360º
sábado, 14 de xuño de 2008 10:13
Hai anos vivín unha pequena tempada nun pobo de Zamora. As principales fontes de ingresos deste pobo eran a agricultura, a silvicultura e a gandería, fundamentalmente extensiva. Dentro da agricultura, un dos cultivos máis importantes era o cultivo da vid. Era por tanto un pobo productor de uva para viño. Como as cualidades organolépticas da uva eran moi similares ás das de certas denominacións de orixe galegas, viticultores ourensáns estaban dispostos a comprarlles a producción de uva dese ano, aínda que cunha condición: a uva debería de ir transportada en caixas apilables co fin de evitar ó máximo as perdas e as posibles fermentacións no camiño que alterasen o sabor do viño. A oferta feita polos viticultores ourensás non lembro ben, pero creo recordar que era de 60 pts/kg. No pobo á súa vez había unha familia sumamente poderosa que controlaba varios sectores e que fixera tamén a súa oferta: non recordo ben se eran 15 ou 25 pts/kg, oferta que foi, lóxicamente, rexeitada de plano. Pero claro, eles eran os únicos que comercializaban os tipos de caixa esixidos para o comercio da uva...Pregunta...¿quén acabou obtendo as uvas? Resposta: é obvio: os donos das caixas. ¿Por qué? Pois porque cada caixa acadou precios superiores á máxima capacidade de uva que podía conter. ¿Qué fixeron despóis eles? Venderlle-la uva ós ourensáns, secuestrar a producción e esgotar toda posibilidade de comercio directo, gañándolle cartos, por suposto. Esto é o que ocorre cos intermediarios,que controlan produccións de moitos sectores, que organizan monopolios encubertos en presuntos mercados libres, que controlan, sen telos en nómina, a economía de moitas familias, os prezos dos productos que nos chegan ás mans, e en certo xeito, a economía do País, dándolle máis dun quebadeiro de cabeza ó Ministro de Economía de turno, que non están exentos de críticas nin de reprobación por non investigar estas prácticas. ¿Quénes pagamos as consecuencias? Pois os productores, agricultores, pescadores, e en xeral, aqueles que dun xeito ou outro nos abastecen e que posteriormente son satanizados polo poder, polos medios de comunicación de masas e por nós mesmos, que nos vemos indefensos. A inmensa maioría da poboación, os que pagamos impostos e que dun xeito ou doutro, acabamos indefensos. Ese é o verdadeiro círculo. 360º que se completan coa indefensión, a impotencia e as prácticas pouco escrupulosas.
Sen transxénicos...(O prometido é deuda, Sioux)
sábado, 07 de xuño de 2008 9:41
Corrían os principios do Século XX. Era a época na que os homes ían a pé, en burro ou cabalo dende Arteixo á Coruña. A época na que, a poma do millo se empregaba para facer colchóns, o rapé ou o polvillo de tabaco era o abono natural que na beiramar do Concello se lle botaba ós cultivos, hortalizas, xeralmente, para levar o máis granado das hortas de Suevos, Rañobre, Oseiro e mesmo Pastoriza á Coruña, en cestas de mimbres que moitas persoas construían manualmente, e que xeralmente, as mulleres levaban á cabeza. Era a época na que as primeiras patacas novas procedentes de Arteixo se podían comercializar polo Nadal e mesmo foi o momento no que, na tempada de verán se facía unha especie de mercadiño de froitas da época, que proviñan sobre todo de Armentón e de Loureda, no entorno do Balneario: O precursor do actual feirón dos sábados. Habería que esperar ós anos cincuenta para que un home de Larín ó que os seus veciños chamaban Ché de Mañana fixera vir a outro galego nado no Ferrol pero de residencia habitual en Madrid para que viñera inaugurar a primeira granxa vacuna do Concello, cambiando así o seu perfil agrícola e gandeiro. Por primeira vez empezáronse a usar os tractores en Arteixo, e o Concello afianzouse no sector primario, hoxe en claro retroceso polo avance do sector industrial de diverso tipo. Ese primeiro paso fixo que se foran abrindo máis e máis granxas, e que mesmo algunha fose de gran envergadura, coma a de Corzo,ubicada no actual recinto hípico de Casasnovas, que chegou a ter marca propia de leite...Supuxo, por tanto o despegue de Arteixo no sector primario...sen transxénicos e dando lugar a unha economía puxante capaz de producir uns productos de excelente calidade...
Fixémolo daquela e aínda segue a haber granxas moi productivas no Concello, e homes en Suevos que a tardiña atan as súas legumes fragantes e tenras para ir coa venta á Coruña...parece que o poidamos seguir facendo hoxe...sen necesidades de transxénicos...¿ou qué pensades? ¿e tí qué pensas, Sioux?
¿De qué color?...
domingo, 03 de febreiro de 2008 16:31
Estaba sentada na mesa dun café, entre o fume e o ruido, sen escoitar nada nin ver nada en especial, allea a todo, excepto ó calor e ó aroma reconfortante da súa taza de café. A invernía seguí latente fóra, a través dos cristales, cando de súpeto entraron eles. Tiñan a xuventude e a beleza dos abrochos das árbores ó anunciar a primavera e mesmo desprendían o optimismo propio das follas que nunca foran batidas polo vento, nin coñecían a friaxe da xeada,nin o calor abafante do estío. Había, sen dúbida algunha, algo hinóptico neles, aínda que non acertaba a decir qué era. A xove parella tomou asento nunha mesa próxima á dela e comenzaron a falar, momento no que ela volveu ó seu mundo. De súpeto, sen saber moi ben porqué voltou a reparar neles, e da boca do rapaz saiu unha pregunta coma un lóstrego: "Verás...siempre he salido con morenas, y...bueno, tengo una duda...creo que por ser pelirroja me la podrías aclarar...es una curiosidad...ummm...¿de qué color tienen el vello púbico las pelirrojas, por ejemplo?"...Ela quedou perplexa, á espera da resposta que non se fixo esperar, nun aceno, por parte da moza, dunha man pendulante coma a balanza cega da xustiza, e dun rizo preso pola outra e un sorriso cómplice nos beizos..."Verás, más o menos, como lo que estás viendo"...Chegou á conclusión de que había que ser moi xoven para formular esa pregunta, e outro tanto para respondela dese xeito. De súpeto reparou na mirada do rapaz, e comprendiu que nos seus ollos prendera a chama dun fogo no que todos nos autoinmolamos algunha vez...e para os seus adentros pregou porque a sacerdotisa que avivaba esa chama aceptase o seu sacrificio,mentras deixaba as moedas do café no pratiño...
Nota: Esta historia está inspirada nun feito absolutamente real, protagonizado por unha parella apaixoada de compañeiros meus de facultade. A día de hoxe, seguen a "autoinmolarse" mutuamente....Xa que estamos en febreiro,dígoo por se se extendera o exemplo...Eso sí, só vos pido unha cousa...non os xulguedes mal: era a época xente nova e leña verde...
A uva asesina
sábado, 29 de decembro de 2007 8:34
Corría o ano 1980, no paso para o ano 1981 e ese sería o meu primeiro ano de uvas e badaladas. Estaba totalmente emocionada coa nova experiencia, porque o feito de tomar as uvas coma os maiores, facíame máis maior a min tamén. Durante o día 31 de decembro entrenei tomándome as uvas...pese a non ser das froitas que máis me apasionan, pero quería estar a tono para a noite...e chegou o momento: o día d, a hora h, a xuntanza familiar...e veña coas uvas!!!! Empezaron a sonar os cuartos no reloxo da Porta do Sol, e como eu ía de "estreno", pensei que xa chegaba a hora, púxenme a comer nas uvas compulsivamente, pese ás advertencias de que non era...pero xa estaba metida en fariña, até que unha, a asesina, quedoume cangada na gorxa...nin subía, nin baixaba, nin me deixaba respirar...e a miña cor ía cambiando...meus padriños choraban, miña nai histérica, meu pai non sabía cómo desfacer aquel atasco, meu irmá xa case se proclamaba fillo único (mentira, pero hai que adornalo...)e de súpeto, miña nai, nun ataque de histeria, e contravindo as actuais normas educativas establecidas polo Governo, doume unhas azoutas decíndome: "díxenche que non era o momento"...eu coas azoutas salouquei e ó facelo, expulsei á uva asesina e as súas compañeiras...para que logo falen das uvas da sorte, e de que as azoutas matan...Dende aquela, data da miña estrea e do meu remate, non volvín a tomar máis uvas da sorte, nin levei máis azoutas entrando e saindo o ano...No obstante, sigo levando con emoción ese momento, as peticións de saude para a miña familia no ano que entra, as peticións do mellor para a miña xente, e por extensión, as peticións para todos vós. Feliz Aninovo.
+ ver máis >>