Castellano Galego Eliminemos a pataca podre que intenta podrecer todo ao seu redor
Iso mesmo, Resetear o blog. Reinicialo. E intentar que todo volva ser como antes. ¿A onde foron as conversacións lonxanas á simple descalificación? ¿Onde están os blogueiros de sempre? ¿perdido? ¿Quruxa? ... ¿Sioux? ¿Amadora? A súa participación últimamente é nula, infrecuente...
Propoño dende aquí que, cada dono de caderno que vexa como Mister Plasta comeza a espamear a súa porcallada de todos os días, isto é, basura descalificativa indiscriminada contra todos, e comentarios auto-laudatorios con diferentes nicks e con 3 minutos de diferenza (manda carallo), reportemos a Europa Press. Suponse que eles teñen potestade para corrixir estas condutas anómalas, ¿non si?. Sempre e cando atente contra a honra das persoas, cousa máis que vista xa. Está clara cal é a intención de Mr. Plasta... Podrecer o resto do saco de patacas.
Pregúntome con qué tipo de abono foi criado...
Pero xa está ben de deixar escurrir o bulto. Unha páxina non pode caer por culpa deste individuo. Só faltaría. Xuntémonos todos. No protocolo TCP/IP temos a solución. Aproveitémola.