Cidadáns de Arteixo Arteixo.Cidadáns.NetConcello de ArteixoEuropaPress.NET

Cidadáns de Arteixo

Galego | Castellano

arteixovarios

de todo un pouco

Xa volo dicía eu

domingo, 13 de maio de 2007 0:25

Hai uns días escribin denunciando que no Alto de Arteixo non había ningún lugar adecuado para que xogasen os rapaces. No programa electoral de fai doce anos do pp, prometían un parque, incluso indicaban a ubicación que para máis señas poñía: frente a casa de Cachito(un veciño do alto). Para taparnos un pouco a boca levaron para un solar que aínda non está construído uns columpios que foron asentados sobre da terra de forma transitoria. No momento que empezou a chover,o parque foi lameira, e no verán tiñas que ir con cazadora porque estaba todo rodeado de edificios e non lle daba o sol en todo o día, pero a nós valíanos. Agora esos columpios desapareceron, porque por supuesto, o solar era privado e o dono encotraríalle outra función como é normal.
A carencia é evidente, pero o máis gracioso é que en menos de nada, falo de meses, conseguiron buscarlles un local para uso e disfrute dos maiores, arreglárono en menos dunha semana para ser inaugurado inmediatamente.
Entón eu digo, ¿cal é a diferencia? Poñemos nunha balanza un local social e un parque, e intentamos pensar coma un político....Xa está, os nenos non votan

http://arteixo.cidadans.net/fochancas/21870
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

ME PREGUNTO SE ALGUÉN SABE ALGO

domingo, 29 de abril de 2007 23:01

Hai un rumor que me gustaría contrastar.
Xa fai tempo din a miña opinión sobre a promesa que lle fixo o alcalde ós socios de XIRADELA da busqueda dun local social para a asociación.
Según él estaba xa en desenrolo o arreglo dun muíño que está situado na zoa da Cachada.
Pero polo que eu escoitei (nada confirmado ó cen por cen) ese proxecto xa estaba pensado de moito antes de comunicárselle ós socios, de feito creo que as ventás novas están esperando ser colocadas hai máis de catro meses. E diredes ¿cal é agora o problema? Pois o problema é que teño entendido que o proxecto estaba todo no aire e que agora, enterado PATRIMONIO, di que un muíño debe ser consevado polo seu interés cultural e turístico, pero non ser utilizado por ninguén para desenrolar ningunha clase de actividade como sería albergar a unha asociación.
Agradecería calquera novidade REAL sobre este tema.

http://arteixo.cidadans.net/fochancas/20799
2 Comentarios  -  Envía o teu comentario

ALTO DE ARTEIXO

venres, 20 de abril de 2007 23:03

De todos é sabido que en Arteixo non abundan os parques infantís, a pesar de que cada día hai máis nenos, e que temos un crecemento demógrafico atípico en Galicia pola cantidade de xente que ven de fora a traballar aquí. De todas formas o que ocorre no alto de Arteixo clama ó ceo.
Se poñemos un metro no cruce que vai para Morás, en menos de 500 metros en cada dirección podemos atopar máis de seis paradas de autobús con máis de un centenar de cativos. Pois como podedes comprobar no alto de Arteixo non hai un curro decente donde poida xogar unha criatura sen que sexa en plena rúa.
Xa sei que non é a única zona donde pasa isto, pero cada un ve o seu, e eu xa estou farta de arrincar hacia o Seixedo e pillar molladuras porque nin sequera hai donde abrigarse polo camiño. Por favor, que o "ALTO" tamén existe.
Agora sí, nestos días xa veredes como ninguén se olvida de que no ALTO tamén se vota.

http://arteixo.cidadans.net/fochancas/20158
5 Comentarios  -  Envía o teu comentario

LOCAL DE XIRADELA

mércores, 21 de marzo de 2007 21:36

Paréceme que o tema do local de Xiradela está quedando no olvido, ben é certo que tal e como van as cousas en Arteixo recoñezo que hai moito ó que atender.
Gustaríame recordarlle a tódolos usuarios que deberíamos darlle o noso apoio a Xiradela e que para iso é preciso manter o tema desperto. Eu poño o meu gran de area facendo resurxir o tema.
As últimas noticias das que teño coñecemento son acerca de unha supuesta reunión acordada para xuntar á directiva, ó alcalde e a outra persoa do concello que se iba a poñer mans a obra para que todo comenzara a rodar, pero polo que puiden averiguar, de novo houbo plantón por parte dos membros do concello

http://arteixo.cidadans.net/fochancas/17851
57 Comentarios  -  Envía o teu comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados