Arteixo Castellano  Galego  

A explayarse a tutiple

mis explayamientos

¿De qué color?...

03/02/2008

Estaba sentada na mesa dun café, entre o fume e o ruido, sen escoitar nada nin ver nada en especial, allea a todo, excepto ó calor e ó aroma reconfortante da súa taza de café. A invernía seguí latente fóra, a través dos cristales, cando de súpeto entraron eles. Tiñan a xuventude e a beleza dos abrochos das árbores ó anunciar a primavera e mesmo desprendían o optimismo propio das follas que nunca foran batidas polo vento, nin coñecían a friaxe da xeada,nin o calor abafante do estío. Había, sen dúbida algunha, algo hinóptico neles, aínda que non acertaba a decir qué era. A xove parella tomou asento nunha mesa próxima á dela e comenzaron a falar, momento no que ela volveu ó seu mundo. De súpeto, sen saber moi ben porqué voltou a reparar neles, e da boca do rapaz saiu unha pregunta coma un lóstrego: "Verás...siempre he salido con morenas, y...bueno, tengo una duda...creo que por ser pelirroja me la podrías aclarar...es una curiosidad...ummm...¿de qué color tienen el vello púbico las pelirrojas, por ejemplo?"...Ela quedou perplexa, á espera da resposta que non se fixo esperar, nun aceno, por parte da moza, dunha man pendulante coma a balanza cega da xustiza, e dun rizo preso pola outra e un sorriso cómplice nos beizos..."Verás, más o menos, como lo que estás viendo"...Chegou á conclusión de que había que ser moi xoven para formular esa pregunta, e outro tanto para respondela dese xeito. De súpeto reparou na mirada do rapaz, e comprendiu que nos seus ollos prendera a chama dun fogo no que todos nos autoinmolamos algunha vez...e para os seus adentros pregou porque a sacerdotisa que avivaba esa chama aceptase o seu sacrificio,mentras deixaba as moedas do café no pratiño...


Nota: Esta historia está inspirada nun feito absolutamente real, protagonizado por unha parella apaixoada de compañeiros meus de facultade. A día de hoxe, seguen a "autoinmolarse" mutuamente....Xa que estamos en febreiro,dígoo por se se extendera o exemplo...Eso sí, só vos pido unha cousa...non os xulguedes mal: era a época xente nova e leña verde...

http://arteixo.cidadans.net/eledeljota/2008/02/03/de-que-color/
3 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Ves, L como lo haces muy bien?
    Tenemos que quedar a un café y hablar mas ampliamente.
    Un bico

    P.D., estoy muy preocupada por Perdido, con un solo ojo podrá sacar fotos?

    Publicado por: esquio | 04/02/2008 11:33:43
  • 2. L. Metécheme medo en canto cheguei ó da “man pendurante”... Esperaba o peso da xustiza en forma de obléa radical, jejeje. Pero iso non sería representativo da intelixencia femenína. O teu relato acórdame o conto d’un pardíllo que por querer facer deportes de riesgo acabou por atragantarse c’unha mazá. En iste caso Adán pagou os caféses. Mais do Génesis logo se pasa á Apocalipse, (hay excepcións, istas confirman a régra). Un saúdo de outro ‘xunta letras’ anónimo cibernético.

    Publicado por: sioux | 07/02/2008 14:30:51
  • 3. Bicos ós dous...e o café sigue pendente e latente...

    Publicado por: L_DEL_J | 07/02/2008 22:53:48

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados