Castellano Galego
Tódolos días vemos na prensa noticias que fálannos de adolescentes que vexan os seus compañeiros, namentres os filman para logo colgarllo no internet, e nos dicimos-facéndonos inocentes fronte a esa situación- ¿que está a pasar cos nosos adolescentes?
Só temos que poñer a tele e ver un noticiario.
Semella que unha nova non é boa, si nela non hai sangue, dor e destrucción.
Me diran "eche o que hai" si, pero pódese contar a nova sen ter que mostrar os mortos, feridos, o sufrimento de todas esas persoas unha e outra vez, ata a saciedade, ata que a nosa sensibilidade desapareza.
Cando cubren unha nova de violencia de xénero, se chegan cando o feito, xa foi, móstrannos o sangue e fanllo dez veces en cada canle da tele, ata que o feito parézanos normal.
É lexitimo que fagan unha entrevista e logo unha reportaxe sobre a súa vida a un asasino que matou dous mozos a sangue fría, dous rapaces que estaban a facer o seu traballo.
Un home que dedicou a súa vida a vivir sen esforzo roubando e matando, que pega un tiro a un traballador porque non hai máis diñeiro na caixa.
Ou facer dun ladro coma o Dioni unha estrela da tele.
Temos que ver programas onde o vocabulario é malfalado e groseiro.
Amosamos cada día que a vida dos outros non vale nada, que podenos inmicirnos na súa intimidade e dicir o que queramos.
¡Faltaría máis, non hai liberdade de expresión!
Si, pero debemos amosar aos nenos que esa liberdade ten un límite, e que a miña liberdade de expresión acaba cando esa liberdade convertese en algo maligno que fere e destrúe.
¿Que tal se fosemos nos os difamados?
¿Como afecta todo esto á mente dun neno dun adolescente, se a nós, que nos cremos persoas formadas pola vida e a cultura que fomos acumulando, férennos e molesta ¿como afectará esto a un neno que se está a formar?
Non vemos nas entrevistas e reportaxes aos mozas/os traballadores, a isos que para ter unha carreira, lavan vasos no tempo libre. Nin os que están lonxe das súas familias do seu pais axudando a outras persoas que o necesitan, e non só falo das tropas, falo de médicas/os e enfermeiras/os que arriscan as súas vidas, para salvar outras.
Nin vexo aos que están nun laboratorio, buscando solución a males incurables.
Os que emigraron, os que están nunha estada ou na mar.
Estou ata os pelos desos artistas que saen na tele, coma heroes diciendo coma se "desengancharon", é coma dicirlles a os nenos "se eu pode vos tamén"
Teño fe na xuventude.
Cada neno é un tesouro que debemos coidar entre todos, coma fan algunhas tribos amazónicas, que os nenos é responsabilidade de toda a tribo
Ensinemos coa palabra e co exemplo: para que son as papeleiras, que as árbores son seres vivos e necesarios, que non se debe botar nada o río.
Creo que non hai lección máis efectiva que a que pode dar un neno, fagamos de nosos fillos mestres dos maiores, sendo á vez seus máis agarimosos e respectuosos exemplos.
1. Tal cual Esquio, tal cual o contas. Unha aperrrta do vello toxo revirado.
2. En canto ó da dor nas noticias, é verdade que poden rozar a escatoloxía, pero tamén é verdade que, non se pode vivir permanentemente nos xardíns de Buda. Non se pode vivir de espaldas á realidade, e a realidade é, que pese a que nós non teñamos carencias importantes, moita xente carece do máis elemental: xa sexa a súa familia porque unha guerra lle-la destrúe,ou unha catástrofe, natural ou debida a fallos mecánicos ou humanos, ou porque a fame a aniquila, ou porque enfermidades acaben por extinguila, xa sexa dos seus bens, do seu entorno...non podemos vivir de espaldas a esto. Precisamente debería de ser o acicate para que nos désemos conta do valor que ten estar rodeados das persoas que queremos e que nos queren, o confort do calor dunha manta e un teito que nos cubre e nos protexe, e o que reconforta o poder alimentarnos e asearnos todos os días. ¿Qué ocorre? que nos volvemos tan extraordinariamente soberbios por non ter esas carencias tan brutales que todo o que sexa ver o anverso da moeda molesta, e como realmente témolo todo, inventamos o máis difícil todavía...e ¿qué é o máis difícil? frivolizar coa nosa propia condición e coa nosa propia dignidade infrinxindo dolor e humillación, e recreándonos neles...se se prefire, a crueldade supina.
3. Este post vaime levar a outro. Agora me poño mans á obra.
4. En canto a que a educación dos rapaces é un ben social común, estou totalmente dacordo. Creo que foi no estado de Masachusettes, aínda que non lembro o nome do Condado no que se puxo en práctica, levouse a cabo, hai xa uns anos, unha experiencia educativa que lle deron en chamar "A ponte xeracional". A experiencia tiña como obxectivo favorecer a participación da comunidade na educación dos seus membros máis novos, e en concreto, botando man daqueles membros de maior idade, porque pola súa experiencia, podían ser mellores referentes ante situacións conflictivas para os rapaces. Para poñela en práctica, organizaron numerosos talleres nos que os rapaces amosaban ós anciáns as súas destrezas (motricidade, novas tecnoloxías, expresión corporal, etc) e os anciáns facían o propio con eles..(patchwork, independentemente dos sexos...porque alí cosía todo "perro pichichi", cociña, xardinería...A experiencia foi do máis satisfactoria, porque a través da implicación dos anciáns no eido educativo aprenderon o respecto polas señas de identidade do Condado e a importancia da súa conservación. Adquiriron destrezas que seus pais non lles podían proporcionar por falta de tempo debido ó traballo. Pola súa parte, os rapaces ofreceron a oportunidade de revitalizar un sector social que parecía relegado ó fallado do olvido, e unha convivencia máis plena, harmoniosa e respetuosa...