Arteixo Castellano  Galego  

Arteixo desde mi punto de vista

Recorrido x Arteixo

ARTEIXO

22/09/2006

Desde mi opinion esto deberian arreglarlo,que se han visto muchas ratas,con tanta porqueria normal, no???

http://arteixo.cidadans.net/cuky/2006/09/22/arteixo-2/
12 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Deber,deberian pero se fan iglesias en zona verde,xeriatricos tanto do mesmo e despois gastan os cartos en "asesores"e demais conachadas como van arranxar as ruas

    Publicado por: jgr | 22/09/2006 22:10:54
  • 2. Por fin alguén que se anima a fotografiar todas esas "maravillas" que nos venden de que Arteixo e "O non vai máis". ¿Non serás tí "perdidoenlared" ca túa reportaxe "Arteixo en fotos"?. Da igual así si que podemos ver moitas desos exemplos de urbanismo de última xeración. Ese descampado é moi útil, non sei para que pero está claro que é útil porque se neste Concello modelo esta así por algo será. E que exemplo de edificios, un mirando para cada lado e que aceras e que rúa tan ben pavimentada, que zonas verdes tan incribles. Unha maravilla.

    Publicado por: alcipriste | 23/09/2006 00:08:18
  • 3. Fai tempo esa zona era destinada para facer unha zona verde. Eso é o que comentaban algúns contructores, que estaban anoxados porque non podían comprar nesa zona terreos. De súpeto, se venderon moitas desas parcelas e comezouse a construir. Pra non ir ao catastro dígovos nome de donos de tres pisos alí: O queridisimo alcalde, a amadisima Isabel e o de Facenda...De súpeto ademais de perder zonas verdes, atopamonos nunha encrucillada de rúas mal feitas. ¿Para qué van a arranxar ese camiño? Disque non ten servicio. Eu cada vez que quero ir ao Froiz teño que collelo, e os amortiguadores do coche notano. Eso sí, o Imposto de circulación non, e supoño que pensarán o mesmo os veciñós que alí viven.
    ¡Que sorte!Ai, tes razón sioux, isto engancha

    Publicado por: serpe | 23/09/2006 00:21:01
  • 4. Cuky tiveches unha idea magnífica. É a mellor forma de que coñezamos o noso pobo a fondo.

    Publicado por: O Profe | 23/09/2006 00:33:46
  • 5. Por certo,¿donde esta eso?

    Publicado por: jgr. | 23/09/2006 13:36:02
  • 6. Vaia porcallada de concello que temos, porque ese é so un exemplo. E por riba, temos que le-los comentarios de xente coma unha de Arteixo, poñendo polas nubes ó alcalde. ¡É unha vergoña! En fin, se os arteixáns somos un pouco, só un pouco "normais", deberíamos de ir ás urnas e cambia-los políticos que temos.

    Publicado por: pipas | 23/09/2006 16:39:18
  • 7. Desde logo...pero non sabedes que o Concello non ten cartos....non sabedes que este ano na GUARDERIA MUNICIPAL o Sr. Pose e compañía decidiron que non subencionaban mais a natricula dos nenos que era moito gasto....Repito, desde logo.....non tedes compasión co pobre.

    Publicado por: novaveciña | 25/09/2006 17:53:59
  • 8. jgr., está na zona das Viñas...un pouquiño máis arriba do Balneario, e son esos camiños os que comunican coa zona da Cachada,xa case máis ben cara Candame...Téñoos perfectamente ubicados porque o meu troncomóvil tamén se resente cando pasa por esa zona...pero era moito peor cando estaban a construir, cortaban a rúa para que formigoneiras, camións, etc. campasen ás súas anchas, sen previo aviso nin sinalización oportuna...así encontrábaste co embolado para darlle máis emoción...pero iso só está permitido para a xente v.i.p., para os morralla class, nada de nada. Bicos para todos.

    Publicado por: L_DEL_J | 25/09/2006 20:12:33
  • 9. Eleguiondelguionjota:o que tes que facer e comprar un coche novo,como fixen eu,e no no compres oscuro que son moi bonitos pero moi porcos,que das peniña e sobre todo sabendo como estan as ruas de Arteixo.Por certo,fixacheste que estan renovando as aceras na carretera de Caion,ou sea,que cartos debe haber.O mais simpatico e que as aceras estan en perfecto estado,non sei para que as renovan habendo obras mais urxentes no concello(ano de eleccions)

    Publicado por: jgr. | 25/09/2006 21:45:50
  • 10. Pero tí eres rico pola familia e fillo único, pero ten en conta que na miña casa hai case un equipo de baloncesto, así que mentras dure o troncomóvil,xa se sabe...Non penses mal, non é cuestión de facer cousas non necesarias, é cuestión de aparentar que se fan cousas, sen máis....

    Publicado por: L_DEL_J | 25/09/2006 22:47:02
  • 11. No carallo son rico que a compañeira arruiname,e ademais na tua casa estades todos ben mantidos

    Publicado por: jgr. | 26/09/2006 13:18:45
  • 12. cerquiña de ali, para as obras, quitaron una praciña aos nenos para poner o material de construcción e demáis. Os pisos estan xa feitos, pero a praza sigue igual, por ali o redor de ditas prazas non hai veirarruas, polo tanto hai que camiñar pola rúa.
    A praza foi quitada aos nenos, nais e pobo en xeral, para unha obra privada. ¿non é tempo de que se devolvan as prazas en bo estado? eu so pregunto

    Publicado por: esquio | 10/10/2006 11:38:48

Publicar un comentario


 

(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados