Castellano Galego Corría o ano 1980, no paso para o ano 1981 e ese sería o meu primeiro ano de uvas e badaladas. Estaba totalmente emocionada coa nova experiencia, porque o feito de tomar as uvas coma os maiores, facíame máis maior a min tamén. Durante o día 31 de decembro entrenei tomándome as uvas...pese a non ser das froitas que máis me apasionan, pero quería estar a tono para a noite...e chegou o momento: o día d, a hora h, a xuntanza familiar...e veña coas uvas!!!! Empezaron a sonar os cuartos no reloxo da Porta do Sol, e como eu ía de "estreno", pensei que xa chegaba a hora, púxenme a comer nas uvas compulsivamente, pese ás advertencias de que non era...pero xa estaba metida en fariña, até que unha, a asesina, quedoume cangada na gorxa...nin subía, nin baixaba, nin me deixaba respirar...e a miña cor ía cambiando...meus padriños choraban, miña nai histérica, meu pai non sabía cómo desfacer aquel atasco, meu irmá xa case se proclamaba fillo único (mentira, pero hai que adornalo...)e de súpeto, miña nai, nun ataque de histeria, e contravindo as actuais normas educativas establecidas polo Governo, doume unhas azoutas decíndome: "díxenche que non era o momento"...eu coas azoutas salouquei e ó facelo, expulsei á uva asesina e as súas compañeiras...para que logo falen das uvas da sorte, e de que as azoutas matan...Dende aquela, data da miña estrea e do meu remate, non volvín a tomar máis uvas da sorte, nin levei máis azoutas entrando e saindo o ano...No obstante, sigo levando con emoción ese momento, as peticións de saude para a miña familia no ano que entra, as peticións do mellor para a miña xente, e por extensión, as peticións para todos vós. Feliz Aninovo.
1. ¡¡¡Compra unha lata de úvas de esas que veñen precocinadas sin piél nin pepítas, que esas non teñen tanto peligro!!!.
Feliz noite vella e toda á alegría do mundo para o 2008. Feliz aninovo L_DEL_J.
2. Sempre o dixen:tua nai ten que ter unha paciencia....e eso que xa non pelea conmigo
3. l de j din que no novo mundo hai un lugar especial que hai que visitar e quen veu a este mundo e non o visita é como ir a arteixo e non ver as pontes romanas. bicos
4. bueno, ya pasó... ahora escribenos otra cosa de esas buenas que tu haces tan bien. un besito o dos
5. Me voy a poner mimosa y voy a reclamar más...besos, digo...no me tientes, fiel seguidor.