Arteixo Castellano  Galego  

A explayarse a tutiple

mis explayamientos

360º

14/06/2008

Hai anos vivín unha pequena tempada nun pobo de Zamora. As principales fontes de ingresos deste pobo eran a agricultura, a silvicultura e a gandería, fundamentalmente extensiva. Dentro da agricultura, un dos cultivos máis importantes era o cultivo da vid. Era por tanto un pobo productor de uva para viño. Como as cualidades organolépticas da uva eran moi similares ás das de certas denominacións de orixe galegas, viticultores ourensáns estaban dispostos a comprarlles a producción de uva dese ano, aínda que cunha condición: a uva debería de ir transportada en caixas apilables co fin de evitar ó máximo as perdas e as posibles fermentacións no camiño que alterasen o sabor do viño. A oferta feita polos viticultores ourensás non lembro ben, pero creo recordar que era de 60 pts/kg. No pobo á súa vez había unha familia sumamente poderosa que controlaba varios sectores e que fixera tamén a súa oferta: non recordo ben se eran 15 ou 25 pts/kg, oferta que foi, lóxicamente, rexeitada de plano. Pero claro, eles eran os únicos que comercializaban os tipos de caixa esixidos para o comercio da uva...Pregunta...¿quén acabou obtendo as uvas? Resposta: é obvio: os donos das caixas. ¿Por qué? Pois porque cada caixa acadou precios superiores á máxima capacidade de uva que podía conter. ¿Qué fixeron despóis eles? Venderlle-la uva ós ourensáns, secuestrar a producción e esgotar toda posibilidade de comercio directo, gañándolle cartos, por suposto. Esto é o que ocorre cos intermediarios,que controlan produccións de moitos sectores, que organizan monopolios encubertos en presuntos mercados libres, que controlan, sen telos en nómina, a economía de moitas familias, os prezos dos productos que nos chegan ás mans, e en certo xeito, a economía do País, dándolle máis dun quebadeiro de cabeza ó Ministro de Economía de turno, que non están exentos de críticas nin de reprobación por non investigar estas prácticas. ¿Quénes pagamos as consecuencias? Pois os productores, agricultores, pescadores, e en xeral, aqueles que dun xeito ou outro nos abastecen e que posteriormente son satanizados polo poder, polos medios de comunicación de masas e por nós mesmos, que nos vemos indefensos. A inmensa maioría da poboación, os que pagamos impostos e que dun xeito ou doutro, acabamos indefensos. Ese é o verdadeiro círculo. 360º que se completan coa indefensión, a impotencia e as prácticas pouco escrupulosas.

http://arteixo.cidadans.net/eledeljota/2008/06/14/360/
3 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Se te saluda L., o caso que relatas creo que é dos que menos abundan en éstes tempos e me da que xa é un dos males menores. O que máis acontece é que o productor quede en mans de un intermediario que a sua vez queda en mans de outro intermediario que depende de outro intermediario... e así sucesivamente sin dispoñer todos eles de ningún medio para distribuír nada.

    Ningún de todos istos intermediarios teñen capacidade real para poñer o producto no mercado á escala necesaria, mais, sí teñen teléfono e fax ademáis de moita cara dura, para cobrar a bonita comisión correspondiente ate que aparece unha empresa de envasado e outra de distribución baratiñas, que colocan a mercadoria no punto de venda.

    Polo camiño foron quedando comisión tras comisión. O resultado é que a diferencia de prezo, que vai dende o que percibe o productor ate que a mercadoría chega ó punto de venda final, levouna a especulación sin haber producido nada. Unha cadéa de intermediarios. ¿E quén paga os pratos escachados?... Pois o punto de venda final, que si non vende ten que pechar a cancéla, e si vende e se manten, é porque o consumidor ademáis de pagar os pratos rotos... aínda os frega tamén.

    Publicado por: sioux | 17/06/2008 12:44:37
  • 2. ¿Que suele acontecer cando o productor coloca directamente a súa mercadoría no punto de venda final?, pois que o precio de venda ao público e practicamente o mismo que o dos productos que circulan polas cadéas de intermediación. Os beneficios que xenera ista transacción directa escasamente se reinvirten n’unha millora productiva ou de distribución, quizá escasamente núnha furgonetiña pequena, iso sí, moi ben rotulada de nuestroseñor. Anque o máis normal é que acaben n’un Mercedes ou en cousas semellantes.
    Igual estou equivocado. Eu qué sei.

    Observese como funciona certa empresa textil que controla todolos pasos dos seus productos practicamente de principio a fín e nin tan siquiera gasta un céntimo en autobombo.

    Publicado por: sioux | 17/06/2008 12:47:45
  • 3. Ánda meu mariñeiro en terra JGR, que a partires de Agosto se vos sale un revirado de xeito, vas facer moitas máis imaxinarias d’as que pensas, jejeje, pero bueno, son imaxinarias de ésas que se fan medio dormido, pero,... ¡felíz e contento recontras!.

    Publicado por: sioux | 17/06/2008 12:55:03

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados