Arteixo Castellano  Galego  

dunha arbore a outra

comentanar o que vexa

Bruxa

02/10/2007

Do Diccionario dos seres míticos galegos

BRUXA: muller que por herdanza, por sinal de nacemento uo por PAUTO CO DEMO, goza de poderes e coñece receitas para causas dano. Chegan a bruxa as que cumpren algun destos requisitos: ser sétima ou novena filla da mesma nai sen varón interposto e non ter defecto físico nin ser amadriñada co nome de María pola irmá máis vella; herdar doutra bruxa a vasoira máxica ou o cacharro onde gardan o cacho; saber de memoria as oracións que lles son propias(como o noso pai das bruxas); facer dereitamente Pauto co Demo.As bruxas para voar ós aquelarres, untanse a media noite cun ungüento composto de graxa de porco,po de rabo de lagarta,ósos de defunto e unto de sapo, que esconden na pedra da lareira.Saen pola cheminea ou pola fiestra montadas na vasoira máxica. Para ir polo sitio adecuado recitan a ladaíña: "Por riba das silveiras e por baixo das carballeiras"
Nos aquelarres, que se celebran normalmente nas noites do sábado,teñen consello co demo, celebran a "media misa", bailan e beben,fan acopio de útiles máxicos, bícanlle o cu ó demo e, unha vez ó ano, fan o reparto das moscas.
Poden transformarse en curuxas, gatos, arañas, abellóns, burras, cabalos, moscas raxadas e luciñas. Fieis á súa máxima: "todolos días teño que facer algún dano", secan as colleitas, enferman o gando,botan MAL DE OLLO, confunden ós viaxeiros, lavan o cu no leite posto o lume, bailan na lareira das casas, causan pragas de piollos, tóllenlles as mans ós cregos e fan que amosquen as vacas e dean sangue en vez de leite.

http://arteixo.cidadans.net/esquio/2007/10/02/bruxa/
8 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Pero as nosas meigas de toda a vida, esas que habelas hailas non serán tan malas coma as bruxas que describes?

    Publicado por: Quruxa | 02/10/2007 21:52:40
  • 2. non, as meigas eran e son, menciñeiras,xente que coñece coma sandar unha infermidade e coma desconxurar os danos das bruxas
    unha aperta

    Publicado por: esquio | 03/10/2007 11:59:25
  • 3. Unha Bruxa é unha Bruxa, pero unha Meiga é outra cousa ben distinta.

    ¡¡¡Amadoraaaaaaa que ti de isto sabes un cacho!!!.Máis Albanta, si non erro, tamén. Si non acordo mal xá andivemos fai tempo con contos de Meigas e Santas Compañas. ¡¡¡Dios, como se nota que ven o Outono e dispóis chega o Inverno!!!. Vamos arrimando á Laréira e a o Pote.

    Publicado por: sioux | 03/10/2007 16:39:42
  • 4. aburrides as ovellas........................

    Publicado por: falar por falar | 04/10/2007 11:06:43
  • 5. Unha recomendación: "Herba moura" de Teresa Mougue, neste verán o tempo non me deu máis que para ler este libro dunha meiga moi especial.

    Publicado por: albanta | 04/10/2007 11:16:25
  • 6. Convencion de meijas en amigable camaraderia!!!Falta a Artillera mais a Paloma

    Publicado por: jgr | 04/10/2007 13:22:02
  • 7. Dende cando saben leer as ovellas? paspallás...............

    Publicado por: calar por calar | 05/10/2007 11:16:01
  • 8. Xa podedes apuntarvos no curso de micoloxía que organiza o Concello. Parece que este ano o organizan millor (esperamos ) e podedes descargar as follas de incrición na web do concello www.arteixo.org e logo envialas por fax ó 981641815 ou entregalas alí. ¿ Para cando a inscrición por Internet ? Novos tempos, novos recursos, novas ideas .... esas cousas

    Publicado por: Cogumelos ...cando chova | 09/10/2007 14:45:09

Publicar un comentario


 

(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados