Castellano Galego Din que se está a perder o sentido do olfato, por ser un dos máis primitivos e máis aletargados: Cos perfumes non retemos o olor propio e característico das persoas que máis queremos, nin somos quenes de recordar o aroma dun sitio concreto, ou de anticiparnos ó sabor dun alimento polo seu aroma. Ante esta afirmación non podo máis que sentirme unha auténtica muller primitiva. Non recordo alimento que entre na miña boca que previamente non sexa ulido. Nas primeiras idades facíao descaradamente, pero xa que o olfato entra en cuarto minguante e o disimulo en cuarto crecente, agora perfeccionei a técnica. Anticipadamente sei se o que vou comer me gusta ou se máis ben me gustaría pasar de largo. Polo olfato decateime de que meus pais van máis maiores que o que a vista me di que van, e mesmo o sentido común, porque a súa pel ule diferente. Debido a él,asomeime, un día pola rúa, ó abismo das bágoas, ó recordar no perfume dunha muller o perfume de outra, a miña segunda nai, que xa non está físicamente. Na miña memoria olfativa estará para sempre o olor do campo mollado, tras as tormentas do verán, o dos figos maduros no outono, ou a rosas e cinemomo na primavera. Deixo o inverno para o final, porque básicamente, sempre estará unido ó olor que baixa do monte da Penouqueira, ó zoar dos pinos e dos eucaliptos, é a súa esencia no vento...Recordarei por sempre o olor da Fábrica de Tabacos na Palloza, o do Cafés EL Trópico na Rúa Nova, o das Especias de Bernardino Sánchez na Galera,e o do Atlántico voltando da Meseta erma de olores...Espero que a sentenza que condena ó sentido do olfato ó olvido non se cumpra...e mentras tanto, disfrutemos de ser primitivos, disfrutemos del.
1. Así sexa.
Tento manter os meus sentidos o millor que podo, pero bueno, de iso xa escribin fai tempo no meu blog no Agosto pasado, anque moitos non me entenderan. Tampouco me entenderon cando falaba d'as hipotécas e d'as chimeneas comparativas... aló cada un agora.
Eu ainda acordo a moitos que marcharon; e dime que estou como unha chota (que é certo de todo), pero ainda os acordo moitas veces por como ulian, anque xa non quede nada de eles. A memoria, e cosa de todolos sentidos... e temos cinco...ou máis. Quén sabe.
2. Agora, falando de asuntos moi serios (culinarios), (vaia palabreja), hai un olor que para min é verdadeiramente insoportable, o da tripa cocida, o que pasa que xa lle encontrei un amaño ó asunto...
Merco tripa salgada e deixoa desalar de un día para o outro. Despois de lavala ben, a corto en cachos de uns 25 cm. e os estendo sobre un pano de cociña que sexa ben absorbente. Despois vou envolvendo o pano coa tripa no seu interior como si fora un canelón apretandoo todo o que poida, prensando ben, isto fai que o exceso de sebo ou graxa que queda no interior da tripa vaia saindo polos laterais. Repito a operación con outro novo pano enxoito, para tentar sacarlle toda a graxa posible, mais, tampouco e cuestión de non deixarlle ningunha. Si as metes na parrilla ou como se chama agora ‘barbacoa’, lle pos sal ó gusto, e as deixas dorar ben para que queden cruxintes... iso e como para ir roubando en quente da parrilla a medida que se van facendo, e non ter freno ata que o colesteról rebose polas orellas. Acompañar de bo ribeiro fresco e boa miga de pan, dandolle á mollada boa conversa e risas nos intermedios, e si é posible, tentar respirar nos descansos. Unha aperta... alcurnia da Baiúca.
3. Acordei outro conto L., perdón pola traducción libertaria ó galego, anque millor pedirlle perdón a o autor lexítimo.
Perdón Don Eduardo, con todolos meus respectos i agardo que non me mande ó calabozo por publicar isto sin o seu consentimento previo.
-Argos foi o nome d’un xigante de cen ollos, de unha cidade grega de fai catro mil anos. Tamén se chamaba Argos o único que recoñeceu a Odiseo cando chegou disfrazado a Ítaca.
Homero nos relatou, que Odiseo voltou ó cabo de miotas guerras e moito mar, e se achegou a sua casa facendose pasar por un mendicante achacoso e farrapento.
Ninguen se diu conta de que él... era él.
Ninguen, salvo un vello amigo que xa non sabía ladrar nin podía camiñar, nin moverse tan siquiera. Argos xacía as portas d’un cabanote... abandoado, devorado polas garrapatas, agardando a morte.
Cando viu... ou cicais uliu, que aquel mendicante farrapañento se achegaba, ergueu a cabeza e sacudiu o rabo.
4. Meu pai é aficionado á caza. Hai algo máis de 15 anos, un amigo seu regaloulle unha parella de cans, un cruce de téckel con leonado francés. Para que te dés unha idea, cando chegaron do grandes que eran cando viñeron para a nosa casa (tiñan 19 días), os dous irmáns collíanme na palma da man. Criámolos na casa, e foron uns cans excepcionales, en todos os sentidos, e lonxevos, sobre todo un deles. O primeiro en morrer tiña un problema renal, unha insuficiencia severa, que sólo se solventaría cun transplante de ril. O seu último día estaba a chorar pola dor, porque os medicamentos xa non facían efecto, e decidimos, chorando nós tamén, levalo o veterinario para que deixara de sofrir, pero cando meu pai se acercou a él, o can deixou de chorar e mesmo adoptou a actitude do compañeiro que recibe a outro compañeiro para marchares xuntos...Se estábamos mal, o Bubka (chamabámoslle así porque dende cachorro tentaba, con moitísimo esforzo, saltar un valo que hai preto da nosa casa, e pelexou e pelexou até conseguilo)... con esa actitude deixounos peor, pero da miña experiencia cos cans teño moi claro que, se algunha vez teño fillos, ensinareilles o que é a lealtade tendo na casa un can...logo que se fagan a ilusión de que tal vez algún humano...
5. Eu para olores "nutritivos" teño na miña memoria o dos chourizos que se facían na casa de meus padriños. Facíanos a man, e na lareira da casa vella, facíanlles un fumazo con loureiro e poñíanos a secar. Cada vez que ía á casa deles, e eso era con tanta frecuencia como antes chovía en Galicia, meu padriño decíame: "Migiña, queres un chourizo?, e facía lume e asábao, e tamén patacas pequenas, metidas entre as brasas...a veces a alta cociña radica en cousas moi sinxelas...
6. L, que bo recordar o de "mighiño",así me dicía moita xente vella cando eu era rapaz.
O dos olores é cousa agora mal vista , excepto para os catadores de viñoa e "narices profesionais". Pero é do que máis e millor fai volver os recordos.
O ulido da roupa lavada á man e secada ó sol e dos que me fan volver enseguida ó campo ó lao do rio de lavar onde habñia que ir a mediodía a botarlle auga á roupa que estaba a clarear para que seguise o blanqueado co rigor do sol de verán.
E o perfume de mil plantas nas noites cun chisco de resío antes de San Xoán.....
7. Eres un sol ,L.
E as túas brasas abríronme o apetito. Vou cear
8. estimada l de j como sempre recordando cousas lindas que nos toco vivir e sobre ese cheiro a monte , e sobre a caceria que che podo dicir que o meu pai como o teu fixeron deste deporte un vicio , aínda recordo o cheiro da pomba nas brasas, a dun armadillo, venado ou calquera animal do monte que servise para a parilla(estufa) un bico desde a miña terra santa onde o mar se une á montala
9. Recontras Buho, ¿E o video da Ulama, qué?...,(non me fagas caso que é broma). “Un saúdo dende a fin da tierra para a tierra da outra fin do mundo”.
E tendes razón, aqueles chourizos postos a curar colgados ó fume da lareira do Póte... e con un par de juevos estrellados de xema espesa da cor laranxa do solpor do veran, coas puntillas douradas como coróas de raiña d’os ceos...Ufffff...
Dispois de comer algo semellante, o único que queda, e bicar coa palma da man a propia fronte e ir a tomalo aire, e un chupíto de caña dende logo, mais que nada, para que o fígado non vaia a pensar que con iso se lle acaba a jerra. Vai ser que non. Saudiños.
10. Mi querida L_DEL_J: al leer tu post, reviví los cinco momentos más hermosos de mi vida: el nacimiento de mis hijos. Jamás olvidaré el olor de sus cabecitas recién nacidas, los cinco olían igual y yo no dejaba de olfatearlos guiada quizá por un instinto primitivo que me impulsaba a reconocerlos por el olfato. Y cuanta razón tienes, a veces nos empeñamos en esconder bajo carísimas fragancias, nuestra propia esencia. Gracias por ayudarme a recordar momentos preciosos de mi vida. Un bico.
11. Tes razón Amadora, o ulido é a mellor marca para identificar ós propios e alleos, de feito hai distintas teorías que explican que a atracción cara o outro sexo basease no olfato máis que noutros sentidos ós que se lles soe dar máis importancia como a vista, o tacto ou o ouvido. As feromonas desatan auténticas tormentas emocionais-sensuais , que inconscentemente nos fan sentir atracción ou rechazo cara outra persoa. Tapar ditas marcas persoais cos perfumes, cremas, etc.. fai que a capacidade de recoñecer polo ulido vaia decrecendo nos humanos, algo que non acontece no mundo animal.
Xa vedes, a "evolución" cara un mundo limpo, nun espacio "devor-olor" e "¿a que huelen las nubes?", vai aniquilando esta antiga ferramenta na conquista.Supoño que neste mundo tan anestésico, no que está prohibido suar(agás cando se está no ximnasio facendo medra-los músculos e a autoestima)non ten cabida a diferencia individual(..e que conste que con esto non quero defende-la falla de hixiene!!!).
12. Gracias polos vosos comentarios, por compartir os vosos recordos e as vosas vivencias...sodes "o máis"