Arteixo Castellano  Galego  

A explayarse a tutiple

mis explayamientos

O pantalón de dril.

07/08/2008

Cando eu era cativa, coma todos os nenos, acostumaba a preguntarlles cousas a meus pais de cando eles eran nenos tamén. Os meus intereses eran múltiples: os xogos, cómo era a escola, qué facían, cómo se vestían...como meus pais foron nenos da Posguerra, en nada coincidían co que foi a miña infancia...e a mín, por exemplo, cando me explicaron cómo eran os pantalóns de dril que usaban os nenos, algo máis largos da media perna, con tirantes ou a xeito de peto, e con dous buracos, un á altura do pene e outro á altura do ano, porque os recursos non daban para roupa interior que os nenos ademáis podían manchar fácilmente, pois a verdade e que me costou facerme unha composición do que me estaban a describir, aínda que quedou latexante, no limbo da memoria. No obstante, o ano no que morreu miña avoa, a composición doume de golpe nos fuciños. E agora contarei porqué.

Miña avoa morreu cando eu tiña cinco anos. Como é tradicional,ese mesmo ano,por Santos, miña nai acudiu ó cemiterio a levar as flores. Como meu pai ía de caza e tiñamos que ir a Lañas, decidiu que as dúas iríamos a pé, atallando polo Pedregal, saíndo ós Canles, e finalmente, a Lañas de Abaixo. E así fixemos. Pola tardiña cedo, despóis de xantar, collemos as flores e marchamos.Ó chegarmos ó Pedregal, atopamos uns veciños e conversou un anaco con eles, e dunha das casas, saiu un neno cun pantalón furado á altura do pene e a altura do ano. Con tirantes. De cor gris miseria, se a miseria tivera representante cromático. Se hoxe coma adulta me fixeran expresar o que me suxeriu ese pantalón, diría que foi a negación da esperanza, pero naquel momento, para mín, a cativa dos recén estreados seis anos, foi un apretón forte á man da miña nai, con un tirón frouxo, e o meu dedo índice apenas saíndo dos dedos da miña nai que me sostiñan a man a que eu me agarraba, sinalando...O contraste era brutal, descarnado: eu levaba o meu abrigo, o meu vestido, unhas medias gordechas para non pasar frío...e aquel neno, con aquel pantalón herdado de sabe Deus quén, pero a infancia dos meus pais pegoume de súpeto na cara...unha labazada forte e fría, tanto, que ós meus case trinta e seis anos, non fun quen de esquencer o pantalón de dril.

http://arteixo.cidadans.net/eledeljota/2008/08/07/o-pantalon-de-dril/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. para que vexas que xa naquela época había quen podía vivir sen necesidade e quen sobrevivía entre a necesidade.
    Pasa o tempo e seguen aínda moitas costumes, e o máis paradóxico do conto e que só a ollada inocente dun rapaz pode darse conta da magnitude das diferencias.

    Publicado por: laia | 07/08/2008 00:32:34

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados