Arteixo Castellano  Galego  

XAQUE A DAMA

ARTIGOS DE OPINIÓN

XAQUE A DAMA.

10/10/2008

" A XUSTIZA POLA MAN !!!!!! ".

 

Coma naquel poema famoso de Rosalía de Castro desexamos "in mente", en certas ocasións, cambiar as desfeitas e as calamidades a puñadas e/ou polas bravas .... ainda que son abofé as palabras e as razóns inquebrantábels a maior arma de destrucción masiva que un pode ter ou ansiar.

Últimamente as miñas meditadas teorías parecen irse, unha por unha, materializando a vista dos bos lectores e de todo un pobo.

Cecáis hai unha teoría que as pode resumir a todas: "a teoría do interese propio común" deses piratas de noso que xogan a ser almirantes nun navío sen rumbo nin patrón. A suba dos impostos para Springfield en case un +5
% no medio dunha crise económica mundial parece sentenciar esta e todas as teorias que poida calquera parir en inventiva.

Abofé o circo do que eu andaba a latricar "dar festa (circus) e pan (poligonos) o pobo .... e nós .... o choio" parece ser que tamén se vai facer físico e palpábel tralo investimento de 150.000 $ para a construcción dun gran circus en nova Springfield....

...e ... xa o dicia Rosalía de Murguía nun poema de Follas Novas :

 

- "..... fixéronme un leito de toxos e silvas ;

e en tanto, os raposos de sangue maldita,

tranquilos nun leito de rosas durmían. "

 

Non sabemos de que cor poderían ser as rosas de Rosalía ainda que poidan ser hoxe tranquilamente .... "rosas vermellas".

En radio-Springfield, no espazo adicado a política e/ou as mentiras radiofónicas ata eso das dúas da tarde pode un escoitar preguntas e esquinazos e, desta volta, adiviñar tres anos en branco abandonados por piratas e raposos de sangue maldita ..... xogando ao xogo dos que non teñen madeira de honrados ou de almirantes ..... mentres a gran frase do xenio Castelao ándalle a un a voltas nos miolos ..... " Mexan por nós ..... e temos que dicir .... que chove ".

 

[ revelación (Apocalipsis) 21:8 ]

...... continuará ......

 

 

 

 

http://arteixo.cidadans.net/desouto/2008/10/10/xaque-a-dama-/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados