Arteixo Castellano  Galego  

A explayarse a tutiple

mis explayamientos

Sen transxénicos...(O prometido é deuda, Sioux)

07/06/2008

Corrían os principios do Século XX. Era a época na que os homes ían a pé, en burro ou cabalo dende Arteixo á Coruña. A época na que, a poma do millo se empregaba para facer colchóns, o rapé ou o polvillo de tabaco era o abono natural que na beiramar do Concello se lle botaba ós cultivos, hortalizas, xeralmente, para levar o máis granado das hortas de Suevos, Rañobre, Oseiro e mesmo Pastoriza á Coruña, en cestas de mimbres que moitas persoas construían manualmente, e que xeralmente, as mulleres levaban á cabeza. Era a época na que as primeiras patacas novas procedentes de Arteixo se podían comercializar polo Nadal e mesmo foi o momento no que, na tempada de verán se facía unha especie de mercadiño de froitas da época, que proviñan sobre todo de Armentón e de Loureda, no entorno do Balneario: O precursor do actual feirón dos sábados. Habería que esperar ós anos cincuenta para que un home de Larín ó que os seus veciños chamaban Ché de Mañana fixera vir a outro galego nado no Ferrol pero de residencia habitual en Madrid para que viñera inaugurar a primeira granxa vacuna do Concello, cambiando así o seu perfil agrícola e gandeiro. Por primeira vez empezáronse a usar os tractores en Arteixo, e o Concello afianzouse no sector primario, hoxe en claro retroceso polo avance do sector industrial de diverso tipo. Ese primeiro paso fixo que se foran abrindo máis e máis granxas, e que mesmo algunha fose de gran envergadura, coma a de Corzo,ubicada no actual recinto hípico de Casasnovas, que chegou a ter marca propia de leite...Supuxo, por tanto o despegue de Arteixo no sector primario...sen transxénicos e dando lugar a unha economía puxante capaz de producir uns productos de excelente calidade...
Fixémolo daquela e aínda segue a haber granxas moi productivas no Concello, e homes en Suevos que a tardiña atan as súas legumes fragantes e tenras para ir coa venta á Coruña...parece que o poidamos seguir facendo hoxe...sen necesidades de transxénicos...¿ou qué pensades? ¿e tí qué pensas, Sioux?

http://arteixo.cidadans.net/eledeljota/2008/06/07/sen-transxenicoso-prometido-e-deuda-sioux/
13 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. L del J, penso que non se pode pechar o camiño ao avance, sexa tecnolóxico, en materia de comunicacións ou alimentación.

    Por certo non tiña nin idea que Corzo chegase a ter a súa propia marca de leite -quédome co dato-, o que si recordo é a polémica que xurdiu no momento en que apareceron en Galicia as sopas de sobre, as pizzas, ou un cento de alimentos precociñados: todo o mundo dicía que aquilo era unha merdada, que iso non había que o comese, que qué era iso de ter a sopa nun cacho de plástico -aínda hoxe hai xente que non probou unha sopa de sobre-...

    No fondo creo que é o mesmo, porque persoalmente, nin sei cal é o problema da comida precociñada, nin sei cal é o problema cos tranxénicos.

    (Estou flipado co da marca de leite de corzo, en serio, eh. Non tiña nin idea.)

    Publicado por: ¿cal era a marca? ¿Leite Corzo | 07/06/2008 18:32:19
  • 2. Non lembro cal era a marca do leite de Corzo, pero aínda eu lla din á miña filla hai uns 15 anos.
    O que si acordo é que plástico do que usaban para embolsar ese leite foi o que cubriu algún ano a barra do bochinche das festas de Lañas. ¡ Cousas da reutilización tan típicamente galega !

    Publicado por: Desde Oseiro | 08/06/2008 00:51:59
  • 3. Unha cousa é pechar o camiño ó avance, outra moi diferente é en nombre do avance pechar o camiño. Por certo, no referente a comida precociñada tampouco é que gañásemos moito, según din os endocrinos. E era, efectivamente, a leite Corzo. En canto ó tema de cubrir o bochinche non me extrañaría nada. Os galegos somos moi apañados. Din que temos cos xudeos dos aspectos en común: o apañadiños que somos e o factor diáspora...

    Publicado por: L_DEL_J | 08/06/2008 14:13:31
  • 4. Eledejotisma,ti mais eu sabemos,por experiencia,que si os legumes,froita e demais caralladas non son todas iguais,non teñen o color made in laboratorio e se non e marca el cortingles non serven para nada.Asi que coman o que queiran,pero os meu pexeguiños,patacas novas e chicharos da horta que non mos toquen.
    Saudos

    Publicado por: jgr | 08/06/2008 17:23:11
  • 5. pero como vai haber alimento bó en arteixo, se todo e cheiro, fume, choiva acida, e ata a carretera esta chea de polvo e pedriñas, que dan pena os das motos e os ciclistas xa nin se lles ocorre pisala. Haberá que ir mercar cousas doutos lares que non estean rodeados de tamta merda. Vaea sitio elexiron para facer probas.

    Publicado por: Maria G. Lopez | 09/06/2008 14:05:01
  • 6. María G. López, ¿non vivirás en Arteixo, non?

    Publicado por: L_DEL_J | 09/06/2008 14:22:32
  • 7. Por certo, jgr, por fin se che ve o pelo!!!

    Publicado por: L_DEL_J | 09/06/2008 21:24:39
  • 8. sobre os transgenitos é cousa mundial e se añoramos o bo comer empezemos por non consumir aquilo conxelado e volvamos a xantarnos á terra que nos agradecera mais que agora xa que con iso poderemos pero agora as persoas prefire a comidad de comprar conxelado e poñelos ao microndas e esquecerse de cociñar á antigua, lembren que cando fomos uns nenos as nosas nais dábannos xantar sa sen conservadores, vostedes alla e nós aca lembramos con nostalxia eses dias que o mar estaba moito menos contaminado como agora
    bicos ldej

    Publicado por: buho | 11/06/2008 10:01:24
  • 9. As primeiras patacas novas que ian a Coruña,procedian como ben dis do noso concello,as mellores de cedo sempre se cultivaron na zona de Nostian e Borroa,alí habia unhas hortas fantasticas,logo chegou a refineria i acabou con todo.Aínda así hoxe en dia queda algún hortexo na zoa de Borroa.Ameixas,mazas,melocotóns,pavias etc..,e froita de verán,Loureda e Armentón,sempre tiveron a sona de ser as mellores.Do Val de Loureda saia a primeira fruta en cestos para a Coruña.
    Na Baiuca tamén habia boas hortas,i algunha aínda queda.

    Publicado por: Arteixán | 11/06/2008 20:43:10
  • 10. ¡L. A min non me fagas máis preguntas pa' sacarme d'as casillas!.
    Creo que na Voz de Galicia se publicou estos días que nos Iunaited Estates Imperiales (ollo ao Papa Negro, jejeje), non poden utilizar nin vender ¡¡¡os tomátes frescos!!! por culpa da salmonela... ¿Alguien ten noticia de que isto acontecera en algunha outra ocasion con algún tipo de fróita?.

    Publicado por: sioux | 12/06/2008 15:57:03
  • 11. Por si a álguien non lle quedou claro, repito...Eu personalmente non teño nada contra o progreso. O que non se pode consentir é que nos dén a comer m... ... e productos químicos, e polo visto iso se chama progreso.
    As tortillas feitas a base de fécula de pataca e huevina hai que decir que estan cojonudas, as pizzas envasadas e con unha lampazeada de (supuesto tomate) e uns firulétes de (supuesta mozzarela) son unha marabilla. Jodddder.
    Ves L., xa me puxeches dos nervios.
    Un bico e saúde.

    Publicado por: sioux | 12/06/2008 16:09:09
  • 12. Mariñéiro qué!!!...Sei que che deron pase pernocta, ¿Ou te escaqueaches ás agochadas?...Unha aperrrrrta do Toxo revirado.

    Publicado por: sioux | 12/06/2008 16:14:12
  • 13. 2ª imaxinaria,mais ou menos.Haber se fago algo de tempo

    Publicado por: jgr | 14/06/2008 16:42:00

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados