cousas que lle poden gustar os demáis e se a ti non te gustan pois o pensas...Tamén a min non me gustan moitas cousas e as calo só por respeto que polo que se ve por aquí non hai!

    A gala foi a leche para min...Vivino como se estibera no esceario vendo a toda esa xente, a todos eses compañeir@s bailar e cantar, as/os miñas/meus profesores que ensinaronme dende cativa todos alí bailando e disfrutando e transmitindo esas boas vibracións a tod@s @s que estabamos alí.

    Xiradela gracias por eses momntos que facedes pasar!

    Publicado por: unha de Xiradela | 29/04/2008 19:43:21

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados